jueves, 10 de enero de 2008

FOMENTO E O TREN DOS PRACERES´[10.1.2008]

Pontevedra, 10.01.2008


FOMENTO E O TREN D´OS PRACERES


Entrada n. 403 do blog. É sabida a ilegalidade do tren ó seu paso pola praza d´Os Praceres. Unha sentencia do Tribunal Superior de Madrid así o decretaba. O Ministerio recurreu daquela, pero o pasado ano sería ratificada polo Tribunal Supremo do Estado. O tren é, pois, ilegal. Hai que levanta-la vía que no seu día inauguraron, como xa se ten dito, Fraga, Cuíña, Tonecho, alcalde de Marín, e Lores "o Ecoloxista", alcalde de Pontevedra.

Desta volta acaba de encarga-lo Ministerio un estudio pra suprimi-los pasos a nivel. ¿Cómo?. ¿Por elevación ou soterrándoos?. Os veciños, naturalmente, siguen demandando a execución da sentencia. E O Ministerio debería ter en conta que hai máis peixe que vender, porque a Xusticia ten como paralizados algús dos procedementos, habida conta que a vía invade 55000 metros cuadrados de terreo demanial e deberá desaparecer unha vez se liquiden as concesiós de Ence, Elnosa, Holcym, que están xa, presuntamente, fóra da Lei.

Esta actuación de Fomento ten que ver co tempo electoral no que estamos e pra ver de branquexa-la actuación do PSOE nos recheos do porto de Marín-Pontevedra, asunto no que o Concello de Pontevedra tragou deshonestamente. Outras sentencias non deben tardar. Pero mentres tanto e pra facer boca, penduramos aquí algunhas fotos que recollen a represión das forzas armadas contra uns veciños que sí defendían a Democracia, o Estado de Dereito.

Carga das forzas armadas contra os veciños. (Foto de ICPRACERES)

Outra das esceas da resistencia veciñal, en defensa da súa praza. (Foto ICPRACERES)

Escea da violencia física exercida contra os que sí defendían a Lei. (ICPRACERES)

Arremetida contra os veciños. No blog de ICPRACERES pódense atopar esceas como éstas e outras de maior violencia.

Fin da manifestación no seu día celebrada, participada por varios miles de cidadáns. (ICPRACERES)

Veciñas encadeadas ante as forzas agresoras. (ICPRACERES)

Marismas de Lourizán que deberían ser devoltas ó seu estado natural unha vez decretada a finalización das concesiós industriales, algo sobre o que non se aprecia unha clara actuación política. Telúmbrase incluso unha traición porque algunha forza xa ten proposto a súa conversión en solar.

Vista antigua, dende Estribela, da igrexa de Lourizán, fotografía tomada do blog de ICPRACERES, onde os curiosos han atopar unha reportaxe fotográfica de indiscutible valor, memoria histórica da actuación política destos pasados anos, dos comisarios do Gulag. Pódense localizar na "rede", mesmo en www.iberica2000.org, no traballo "Un tren de injusticia".

No hay comentarios: