As casas dos cristiáns son identificadas coesta letra árabe, "nun", non, aviso pra que se marchen.
Despois pode ser tarde. O xenocidio é imparable mentres os promotores do Novo Orde Mundial miran pra outro lado ou preparan novas acometidas contra a Igrexa Católica.
Entrada n. 1771 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
Ser cristiáns, en
Oriente Medio,
por Xesús López
Fernández
Hoxe non goberna Sadam Hussein en Irak, pero a
situación dos cristiáns do país é moito peor que daquela. Se no 2003 existían
no país un millón e medio de cristiáns, actualmente están en fase de acelerada
desaparición, víctimas do xenocidio contra eles decretado polos yihadistas do
Estado Islámico. En Irak ou en Siria estos cristiáns non queren convertírense ó
islam, negativa coa que se expoñen a perde-la vida, víctimas dunha cruel
violencia que queda fóra de toda razón. É unha auténtica caza do home, de
exterminio dunha forma de ser cristián que duraba xa case dous mil anos,
testigos de esperanza dend´os albores da Cristiandade. O caso de Malula, unha
cidade siríaca que conserva o arameo como lingua, é conocido: a crucifixión de
dous mozos que non quixeron pronuncia-la shahada, despois de ameazados. “Entón
queren morreren como o seu amo, no que creen.Teñen dúas opciós: ou recitan a
shahada o van ser crucificados”, según relato dunha monxa, sor Raghida, que
dirixía a escola do Patriarcado Greco-Católico en Damasco e que se trasladou a
Francia.
Esto está
ocurrindo en Siria mentres o mundo do novo Orde Mundial mira pra outra banda.
Máis rapaces cristiáns levan perdido a vida dese xeito, mentres tamén as
mulleres e os nenos sofren unha extrema violencia, que ten levado a que os
bebés sexan arrebatados do seo das xestantes. Son crímenes contra cristiáns
consumados por grupos radicales musulmáns dependentes de Al Qaeda. Pero a
barbarie non queda aí que, insaciádo-los grupos yihadistas, as cabezas dos
rapaces chegan a seren utilizadas pra xogaren ó fútbol. O devandito está tirado
do relato de sor Raghida en Radio Vaticano, no que, ademáis de insistir no
atroz da persecución sofrida polos cristiáns sometidos á alernativa de
“apostasía ou morte”, a monxa fixo un chamamento internacional e invitaba a
“repensa-los dereitos humáns e a dignidade do home”.
No Irak a
xente fuxe cara ó Kurdistán ou a Turquía, pero en Mosul, onde houbo 60000
cristiáns, desapareceron xa as últimas familias que profesaban esa relixión.
Aínda estos días foron queimados once templos, e profanada a tumba do profeta
Jonás, venerada por xudeos e cristiáns. Tamén foi queimada a residencia do
bispo. A presión contra os cristiáns de Bagdad, onde eran uns 600000, é tamén
grande, se ben aí está a darse un dato prá esperanza: que cando saían da misa
do pasado Domingo 20 achegouse ó seu encontro, na súa defensa, un grupo de
musulmáns que tiñan vivido con eles en harmonía, portando algún deles pasquíns
con esta leenda:”Eu tamén son cristián”. Algo é algo. Pero a situación é
tremenda e Ban Ki-moon, o secretario xeral da ONU, afirmaba o pasado 20.07 que
a persecución dos cristiáns en Mosul polos yihadistas podía considerarse un
crimen contra a Humanidade.
No serán do
20.07 un misil foi lanzado contra o convento franciscán de Yacoubieh, unha
cidade algo distante da fronteira con Turquía, situado no val do rio Oronte, na
Siria noroccidental. O edificio é dos irmáns menores da Custodia da Terra Santa
e ten sofrido danos, afortundamente sen víctimas, según información dada polo
Custodio da Terra Santa, Frai Pierbattista Pizzaballa. Os frades queren
permencer en Yacoubieh, onde existe tamén un dos catro centros de acollida
creados pola Custodia da Terra Santa que cada día alberga ó redor de 200
persoas e provee as necesidades doutras 4000. Os frades permanecen naquel lugar
pra axudaren á poboación, non sóo cristiá, a resistir, a non deixa-las súas
casas. O pánico cunde e o que non deixa o terruño é porque é sumamente pobre,
que irakís, sirios, palestinos, procuran nestos momentos unha nova vida no
extranxeiro. ¿Qué lle pode esperare á Igrexa así atacada? ¿Cómo se renace
despois da cruz? A pregunta é procedente. Se o propio San Pedro quixo fuxir de
Roma nos tempos da persecución do Imperio!. El xa marchaba cando se encontrou
cunha figura que viña en dirección contraria. Era Xesús, que lle comunica que,
posto que el abandona, acode a Roma pra que o crucifiquen de novo… Pedro acorda
regresar pra, no seu día, recibir morte de cruz, mais coa cabeza pra baixo, por
lle parecer máis humillación.
2 comentarios:
Creo, Don Xesús, que los cristianos de esa zona vienen a ser como el postre no pedido de la gran comilona del odio invencible entre judios y musulmanes.
En cualquier caso, esos crsitainos tienen un gran mérito y valor.
Hola, Javier:
Creo que es como dices. He visto cómo en Belén trabajan esos cristianos, en régimen cooperativo, elaborando incluso obras de arte, casi siempre en madera de olivo. Su esperanza es la de poder vivir sin emigrar. Sin trabajo,tendrían que hacerlo, sobre todos los hombres. Las mujeres, en muchos casos, si quieren formar una familia, la forman con un musulmán, previa renuncia obligada de su fé cristiana.
Pero en general están totalmente desamparados, aunque los franciscanos se vuelquen en la atención a Tierra Santa.
Un cordial saludo,
Publicar un comentario