Mostro de novo o meu icono sobre o caos normativo, porque o traballo semanal vai, desta volta, novamente sobre a lingua lar, e tamén sobre a súa convivencia co español, tan fácil e convinte; sobre idioma e memoria, conceptos relacionados. Na memoria lonxáa podemos atopar mesmamente espacios sagrados. Idioma i espacios poden estaren ameazados, agredidos dend´o Diktatt estalinista maridado, por medio da enxeñería da lingua velada polos comisarios políticos da RAG, coas políticas desta terra.
Pontevedra, 24.03.2014
Entrada n. 1748 do blog
Artículo semanal (Diario de Pontevedra)
Idioma e memoria,
Por Xesús López
Fernández
Cando un procura atopar na memoria o marco xeográfico
dos primeiros pasos pola vida, poden mesmo renacer espacios que parecían
esquecidos, lugares case sagrados ligados a esa memoria. ¿Dende cándo, ós dous,
tres, ós catro ou cinco anos? Pode un lembrare nidiamente os primeiros xogos no
entorno dun xardín ou alameda; a vista reiterada do mar dend´un balcón da casa,
na fachada marítima da cidade; mesmo o desgarro do litoral con grandes recheos
nos que aparecían conchas de gran tamaño; a visita a certas praias hoxe
desaparecidas coa presa do home por se carga-lo capital natural, tamén o
capital social a el emparellado. Na distancia, o home adulto que garda memoria
dos lugares sagrados do neno que foi, mira anoxado o resultado do que se lle
mostra como obra dunha certa “progresía”, ou ignorancia, da agresión ós lugares
virxinales da súa memoria.
A esa
memoria está tamén ligada a fala primeira, a patria primeira, as palabras que o
neno foi aprendendo, mesmo outras falas con aquela primeira concitadas, novas
patrias en función do grado de instalación nas novas linguas depositadas na
memoria. Eso é así, e nos nenos e nenas cos órganos de fonación aínda non
troquelados por unha única lingua, a aprendizaxe simultánea de varias é
posible, un don do que os adultos non sempre somos conscientes cando hoxe é
sabido que o feito de falar varios idiomas non sóo é bo pró curriculo dun mozo
que busca traballo, senón que mesmo pode conlevare certos beneficios
neurolóxicos anos despois da xubilación. Un estudio recén conclúe que os
adultos maiores que falan tres, catro ou máis idiomas poden estar máis a salvo
que outros coa memoria menos traballada. A maioría, certo, xa conoce as
vantaxes culturales de aprenderen linguas, mais agora tamén se estima esa aprendizaxe como beneficiosa prá saúde.
As persoas que falan diferentes idiomas poderían desenvolver procesos
cognitivos particulares que mesmo teríanas axudado a seren máis resistentes ó
envellecemento do cerebro e ó deterioro
cognitivo na vellez, algo que podería constituir unha motivación adicional pra
aprenderen máis idiomas.
En Galicia
poderiamos vivir unha situacion de certo privilexio a pouco que se traballara
coa idea de modela-los plans de educación en base ó chamado “bilingüismo
harmónico”, á procura de mostra-las analoxías existentes antr´os idiomas galego
i español. Pero existen motivos de preocupación certa porque de cada volta
están a cambia-las normas da fala, algo certamente peligroso e do que
Moralejo avisaba hai tempo, porque os idiomas son creaciós de carácter social.
Definía incluso a lingua como fronteira, máis evidente na “raia seca ourensáa”
que no tramo marcado polo Miño. Os cambios vanse producindo vagariñamente, ó
longo de xeneraciós, de séculos. E non parece nos poidan valere as normas
impartidas dend´a RAG, que parecen máis pensadas prá nosa extraterritorialización,
prá nosa expulsión da lingua lar; tamén do español, como si estivesen pensadas
pra frustraren a nosa convivencia.






