Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de octubre de 2014

Emigrar ó campo, unha posibilidade

Imaxe dun porco celta, unha das riquezas emerxentes en Galicia, pero habería que mostra-las  posibilidades que, de forma poliédrica ten o país. Fai falta unha gobernanza que deixe de esgaza-la riqueza do país, á marxe da política de portas xiratorias e da desfeita ecolóxica do país, sometido a unha colonización salvaxe.
Co clima de Galicia serían posibles outonos como o desta fotografía, pero xa só na Galicia interior podemos atopar un colorido ledo, algo que non dá o eucalipto, perennifolio e incendiario, omnipresente por non te-lo país unha política forestal certa, nen gandeira.

Pontevedra, 20.10.2014
Entrada n. 1783
Artículo semanal

Emigrar ó campo, unha posibilidade,
por Xesús López Fernádez

Dende que comezou a crisis é moita a xente que tenta buscare no campo a solución ós seus problemas. A terra brinda a posibilidade dunha sustentabilidade certa, como se daba nas aldeas galegas mentres se mantiñan como entes vivos. O home e a muller eran protagonistas, pero a emigración e a mala gobernanza deron en acabar coa súa presencia. Na distancia, xa Curros Enriquez, en “Un adiós a Mariquiña”, denunciaba esa carencia cando mandaba recado pola pombiña mensaxeira, Mariquiña Puga: “Fálalle ós emigrados da patria súa,/ dilles, mimosa, que deles apartada Galicia chora./ Dilles que prós seus lares tornen axiña,/ que sen eles non queren pinta-las viñas, rega-los regos,/ madura-las castañas nos castiñeiros./ Dilles que as súas obrigas eiquí os esperan/ e si onde elas non morren que se condenan...[...]”. A terra precisa da presencia humá, de que esa xente se sinta parte do ecosistema, algo que comeza a interesar e que pode ter unha demanda certa, ser rentable en definitiva. Claro que fuxir da cidade pró campo sen ter algunha finca en propiedade, e os aperos con que en tempos foi traballada polos pais ou avós, o comezo dos novos labregos vai ser difícil.

Afirman algús que si esto empeora “nos marchamos ó campo, poñemos un horto e de fame non morremos”. De vez en cando escóitase esa cantinela porque a crisis e mai-lo paro fan difícil a subsistencia nas cidades, especialmente nas que están en involución, perdído-los fluxos dinámicos doutrora por mala gobernanza. De cada volta son máis os que fantasean co retorno á vida campestre, que maxinan barata e fácil. Mais a realidade é diversa, como decote aclaran os promotores de “Abraza la Tierra”--unha entidade que asesora, informa e incluso acompaña a novas xentes do rural--. Ós pobos, ás aldeas, hai que acodir cun proiecto laboral, que tamén alí hai recibos e facturas que pagar e que nadie, absolutamente nadie, regala nada, advirte unha coordinadora, Eva González. En tres anos “Abraza la Tierra” veu multiplicarse exponencialmente o número de peticiós de axuda pra facerse con casa e traballo nalgún punto de España. Dend´o 2008 ó 2011 foron máis de 7700 peticiós de axuda, un 50% máis que no trienio anterior, e con mensaxes que son verdadeiros S.O.S.

O reclamo de noticias en televisión de pobos que ofertan casas gratis a cambio de habitantes está a crea-la sensación de que hai futuro nos pobos. Pero “Abraza la Tierra” avisa do espellismo: non se regala nada porque as casas prometidas hai que reconstruílas dende a cimentación, pró que se precisa dunha financiación á que estas familias non teñen acceso. Créase a sensación de que nos pobos, con que veña xente, témo-la obriga de lle dar todo gratis, como se na cidade se regalara algo. Se quére-la túa propia casa, téla que pagar; os alugueres tamén. En “Abraza la Tierra” afirman que no campo non está a saída da crisis prás persoas sen recursos. “Antes sí tiñamos unha boa bolsa de emprego. Agora non hai unha oferta de traballo por conta allea”, pero anima ós que teñan posibilidades pra invertiren no seu propio oficio ou traslada-la súa actividade a un pobo, a que aposten por dinamiza-la vida rural.


En varios países de Europa, como en España, estáse a intentar unha nova ruralización, o regreso ó campo. En Galicia, onde a emigración foi apagando aldeas ata mediados do pasado século, non se fai moi evidente, pero algo se está a mover porque xentes que conservaban propiedades, como acontece en Portugal, estannas a poñere en valor, mesmo coa práctica dunha agricultura ecolóxica, cada vez con máis mercado. A Xunta, con fondos europeos, tenta salvare algunhas aldeas; pero o problema ten aquí raíces das que se fala pouco, como que os periodos de maior emigración coincidiron coa repoboación forestal practicada en forma colonialista, que aínda dura e que hoxe mostra o litoral atlántico como unha masa contínua de eucaliptos: a nosa natureza traicionada, e agora que comeza o outono vaise nota-la gran ferida, a perda de cromatismo, de vexetación clímax. Outro dos puntos onde fallou a política foi na cousa agrogandeira galega, especialmente traicionado o país, outro fallo da gobernanza que en parte se podería revertir dend´as asociaciós de montes de veciña, presionar pra unha posta do monte en valor por medio de prantaciós que restauren a paisaxe na que sí pode haber un auténtico manantial de traballo pró que se precisaría xente. Outra Galicia é posible, con moito menos paro. Pero con outra gobernanza redicalmente distinta que faga posible ese retorno necesario, como apuntaba Curros Enríquez. Aínda que os tempos sexan outros. Pra que as aldeas e Galicia non morran.  

martes, 26 de octubre de 2010

DESCENDENCIA GALEGA ANTR´OS XÍBAROS

O home da esquerda, Alfonso Graña, é xíbaro, fillo dun galego do mesmo nome, que chegou ser rei daquela etnia. O da dereita, Antonio Abreu, investigador neste tema, logrou constatare que antr´algús xíbaros existe sangue galego. A proba do ADN está efectuada. (Fotografía de La Voz de Galicia)
-
Ponteveda, 26.10.2010
-
Entrada n. 1330 do blog
-
DESCENDENCIA GALEGA ANTR´OS XÍBAROS,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galicia tense ocupado en diversas ocasiós deste tema. Buscando en Google aparecen diversos enlaces. Nun deles incluso se comenta qu´a TVE tiña o proiecto, a idea de facer un documental sobre esta historia: a dun home, Afonso Graña, nado na aldea de Amiudal, no concello ourensao de Avión, que chegou a ser rei dos xíbaros.
-
Aínda vive un fillo do emigrante "coroado" Afonso I da Amazonia, rei dos xíbaros, según historia nun libro Maximino Fernández Sendín (Fundación Comarcal A Paradanta); no que, nunha fotografía aparece o emigante cun fillo, que sería o persoaxe da esquerda da fotografía, actualmente de oitenta anos, que parece ten pensado vir a Santiago (de cuia existencia non tiña conocemento) o próximo ano.
-
A noticia d´hoxe de La Voz ilustra sobre todo dos traballos de Antonio Abreu que, pra lle dar un maior créto á historia, dispuxo o necesario prás probas de ADN que certifican que, nefecto, antr´os xíbaros hai descendentes de "Afonso I, rei dos xíbaros": Un neto, Kefrén Graña, é agora o líder das Comunidades Wampis do Río Santiago, que controla e vixía os recursos naturales da zona. (Sigue o enlace de La Voz)
-
La Voz de Galicia, 26.10.2010: "Probas de ADN certifican qu´o galego que foi rei dos xíbaros, deixou descendencia na Amazonia peruana".

miércoles, 4 de febrero de 2009

O VOTO DOS EMIGRANTES

O presidente Touriño preocúpase do voto dos emigrantes.
-
Pontevedra, 4.02.2009
-
Entrada n. 809 do blog
-
O VOTO DOS EMIGRANTES,
por Xesús López Fernández
-
¿Cándo está xustificado o voto do emigrante?. Posiblemente cando mantén vívo-los nexos do seu país de orixe, cando a súa emigración é temporal e podería, polo tanto, votar por correo. Pero no caso de moitos emigrantes, fillos ou netos de emigrantes galegos, o vincallo coa terra está perdido dende hai tempo, aínda que os diversos centros galegos da emigración serviran pra manteren unha relación romántica con Galicia.
-
"Dilles que prós seus lares tornen axiña, que sin eles non queren pinta-las viñas, rega-los regos, madurar as castañas nos castiñeiros...." decía Curros no poema a Mariquiña Puga, "Un adiós a Mariquiña". Pero o que se lles pide agora non é que veñan comprire coas súas obrigas, non. Pídenlles simplemente o voto, que nalgún caso teñen depositado "d´aquela maneira", despois de mortos. E pídenlle os votos pra manter aburado a este país privado de democracia, como se indica na entrada n. 807, "Privados de democracia". Nesa onda podería í-la pretensión de que votasen sen DNI nen pasaporte, integrados na gran santa compaña dos que deixaron a súa vida polo mundo adiante.
-
Sigue un enlace do FARO DE VIGO d´hoxe, con numerosos comentarios. Título da noticia: Touriño propone un distrito electoral único para emigrantes.