lunes, 4 de mayo de 2009

LOITA POLA VIDA

Volta pola Vida a España.
Así son os autobuses que xa partiron i están a levaren a mensaxe d´esperanza e defensa da vida a todo España. Fotografías dos autobuses.
Festa de despedida dos autobuses
-
Pontevedra, 4.05.2009
-
Entrada n. 927 do blog
-
LOITA POLA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Tanto Dereito á Vida como HazteOir.org acaban de poñeren en marcha a campaña de defensa da vida a nivel nacional. A campaña de recollidas de asinaturas vai recibir un novo pulo, desta volta por medio da campaña que se vai artellar por medio de autobuses, tres, que van recorreren as distintas cidades d´España. Hoxe chegoume un correo con diversos enlaces que fan referencia á marcha dos autobuses, ó seu colorido. Son galerías de fotos ás que o visitante deste blog ten acceso por medio dos enlaces inseridos a continuación, despois da traducción do texto recibido. O momento é grave e aínda está lonxe a corrección democrática do país que posibilite montar, posiblemente, un proceso de "Nuremberg" contra o holocausto que se quer poñer en marcha.
-
Traducción: En cada cidade, dous voluntarios de DAV [Derecho a Vivir.org] van convocare un acto: concentración, presentación, mitin, entrega de materiales.... o día no que o autobús chegue. O acto vai ser convocado onde se atope aparcado o autobús, e van ser invitádo-los medios de comunicación e tamén os membros de HazteOir.org e de DAV, ou sexa, a tí, a min, a tódo-los que queiramas defender na rúa o dereito a vivir dos que van nacer e o dereito das súas nais a tere un fillo ou unha filla.
-
Os delegados de DAV van repartir, se os deixan, miles de materiales e artículos de merchandasing de Dereito a Vivir que leva o autobús nas súas adegas: puchas, camisetas, trípticos, pegatinas, balóns, pás de praia, corazós anti-stress, cuncas.....
-
Os buses DAV van recorre-los centros das cidades por onde pasen, pra que a mensaxede DAV acade a unha boa parte dos veciños de cada localidade.
-
Se queres saber cándo vai pasa-lo autobús por Pontevedra ou por algunha outra cidade de Pontevedra: pincha en
http://listas.hazteoir.org/12all/lt/t_go.php?i=248&e=MjgwMzE5&l=-http--spreadsheets.google.com/pub--Q-key--E-rCIEtkoHnKC4ZuddarDbDLg
-
Se queres saber da hora do acto d´entrega de materiales en Pontevedra: visita
http://listas.hazteoir.org/12all/lt/t_go.php?i=248&e=MjgwMzE5&l=-http--www.hazteoir.org/eventosprov

No hay comentarios: