domingo, 4 de agosto de 2013

A vía rápida de Santiago

 Curva da morte. Momento no que descarrila o tren. 
Outra secuencia do que se puido ter evitado. Andan agora ás presas, a colocaren balizas e outras medidas no que parece unha especie de reconocemento de culpas polo traballo mal feito. 

Pontevedra, 5.08.2013
Entrada n. 1693 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.

A vía rápida de Santiago,
por Xesús López Fernández

            O accidente de ferrocarril da curva da Grandeira vai seguir sendo noticia por moito tempo. Moitos dos sobrevivintes hanse perguntare por qué lles tocou a eles a quiniela da salvación, por qué esa sorte non lle correspondeu a outros que xa non están máis alá do relembro que debemos facer imperecedeiro e que ó mellor seguirían vivos se o tren Alvia estive doutado de cinturós de seguridade, algo que o outro día comentaba un articulista. ¿Pra qué ser tan estrictos na súa imposición ós conductores de vehículos e non nun tren que pode triplicare a velocidade que normalmente levan os coches? O accidente de Santiago convirteu a moitos dos viaxeiros en víctimas da inercia, disparados como bonecos dend´o seu asento, cando non foron as propias maletas, convertidas en proiectiles naquela hora caótica, as armas asesinas.

            Unha curva de 90 grados nunha vía de alta velocidade parece reveladora dunha certa chapuza, sobre todo cando non estaba activo un dispositivo que, como o ERTMS, tería evitado o desastre producido. Son oportunas as palabras de Xavier Horcajo nun artículo de hai poucos días, en La Gaceta, “Un país de apariencias”, país onde se constrúen infraestructuras non necesarias ou que non se inauguran, como os aeroportos de Ciudad Real, Corbera, ou Castellón. O autor cita o triste accidente de Santiago como un exemplo desa tolemia modernista, con independencia das responsabilidades do maquinista, que se han ver, e define como revelador o marco chapuza dun servicio de apariencia, este do Alvia. O autor vai analizando diversas cuestiós: o tren, que sae con vinte minutos de retraso en contra da puntualidade que é norma da alta velocidade, tanto no Xapón como en Francia. O Alvia do accidente, saído de Madrid pasáda-las 15 horas, descarrila en Santiago ás 21 horas. Máis de 5 horas pra 487 kilómetros… ¿E por eso lle chaman Alvia, alta velocidade? ¿Pero qué é o que nos venderon?

            E prosigue Horcajo citando “vías novas, trens novos, mais só en apariencia”. Pero a cristalización da chapuza faise evidente porque o control da velocidade e do freado dos trens non estaba nesa parte do trazado, na curva da morte onde se foron da vida 79 persoas. ¿Pra qué se xa está limitada a velocidade a 80 porque non houbo cartos prás expropiaciós que terían evitado a famosa curva? Lembra Horcajo que cando se abreu ese tramo era ministro de Fomento José Blanco, que tiña a teima, presuntamente por interese electoral, de levare o AVE a Galicia como fose. O resto é xa unha gran esquela, unha coral noticia necrolóxica. E como si entrasen as presas pra unha absurda reversión dos acontecementos, en Adif i en Renfe, queren apura-las soluciós. ¿Pero non decían que levaban un ano ensaiando co sistema ERTMS?... A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) acaba de recomendare ó ministerio de Fomento “xestiona-la imprantación progresiva de balizas ASFA que controlen a velocidade dos trens de xeito que se asegure o seu inmediato freado no caso de sobardare a velocidade máxima”.  Así consta nunha nova do diario El Mundo dun avance de recomendaciós que esta comisión, encargada de investiga-lo accidente de Santiago, ten remitido á Dirección Xeral de Ferrocarriles, según informou o ministerio de Fomento.

            Agora pensan nun balizado con capacidade pra, incluso, frea-lo tren. Limitada a velocidade no tramo do siniestro, temporalmente, a 30 kilómetros por hora por medio dun cartelón e dunha baliza, á súa vez “protexida" por outra anterior que limita a velocidade a 60. Adicionalmente, cinco kilómetros antes, tense instalado outra baliza ASFA e un cartelón pra reduci-la velocidade a 160 km/h. E tamén Renfe emprende a revisión dos protocolos de comunciación antre a cabina de conducción (os maquinistas) e os centros de xestión…. É decir, agora sí parece que entra dentro do posible o fallo humán, que incluso se dá como probable. Pero, claro, xa resulta tarde prós que perderon a vida e algo sí aparece claramente dibuxado: que xa non estamos a falare de vía rápida, sí de chapuza e que, en certo sentido e como apunta Xosé Manuel Beiras, Adif e Renfe están a se autoinculparen ó imprantaren estas novas medidas. Beiras atribúe a estos entes unha responsabilidade certa na traxedia.    
O chiste de Caín, en La Razón d´hoxe, resulta oportuno. 

2 comentarios:

Candela Ca dijo...

Estamos condenados a recordar los trenes como fuente de horror y muerte, Xesús. Por activa o pasiva, se está volviendo más peligroso vivir aquí que en la franja de Caza.

En todos los países hay corrupción y desidia, pero este debe ser el único donde se han incorporado tanto a la vida cotidiana que ya lo vemos como algo normal.

Todo se saldará con 60.000 € por muerto y quizá, la cabeza del conductor.

Aprovecho para mandarte un saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela, que hace tiempo que no hablamos.
Este país es una desgracia. La corrupción es la que manda. La vía de Santiago se inauguró mal diseñada por no gastar lo que había que gastar en expropiaciones y presuntamente por el rédito electoral que el ministro de Fomento de ZP, Pepiño Blanco, que pensaba en la presidencia de Galicia, quería obtener.
Pero ahora con ministra de Fomento del PP, el ministerio sigue siendo un ente desalmado, enmarañado en la trama de los clústers portuarios para que no se ejecuten ciertas sentencias firmes del TS.
Creo que el diseño de la curva de la muerte convierte el accidente, podemos decirlo así, en atentado. En este caso, cierto, no están los islamistas ni otros que podemos suponer; el culpable ha sido el propio ministerio.
Y, hala, como tú dices, 60000 euros por víctima y que las familias sigan llorando.
Un abrazo