Mostrando entradas con la etiqueta TSXG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TSXG. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de febrero de 2009

LOUCURA DECONSTRUCTORA

Punta Festiñanzo, xa agredida. Foto de Xesús López.
Areas. Apréciase que o sistema dunar parece estar comprometido. Sobre unha casa existe sentencia firme de derribo do TSXG. Está solicitada a execución de sentencia por Salvemos Pontevedra.
-
Pontevedra, 27.02.2009
-
Entrada n. 863 do blog
-
LOUCURA DECONSTRUCTORA,
por Xesús López Fernández
-
O título acáelle a esta entrada porque o que nela se vai criticare é a actividade arrasadora do noso litoral, coa macización de vivendas, de adosados ou pareados, particularmente grave ó longo da banda do mar do concello de Poio, como tamén no litoral pontevedrés e nos famosos "nucleos" mariñenses. Un tema pra Garzón, coido eu.
-
A noticia da que se vai introducire enlace é de La Voz e refírese á pretensión de Sanxenxo de construire sobre 1000 casas n´A Granxa i en Punta Festiñanzo, prás que non se contempla un saneamento real, previsto en principio por medio da conexión á depuradora de Dorrón, que non existe e posiblemente non se constrúa.
-
Estas edificaciós fanse ó abeiro do PXOM de Sanxenxo, alegado por Salvemos Pontevedra, alegación desestimada polo TSXG. ¿Qué dirán agora no Tribunal?. ¿Casas sen depuración a verteren a un medio sensible como é a ría de Pontevedra?. Sigue a noticia:
-
-

domingo, 30 de septiembre de 2007

A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002]

Nota.- Recreación informática da emerxencia das galletas de fuel. Por Xesús López.

Pontevedra, 30.9.2007

Presento outro traballo dos elaborados na época do Prestige, no que se describe a loita colectiva, as dificultades coas que se encontran os nosos mariñeiros, a imaxinación da que se valen pra vencer ó chapapote.


A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002],
por Xesús López Fernández


Decíase que o peor estaba por entrar. Está entrando nas Rías Baixas e as nosas xentes vense desbordadas polo temporal que coincide coa maior cantidade de galipote arribada ás nosas costas. Este sábado pasado os voluntarios non puideron acceder á illa d´Ons, de mañá, nada máis que en pequeno número. Quéixanse do pouco apoio da Administración, especie de estructura ausente na loita que os mariñeiros e cidadáns voluntarios a solidarizárense coeles están a libraren dende o primeiro momento. Todo o mundo fala da marea branca de homes e mulleres chegados de todas partes, de Andalucía ou Murcia, de Madrid ou o País Vasco, bombeiros de Cataluña e Alicante; todos a aportaren o seu esforzo persoal pra veren aínda a posibilidade de cambia-lo signo do que parece vai se-lo máis triste Nadal da nosa historia. Esta fin de semá foi tamén a da visita breve de Aznar, fóra de data, coa nova de que a UE non considera a nosa desgracia consecuencia dunha catástrofe natural como a das pasadas inundacións sofridas pola Europa continental.

Mentres os políticos siguen a faceren valoraciós de culpas, a determinaren a foto finish do principal culpable do drama, a sociedade civil, os mariñeiros, permanece viva na súa guerra contra o fuel e os elementos: Novos sistemas de captura por medio de arrastreiros están a seren ensaiados, novas barreiras, alamiadas nos areeiros á par que un empresario de Vilalonga deseña un angazo que permite peitea-las praias con escaso arrastre de area. Valer non valerá moito, dixo o home, Epifanio Piedras, pero fai máis que o que fixeron en doce horas de moción de censura, en referencia á sesión parlamentaria, á intervención didáctica de Touriño, á doutoral e respetuosa de Beiras e á reafirmación de Fraga de que vai seguir ata a fin. En función dos cambios que introduza no seu goberno saberase se a moción sirveu de algo ou non. Pero do invento de Epifanio Piedras sábese que sí, que é efectivo, e que o home non-o vai patentar. Non lle importa que outras carpinterías de Galicia o imiten polo ben do país.


Tamén reparamos nas críticas falaces contra algún colectivo ecoloxista, cando moitos dos criticados estiveron, están a pé de praia, incansables. Con eles me solidarizo. Ésa é a forma “de renovaren o seu compromiso con Galicia”. Claro que non todo é solidariedade cidadá e que, en demostracións como a da manifestación da pasada semá, participou moita xente discriminada por certas consignas que algúns “iluminados” tentaban impoñeren unha e outra vez, afogadas polo silencio de moitos. A manifestación foi un clamor de toda a sociedade antes que instrumento sectarizado prá escalada de nadie. Cecais esa sociedade teña que activa-los resortes prá posta en escea dalgunha nova formación política. Mais, tornando ós ecoloxistas de base, avisábame un, días pasados, á par que da posible desaparición dos araos -- porque só se recuperan os machos vivos, que as femias petroleadas morren--; avisábame este amigo da pergunta da súa filla, de ”se nos íamos morrer pola marea negra culpa dos nosos gobernantes”, frase aribuída pola nena a unha educadora. Moi grave.

Remato. Méntre-la decisión do rei de Marrocos de poñer á disposición dos barcos galegos os caladoiros do seu país é algo que pode palia-los efectos da catástrofe antre os nosos armadores, aquí seguimos con formas e contraformas da sensibilidade ecolóxica: O Tribunal de Xusticia de Galicia prohibe o comezo dos recheos no Areal, o que Castrillo dí que evita se cometa un novo atentado ecolóxico contra a ría, pero o que semella unha dirección aloucada do Porto estudia a adxudicación do proiecto das obras a pesares da paralización; en Pontevedra se traballa na posta a punto dun plan de emerxencia municipal –o PEMU--, cando as obras dos últimos anos –auténtica deconstrucción urbá— fan imposible un plan de emerxencia exterior pró caso dun escape de cloro e, moitas veces, a chegada a tempo da ambulancia do 061 que leva a un infartado a algún centro hospitalario.