domingo, 16 de febrero de 2014

Tempo incerto pró Planeta

 A longa serie de borrascas que parecen un preanuncio apocalíptico poden estar retratadas na foto, na que o home (os Gobernos), o gran causante de acabare co equilibrio ecolóxico, de ter borrado os boscos primarios da faz da Terra, aínda tumba a última árbore que quedaba. E ven o peor, todo está na fin. Acabouse o tempo. 
 Unha das últimas borrascas abateu a nogueira de Licín, en Galicia, á que se lle calculan máis de cincocentos anos. O ano pasado, no que os nocedos do lugar apenas deron noces, o da foto sí que as dou, cativas, pero si que as dou. Como era o seu costume.
Rendida no chan, o seu dono vai procurare un certo futuro prá árbore, que parece mostra raíces en bo estado. Acaracochada como está pouco se vai poder facer, pero sí obter novos vástagos, renovos de cepa a partir do que permaneza enraigañado no chan de Licín, n´O Saviñao, provincia de Lugo. (Foto de La Voz de Galicia). E que conten a súa historia no futuro: "Era unha nogueira/nogal/nogueiro/noceira/noceiro/nocedo [tamén conxunto de noceiras]/caroleira/coucheira/concheiro, en Licín d´O Saviñao que, ainda contando con máis de cinco séculos de vida non cansara de dar froito. Ata que chegou a borrasca atlántica que o abateu no 2014...! Pero aquí estamos nós, nadas das súas raiceiras, dispostas a lles mostrare ás xentes que levamos connosco a forza anovada daquel xigante centenario, e somos unha familia....."

Pontevedra, 17.02.2014
Entrada n. 1739 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra. 

Tempo incerto pró Planeta,
por Xesús López Fernández

   Estamos a vivir un Outono-Inverno de mal tempo, de cicloxénesis encadeadas que se van manifestando de diverso modo: chuvias abondantes, neve, pedraza, fortes ventos de incluso máis de 150 km por hora. O mar bate nas costas, como unha manifestación de Gaia, a súa venganza contra tanta estulticia dos homes incapaces de consolidaren novas ribeiras, como ten sido a pretensión de máis dun parvaxolo, ou de construiren esa cidade lineal pola banda do mar, delirio de especuladores que ven con certa esperanza a outención de novas franquicias, da cabalo da Lei de Costas reformada, algo xa denunciado por don Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade d´A Coruña, que tamén é Director do Observatorio do Litoral da UDC e Membro da Xunta Directiva da “Asociación de Derecho Ambiental Español”. O home, que é autor de non poucos traballos e comunicaciós refírese á cicloxénesis que estamos a sofrir como fundamento pra unha serea reflexión xurídica.

   Comenta o citado profesor que estos fenómenos atmosféricos, según os expertos, son atípicos, pero aquí está connosco  ese “tren de borrascas” con suxerentes nomes de féminas, que nos fascinan á par que nos asombran os efectos destructivos nas nosas zonas costeiras e do interior. Van alá varios meses nos que a natureza está a mostrare a súa sobrecolledora forza. O home indica que xa hai voces que identifican este fenómeno co imparable proceso do cambio climático e claman por reactiva-las medidas do Protocolo de Kioto, tra-lo acordo  de mínimos  sinado na Conferencia das Naciós Unidas do Cambio Climático en Doha, en Decembro do 2012. E hai varios discursos pra non lle bota-la culpa toda ó cambio global: que pode ser mesmo, dín, unha casual conxunción de borrascas, mareas vivas, mar de fondo… Mai-los expertos do IPCC (Panel Medioambiental do Cambio Climático) falan de “fenómenos meteorolóxicos extremos” asociados ó cambio climático. Pero Javier Sanz argumenta: “En todo caso, non é a primeira vez que acontece”.

   Javier Sanz cita un artículo do Prof. Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía, que acedamente comentaba hai poucos días sobre os arrasos causados pola cicloxénesis na costa de Galicia, cómo “a intervención humáa no litoral é de cada volta máis sensentido e agresiva”, cómo “nas áreas urbás e periurbás foise incrementando a presión na ocupación do litoral, extendendo as cidades e as súas instalaciós…”, cómo o “nivel do mar vai continuar sobindo”, e cómo veremos cada ano que “o mar desmantela en poucos horas o que ten sido construído en terreo de nadie co diñeiro de todos e que vai ser de novo reconstruído, co diñeiro de todos, pra ser destroído novamente polo mar no ano seguinte”. Dáse a casualidade de que o pasado 7 de febreiro Javier Sanz tivo ocasión de expoñere en Santiago de Compostela, ante colegas profesores de Dereito Administrativo de toda España, coa presencia na ocasión  do Prof. Menéndez Rexach (un dos pais da Lei de Costas 1988) e da Prof. García Pérez (Univ. d´A Coruña), as novedades inseridas na controvertida Lei 2/2103 de reforma da Lei de Costas, en relación co cambio climático e na parte final do texto, seguramente pola presión exercida por certos sectores científicos e grupos ecoloxistas, en relación coas posibles consecuencias do cambio climático sobre zonas costeiras.  En fin, que a lei reformada deixa abertas non poucas vías pró disparate ambiental, persoalizado por novas construcciós, recheos, infraestructuras, baixo a atenta mirada dos clústers.
  
   Pega con forza extrema  a cicloxénesis no Reino Unido, referencia coa que queremos cerra-lo artículo. Das investigaciós feitas nun sentido amplio polo Servicio Meteorolóxico Británico e o Centre for Ecology&Hidrology, dedúcese que a evolución  do tren de borrascas afecta a todo Atlántico. E que a causa directa ven dada polo marcado e rectilíneo chorro polar, un trinta por cen máis forte do que sería climatolóxicamente normal. O estudio comenta que o contraste antr´as augas atlánticas subtropicales e as do Atlántico noroccidental enfriadas polas descargas polares que teñen lugar nesa zona están na orixe das borrascas. Como sexa, parece estamos nun tempo apocalíptico, co Planeta resentido. Se o nivel do oceano vai seguir sobindo, ¿pódese pensar que as cicloxénesis que nos atacan son xa unha demostración dinámica desa sobida?. O estudio británico apunta como posible culpable a actuación do home. Será mellor decir dos Gobernos, ambientalmente insensibles.

6 comentarios:

Iñigo Iñiguez dijo...

Es posible que estemos asistiendo a un cambio climático, tal como adviertes, pero no creo que se deba a causas humanas. Tales cambios del clima se han sucedido a lo largo de siglos sin que existieran industrias de ningún género.

Pero lo cierto es que tanto Galica como el resto del Cantábrico hemos recibido los efectos del cabreo moonstruo de vientos y mares.

Pena me dan esos bosques galegos.

o blog de xesús lópez dijo...

Son muchos los factores que pueden provocar el cambio climático, pero la capacidad del hombre para disparar el calentamiento global es demasiada. Ahí puede radicar parte de la culpa.
Creo que también la locura de acabar con los bosques primarios puede condicionarlo.
En Galicia, por ejemplo, han acabado con la vegetación clímax. Y eso se ha traducido en la salvaje plantación de eucaliptos al servicio de las pasteras, algo que ha acabado incluso con aldeas. Etc.
Un cordial saludo.

Jaime dijo...

Mis conocimientos no me permiten afirmar que lo del cambio climático se deba a la acción del hombre; como todos sabemos la mar siempre ha dado sustos y ha causado daños en la costa y en alta mas, su fuerza es imparable y sin medida.
Que el hombre lo esta haciendo mal, sin duda, que la especulación de nuestras costas donde todos queremos una casita o un palcio tiene mucho que ver, seguro, pero la glaciación vino sin industrias y si que la mano del hombre tuviera nada que ver.
Lo que si comparto es la eliminación de los bosques autoctonos, para la plantación de eucaliptos, en beneficio de solo unos pocos y el perjuicio de muchos.
Salud Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Jaime:

Yo sí creo en la actuación demoledora del hombre y su incidencia en el calentamiento terrestre. Y eso con independencia de que pueda sobrevenir una nueva glación que algunos también vaticinan.

Un cordial saludo

trillian dijo...

Los inviernos por supuesto son inviernos, toda la vida hemos visto temporales,con sus consecuencias,caídas de tejas ramas de árboles caídos, y lluvia en abundancia, al menos en galicia, pero no parece tan normal, qué un día despues de un temporal fuerte con mucho frio, estemos paseandonos por la playa, y tomando sol, como pasó este Domingo aquí en Vigo.
Está claro qué al mar le han comido muchisimo y no es de extrañar que se revele , porque por logica busca su sitio, al igual que los rios donde se ha edificado tan pegado que al desbordarse se inundan las casas, pues que no se lamenten.. hay que respetar la naturaleza ó atengámonos a las consecuencias.

Biquiños.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:

La Tierra y el mar que de ella forma parte se han cansado de nuestros abusos. Va a ser muy difícil apaciguarlos porque no se está actuando con esa finalidad.
Me hace gracia que ahora, por presuntas corrupciones menores, se haya magnificado la cosa con la Pokémon, cuando hay asuntos graves en materia ambiental y de violación de la Ley de Costas que deberían representar la cárcel para no pocos.

Biquiños.

P.D. Muchísimas gracias por el p.pt. que me enviaste de Arabia Saudí.