viernes, 24 de abril de 2009

POSIBLES HOLOCAUSTOS

Alguén, o propio colectivo cidadán que toma conciencia, pode fuxir dun holocausto mentres ó fondo outros, con poder, siguen a deseñaren desastres, talvez máis recheos na ría.
Depósitos de Ferrazo, sobre os que o Tribunal Supremo acaba de dictar unha sentencia pronunciándose sobre a ilegalidade dos mesmos, na ría d´Arousa, peligro que foi denunciado hai xa tempo por diversos colectivos cidadáns, especialmente pola Plataforma da Defensa da ría d´Arousa. [Ver enlace, noticia de El País]. Productores da ría d´Arousa coidan que xa falta pouco pró desmantelamento dos depósitos de Ferrazo.
-
Pontevedra, 24.04.2009
-
Entrada n. 915 do blog
-
POSIBLES HOLOCAUSTOS,
por Xesús López Fernández
-
Poden algús políticos falare como si fosen donos da verdade absoluta. Mesmo estos días andan cos intercambios os ayatolas do ramo, tamén os sindicalistas, a xogaren coa súa "verdade absoluta", os postos de traballo que van desaparecer a pouco qu´a Xusticia actúe i entre en asuntos nos que as Administraciós practicaron unha sistemática ou presunta delincuencia. É o seu xeito de inauguraren ruínas, de cancelar outros futuros posibles, mesmo de evitaren que o que naceu ría da man do Creador deixe de ser ría e se volva nada, caos, solar, na súa permanente deconstrucción, deconstrucción incluso da fala, cansa xa de tantas afrentas. "Os funcionarios inauguran ruínas..." é unha frase de Lito Vitale, dun seu poema sinfónico, que tomei prestada nas frases anteriores. Tamén podemos decir e desta volta a frase é miña: "os funcionarios calendan holocaustos, convirten o mar en largo ermo, en miseria total...."

E así en Pontevedra temos moitas cousas polas que protestar, como algunhas claramente denunciadas por Salvemos Pontevedra ou polo colectivo da Defensa da praza d´Os Praceres, nas qu´o propio Concello pode ser culpable. Mais..., como a Xusticia, na nosa capital, parece menor de edade, o holocausto está servido dende hai tempo, máscase, apelúmbrase xa dend´o caos iniciático do enclave colonialista de Lourizán [Ence, Elnosa, Holcim], xa cos recheos continuos dispostos pola Autoridade Portuaria, asunto no que se levan conseguido algunhas sentencias aínda pendentes de executar: Derribo de Tradepana, levantamento da vía do tren a Marín, etc. Falta de color ecoloxista. Non importa a saúde pública nen a riqueza da ría; todo conduce a qu´os clústers poidan seguir convertindo o mar en solar ou que Mosquera e Lores, con Louzán, empalmen coa pasarela d´Os Praceres a que queren deseñar ata Mollavao.
-
Outro asunto grave deste país é o dos depósitos de gas en Mugardos, do que informa, neste enlace, o Comité Cidadán de Emerxencia prá ría de Ferrol , convertida en probable polvorín aquela encantadora e tranquila vila mariñáa. Como o perfil de ecomafia que xira en torno á xestión de Sogama e vertedeiros incontrolados..
-
Ou tamén a lixeireza coa que se actúa á hora de construí-las depuradoras de cidades e industrias, como se o mar non tivese outra vocación que a de se facer unha grande e largacía chafuldra.
-
Agardemos que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre a nulidade radical de moitas das actuaciós dispostas polos clústers, intermediados polos políticos corruptos de turno: Ence, Elnosa, Edar d´Os Praceres, Edar d´O Lagares, depósitos do Ferrazo, depósitos de gas de Mugardos.
-
Pra avivece-la memoria de moitos inserimos un enlace de "lariadearousa.com", no que se fai inventario de varios desastres. E a xeito de meditación profunda recomendamos atención ó seguinte video. Non é qu´as armas as cargue o demo; é que aquí están cargadas xa: gas natural, fuel, cloro.

No hay comentarios: