Mostrando entradas con la etiqueta Irak. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Irak. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de julio de 2014

Ser cristiáns, en Oriente Medio

 Templo sirio arrasado.
 As casas dos cristiáns son identificadas coesta letra árabe, "nun", non, aviso pra que se marchen.
Despois pode ser tarde. O xenocidio é imparable mentres os promotores do Novo Orde Mundial miran pra outro lado ou preparan novas acometidas contra a Igrexa Católica.

Pontevedra, 28.07.2014
Entrada n. 1771 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.


Ser cristiáns, en Oriente Medio,
por Xesús López Fernández

            Hoxe non goberna Sadam Hussein en Irak, pero a situación dos cristiáns do país é moito peor que daquela. Se no 2003 existían no país un millón e medio de cristiáns, actualmente están en fase de acelerada desaparición, víctimas do xenocidio contra eles decretado polos yihadistas do Estado Islámico. En Irak ou en Siria estos cristiáns non queren convertírense ó islam, negativa coa que se expoñen a perde-la vida, víctimas dunha cruel violencia que queda fóra de toda razón. É unha auténtica caza do home, de exterminio dunha forma de ser cristián que duraba xa case dous mil anos, testigos de esperanza dend´os albores da Cristiandade. O caso de Malula, unha cidade siríaca que conserva o arameo como lingua, é conocido: a crucifixión de dous mozos que non quixeron pronuncia-la shahada, despois de ameazados. “Entón queren morreren como o seu amo, no que creen.Teñen dúas opciós: ou recitan a shahada o van ser crucificados”, según relato dunha monxa, sor Raghida, que dirixía a escola do Patriarcado Greco-Católico en Damasco e que se trasladou a Francia.   

            Esto está ocurrindo en Siria mentres o mundo do novo Orde Mundial mira pra outra banda. Máis rapaces cristiáns levan perdido a vida dese xeito, mentres tamén as mulleres e os nenos sofren unha extrema violencia, que ten levado a que os bebés sexan arrebatados do seo das xestantes. Son crímenes contra cristiáns consumados por grupos radicales musulmáns dependentes de Al Qaeda. Pero a barbarie non queda aí que, insaciádo-los grupos yihadistas, as cabezas dos rapaces chegan a seren utilizadas pra xogaren ó fútbol. O devandito está tirado do relato de sor Raghida en Radio Vaticano, no que, ademáis de insistir no atroz da persecución sofrida polos cristiáns sometidos á alernativa de “apostasía ou morte”, a monxa fixo un chamamento internacional e invitaba a “repensa-los dereitos humáns e a dignidade do home”.

            No Irak a xente fuxe cara ó Kurdistán ou a Turquía, pero en Mosul, onde houbo 60000 cristiáns, desapareceron xa as últimas familias que profesaban esa relixión. Aínda estos días foron queimados once templos, e profanada a tumba do profeta Jonás, venerada por xudeos e cristiáns. Tamén foi queimada a residencia do bispo. A presión contra os cristiáns de Bagdad, onde eran uns 600000, é tamén grande, se ben aí está a darse un dato prá esperanza: que cando saían da misa do pasado Domingo 20 achegouse ó seu encontro, na súa defensa, un grupo de musulmáns que tiñan vivido con eles en harmonía, portando algún deles pasquíns con esta leenda:”Eu tamén son cristián”. Algo é algo. Pero a situación é tremenda e Ban Ki-moon, o secretario xeral da ONU, afirmaba o pasado 20.07 que a persecución dos cristiáns en Mosul polos yihadistas podía considerarse un crimen contra a Humanidade.

            No serán do 20.07 un misil foi lanzado contra o convento franciscán de Yacoubieh, unha cidade algo distante da fronteira con Turquía, situado no val do rio Oronte, na Siria noroccidental. O edificio é dos irmáns menores da Custodia da Terra Santa e ten sofrido danos, afortundamente sen víctimas, según información dada polo Custodio da Terra Santa, Frai Pierbattista Pizzaballa. Os frades queren permencer en Yacoubieh, onde existe tamén un dos catro centros de acollida creados pola Custodia da Terra Santa que cada día alberga ó redor de 200 persoas e provee as necesidades doutras 4000. Os frades permanecen naquel lugar pra axudaren á poboación, non sóo cristiá, a resistir, a non deixa-las súas casas. O pánico cunde e o que non deixa o terruño é porque é sumamente pobre, que irakís, sirios, palestinos, procuran nestos momentos unha nova vida no extranxeiro. ¿Qué lle pode esperare á Igrexa así atacada? ¿Cómo se renace despois da cruz? A pregunta é procedente. Se o propio San Pedro quixo fuxir de Roma nos tempos da persecución do Imperio!. El xa marchaba cando se encontrou cunha figura que viña en dirección contraria. Era Xesús, que lle comunica que, posto que el abandona, acode a Roma pra que o crucifiquen de novo… Pedro acorda regresar pra, no seu día, recibir morte de cruz, mais coa cabeza pra baixo, por lle parecer máis humillación.       

lunes, 23 de febrero de 2009

DEMASIADA VIOLENCIA [8.02.2003]

Blair admite dubidar, "todo o tempo", se a guerra de Irak foi o "correcto".
-
Pontevedra, 23.02.2009
-
Entrada n. 849 do blog
-
Traballo recuperado do ano 2003, cando a guerra do Irak estaba no forno da preparación. Hoxe, o propio Blair parece convencido de que non se debeu provoca-la guerra que tantas víctimas leva causado.
-
Demasiada violencia [8.02.2003]
Por Xesús López Fernández
-
Parece que todo vai estoupar, que tóda-las quinielas apuntan a que a guerra de Irak é algo que xa está totalmente decidido; que a sociedade --que maioritariamente está en contra das decisiós dos señores da guerra-- pouco pode facer cando Colin Powell mostrou xa no foro da ONU as “probas” de que Sadam Hussein dispón de laboratorios itinerantes, de proiectiles de longo alcance, de armas químicas, etc. Son fotografías feitas dende aviós espías ou ben debuxos de deseño propio dos imaxinados camiós laboratorio. En definitiva, que os Estados Unidos e mái-lo Reino Unido semellan estaren cada vez máis dispostos a levaren a guerra adiante. Así, xa comezou a concentración de tropas no Golfo Pérsico i en Turquía, xa chegou a España, a Morón, un grupo de “aviós invisibles”. Ós cortesáns de Bush médralles a boca, o presidente americán avisa a Sadam Hussein que xa chega o día de axusta-las contas, co que están a lle dar razós ó dictador pra contare coa súa xente, de que os homes e mulleres irakís se convirtan en soldados ó servicio do tirán.
-
Aínda que se tente teorizar, xustifica-la guerra na actuación dos terroristas do 11-S, botarlle a culpa a Bin Laden, decir que se vai liberar a un pobo da tiranía, esa “liberación” implicaría o holocausto de xentes que inda sofren nas súas carnes os efectos dos bombardeos do 1.991 –moitísimos nenos enfermos de leucemia e outras formas de cáncer— que tamén marcaron ós propios soldados americáns retornados e á súa descendencia. ¿Por qué poñe-lo acento nas armas terroríficas de Sadam, cando non admite comparanza co arsenal do tolo de Bush que se supón que, como os seus antecesores, non vai dubidar do seu uso e abuso? Demasiada frivolidade, unha falta total de sentimentos porque tería que existir, a estas horas da historia da Humanidade, unha chamada clamorosa pola paz e polo que se ven chamando o desenvolvemento sustentable, que pode se-la clave de sociedades máis estables, dun certo retorno á Natureza, da recuperación de vilas e aldeas hoxe abandonadas.
-
Méntre-los inspectores da ONU siguen a visita-las instalaciós do Irak, e o réxime de Sadam Hussein asegura que quere colaborar coa ONU, o ministro iraquí Tariq Aziz considera que “a intención de Washington é controla-los recursos petroleiros da rexión”. Estas realidades nos levan a perguntare a qué tanto debate no Consello de Seguridade da ONU, que parece ter máis de cortina de fume que doutra cousa, tal vez pra contrarresta-la presión internacional en contra da intervención militar, inxustificada cando pode haber unha saída diplomática. Algús analistas aínda contan coa posible sensatez de varios líderes, que a ONU mesma dea mostras de imparcialidade i evitare así “unha matanza máis no convulsionado Medio Oriente e que, dunha vez por todas, traballen pola paz naquela rexión”. Son moitos os medios que non están a informaren debidamente porque, como relembra Juan Riv, do Perú, “cando os cartos falan, a verdade cala”. E hai cronistas a escribiren artículos que parecen dictados, a xustificaren a intervención “defensiva” de USA.
-
Coido que todos somos un pouco culpables do que está a acontecer e que a violencia dos líderes políticos é un pouco a cristalización da que corroe á nosa sociedade que parece que só pola voz do Sumo Pontífice e das ONGs comprometidas na loita contra a probeza e miseria do mundo actúa na necesaria dirección. Xohan Paulo II pide continuamente que se evite a guerra con Irak ou a violencia en Palestina, que Xerusalén é a patria da Humanidade. Ou fala dos problemas en Sudamérica, en Asia, en África, onde as crisis políticas e socioeconómicas afectan á sereidade de moitas familias e naciós. E de que existen signos de paz aquí e alá. A concentración de Porto Alegre foi unha demostración, unha vaga de solidariedade ante os problemas do mundo. Pero difíciles están as cousas cando certos líderes católicos –envoltos na espiral de violencia-- pasan dos discursos e recomendaciós de Xohán Paulo II.