Pontevedra, 8.12.2008
Entrada n. 742 do blog
Artículo semanal.
Dereito á vida [8.12.2008],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Os temas do dereito ó aborto libre e á eutanasia son algunhas das bandeiras das que a “progresía” ven facendo alarde, decote con máis frecuencia. E un pergúntase se non botará man desas bandeiras a modo de cortinas de fume no canto de procedere a un saneamento real da política, tan necesitada de rexeneración. Polo pronto está constituída a subcomisión pró estudio dunha nova lei de prazos, ante a que o pasado mes compareceu Benigno Blanco, presidente do Foro Español da Familia, que avogou pola protección do feto como pola do nacido e que defineu o aborto legal “como unha forma de violencia de xénero, […] de solución machista que convirte ó home nun irresponsable da súa conducta sexual”. O home, que recomendou un prazo máximo pró chamado aborto terapéutico, defende a moratoria solicitada por algús grupos ante as Naciós Unidas prá práctica de interrupciós de embarazos, algo que, según censurou, debería ter prantexado o PP cando gobernaba.
Do X Congreso “Católicos e vida pública” celebrado hai quince días quero traer aquí algo do discurso da ex-senadora socialista Mercedes Aroz, un canto á esperanza. A muller, que contou tamén a historia da súa conversión, dixo que o poder non pode impoñer nengunha ideoloxía; que debemos construir unha sociedade libre e dotada dunha ética compartida integradora, na que o vincallo antre dereitos humáns e valores cristiáns poida ser unha referencia asumida por todos. E propón como obxetivo a construcción dunha posición maioritaria favorable á abolición do aborto. “Éste é un obxetivo progresista, un verdadeiro adianto da civilización. Apoiándonos na ciencia, o aborto oponse ós dereitos humáns”. Aínda insisteu, na súa mensaxe de esperanza, na prioridade de dar a conocer a Cristo, porque conocelo a El é conoce-lo sentido da vida”[…] E conclueu afirmando que a sociedade necesita ós cristiáns. Pola contra, defineu o laicismo como perversión da democracia.
Liliana Negre, senadora arxentina e presidenta da Acción Mundial de Parlamentarios e Gobernantes pola vida, denuncia que na Arxentina e “dende o advenimento da democracia non houbo un ataque tan claro ó dereito á vida como co presidente Kirchner”[…]. A senadora afirma que non abonda con facere un discurso e votar; deben propoñerse outras leis e denuncia-las presiós exteriores, mesmo apoiar ós que defendan a vida como o presidente Tabaré Vázquez, do Uruguai. Pero ela intenta, sobre todo, que os seus compatriotas católicos se impliquen, que teñan en conta a importancia destos temas á hora de votar, demandarlle ós políticos unha explicación clara do que van facer. “¿Quere vostede o meu voto? ¡Pois pronúnciese!”. Dictan estas leis porque non-os controlamos. Por eso recomenda un discurso claro nas igrexas en defensa da vida. E que nos metamos nos partidos ou usemos internet pra facer da nosa protesta polo mal feito un verdadeiro clamor.
Eduardo Verástegui, actor e productor da película “Bella”, recibeu o premio máis importante do Festival de Toronto. “Bella” é unha historia sobre a vida, a amistade e a familia, e da capacidade humáa pra amar nas circunstancias máis inesperadas. A película marca o inicio da gran cruzada de Eduardo Verástegui que, en diversos foros e por medio dun video de YouTube, en internet, adherido á plataforma “Derecho a Vivir”, está a defende-la vida da muller e dos nenos en xestación como dereito fundamental. Non existe dereito a matar. Autoriza-lo aborto libre implicaría, dí, “un verdadeiro holocausto silenciado”. Hai que té-las ideas claras pra afirmalo así, tan precisamente. E tamén propón unha cuestión: se os gobernantes son incapaces de defender ós máis indefensos, ¿qué van defender?... Remitíronme por correo electrónico o citado video hai uns sete días, aínda pouco visitado. Neste momento pasan de cen mil as entradas recollidas polo contador. Buscade en Google e veredes.
[VIDEO DE EDUARDO VERÁSTEGUI. EL ABORTO ES UN COLOSAL FRACASO. CLICADE AQUÍ]
No hay comentarios:
Publicar un comentario