Mostrando entradas con la etiqueta Franco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Franco. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de diciembre de 2008

DEFENSORES DA FE

Caín, en La Razón. O apagón da realidade. O Goberno pide disculpas.
martínmorales, no ABC. Como na catástrofe do 29 parece que xa hai un vicepresidente no fío da ventáa.

Esteban, en La Razón, supón que nalgunhas escolas, os nenos poden aprender a odiaren antes que a leere.

Caín, en La Razón. A nada é de todos e pra todos, pensamento dun anarquista.

Caín, en La Razón. Outro chiste pra este tempo: Ás guerras irregulares estamos invitados todos.
Caín, en La Razón. Prohibición do uso do crucifixo contra Drácula. Cheira a sentencia xudicial.


Pontevedra, 18.12.2008

Entrada n. 752 do blog

DEFENSORES DA FE,
por Xesús López Fernández

Aínda hoxe foi derrubado o último monumento de Franco do que se ten noticia, en Santander, antre protestas dos que entenden que non deixaba de ser un testimonio histórico; antre vítores dos que quixeran recupera-la temperatura dos tempos que precederon ó alzamento nacional.

Xentes ás que lles gustaría militar de novo na Fronte Popular formada no 1936 por socialistas, comunisas e anarquistas, a coalición que liberou das cárceres españolas a máis de 20000 delincuentes, pra xa de seguido arrecia-la queima de conventos e igrexas e a morte de criaturas inocentes. (Traeremos relatos a este blog).

No claro involucionismo que significa a promovida laicidade, a perversión da democracia que diría a ex-socialista Mercedes Aroz, poden comezar a caer baixo sospeita, como nos anos da guerra, os simples suscriptores do ABC ou membros da Adoración Nocturna.

Afortunadamente, pra documentar algús dos aspectos da nosa guerra, estivo en España Russel Palmer, un norteamericán que se asentara en Málaga pra conoce-la realidade da República, a carga de irracionalidade que a mesma levaba consigo, e aclararlle ós seus concidadáns o que aquí estaba a acontecer, moi distante do que os estudiosos americáns pensaban era a realidade hispana.

Aínda qu´os documentos que siguen sobre a Guerra Civil Española, fase 1936-39, están baixo enlace dese nome na columna da dereita do blog, con motivo do derrubamento do monumento a Franco inlúoos nesta entrada, o que me parece oportuno nun momento no que, cada día que pasa, a nosa democracia está máis enferma e tentan reconvertiren ó noso goberno nun réxime presidencialista, na dictacracia da que falaba Fernando Vizcaíno.

I, en certo sentido, están a faceren de Franco, cada volta, unha memoria máis viva, instaurando decote un sistema de quebranto democrático e perda de valores, de promoción da eutanasia e do aborto, outras formas de asesinar. E de ruína e paro xeneralizados, incapaces de crearen riqueza, sumidos na corrupción. Moita xente clama outravolta por Franco.

Os videos que siguen son sete, providenciales.

domingo, 23 de noviembre de 2008

UNHA DECLARACIÓN SEN SENTIDO [24.11.2008]

Esteban, en La Razón, 11.11.2008. O rapaz se instrúe en EpC, I.Prelavado. Aí comeza o traballo da "intelligentzia" pra ideoloxizaren ós rapaces.
Caín, en La Razón, 13.11.2008. A ideoloxía, mellor qu´o esterco prá sementeira.
Caín, en La Razón, 20.11.2008. Baixo o franquismo era imposible ser apolítico de esquerdas.
Borja Montoro, en La Razón. 20N. Repetición en estéreo do parte de defunción de Franco. (Máis a actuación da "intelligentzia", en Bellas Artes, con raíces de cheka, "memoria" que non han querer lembrar).

Os dibuxos dos nosos humoristas valen a modo de prólogo do traballo desta data. Os políticos están a marcaren os tempos do fracaso social e democrático.


Pontevedra, 23.11.2008

Entrada n. 717 do blog

Artículo semanal.

Unha declaración sen sentido [24.11.2008],
por Xesús López Fernández

Resulta que sí, que Franco leva 33 anos morto e que non estaba a facer nengunha cura balnearia. Os interesados poden localizar na rede o seu certificado de defunción. A consecuente decisión de Garzón de se declarar incompetente pra seguire co levantamento de restos fúnebres nas fosas comús, parece orixinou ronchas en certo sector da “progresía kultural”, que presentou, precisamente o 20.11.2008, no aniversario da morte de Francisco Franco, un manifesto de apoio a Garzón. I en anuncio do mesmo compareceu un grupúsculo de 15 persoas no Círculo de Bellas Artes, de Madrid, con memoria de cheka dende o 4 de agosto do 1936, reconvertídos daquela os seus sótanos en sede central do Comité Provincial de Investigación Pública, órgano encargado da represión do bando republicán, según lembrou o xornal El Mundo a raíz deste acontecemento. Tamén memoria histórica, por certo.

Pero o que tivo máis eco da comparecencia foi a presencia no grupo de Cristina Almeida, pra lle dar máis “megafonía” ás declaraciós que se produciron, antre elas a petición delirante de que se considere un anexo da Constitución o auto do xuez estrela. A antigua comunista e visitante de El Corte Inglés propuxo, alabarada, a queima das obras de César Vidal, e do outro, e do outro tamén. César Vidal, naturalmente, non calou; sí comentou que pensaba que Almeida non tería leído nengún dos seus libros, e que ó mellor se estaba a referir a obras de teoloxía. Non lle dou maior importancia, pero lembrou os antecedentes franquistas do pai da abogada, o que abondou prá aplaca-la súa teima pra, de seguido, facere a aclaración de que se tiña loitado pola libertade era pra que César Vidal e outros puideran escribir sobre o que quixeran; tamén que estaba moi orgullosa do comportamento do seu pai, participante no alzamento nacional no ano 1936, pero que eso acontecera antes d´ela nacer. ¿Cómo se explica o seu canto d´agora, en relación con feitos de hai 70 anos?

Na resposta de César Vidal, o home lembrou unha frase de Heine no sentido de que “comézase por queimar libros, acábase por queimare ás persoas”. I éso citouno Alfonso Ussía na súa crónica do 22.11, en La Razón, porque ó seu avó, Pedro Muñoz Seca, queimáronlle íntegra a súa biblioteca, no 1935, no bulevar da rúa Velázquez, Madrid, frente ó número 57, con obras de García Lorca, Valle Inclán, Alberti, Ramiro de Maeztu…. Despois, dí Ussía, queimárono a el, pero a tiros. O 28.11.1936 tivo lugar unha das célebres sacas de San Antón, na que foi detido o home xunto a varios frades agostiños e irmáns de San Xohán de Deus. Cóntase del que, aínda detido, non perdeu o humor e que as súas palabras “Me podeis quitar todo, menos el miedo que tengo” foron pronunciadas na cheka de San Antón, e que incluso se dirixeu ó pelotón de execución manifestando: “Me temo que ustedes no tienen intención de incluirme en su círculo de amistades”.

A sociedade española pdoe estar confusa en moitos aspectos da nosa historia recente, que algús queren borrar. Achegármonos con sereidade á nosa memoria histórica aínda debe ser posible, pero non-o vai ser pola vía do que Carlos Herrera denomina "a escenificación do odio [...] dos vixiantes do confín das ideoloxías, que chegaron decir qu´o auto de Garzón debería pasar a sere un anexo da Constitución....". Non cansan de leeren comunicados e resulta reprobable que escolleran prá escenificación do seu acto, e pró retrato, a que fora cheka favorita do roxerío. ¿Un despiste" Pode. Pensémolo así. Cristina Almeida, polo menos, envainou a "afouteza primeira", o ardentío da primeira declaración. Eso, ó mellor, sitúaa fóra do sindicato da "Kultura" no que, agora que Franco non está, xogan a un falso heroísmo e cada pouco constrúen os "valentes" unha declaración antifranquista. O Caudillo, morto, válelles de pretexto. Pero, en fin, sereado o discurso de Almeida, El Corte Inglés pode estar tranquilo. De momento, parece se libraron da queima de libros.

viernes, 21 de noviembre de 2008

CRISTINA ALMEIDA, MARCHA ATRÁS.

De Eneko, 19.11.2008. Víctimas do franquismo. A propia Xusticia, víctima actual.
De Eneko. Historia de España. Atapuerca e as víctimas do franquismo.
Caín, en La Razón. Lapidario:" Caín y Abel - 1936-1939 - Ahora volvemos". Algús parecen nerviosos, como se tardasen máis da conta.

Pontevedra, 21.11.2008

Entrada n. 714 do blog

CRISTINA ALMEIDA, MARCHA ATRÁS,
por Xesús López Fernández

Agora todos son valentes contra o franquismo. É decir, son valentes os que viven no resentimento pero que no seu día, ó longo dos corenta anos do réxime autoritario imposto polo Xeneral e nos primeiros anos da transición vivirían, digo eu, como héroes anónimos.

Como a boutade de Garzón non parece estar chamada a outra cousa que ó desprestixio dos que queiran fozar nas fosas comús, nas das presuntas víctimas do franquismo que coas outras (Paracuellos, Alcalá, etc.) non se meten, como si os alí sepultados non deixaran familia que os relembre.

Pero como onte foi día 20 de Novembro, o 33 aniversario da morte de Franco, un grupo de escritores da cofradía da cella zapateira, presentou un manifesto de apoio a Garzón no Circo das Bellas Artes, de Madrid. O de "Circo" vai con toda a intención. E na foto de La Razón aparece, medio agachada, Cristina Almeida, que tivo ocasión de soltar unha soflama, de decir incluso que, cando visita El Corte Inglés e ve alí libros e libros de historia, de César Vidal, do outro e do outro, que non-o comprende, que son libros que habería que queimar.

César Vidal, sorprendido por tanta fouteza, fixo tamén as suas declaraciós.. E á par que decía que entendía que Cristina Almeida non tiña leído nengún dos seus libros, non había que esquece-los antecedentes franquistas de Cristina Almeida.

E con esas declaraciós parece consigueu que a muller rectificara e, nunha especie de "mea culpa", de repente democrático, afirmou que a súa loita, ¿ónde?, foi pra que homes como César Vidal e outros (¿as mulleres non?) puideran escribire sobre o que quixeran. ¡Qué liberal, de súpeto!. Tamén que si o seu pai fora franquista, deso pasaran xa 60 anos. ¿Pero por qué coño queren fozar en fosas, nas que se supón están soterrádo-los restos das víctimas do franquismo, que levan alí, nalgús casos 72 anos?.

César Vidal relembroulle a frase de Heine, que "se comeza por queimar libros e acábase por queimare a persoas". E moito deso houbo aquí antes do 18 de Xullo.

Como coido que foi Periodista Digital o primeiro en informare da rectificación da comunista, deixo aquí o correspondente enlace:

["LO QUE ME GUSTA ES HABER LUCHADO POR QUE CÉSAR VIDAL Y OTROS PUEDAN ESCRIBIR LO QUE QUIERAN", INFORMA PERIODISTA DIGITAL]

O video que sigue, de cómo reventaron unha conferencia de Pío Moa, de cómo o insultaron, emparella ós reventadores co que foi o espírito da República, o espírito da cheka, según comenta o historiador. A ver quén son máis demócratas, se Pío Moa ou os que piden que se queimen as súas obras.

[VIDEO DE YOUTUBE. A XENTE NON QUER DEBATIR, DESOE AS PALABRAS DE MOA]

miércoles, 19 de noviembre de 2008

GARZÓN ABANDONA AS FOSAS

martínmorales, ABC, 14.11.2008. Cómo traballan os congresistas. Ó mellor se foron ás fosas. (Se clicades vése todo máis grande, incluso as arañas)
Mingote, ABC, 15.11.2008. (Clicade pra amplia-lo dibuxo)
Puebla, ABC, 19.11.2008. Garzón, derrotado polas fosas. Pra ve-lo dibuxo ampliado, clicade nel.
Pontevedra, 19.11.2008

Entrada n. 709 do blog

GARZÓN ABANDONA AS FOSAS,
por Xesús López Fernández

Gostaríame traer aquí algunhas das historias da "outra memoria histórica". Sería seguramente sairme da línea do blog. Pero, quén sabe, algún día, na deriva un tanto ácrata das cousas que vou inserindo, igual me dá por aí.
Hoxe non quero facer outra cousa que inserir un par de enlaces de noticias que publica o ABC, antre outras cousas o arquivo PDF do certificado de defunción de Franco, algo que tamén Garzón acaba de comprobar. Siguen os enlaces:
[CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN DE FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE]
[GARZÓN ENTIERRA SU CAUSA SOBRE LA MEMORIA HISTÓRICA TRAS CERTIFICAR LA MUERTE DE FRANCO. ABC, 19.11.2008]

jueves, 4 de septiembre de 2008

DE VIOLENCIA, IMPOTENCIA E DESMEMORIA

ABC, portada do 3.09.2008. Eugenio de Azárraga mostra a súa fotografía de alférez provisional na guerra civil española. O home dí: "Se Garzón quer saber qué fago enterrado no Val dos Caídos, que me chame". "Antes de la Guerra, mi ideología eran las chicas y la natación. Nunca fuí franquista, aunque teóricamente soy un caído por Dios y por España. Pero entre Franco y el comunismo opté por el primero, por eliminación, así que me pasé de Valencia, capital de la República, al bando nacional."
A fosa de Alcalá. [Leede o traballo deste mesmo nome]. ¿Investigará Garzón este asunto?


Pontevedra, 4.09.2008

Entrada n. 590 do blog

DE VIOLENCIA, IMPOTENCIA E DESMEMORIA,
por Xesús López Fernández

Non dispoño de tempo material pra me ocupar de cousas que están a acontecer estos días e que afectan tanto á prostitución da política local como á da política estatal. Polo tanto e a modo de breves, vou citar algús temas cos que a política do país se está a enlarafuzar máis e máis. Quero decir tamén que os interesados poden atopar no lateral deste blog información diversa algunhas veces exposta por medio de videos.

O PSOE pode estar a sentir un certo escalofrío no seu espiñazo, ver cómo vai perdendo popularidade. Esa pode sé-la razón principal pola que está a activar certos resortes, pra desacreditare a un PP que tampouco lle toma o pulso á situación, carente de ideas, talvez tamén de honradez. Citemos:

1.- O caso Garzón de querer censar ás víctimas da guerra civil, ós caídos despóis do 17.07.1936, cando se poderían investigar tamén outras cousas, porque a guerra comezou realmente o 14.04.1931. Lembremos que foi inmediato o comezo da queima de igrexas. Lembremos tamén o intento de Largo Caballero de promocionar coa revolución de Asturias, no 1934, o comunismo soviético, e a voladura da Cámara Santa da catedral de Oviedo. Lembremos tamén que Garzón non quixo investiga-lo caso de Paracuellos de Jarama, vivindo como vive o que foi comisario político dos horrores alí levados a cabo. Garzón, daquela, enfadouse incluso coa simple idea de investigar alí, porque todo estaba prescripto coa lei de amnistía do 1977. Así e todo, puntualmente e por medio do ABC, o señor Azcárraga, que aparentemente repousa no Val dos Caídos, resulta que está vivo, mostra unha fotografía súa, de alférez provisional e, categórico, afirma: "Si Garzón quiere saber por qué estoy oficialmente muerto, que me llame". Bo e puntual servicio o do ABC coesta noticia dada o mesmo día no que trascendeu a nova "cruzada" de Garzón. Azcárraga define a actuación de Garzón como "patochada", ó tempo que di que o maxistrado só busca notoriedade. "Como son o único vivo oficialmente enterrado no Val dos Caídos, son o único que pode falar.". Argumento demoledor dende a altura dos seus 92 anos.

1.1. A fosa de Alcalá. Neste blog pode o curioso atopar unha entrada así titulada, unha fosa republicáa, asunto que tampouco foi comenentemente investigado, pra mantere a realidade estordegada e pra que non interferise na campaña electoral. ¿Pra ónde mirou Garzón? "¡Miralá, miralá! / ¡La fosa de Alcalá, / ahí está, / ahí está!", según modificación feita por algún medio da letra da canción que canta Ana Belén, "La Puerta de Alcalá".

2. O "lobby da morte". Din que existe un clamor social pra desa forma promulgar unha lei do aborto, pra que as abortistas poidan interrumpi-lo embarazo, matar ós nasciturus cando lles pete. Sábese que algunhas clínicas abortistas están actuando con total impunidade, cobrando en negro sen que se produzan sanciós, sen que Facenda investigue, sen que o señor Garzón faga desto unha causa digna talvez de mellor defensor. Dun defensor da vida. Por certo, prós nascituros asesinados non queda nen o consolo dunha fosa común. Asignatura difícil pra unha Xusticia rexenerada.

3. Dentro da propia Maxistratura téñense producido declaraciós en contra da idea de Garzón de pescuda-lo nome dos mortos habidos en España dende o 17.07.1936. A Rubalcaba parécelle unha decisión sensata a do maxistrado mentres que Rodríguez Ibarra está en contra. E coido que a maioría da sociedade, a non se-los que viven da política socialista, [como o pai da ministra Aído, a promotora da Lei do Aborto, que acaba de se sobi-los seus ingresos como asesor da Diputación de Cádiz 3000€ ó mes] que ven cómo son de cada volta máis contestados.

4. A Lei de Costas. Mencionaba La Razón de hai tres ou catro días que 200000 familias poden quedarse sen casa no caso de se aplica-la Lei, mentres, en contra precisamente da dita Lei, Pepiño Blanco está a construire un residencial na Illa d´Arousa. Sobre esto poden os interesados atopar información cabal no blog de César Abal, ó que poden acceder por medio do enlace incluído á dereita deste blog.

5. Plan de Acuicultura. Si era inmoral o plan do PP éste d´agora é prácticamente o mesmo. Aquí existe tamén un lobby, o Clúster Internacional da Acuicultura, do que López Veiga foi unha especie de estandarte, e do que Carmen Gallego parece un simple refén. O Plan sigue nas mesmas mans aínda que se queiran aparentar outras formas. Son impotentes pra resolve-los problemas de contaminación que hoxe impiden o marisqueo de a pe ou dende gamela; son impotentes pró cumprimento dos postulados da Carta de Lisboa sobre a defensa do capital natural. Ai, e o Bloque, namorado das prebendas, sumouse ó proiecto. Xa non pode, nunca poido presumir de ecoloxista nada máis que antes os imbéciles e escuros da súa corte.

6. Desemprego. Cada hora que pasa aumenta o número de parados do país en 110. Onte reconocía o ministro Corbacho en El Gato al Agua, programa de debate de Intereconomía, que o servicio de prestaciós de Desemprego pode entrar en déficit.

7. Crisis. A crisis é evidente como queda dito cos apuntes anteriores, pero non se adoutan medias drásticas. Non se trata xa de conxela-la soldada dos altos cargos. É que habería que reduci-los ingresos desos caraduras. E prescindir dalgús ministerios e direcciós xerales, completamente innecesarios. A Política non pode ser unha oficina de colocación de mediocres; á Política teñen que ir os mellores. Malo cando non hai ideas pra sair do caos ou, pra apantalla-la actuación xangal dos parvaxolos que nos gobernan, levanta-la veda do crime dos nasciturus ou ver de nos contar, coa colaboración de Garzón, a guerra doutro xeito, cando aínda estamos pendentes de oir pedir perdón ós causantes do deterioro da vida social na República, do vandalismo rampante, que non esperaban a reacción do 1936 e confiaban que todo podería seguir coa práctica do tiro ó branco, co asesinato de sacerdotes e monxas, coa queima de igrexas, etc. Pero, como ten dito Ricardo la Cierva, media España non se deixou matar pola outra media.