Mostrando entradas con la etiqueta reboira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reboira. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de agosto de 2013

A RIBEIRA SACRA, PATRIMONIO ESQUECIDO

Socalcos, fantasía do autor. En zonas do que hoxe é denominado Ribeira Sacra practícase o cultivo da vide en socalcos..... No artículo que hoxe presento, en parte reiterado ó estar tomados tres dos seus parágrafos doutro publicado no 2002, en diversos medios: Diario de Pontevedra, Xornal electrónico da USC...., (tamén figura como referente en Wikipedia). Volvo sobre o tema porque novamente se fala da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Fálase, nada máis, que moito non se leva feito polo labor que case parecía abandonado. No traballo mantense a tesis de que Ribeira sería unha forma deturpada de "reboira/reboiro", que ven de "rovoyra". É decir, estariamos a falare dunha reboira sagrada, dun carballo sagrado. Teño consultado este asunto con conocedores do tema conformes con que "ribeira", aínda que forma alterada, é realmente un fitotopónimo.

Pontevedra, 19.08.2013
Entrada n. 1700 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

A Ribeira Sacra, patrimonio esquecido,
por Xesús López Fernández

            A Ribeira Sacra como posible Patrimonio da Humanidade é un proiecto que non acaba de coller pulo, centrado fundamentalmente no estudio dos mosteiros con máis peso no conxunto de Galicia, San Estevo de Ribas do Sil, Nogueira de Ramuín, e o de Santa María de Montederramo, no concello ourensao do mesmo nome, como valor potencial no sector turístico e no desenvolvemento da bisbarra da Ribeira Sacra, nome por moitos asociado á presencia, na zona, de innumerables eremitorios e conventos. Pero hai outro criterio a considerar: que Ribeira, traducción de Rivoira según o padre Antonio Yepes que sería asumida polos historiadores posteriores (cuestionada por Vidán Torreira, que relacionaba a palabra con reboira/riboira), ten a súa raíz en Rovoyra Sacrata, según o documento fundacional que sería localizado por Torquato de Souza Soares. Según eso estariamos a falare dunha carballeira sagrada, ou dun carballo sagrado (¿o do escudo de Montederramo?). Retomo agora parte dun artículo do ano 2002, no que tocaba este tema, de novo actual:

               “José Freire Camaniel –en El Monacato Gallego en la Alta Edad Media—lémbranos a serie de tres artículos de Vidán publicados no ano 1987 en La Voz de Galicia. Di Vidán que a traducción non se axusta á evolución diacrónica da lingua galega, e da palabra “Roboria” –madeira de roble ou aciña--, documentada por Meyer Lübke, Vidán fai deriva-los galegos “riboira/reboira/reboiro”, pra concluir que Rivoira Sacrata correspondería antes a Reboira Sagrada –roble sagrado— que non á Ribeira Sacra asumida por Yepes e outros historiadores. Vidán titula o seu traballo do 10.10.1987 “El roble sagrado de la Rivoira Sacrata”, poñéndonos en sintonía coa obra de James Frazer titulada “A Ponla Dourada”. O propio nome do lugar, Monte de Ramo, faría alusión según Vidán ó “visgo” –lat. viscum, cast. muérdago--, arbusto que parasita frecuentemente no carballo. Ese roble ou carballo parasitado podería se-la personificación do sacerdote coidador do bosco.
           
        O primitivo convento estaría situado en Seoane o Vello –clara alusión a unha realidade anterior--, unha das doce parroquias de Montederramo. Téñase presente que Seoane significa Xoan/Xohán, o nome do convento fundado por mandato de Dona Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI .  De tódo-los xeitos non hai documentación que permita pescudar máis alá do nome de Monte de Ramo como tal. Pero Vidán, que parteu na súa investigación do nome “Rivoira”, acabaría por estar máis perto da verdade do que moitos puideron supoñer, porque outro historiador, Torquato de Souza Soares, que sometería a estudio crítico o documento fundacional de Montederramo, que non cree necesario transcribir, reprodúceo en facsímil e nel léese claramente “rovoyra sacrata”. É decir, cobra novo interese a tesis de Vidán Torreira, porque a palabra auténtica está máis próxima no seu vocalismo ó “robur” –roble— latino. Según o diploma fundacional Dona Tareixa, daquela reina de Portugal –dí o documento—“dende o mar Oceano ata o río Bibei, que corre antre Trives e Valdeorras, doa a Arnaldo e ós seus compañeiros, presentes e futuros, o lugar denominado “rovoyra sacrata”, situado en Montederramo, territorio de Caldelas”, según informa José Freire.

            Xa non cabe aquí unha maior extensión sobre o tema da sacralización de carballos e carballeiras e sobre o valor engadido que viña representa-lo visgo –a ponla dourada--, que habería que cortar, en todo caso, con fouce d´ouro. Nen temos constancia de que o arbusto chegue a tomar esa color non sendo no caso de ser cortado. Depois de cortado, sí, vaise poñendo dourado. Nesas circunstancias e por medio dunha vara obtida do mesmo poderíase atopar ouro, por aquelo de que o semellante, por simpatía, busca ó semellante, do mesmo xeito que o lume solsticial que se renova polo San Xohán, especialmente o de carballo, sirve pra lle transferir ó sol a necesaria enerxía e que éste non morra, non se apague e siga sendo o gran farol do mundo. Interesante a idea de Vidán de situar en Montederramo un carballo/unha carballeira sagrada. De todas formas, aínda que a súa visión crítica sobre a traducción de “rivoyra/rovoyra” sexa correcta, a denominación de Ribeira Sacra que ó longo dos séculos fixo fortuna, parece non ter volta. Falando de conventos ou de viños.”

miércoles, 8 de agosto de 2012

A chamada do bosco autóctono [14.11.2003]

 Unha vista xeral das Médulas, perto de Ponferrada, se noutro tempo ricas en ouro, hoxe ricas en castañas e Patrimonio da Humanidade.  
Outra vista das Médulas, onde a natureza vai marcando a recuperación dos soutos.

Pontevedra, 8.08.2012
Entrada n. 1557
Artículo do ano 2003, que sigue en vigor.

Na miña idea de ir concentrando no blog traballos vellos, tarea que parece fun deixando atrás, hoxe inclúo este vello artículo:


A chamada do bosco autóctono [14.11.2003],
Por Xesús López Fernández

Hai xa tempo que escribín un traballo titulado “Do nome da Ribeira Sacra”, no que recuperaba a tesis de diversos autores no sentido de que se estaba a utilizar unha palabra que non se correspondía coa “Rovoyra sacrata” á que se alude no documento fundacional do mosteiro de San Xohan de Montederramo, que estaría situado na parroquia de Seoane o Vello, en Montederramo, máis antiguo que o actual conocido de Santa María de Montederramo. A palabra “rovoyra” conecta co “robur” latino. E naquela zona como no Ourense oriental abondan os “rebolos”, así denominádo-los carballos cerquiños ou cerqueiras, que tamén se dan no noso entorno..[A palabra rebolo é tamén común na zona de Sanabria...] Precisamente hai uns días e con motivo dunha viaxe de fin de semáa volvín pasar pola Ribeira Sacra, cara ó Barco, e ó Bierzo das Médulas. O outono estaba na arrancada. Os días, como decía Novoneyra, eran --e son-- como tardes longas. É a época das colores máxicas: nas vides, nos fentos, nas árbores... 

Aínda que esta vez non parei en Montederramo sí pensei na idea de Vidán Torreira, de que antes que a unha ribeira efectivamente cristianizada, a denominación podería referirse a un carballo, a un rebolo ou reboira sagrada, retomada a idea de que alí puido existir unha árbore parasitada polo visgo [Monte do Ramo, o muérdago da ponla dourada] que tería unha especial significación prós seus coetáns de  cultura celta. Ó longo da viaxe non deixei de pensar no valor que prás nosas xentes tivo de sempre o bosco autóctono... Os carballos irían alternando con castiñeiros, que nalgús sitios sobían ou reconquistaban  socalcos abandonados, alí onde parece que o home xa non está presente. As árbores facían o seu traballo de reconquista na medida do posible. E xa, máis entrado na bisbarra de Valdeorras ou no Bierzo, as beiras do Sil mostraban a chegada do outono a doura-las alamedas.

Xa antes de chegar ás Médulas puiden ver cómo as xentes andaban polos montes, recollendo castañas en caldeiros ou bolsas. Pero o que si me impactou foi reparar na masa de castiñeiros existentes no lugar, patrimonio histórico da Humanidade, no seu día destripado polos románs que viñeran á busca do ouro e que traían a auga prá súa explotación dunha distancia que inda hoxe parece excesiva: máis de cen kilómetros, á procura da necesaria caída da mesma. Testigos da súa presencia alí están as covas e galerías que resistiron o paso do tempo. As árbores queren retoma-lo terreo e hai presencia de exemplares centenarios [algús fortemente acaracochados, outros ben conservados], todos eles exuberantes de castañas, os ourizos aínda verdes o día da miña visita, porque a castañada é longa e vai, como sabemos, dende as fins de setembro ata decembro... Exemplares vivos, en definitiva, como vivo está tamén o idioma galego [furnias, souto, cova], como puiden comprobar conversando cunha señora que tiña un estaribel no que vendía todo a dous euros [1 kg. de pementos, a ducia de ovos, un kilo de castañas], como unha especie de “todo a cen” en versión europea.

Como aquí parece que nos roubaron a paisaxe ó cambia-la vexetación autóctona pola que nos chegou de Australia, lembreime daquel proiecto de Lei Forestal de Iniciativa Popular presentado no Parlamento galego en xuño do 1989, votado en contra polo triunvirato gobernante. E curiosamente, é un tema que aí permanece sen ser retomado máis alá dalgunha que outra declaración, como a que en certa ocasión fixo Cortizo, diputado socialista, propoñendo con contundencia que a salvación da nosa floresta pode pasar pola eliminación dos eucaliptos nun horizonte de cincoenta anos. E acábame de chegar un traballo que vai  nesa dirección. E, curiosamente, o Movemento Mundial polos Boscos Tropicales usa unha serie de testimonios que falan da ruína de zonas por lles teren arrasado os boscos autóctonos, como a rexión de Madhya Pradesh, no centro da India, nalgún tempo célebre pola abundancia de fontes. Pois ben, eliminado o bosco primario, o actual eucaliptal prantado extensivamente actuou como papel secante, ademáis que nese tipo de prantación, como ben lembra Galeano e sabemos nós, xa non cantan os paxaros. Un tense posicionado moitas veces en contra dese tipo de prantación, que na nosa terra avanza como un exército [os soldaditos que di Galeano] e vai apagando aldeas. Salvando as distancias, a causa do cambio pode estar no sobreabuso na arrancada das madeiras nobres que deixa ademáis sen acobillo ós pobos primitivos que tiñan a súa vivenda baixo as arboredas, que coidaban delas porque nelas estaba a súa vida, seguramente coa mesma idea de sacralidade que podemos ventar na Rovoyra Sacrata. Por certo, nos accesos a Sanabria descobrín un pequeno rebolar, un grupo de cerquiños. ¿Unha nova reboira sacra? Ó mellor dentro de cen anos. A ver qué pensa a xente daquela.

miércoles, 27 de junio de 2007

RIBEIRA SACRA (FITOTOPONIMIA)

Nota.- Socalcos, algo típico na Ribeira Sacra. Fantasía informática de Xesús López.

Apasionante o estudio da fitotoponimia, a relación dos nomes de lugar coa presencia de distintas especies herbáceas, arbustivas ou arbóreas. Nomes como Cerdedo, Sobredo, Acevedo, Abeledo, Carballedo, Rebordelo, gardan relación coa presencia, mesmo abundancia de cerdeiras, sobreiras, acebos, abelairas, carballos, reboiras (rebolos ou cerquiños, aínda que os diccionarios non garden xa memoria da palabra). Pero sí está nos lugares. E pode que mesmo a conocida Ribeira Sacra faga referencia non tanto á beira dun río como a unha reboira sagrada, como parece desprenderse tanto da descripción histórica como do documento fundacional de San Xohán de Montederramo, benedictino: "revoyra sacrata", "rovoyra sacrata".
O día da entrega dos premios "Antón Losada Diéguez" estiven cun estudioso da arquitectura do Cister, e consulteille esa cuestión. Afirmou conoce-los traballos de Vidán Torreira e que o home levaba razón. É máis, a reboira sagrada da historia estaría no chan no que se construeu Santa María de Montederramo, xa do Císter. A reboira, ou rebolo, ou cerquiño, ou carballo, ou cerqueira se queredes, permanece no escudo de Montederramo. Pero como comentario inclúo agora un traballo titulado Do nome da Ribeira Sacra, de data 3.8.2002

Do nome da Ribeira Sacra (3.8.2002)
por Xesús López Fernández

A zona --os concellos que circundan a Ribeira Sacra-- é cada vez máis conocida. E na atracción que exerce sobre os curiosos poden contar máis os viños que a riqueza monacal doutros tempos, configuradora dunha Nova Tebaida en torno ó Sil, o Bibei e o Mao. O nome de Ribeira Sacra aparece por primeira vez con motivo da publicación e comentario polo historiador Fray Antonio de Yepes do documento fundacional do mosteiro de Montederramo , do 21 de agosto do 1124. No mesmo faise referencia ó lugar da “Rivoyra Sacrata”, que o historiador traduceu por Ribeira Sacra, traducción ésta que sería asumida polos historiadores posteriores. E así permanecían as cousas ata que Manuel Vidán Torreira puxo en cuestión a dita traducción.

José Freire Camaniel –en El Monacato Gallego en la Alta Edad Media—lémbranos a serie de tres artículos de Vidán publicados no ano 1987 en La Voz de Galicia. Di Vidán que a traducción non se axusta á evolución diacrónica da lingua galega, e da palabra “Roboria” –madeira de roble ou aciña--, documentada por Meyer Lübke, Vidán fai deriva-los galegos “riboira/reboira/reboiro”, pra concluir que Rivoira Sacrata correspondería antes a Reboira Sagrada –roble sagrado— que non á Ribeira Sacra asumida por Yepes e outros historiadores. Vidán titula o seu traballo do 10.10.1987 “El roble sagrado de la Rivoira Sacrata”, poñéndonos en sintonía coa obra de James Frazer titulada “A Ponla Dourada”. O propio nome do lugar, Monte de Ramo, faría alusión según Vidán ó “visgo” –lat. viscum, cast. muérdago--, arbusto que parasita frecuentemente no carballo. Ese roble ou carballo parasitado podería se-la personificación do sacerdote coidador do bosco.

O primitivo convento estaría situado en Seoane o Vello –clara alusión a unha realidade anterior--, unha das doce parroquias de Montederramo. Téñase presente que Seoane significa Xoan/Xohan, o nome do convento fundado por mandato de Dona Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI . De todo-los xeitos non hai documentación que permita pescudar máis alá do nome de Monte de Ramo como tal. Pero Vidán, que parteu na súa investigación do nome “Rivoira”, acabaría por estar máis perto da verdade do que moitos puideron supoñer, porque outro historiador, Torquato de Souza Soares, que sometería a estudio crítico o documento fundacional de Montederramo, que non cree necesario transcribir, reprodúceo en facsímil e nel léese claramente “rovoyra sacrata”. É decir, cobra novo interese a tesis de Vidán Torreira, porque a palabra auténtica está máis próxima no seu vocalismo ó “robur” –roble— latino. Según o diploma fundacional Dona Tareixa, daquela reina de Portugal –dí o documento—“dende o mar Océano ata o río Bibei, que corre antre Trives e Valdeorras, doa a Arnaldo e ós seus compañeiros, presentes e futuros, o lugar denominado “rovoyra sacrata”, situado en Montederramo, territorio de Caldelas”, según informa José Freire.

Xa non cabe aquí unha maior extensión sobre o tema da sacralización de carballos e carballeiras e sobre o valor engadido que viña representa-lo visgo –a ponla dourada--, que habería que cortar, en todo caso, con fouce de ouro. Nen temos constancia de que o arbusto chegue a tomar esa color non sendo no caso de ser cortado. Depois de cortado, sí, vaise poñendo dourado. Nesas circunstancias e por medio dunha vara obtida do mesmo poderíase atopar ouro, por aquelo de que o semellante, por simpatía, busca ó semellante, do mesmo xeito que o lume solsticial que se renova polo San Xohan, especialmente o de carballo, serve pra lle transferir ó sol a necesaria enerxía e que éste non morra, non se apague e siga sendo o gran farol do mundo. Interesante a idea de Vidán de situar en Montederramo un carballo/unha carballeira sagrada. De todas formas, aínda que a súa visión crítica sobre a traducción de “rivoyra/rovoyra” sexa correcta, a denominación de Ribeira Sacra que ó longo dos séculos fixo fortuna, parece non ter volta. Falando de conventos ou de viños.