Mostrando entradas con la etiqueta FOMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOMENTO. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de agosto de 2013

A vía rápida de Santiago

 Curva da morte. Momento no que descarrila o tren. 
Outra secuencia do que se puido ter evitado. Andan agora ás presas, a colocaren balizas e outras medidas no que parece unha especie de reconocemento de culpas polo traballo mal feito. 

Pontevedra, 5.08.2013
Entrada n. 1693 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.

A vía rápida de Santiago,
por Xesús López Fernández

            O accidente de ferrocarril da curva da Grandeira vai seguir sendo noticia por moito tempo. Moitos dos sobrevivintes hanse perguntare por qué lles tocou a eles a quiniela da salvación, por qué esa sorte non lle correspondeu a outros que xa non están máis alá do relembro que debemos facer imperecedeiro e que ó mellor seguirían vivos se o tren Alvia estive doutado de cinturós de seguridade, algo que o outro día comentaba un articulista. ¿Pra qué ser tan estrictos na súa imposición ós conductores de vehículos e non nun tren que pode triplicare a velocidade que normalmente levan os coches? O accidente de Santiago convirteu a moitos dos viaxeiros en víctimas da inercia, disparados como bonecos dend´o seu asento, cando non foron as propias maletas, convertidas en proiectiles naquela hora caótica, as armas asesinas.

            Unha curva de 90 grados nunha vía de alta velocidade parece reveladora dunha certa chapuza, sobre todo cando non estaba activo un dispositivo que, como o ERTMS, tería evitado o desastre producido. Son oportunas as palabras de Xavier Horcajo nun artículo de hai poucos días, en La Gaceta, “Un país de apariencias”, país onde se constrúen infraestructuras non necesarias ou que non se inauguran, como os aeroportos de Ciudad Real, Corbera, ou Castellón. O autor cita o triste accidente de Santiago como un exemplo desa tolemia modernista, con independencia das responsabilidades do maquinista, que se han ver, e define como revelador o marco chapuza dun servicio de apariencia, este do Alvia. O autor vai analizando diversas cuestiós: o tren, que sae con vinte minutos de retraso en contra da puntualidade que é norma da alta velocidade, tanto no Xapón como en Francia. O Alvia do accidente, saído de Madrid pasáda-las 15 horas, descarrila en Santiago ás 21 horas. Máis de 5 horas pra 487 kilómetros… ¿E por eso lle chaman Alvia, alta velocidade? ¿Pero qué é o que nos venderon?

            E prosigue Horcajo citando “vías novas, trens novos, mais só en apariencia”. Pero a cristalización da chapuza faise evidente porque o control da velocidade e do freado dos trens non estaba nesa parte do trazado, na curva da morte onde se foron da vida 79 persoas. ¿Pra qué se xa está limitada a velocidade a 80 porque non houbo cartos prás expropiaciós que terían evitado a famosa curva? Lembra Horcajo que cando se abreu ese tramo era ministro de Fomento José Blanco, que tiña a teima, presuntamente por interese electoral, de levare o AVE a Galicia como fose. O resto é xa unha gran esquela, unha coral noticia necrolóxica. E como si entrasen as presas pra unha absurda reversión dos acontecementos, en Adif i en Renfe, queren apura-las soluciós. ¿Pero non decían que levaban un ano ensaiando co sistema ERTMS?... A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) acaba de recomendare ó ministerio de Fomento “xestiona-la imprantación progresiva de balizas ASFA que controlen a velocidade dos trens de xeito que se asegure o seu inmediato freado no caso de sobardare a velocidade máxima”.  Así consta nunha nova do diario El Mundo dun avance de recomendaciós que esta comisión, encargada de investiga-lo accidente de Santiago, ten remitido á Dirección Xeral de Ferrocarriles, según informou o ministerio de Fomento.

            Agora pensan nun balizado con capacidade pra, incluso, frea-lo tren. Limitada a velocidade no tramo do siniestro, temporalmente, a 30 kilómetros por hora por medio dun cartelón e dunha baliza, á súa vez “protexida" por outra anterior que limita a velocidade a 60. Adicionalmente, cinco kilómetros antes, tense instalado outra baliza ASFA e un cartelón pra reduci-la velocidade a 160 km/h. E tamén Renfe emprende a revisión dos protocolos de comunciación antre a cabina de conducción (os maquinistas) e os centros de xestión…. É decir, agora sí parece que entra dentro do posible o fallo humán, que incluso se dá como probable. Pero, claro, xa resulta tarde prós que perderon a vida e algo sí aparece claramente dibuxado: que xa non estamos a falare de vía rápida, sí de chapuza e que, en certo sentido e como apunta Xosé Manuel Beiras, Adif e Renfe están a se autoinculparen ó imprantaren estas novas medidas. Beiras atribúe a estos entes unha responsabilidade certa na traxedia.    
O chiste de Caín, en La Razón d´hoxe, resulta oportuno. 

sábado, 3 de agosto de 2013

A CURVA DA MORTE

Un dos fotogramas do accidente mortal producido na curva deseñada por Fomento, en Angrois, Santiago. As autoridades tentaron, en principio, buscar a un único culpable: o maquinista. Pero esqueceron que hai outro gran culpable, o ministerio de Fomento, que se no ano 2011 presidía Pepiño Blanco, o home que se quería convertir no presidente de Galicia e que, desta volta, debe estare nas catacumbas da información, hoxe o preside Ana Pastor, continuadora da súa folla de ruta. E agora, nunha segunda entrega da ópera bufa na que derivou o drama, vai falare a sucesora de Pepiño, a nova ministra de Fomento e que xa no seu mandato completaría algunha das obras comezadas por Pepiño, como a rotonda a tres niveles da punta de Mollavao, na ría de Pontevedra, que vai marcar un tempo de maior deterioro da ría. ¿Culpables? O ministerio de Fomento e os mandiños locales.

Hai algo que xa queda dito pra sempre por medio dunha carta que a nai de Carolina Besada Garrido, morta no accidente, dirixida ós medios (carta da nai de carolina besada garrido), e que convén leere. A nai da criatura mostra o seu noxo contra as autoridades que acodiron a manifestaren a súa condolencia no acto funeral, que ben se sabe cándo se trata dunha simple farsa, dun acto marcado polo protocolo. A case todos se lles notaba na cara. Pero veredes cómo non van cambia-la traza da curva. Seguro. Futuros accidentes quedan aí programados. 

Pontevedra, 3.08.2013
Entrada n. 1692
Artículo xa aparecido na web de Pontevedra Viva o 27.07.2013

A curva da morte,
por Xesús López Fernández

            O 24 de Xullo entrabame un correo electrónico, unha oración do padre Paco Castro, superior dos franciscánsde Santiago, que decía:

“Hoy mi ciudad del alma llora con el corazón roto, como una madre sin consuelo, y los pasos de los peregrinos de la tierra serán  un canto de esperanza en comunión con los nuevos peregrinos de la Eternidad.

Desde San Francisco, en el corazón de Compostela, hoy sentimos como nuestros los sufrimientos de las víctimas de esta catástrofe y de sus familiares y amigos.

Hemos llevado mantas para los familiares de las víctimas y he ofrecido mi sangre. Ojalá pudiéramos hacer más, mucho más.

En breves horas celebraré la Eucaristía en el día de Santiago, y pediré al Resucitado que acoja en su hogar a quienes de esta manera, tristemente, amanecen a la luz de la Eternidad.”

            O día 25 recibía unha chamada telefónica dunha rapaciña que estivo vivindo no meu lar cousa dun ano. Estaban preocupados na casa porque non sabían do seu tío, sacerdote, vicario na parroquia de Santa Teresa do Neno Xesús, en Colmenar Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un correo ó meu amigo Paco Castro, por si él podía ter acceso a unha información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou ser conocido do Padre Paco, que me contestou:

“Paz e Ben, Xesús:

Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao, coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe, en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta.

Síntoo, de corazón. ¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo.  

En todo caso, Xesús, hai un teléfono de información para os familiares, para poder confirmar a veracidade. Cóntoche  o que me contaron (son novas que me chegan de Madrid). Nos medios de comunicación publicouse un número de teléfono (mira por exemplo na Voz de Galicia). Saúdos.”

            Cando xa todo é dolor, cando se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente á par que sinalan os fallos da traza viaria. Xa os técnicos denunciaran esa curva maldita cun radio de 500 metros, como agora citan que o tren viaxaba sen o sistema de control ERTMS actividado, que tería evitado o accidente. O director da Renfe dí que non é o accidente dunha vía de alta velocidade e que o maquinista tería que ter freado catro kilómetros antes. Pero a vía sí é de alta velocidade aínda que non estivese operativa. ¿Cánto habería que ter invertido pra rectifica-la curva da morte?. A resposta carece xa de sentido prós que se foron, pero El Mundo d´hoxe denuncia que a circulación do tren é consecuencia de decisiós políticas, nunca técnicas.

            Esperemos que a Xusticia entre neste asunto sen piedade, que tal parece que a cousa non queda aclarada pola simple actuación de maquinista. Outro medio citaba o feito do “efecto acordeón”, por seren máis pesados os elementos extremos do tren, as máquinas, que non os vagós e que a propia inercia da máquina de cola puido ser causa da multiplicación da traxedia. En fin, que non abonda con culpar ó maquinista. Hai outros factores. Certo.


Pontevedra, 27.07.2013.   Fdo. Xesús López Fernández 

jueves, 10 de enero de 2008

FOMENTO E O TREN DOS PRACERES´[10.1.2008]

Pontevedra, 10.01.2008


FOMENTO E O TREN D´OS PRACERES


Entrada n. 403 do blog. É sabida a ilegalidade do tren ó seu paso pola praza d´Os Praceres. Unha sentencia do Tribunal Superior de Madrid así o decretaba. O Ministerio recurreu daquela, pero o pasado ano sería ratificada polo Tribunal Supremo do Estado. O tren é, pois, ilegal. Hai que levanta-la vía que no seu día inauguraron, como xa se ten dito, Fraga, Cuíña, Tonecho, alcalde de Marín, e Lores "o Ecoloxista", alcalde de Pontevedra.

Desta volta acaba de encarga-lo Ministerio un estudio pra suprimi-los pasos a nivel. ¿Cómo?. ¿Por elevación ou soterrándoos?. Os veciños, naturalmente, siguen demandando a execución da sentencia. E O Ministerio debería ter en conta que hai máis peixe que vender, porque a Xusticia ten como paralizados algús dos procedementos, habida conta que a vía invade 55000 metros cuadrados de terreo demanial e deberá desaparecer unha vez se liquiden as concesiós de Ence, Elnosa, Holcym, que están xa, presuntamente, fóra da Lei.

Esta actuación de Fomento ten que ver co tempo electoral no que estamos e pra ver de branquexa-la actuación do PSOE nos recheos do porto de Marín-Pontevedra, asunto no que o Concello de Pontevedra tragou deshonestamente. Outras sentencias non deben tardar. Pero mentres tanto e pra facer boca, penduramos aquí algunhas fotos que recollen a represión das forzas armadas contra uns veciños que sí defendían a Democracia, o Estado de Dereito.

Carga das forzas armadas contra os veciños. (Foto de ICPRACERES)

Outra das esceas da resistencia veciñal, en defensa da súa praza. (Foto ICPRACERES)

Escea da violencia física exercida contra os que sí defendían a Lei. (ICPRACERES)

Arremetida contra os veciños. No blog de ICPRACERES pódense atopar esceas como éstas e outras de maior violencia.

Fin da manifestación no seu día celebrada, participada por varios miles de cidadáns. (ICPRACERES)

Veciñas encadeadas ante as forzas agresoras. (ICPRACERES)

Marismas de Lourizán que deberían ser devoltas ó seu estado natural unha vez decretada a finalización das concesiós industriales, algo sobre o que non se aprecia unha clara actuación política. Telúmbrase incluso unha traición porque algunha forza xa ten proposto a súa conversión en solar.

Vista antigua, dende Estribela, da igrexa de Lourizán, fotografía tomada do blog de ICPRACERES, onde os curiosos han atopar unha reportaxe fotográfica de indiscutible valor, memoria histórica da actuación política destos pasados anos, dos comisarios do Gulag. Pódense localizar na "rede", mesmo en www.iberica2000.org, no traballo "Un tren de injusticia".