Mostrando entradas con la etiqueta Reis Magos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reis Magos. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de diciembre de 2012

A visita dos reis magos

A visita dos Reis Magos á Sagrada Familia parece ser, según Ana Catalina Emmerick, que non se pode reducir a esta simple escea, senón que cada un levaba o seu séquito. O artículo que sigue é unha simple aproximación á vista das revelaciós da beata alemá, nas que sería comenente profundizar máis e máis.

Pontevedra, 31.12.2012
Entrada n. 1597 do blog
Artículo semanal

A visita dos Reis Magos,

por Xesús López Fernández

            Gostaríame tocar hoxe a cuestión da visita dos magos a Xesús, na gruta de Belén, tomando como base as revelaciós da Beata Ana Catalina Emmerick, monxa agostiña, estigmatizada e visionaria, que foi beatificada polo papa Xohán Paulo II o 3.10.2004, nada en Flamske, unha comunidade agraria, o 8.09.1774. Morrería en Dülmen ós 49 anos. As súas visiós comezaran xa de nena. Decía que principalmente era Xesús o que se lle aparecía, cedéndolle a súa cruz. Os estigmas da pasión manifestáranselle a partir dos 24 anos, regularmente, polo Nadal e por Aninovo, dende o 29.12.1812. A súa obra é vastísima: profecías, revelaciós, visiós, que hoxe podemos conocer gracias ós traballos de Clemente Brentano, poeta alemán, o Peregrino, inducido a visitala cando ela estaba sometida á segunda investigación eclesiástica. Pra asombro do home, a beata coméntalle que lle tiña sido sinalado por inspiración divina como o home que escribiría as súas revelaciós pró ben de innumerables almas.

                      Dend´o 1819 ata a súa morte no 1824 Brentano rexistrou as súas visiós, enchendo corenta volumes con detalladas esceas e pasaxes do Novo Testamento e a vida da Virxe María. Ana Catalina falaba no dialecto de Westfalia. O poeta tomaba os necesarios apuntes pra despois reescribire todo en alemán estándar. Despois leíallo á monxa en voz alta, pra ela inserire algús cambios, se procedían, ata que lle daba a súa completa aprobación. Xa teño comentado, con motivo dunha viaxe a Turquía no 2011 que, non lonxe das fastuosas ruínas de Éfeso, existe unha casa na que viveu María con san Xohán, despois da Crucifixión de Xesús, onde a monxa agostiña sitúa incluso a morte, dormición e asunción de María. Dúas monxas hospitalarias urxiran ó arcebispo de Esmirna pola investigación deste asunto. Dous sacerdotes, despois de incontables pescudas, deron co lugar onde estaba, efectivamente, a casa, hoxe restaurada. As xentes do lugar lembraban a tradición de acodire alí prá celebración da festa da Asunción de María, o 15 de Agosto.

             Pero imos co tema dos Reis Magos, ó que lle dedica non poucas páxinas. Tocarémolo, pois, moi en breve. Os nomes que a monxa lles asigna son distintos dos que figuran na nosa tradición: Teokeno, que tiña a pel amarela; Mensor, o de cabelos negros, que sería bautizado pasados anos, por San Tomás, co nome de Leandro; a Teokeno bautizaríao o propio Tomás, co nome de León. Sair, daquela xa morrera, pero co bautismo de desexo. Os nomes gardan relación cos de Gaspar, Melchor e Baltasar. A descripción que fai de cómo cada un co seu séquito se vai poñendo en marcha pra se unir nunha viaxe única, resulta moi viva. Os tres viran a estrela do nacemento de Xesús. Teokeno, que moraba máis alá do mar Caspio tivo que facer un certo esforzo pra se unir ós seus colegas astrólogos, que xa estaban xuntos cando viron a estrela, na casa de Mensor, en Caldea.  Á viaxe vanse agregando xentes, algunhas de porte distinguido. Os magos queren cruza-las montañas e axoenllarse ante o novo Rei.

            Obviémo-lo paso dos Reis por Xerusalén e o encontro con Herodes… Cando chegan a Belén non fan perguntas. Saben pola profecía que aquel é o sitio. I estaban a prepararen a acampada cando a luz faise visible de novo. San Xosé, acompañado dun vello pastor, sae da gruta e diríxese ós Reis que lle confesan a súa idea de se postraren ante o Rei dos Xudeus, acabado de nacer. Axudados polos pastores preparan unha ceremonia solemne e vanse revestindo de mantos amplios e brancos. Mensor é o primeiro en entrare, e póstrase ante o Neno, a Luz do Mundo que ilumina a gruta. ¡Qué ledos estaban aqueles homes chegados d´Oriente: ”Temos visto a súa estrela e sabemos que é o Rei de Reis!” Encontro de paz e harmonía, Mensor chega incluso a lle propoñere a San Xosé que a Sagrada Familia se marche con eles á súa terra, pra lles dare alí protección. Ten malos presaxios despois da visita a Herodes…..

domingo, 4 de enero de 2009

FESTA DE REIS, EN PONTEVEDRA

O recorrido da cabalgata de Reis deste ano, en Pontevedra, vai sere puramente tanxencial consecuentemente coa excesiva peatonalizaciòn e vai estar limitado ó Paseo Reina Victoria- Avda. García Sánchez - Praza de Galicia - Andrés Mellado - Estrada de Vigo - Rotonda Fdez. Ladreda. ¿Por que non levalos xa ata o contenedor da Xunta en Campolongo e metelos tamén alí? Como novo castelo de Herodes poderían sometere ós Reis a un terceiro grado pra saber algo máis do Neno Xesús, nunha especie de contradicción, porque se o Neno nacera en Pontevedra tería nacido, suponse, na zona vella, espacio de marxinados no que están prohibidas as cabalgatas. E piden disculpas os cínicos do goberno local.

Pontevedra, 4.01.2009

Entrada n. 768 do blog.

FESTA DE REIS, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández

Levamos anos de clara involución, de reducción da cidade á nada, de eliminación de arterias, de vida, de comercio. Esta ano, como consecuencia do crescendo peatonal e das obras sen tino que van convertindo a cidade nunha especie de gran escombreira e bolsa de miseria pra sometela aínda máis no pasado de carrros de bois. Eso quixeran, peludos.
-
Fuente: Diario de Pontevedra
-
las obras de la plaza de España obligaron a variar el trazado del desfile.

Siete carrozas acompañarán a los reyes magos en una cabalgata de Pontevedra

La cabalgata de Reyes en Pontevedra contará, este año, con siete carrozas y una tonelada de caramelos sin gluten, que repartirán Gaspar, Melchor y Baltasar a través de un nuevo recorrido urbano, ya que las obras de la plaza de España obligó a variar el trazado del desfile.
-
La edil de Fiestas, Anxos Ribeiro, subrayó que los cambios realizados en este recorrido "serán toda una prueba de fuego" para la organización.

En opinión de la edil nacionalista pese a la novedad "el recorrido va a ser más vistoso que otros años, sobre todo por las zonas por donde va a discurrir".

Lo que el Ayuntamiento no estaba dispuesto a aceptar es que perdiera el carácter urbano y por ello comenzará en la avenida Reina Victoria y finalizará en la Avenida de Vigo, "lo que permitirá que los niños puedan ver, mucho mejor que antes la cabalgata"
-
Si el nuevo recorrido funcionara, Anxos Ribeiro ya ha confirmado que se repetirá para otros desfiles y eventos que se realizan a lo largo del año.

En cuanto al operativo de tráfico previsto para el próximo lunes por la tarde, "ya se ha comenzado a preparar", porque en muchas calles han sido instaladas las vallas que recuerdan a la ciudadanos que no se debe estacionar en esas calles sus vehículos para no entorpecer el desarrollo de la cabalgata.

"Durante las horas del desfile estará, además, restringido el tráfico a los vehículos por todas las vías por donde circule la cabalgata, aunque en Fernández Ladreda, donde concluye el desfile, se intentará que la retención sea la menor posible, ya que confluye con la avenida de Vigo y por tanto, con una de las salidas más importantes de la ciudad", añadió la responsable del departamento de Fiestas.

"Lo que le pedimos a la ciudadanía es comprensión y que, o bien adelanten o retrasen su salida de la ciudad por esas vías ese día".

La comitiva que acompañará a los Reyes Magos será, según Anxos Ribeiro, "muy vistosa", ya que incluso participará la compañía de animación Os Quinquilláns.

Nota. Privada a cidade d´arterias, pensadas as actuaciós urbanísticas pra impedire procesiós ou desfiles, ou eso parece, poderían, xa postos, dispoñe-la cabalgata pola autopista, no tramo exento de peaxe. Pola entrada de Carrefour poderían aproveita-los Reis pra cobrir faltas antes de se dirixir ó novo castelo de Herodes, o edificio contenedor da Xunta.