Santa María recupera o seu osario medieval, necrópolis xa descoberta no 2007. Coidemos que a cousa vai quedar así, nesa definición.
A decoración con cipresesten moito de ridícula, e non é difícil pensar, máis alá da doudice do arquitecto encargado da obra, que algún político pensou que tiña ante sí o filón dalgunha fosa franquista. Pero deso, nada Ainda que mantiveron os cipreses por algún tempo. 
Conseguiron, como xa teño comentado noutra ocasión, crea-lo efecto dunha especie de santa compaña, explicable nesta cidade derrotada polo abuso do granichán como novo e bastardo enlousado da zona vella.
Coido que prá necrópolis de Santa María, prá que hoxe están previstos diversos actos, como se fose unha especie de inauguración, non vai haber novos cipreses, desaparecidos xa do espacio urbán das fotos hoxe inseridas neste post.
Pontevedra, 27.06.2012
Entrada n. 1536
Novos vellos enterramentos,
por Xesús López Fernández
As obras de rehabilitación levadas a cabo no entorno de Santa María (a excepción do puro vandalismo da desfeita do Campiño) deixaron ó descoberto un antiguo cimiterio medieval, no que apareceron unhas vinte tumbas, algunhas delas colectivas, e medio centenar de esqueletes.
Créese que algús dos enterramentos son anteriores á propia basílica, razón pola que os arquólogos estiman que son vestixios do cimiterio dunha primitiva igrexa medieval.
A aqueles fregueses enterrados no cimiterio medieval váiselles rendir unha homenaxe: a colocación dunha lápida coa inscripción do seu rerlembro; os seus restos van ser depositados nun osario construído no lateral norte do templo. Vai ser mañán, xoves, ás oito do serán cando se celebre o acto, no que se prevé que o arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro fale da importancia do achádego, ademáis das intervenciós do alcalde -¿?--, do párroco de Santa María, e da presidenta da asociación de veciños, Pilar Señoráns. Moito discurso.Faime gracia que na noticia se fale tamén da avenida de Santa María, destrozada e convertida en deserto de pedra, outro espacio desalmado como ben saber face-lo BNG.
,























