Mostrando entradas con la etiqueta Lagares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lagares. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2009

POSIBLES HOLOCAUSTOS

Alguén, o propio colectivo cidadán que toma conciencia, pode fuxir dun holocausto mentres ó fondo outros, con poder, siguen a deseñaren desastres, talvez máis recheos na ría.
Depósitos de Ferrazo, sobre os que o Tribunal Supremo acaba de dictar unha sentencia pronunciándose sobre a ilegalidade dos mesmos, na ría d´Arousa, peligro que foi denunciado hai xa tempo por diversos colectivos cidadáns, especialmente pola Plataforma da Defensa da ría d´Arousa. [Ver enlace, noticia de El País]. Productores da ría d´Arousa coidan que xa falta pouco pró desmantelamento dos depósitos de Ferrazo.
-
Pontevedra, 24.04.2009
-
Entrada n. 915 do blog
-
POSIBLES HOLOCAUSTOS,
por Xesús López Fernández
-
Poden algús políticos falare como si fosen donos da verdade absoluta. Mesmo estos días andan cos intercambios os ayatolas do ramo, tamén os sindicalistas, a xogaren coa súa "verdade absoluta", os postos de traballo que van desaparecer a pouco qu´a Xusticia actúe i entre en asuntos nos que as Administraciós practicaron unha sistemática ou presunta delincuencia. É o seu xeito de inauguraren ruínas, de cancelar outros futuros posibles, mesmo de evitaren que o que naceu ría da man do Creador deixe de ser ría e se volva nada, caos, solar, na súa permanente deconstrucción, deconstrucción incluso da fala, cansa xa de tantas afrentas. "Os funcionarios inauguran ruínas..." é unha frase de Lito Vitale, dun seu poema sinfónico, que tomei prestada nas frases anteriores. Tamén podemos decir e desta volta a frase é miña: "os funcionarios calendan holocaustos, convirten o mar en largo ermo, en miseria total...."

E así en Pontevedra temos moitas cousas polas que protestar, como algunhas claramente denunciadas por Salvemos Pontevedra ou polo colectivo da Defensa da praza d´Os Praceres, nas qu´o propio Concello pode ser culpable. Mais..., como a Xusticia, na nosa capital, parece menor de edade, o holocausto está servido dende hai tempo, máscase, apelúmbrase xa dend´o caos iniciático do enclave colonialista de Lourizán [Ence, Elnosa, Holcim], xa cos recheos continuos dispostos pola Autoridade Portuaria, asunto no que se levan conseguido algunhas sentencias aínda pendentes de executar: Derribo de Tradepana, levantamento da vía do tren a Marín, etc. Falta de color ecoloxista. Non importa a saúde pública nen a riqueza da ría; todo conduce a qu´os clústers poidan seguir convertindo o mar en solar ou que Mosquera e Lores, con Louzán, empalmen coa pasarela d´Os Praceres a que queren deseñar ata Mollavao.
-
Outro asunto grave deste país é o dos depósitos de gas en Mugardos, do que informa, neste enlace, o Comité Cidadán de Emerxencia prá ría de Ferrol , convertida en probable polvorín aquela encantadora e tranquila vila mariñáa. Como o perfil de ecomafia que xira en torno á xestión de Sogama e vertedeiros incontrolados..
-
Ou tamén a lixeireza coa que se actúa á hora de construí-las depuradoras de cidades e industrias, como se o mar non tivese outra vocación que a de se facer unha grande e largacía chafuldra.
-
Agardemos que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre a nulidade radical de moitas das actuaciós dispostas polos clústers, intermediados polos políticos corruptos de turno: Ence, Elnosa, Edar d´Os Praceres, Edar d´O Lagares, depósitos do Ferrazo, depósitos de gas de Mugardos.
-
Pra avivece-la memoria de moitos inserimos un enlace de "lariadearousa.com", no que se fai inventario de varios desastres. E a xeito de meditación profunda recomendamos atención ó seguinte video. Non é qu´as armas as cargue o demo; é que aquí están cargadas xa: gas natural, fuel, cloro.

martes, 18 de noviembre de 2008

A NOVA DEPURADORA DE VIGO

Gráfico que presenta o Faro do 18.11.2008, sobre o novo plan. (Pra amplia-la presentación, clicade sobre o gráfico)

Pontevedra, 18.11.2008

Entrada n. 705 do blog

A NOVA DEPURADORA DE VIGO,
por Xesús López Fernández

Onte foi persentado en Vigo o proiecto da macrodepuradora coa que estos políticos prometen acabare cos problemas de contaminación da ría de Vigo. Os veciños de Coruxo, que levan anos sofrindo o pestazo da depuradora actual, e outros colectivos, protestan pola realización do proiecto naquel lugar, pró que en principio hai que supoñe-la calificación de presunta ilegalidade.

Como a información sería longa, vou inserir diversos enlaces que dan acceso a máis información, incluso a un video da presentación. Teñamos presente, tamén, que un Xuzgado de Vigo, según noticia recollida hai uns días, incoaba dilixencias ante a denuncia dos cidadáns.


[La Voz de Galicia, 18.11.2008. Contén video: La macrodepuradora de Vigo acabará con la polución de la ría en 2011]

[Faro de Vigo, 18.11.2008. La depuradora tendrá la mitad enterrada...]

jueves, 13 de noviembre de 2008

A EDAR DE VIGO ANTE A XUSTICIA

Vista aérea da edar do Lagares, denunciada por ilegal. Foto de La Voz de Galicia.

Pontevedra, 13.11.2008
Entrada n. 699 do blog
A EDAR DE VIGO ANTE A XUSTICIA,por Xesús López Fernández


A noticia da que se insire enlace nesta entrada parece un tanto corta. 

Que un xuzgado de Vigo, ante denuncia dos veciños, incoe o procedemento tendente ó cerre dunha depuradora ilegal, en base ó Raminp, pode ser algo de libro. Pero hai outros aspectos que tamén habería que ter en conta: a Lei de Costas, que no seu artículo 44.6 prohibe a construcción de depuradoras na beira do mar. 

O ministerio de Medio Ambiente sabe que a dita depuradora é ilegal, como tamén a d´Os Praceres, en Pontevedra. "Salvemos Pontevedra" ten presentado denuncias, en ámbo-los casos, ante a Xusticia.

Fan ben os veciños de Coruxo en se valer da pólvora que lles ven dada polo propio TSXG, pola súa sentencia en relación coa depuradora de Reza, en Ourense.
La Voz de Galicia, 13.11.2008 (Clicade aquí).

Addenda do 17.11.2008. [Según La Voz de Galicia], hoxe vai ser persentádo-lo proiecto da nova depuradora viguesa, a construíre no mesmo sitio. Según Corina Porro a actuación vai ser unha nova Toralla, xa que están pensáda-las instalaciós en base á construcción dun edificio de nove prantas. Precisarán, ademais, 60000 metros cuadrados, a maiores. Os veciños protestan.