miércoles, 4 de febrero de 2009

O VOTO DOS EMIGRANTES

O presidente Touriño preocúpase do voto dos emigrantes.
-
Pontevedra, 4.02.2009
-
Entrada n. 809 do blog
-
O VOTO DOS EMIGRANTES,
por Xesús López Fernández
-
¿Cándo está xustificado o voto do emigrante?. Posiblemente cando mantén vívo-los nexos do seu país de orixe, cando a súa emigración é temporal e podería, polo tanto, votar por correo. Pero no caso de moitos emigrantes, fillos ou netos de emigrantes galegos, o vincallo coa terra está perdido dende hai tempo, aínda que os diversos centros galegos da emigración serviran pra manteren unha relación romántica con Galicia.
-
"Dilles que prós seus lares tornen axiña, que sin eles non queren pinta-las viñas, rega-los regos, madurar as castañas nos castiñeiros...." decía Curros no poema a Mariquiña Puga, "Un adiós a Mariquiña". Pero o que se lles pide agora non é que veñan comprire coas súas obrigas, non. Pídenlles simplemente o voto, que nalgún caso teñen depositado "d´aquela maneira", despois de mortos. E pídenlle os votos pra manter aburado a este país privado de democracia, como se indica na entrada n. 807, "Privados de democracia". Nesa onda podería í-la pretensión de que votasen sen DNI nen pasaporte, integrados na gran santa compaña dos que deixaron a súa vida polo mundo adiante.
-
Sigue un enlace do FARO DE VIGO d´hoxe, con numerosos comentarios. Título da noticia: Touriño propone un distrito electoral único para emigrantes.

No hay comentarios: