Porto de Marín, asentado en gran parte sobre recheos deshonestos.
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloximo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloximo. Mostrar todas las entradas
domingo, 30 de diciembre de 2012
viernes, 14 de diciembre de 2012
A travesía co naseiro (2)
Fantasía fractal sobre as "nove ondas da Lanzada", as ondas da fecundidade. As mulleres estériles tomaban aí o seu baño ritual pra ver así de ter familia. Pensemos tamén que poden representa-lo movemento contínuo dun mar sempre vivo. Punta da Lanzada, un dos nomes que Colón levou a América, como tamén o do Porto Santo (Poio), hoxe cegado, que no fondo da ría debeu ser testigo da aprendizaxe do home, dos seus enredos coa mar. E, curiosamente, frente por frente, na outra banda da ría, aínda hai poucos anos, uns quince, que foi derrubada a casa solar de Sarmiento de Gamboa, o primeiro navegante científico do século XVI, ó que debémo-los primeiros mapas do litoral chileno.
(Éste é o segundo dos artículos da serie de "A travesía co naseiro").
Pontevedra, 14.12.2012
Entrada n. 1587 do blog
.he xornal diario - cartas ecolóxicas (15) 26.o2.92
A TRAVESIA CO NASEIRO (2),
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
O equipo de televisión dispuxo aínda algunhas tomas antre as bateas e unha breve entrevista coas xentes que alí estaban a traballaren, levantando as cordadas de mexilón pra dispoñeren a pesaxe da mercancía. O polígono de Raxó podía estar na conta atrás, cuestionado aquel molusco como "producto galego de calidade".
-"¿En qué medida pode afecta-lo tubo emisario ás economías destas xentes?", foi a nova pergunta dun membro do equipo.
-"Na medida na que lles vai situar aquí, a pé de batea, o mercurio e mái-los organoclorados. Pode representa-la súa ruína. Non esquezamos que os franceses tiñan xa información puntual destas cuestiós no ano 1978, o que aquí sempre se tentóu negar. Pero existe documentación contrastada.E houbo que elimina-las mexiloeiras do norte da illa", dixo un dos homes alí presentes.
Impartíranse instrucciós pra filmare un novo travelling, cun primeiro tempo de bateas pra, coa motora do naseiro aproada cara Punta Placeres, filmar novamente a boia do emisario, a marca da que en pouco tempo vai funcionar como unha nova ferida aberta na nosa ría. ¿Qué efecto se podería derivar do alarmante informe que a consellería de Pesca tiña no seu poder, según o cal a posta en marcha do emisario podería agrava-la situación aínda máis?
A motora tentóu entrar na zona dos placeres de Lourizán, pero había aínda pouco calado e podía varar. Foi preciso cambiar de plans, achegarse de novo a Estribela pra recoller unha gamela,a modo de embarcación auxiliar, pra que os cámaras puideran face-lo seu traballo de filmación da enxurrada fumegante que o complexo estaba a verter ó abeiro da marea a encher, convertindo o fondo da ría en auténtica balsa de decantación.
Naturalmente, o grupo tivera que se dividir. Algús permanecimos na motora, botada a áncora en frente do noutrora famoso colexio d´Os Placeres. Méntre-los cámaras facían o seu traballo, a friaxe íase apoderando de nós porque o sol non acababa de asumir un claro protagonismo naquela mañá fermosamente gris. O lugar era como un gran templo naquela hora de luz especial. Comprendiase a chamada cósmica que a paisaxe exercía sobre o naseiro que agora estaba bogando cos cámaras cara ó espacio profanado. O complexo industrial botaba fume por tóda-las súas chimeneas e respiros. Parecía como se fora reventar.
-"Na antigua Alemania do Leste pecharon xa oito fábricas de pasta química. Témo-la información de Green Peace. O estado xermano pasará a te-la denominación de "libre de cloro" en relación con estos procesos. O tema da capa de ozono non admite máis demora e nos está a convertir, a todos, en cidadáns do mundo. Por aí pode chega-la solución e que ésto deixe de ser "sitio distinto"". Nas frases apreciabase un certo optimismo. Ou inxenuidade.
(continuará)
Asdo. Xesús López Fernández.
jueves, 23 de agosto de 2012
Os Sánchez Gordillo de Marín
Pepe Cuíña foi o principal impulsor da construcción do ferrocarril ilegal ó porto de Marín. Poderiamos citar outros nomes dos que parteu a idea e a orde do arraso litoral, algús próximos ó señor Rajoy.. Cuíña, por mandato naquela ocasión, actuou como un Sánchez Gordillo na arrancada do arraso litoral. 

Sobre María Ramallo (Sánchez Gordillo), hoxe alcaldesa, recaen gran parte das culpas dos recheos deshonestos cos que os clústers tentaron acabar coa mar de Marín e ría de Pontevedra.
Pepiño Blanco, outro Sánchez Gordillo que centrou a súa actividade sobre a autovía a Marín, construída en dominio público marítimo terrestre. 

Ana Pastor sigueu os traballos en relación coa autovía, que queren consolidare ó servicio da desfeita litoral. Outra Sánchez Gordillo, en definitiva, que está casada con José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria, na fotografía da dereita.
Poderiamos incluir máis fotografías: Manuel Fraga, Miguel Angel Fernández Lores, Tonecho, vello alcalde de Marín, que con Cuíña formaban o cuarteto do Apokalypsis que fixo a viaxe inaugural do ferrocarril hoxe sentenciado. Tamén actuaron como os Sánchez Gordillo da cousa medioambiental.
Pontevedra, 23.08.2012
Entrada n. 1559 do blog
Os Sánchez Gordillo de Marín,
por Xesús López Fernández
Sánchez Gordillo, o alcalde de Marinaleda, e os seus acólitos están a quebrantaren a convivencia, a practicaren unha auténtica apropiación indebida, en superpermercados ou entrando en plan okupas en latifundios ou fincas de terratenentes andaluces.
De momento, o home está gañando popularidade, ameazando con novas acciós, en órdoba ou Málaga, sí ou sí, sen que pareza que o Goberno estea disposto a actuare e a defendere o Estado de Dereito, que parece hai anos non existe. En España.
Ocúrreseme asimila-lo caso do alcalde comunista de Marinaleda, có que en Pontevedra-Marín está a acontecer dende hai anos, só que aquí son os clústers os que están a actuaren, a lle marcare ós políticos a correspondente folla de ruta pra acabare co dominio público marítimo terrestre, en contra do disposto na Lei de Costas, en contra tamén da defensa que do medio ambiente fai a Constitución. Os clústers ocuparon o mar por medio de recheos, tenderon un ferrocarril polas marismas de Lourizán ou agora tentan consumaren a ocupación de 700000 metros cadrados por medio da consolidación da autovía a Marín, asunto este último no que Ana Pastor (Sánchez Gordillo) sigue a pauta de Pepiño Blanco (Sánchez Gordillo). E a Xunta anuncia un novo plan portuario cando a superficie na que se asenta está sancionada polo TS, pero os Sánchez Gordillo da Xunta queren dalgún xeito burlare a Lei de Costas. Seguramente tamén coa axuda de Arias Cañete, que tamén comparece como outro presunto Sánchez Gordillo, tendo en conta algús dos seus pronunciamentos.
Os persoaxes representados nas fotos foron no seu momento, todos eles, Sánchez Gordillo, ainda que os citados non representan máis que un corto inventario. A historia é corrupción en esencia pura, mafia auténtica.
Enlace: Faro de Vigo, A Xunta presenta un novo plan especial como remedio ó atranco portuario, noticia do 8.06.2012
miércoles, 8 de agosto de 2012
A chamada do bosco autóctono [14.11.2003]
Unha vista xeral das Médulas, perto de Ponferrada, se noutro tempo ricas en ouro, hoxe ricas en castañas e Patrimonio da Humanidade.
Outra vista das Médulas, onde a natureza vai marcando a recuperación dos soutos.Pontevedra, 8.08.2012
Entrada n. 1557
Artículo do ano 2003, que sigue en vigor.
Na miña idea de ir concentrando no blog traballos vellos, tarea que parece fun deixando atrás, hoxe inclúo este vello artículo:
A chamada do bosco autóctono [14.11.2003],
Por Xesús López Fernández
Hai xa tempo que escribín un traballo titulado “Do nome da Ribeira Sacra”, no que recuperaba a tesis de diversos autores no sentido de que se estaba a utilizar unha palabra que non se correspondía coa “Rovoyra sacrata” á que se alude no documento fundacional do mosteiro de San Xohan de Montederramo, que estaría situado na parroquia de Seoane o Vello, en Montederramo, máis antiguo que o actual conocido de Santa María de Montederramo. A palabra “rovoyra” conecta co “robur” latino. E naquela zona como no Ourense oriental abondan os “rebolos”, así denominádo-los carballos cerquiños ou cerqueiras, que tamén se dan no noso entorno..[A palabra rebolo é tamén común na zona de Sanabria...] Precisamente hai uns días e con motivo dunha viaxe de fin de semáa volvín pasar pola Ribeira Sacra, cara ó Barco, e ó Bierzo das Médulas. O outono estaba na arrancada. Os días, como decía Novoneyra, eran --e son-- como tardes longas. É a época das colores máxicas: nas vides, nos fentos, nas árbores...
Aínda que esta vez non parei en Montederramo sí pensei na idea de Vidán Torreira, de que antes que a unha ribeira efectivamente cristianizada, a denominación podería referirse a un carballo, a un rebolo ou reboira sagrada, retomada a idea de que alí puido existir unha árbore parasitada polo visgo [Monte do Ramo, o muérdago da ponla dourada] que tería unha especial significación prós seus coetáns de cultura celta. Ó longo da viaxe non deixei de pensar no valor que prás nosas xentes tivo de sempre o bosco autóctono... Os carballos irían alternando con castiñeiros, que nalgús sitios sobían ou reconquistaban socalcos abandonados, alí onde parece que o home xa non está presente. As árbores facían o seu traballo de reconquista na medida do posible. E xa, máis entrado na bisbarra de Valdeorras ou no Bierzo, as beiras do Sil mostraban a chegada do outono a doura-las alamedas.
Xa antes de chegar ás Médulas puiden ver cómo as xentes andaban polos montes, recollendo castañas en caldeiros ou bolsas. Pero o que si me impactou foi reparar na masa de castiñeiros existentes no lugar, patrimonio histórico da Humanidade, no seu día destripado polos románs que viñeran á busca do ouro e que traían a auga prá súa explotación dunha distancia que inda hoxe parece excesiva: máis de cen kilómetros, á procura da necesaria caída da mesma. Testigos da súa presencia alí están as covas e galerías que resistiron o paso do tempo. As árbores queren retoma-lo terreo e hai presencia de exemplares centenarios [algús fortemente acaracochados, outros ben conservados], todos eles exuberantes de castañas, os ourizos aínda verdes o día da miña visita, porque a castañada é longa e vai, como sabemos, dende as fins de setembro ata decembro... Exemplares vivos, en definitiva, como vivo está tamén o idioma galego [furnias, souto, cova], como puiden comprobar conversando cunha señora que tiña un estaribel no que vendía todo a dous euros [1 kg. de pementos, a ducia de ovos, un kilo de castañas], como unha especie de “todo a cen” en versión europea.
Como aquí parece que nos roubaron a paisaxe ó cambia-la vexetación autóctona pola que nos chegou de Australia, lembreime daquel proiecto de Lei Forestal de Iniciativa Popular presentado no Parlamento galego en xuño do 1989, votado en contra polo triunvirato gobernante. E curiosamente, é un tema que aí permanece sen ser retomado máis alá dalgunha que outra declaración, como a que en certa ocasión fixo Cortizo, diputado socialista, propoñendo con contundencia que a salvación da nosa floresta pode pasar pola eliminación dos eucaliptos nun horizonte de cincoenta anos. E acábame de chegar un traballo que vai nesa dirección. E, curiosamente, o Movemento Mundial polos Boscos Tropicales usa unha serie de testimonios que falan da ruína de zonas por lles teren arrasado os boscos autóctonos, como a rexión de Madhya Pradesh, no centro da India, nalgún tempo célebre pola abundancia de fontes. Pois ben, eliminado o bosco primario, o actual eucaliptal prantado extensivamente actuou como papel secante, ademáis que nese tipo de prantación, como ben lembra Galeano e sabemos nós, xa non cantan os paxaros. Un tense posicionado moitas veces en contra dese tipo de prantación, que na nosa terra avanza como un exército [os soldaditos que di Galeano] e vai apagando aldeas. Salvando as distancias, a causa do cambio pode estar no sobreabuso na arrancada das madeiras nobres que deixa ademáis sen acobillo ós pobos primitivos que tiñan a súa vivenda baixo as arboredas, que coidaban delas porque nelas estaba a súa vida, seguramente coa mesma idea de sacralidade que podemos ventar na Rovoyra Sacrata. Por certo, nos accesos a Sanabria descobrín un pequeno rebolar, un grupo de cerquiños. ¿Unha nova reboira sacra? Ó mellor dentro de cen anos. A ver qué pensa a xente daquela.
martes, 27 de marzo de 2012
Guillermo Meijón, co paso cambiado
Pontevedra, 27.03.2012
Entrada n. 1506 do blog
Guillermo Meijón, có paso cambiado,
por Xesús López Fernández
O home, diputado socialista pontevedrés, parece un pouco despistado. E despois das últimas noticias, do segundo "éxito" xudicial de Salvemos Pontevedra, definida nalgunha ocasión como "látigo, promotora dunha cruzada xudicial, no exercicio da acción popular, prá recuperación do litoral", debería preocuparse máis pola execución das sentencias xudiciales firmes en relación coa recuperación do antiguo "solar" de José Malvar Construcciones; agora do ocupado por Holcim, que nunca tivo concesión nen licencia municipal, e cuia recuperación xa foi ordeada polo TS ó ministerio MARM (o do tres en un), nacido pra descafeinare o ministerio do Medio Ambiente.
Aí ten Meijón un traballo ilusionante e ben pode deixarse de paridas sobre a fin do periódo concesional de Ence, no 2018, porque a empresa aí radicada actualmente é outra, Grupo Empresarial Ence, S.A., e o T.S. tamén lle dou orde ó ministerio, por medio de sentencia do pasado ano, de incoa-lo procedemento de cancelación da concesión de Ence (que non Grupo Empresarial Ence, S.A., presuntamente sen concesión), procedemento incoado por denuncia, tamén, de Salvemos Pontevedra, reitero que en exercicio da acción popular que tanto a Constitución como a lei de Costas, recomendan practicar. E resultan sospeitosos políticos como Caamaño, o que fora ministro socialista de Xusticia, que quixo acabar coa acción popular.
Hai dous días anunciaba o Faro de Vigo e pretensión do clúster portuario de ocupar máis mar. A corrupción permanece aí. E varias sentencias firmes están pendentes de execución. Eu, que confío en Guillermo Meijón, suxírolle que non se deixe namorare polo clúster do porto de Marín; que se erixa en defensor do Estado de Dereito, que ata o d´agora os partidos que foron relevistas na presidencia da Autoridade Portuaria (agora o PP) estiveron tocados de presunta corrupción, nemigos do medio natural. Non esquezamos que o PP foi o creador do ministerio de Medio Ambiente, reconvertido polo PSOE en MARM, e coesta matraca sigue agora o Goberno de Rajoy.
Enlace:
Meijón solicita en el Congreso que el Gobierno facilite el traslado de Ence de Lourizán. (Pero en todo este asunto hai moito político enmerdado. E Arias Cañete non apunta, de momento, boas formas)
viernes, 23 de marzo de 2012
Visítanos Ana Pastor
Hoxe, 23.03.2012, visítanos Ana Pastor, a ministra de Fomento, pra falare co alcalde Lores. Dous antiecoloxistas fronte a fronte. Coido que na xuntanza van estare presentes máis persoas, antr´elas algún convidado de pedra.
Asi vanse conformando os edificios do Gaiás, un tragacartos sen fin, un cáncer na economía de Galicia. O monte fora doado por José Luís Méndez, presidente de Caixagalcia e do Grupo Empresarial Ence, S.A., ó tempo que Fraga dictaba un decreto de supramunicipalidade pra situa-la factoría de Georgia Pacific nas marismas de Lourizán. ¿Troco, cambio de cromos? ¡Corrupción! Afortunadamente, Salvemos Pontevedra consigueu que Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, definira as marismas de Lourizán, en canto que dominio público marítimo terrestre, como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación por medio dun decreto, mentres algús chourizos da política siguen escollendo outra línea de actuación menos práctica. 
Despois do goberno Fraga veu o bipartito e, no canto de aplicare una solución de zuruxán, non lle fixeron noxo á obra, na que presuntamente todos se beneficiaron , ladroeiros na cousa de gobernar. Hoxe, non hai cartos pra seguire con esa realización nen tampouco está claro qué van facer coas construcciós. Entrada n. 1503 do blog
Visítanos Ana Pastor,
por Xesús López Fernández
Pouco agardo desta visita, pois coido que na postración da cidade hai culpas dos diversos gobernos centrales e, sobre todo, dos gobernos locales, traidores á ecoloxía desta ría e ó modelo de cidade que aquí existía, cidade comercial e administrativa. Pero os mandiños locales teñen moita presa por novas infraestructuras, ó mellor pra que lles constrúan algún carril bici, máis lombos, ou novas sendas de madeira pola beiramar. Mellor dito, pola beiramar, non, porque a avenida de Marín, na que se apoia e sigue en paralelo, está construída en terreo demanial, o que supón unha presunta ilegalidade. Como unha casa. Unha ministra de Fomento que se precie de tal tería que poñer sobre da mesa o levantamento desa infraestructura, ademáis da execución das sentencias firmes xa existentes pra ire recuperando, por tramos, as marismas de Lourizán, desaparecido xa da escea o señor Fraga, que quixo outorgarlle nese espacio, no que ocupan as balsas de decantación de Ence, terreos a Georgia Pacific, Tisú de Lourizán, prá construcción da papeleira, "a nova fachada marítima d´Os Praceres", decía o león de Vilalba, e todo a cambio da donación de José Luís Méndez de monte Gaiás pró seu particular mausoleo. Un caso de presunta corrupción.
Aquí xa foi construída, no mandato anterior de Ana Pastor, a pasarela d´Os Praceres, contraria á lei de Costas. E resulta que os do BNG, asentados na pura ilegalidade, queren conectare a esa pasalela outra construída na zona das Corbaceiras, ó tempo que prometían, bastardos, novos e idílicos solpores.
Agora que o PP acaba de asina-la Lei de Transparencia, sería bo aclarar moitas cousas do que, pra un maior deterioro da ría, levan feito aquí os diversos gobernos, particularmente enzudrados algús amigos de Rajoy. E, lembremos, o actual presidente da Autoridade Portuaria de Marín está casado con Ana Pastor, e non mostra colaboración prá execución das sentencias condenatorias dos deshonestos recheos feitos en Marín ou do levantamento do ferrocarril ó que nos referiamos na entrada anterior.
Pra maior aclaración, coa recomendación de que se faga unha lectura fina da información, porque algús van co paso cambiado, inclúo a seguido unha noticia de El Faro de Vigo, do 21.03.2012, titulada:
Lores comunica a Pastor la "urgencia" de ejecutar la circunvalación y reformar el nudo de Bomberos, algo que parece estar en contra de la defensa de la junquera de Alba como espacio natural de importancia local, como también la cabezonada de construir el nuevo puente de las Corrientes.
addenda: Visita de coña. Criterios antiecoloxistas os de Ana Pastor e o Bloque, que non están a pensaren na recuperación das marismas de Lourizán. Políticos zafios. Transparencia, sí, e un carallo. Siguen dous enlaces en relación coa noticia da visita de Ana Pastor a Lores, que os dous foron médicos no ambulatorio Virxe Peregrina de medicina primaria, un viveiro de políticos "ilustres". Siguen as noticias:
Faro de Vigo, 24.03.2012: Pastor anuncia unha nova autovía Pontevedra-Vigo "máis eficiente" que as deseñadas ata o d´agora. Vamos, a mentira que sigue. E fala tamén de máis pasarela, ¡qué horror!

La Voz de Galicia, 24.03.2012: Pastor compromete unha autoestrada libre de peaxe Pontevedra-Vigo. É decir, faltan redaños como pra declara-la A9, xa amortizada, libre de peaxe.
domingo, 6 de diciembre de 2009
O TANQUE DE MOLLAVAO (artículo)
-
Pontevedra, 7.12.2009
-
Entrada n. 1090 do blog
-
Artículo semanal.
-
O tanque de Mollavao,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
-
A palabra tanque ten polisemia e podemos referirnos a ela pra falare dun carro de combate ou ben dun depósito de auga e outros líquidos. Ten máis significados. O que o Concello quer construire en Mollavao, en terreo demanial artificialmente ocupado, tería a finalidade de actuar como depósito de retención de fecales e pluviales pró caso de posibles sobrecargas na falsa rede de saneamento que conflúe na edar d´Os Praceres, xudicialmente cuestionada pola Asociación Salvemos Pontevedra ante o TSX de Galicia e contra o Ministerio de Medio Ambiente por medio dun contencioso administrativo en marcha (Procedemento Ordinario n.4108/2007), pola ocupación e realización de obras en dominio público marítimo terrestre (edar de Os Praceres i emisario submariño) en contra do disposto na Lei de Costas 22/1988 e o seu Regulamento, carecendo ambas infraestructuras de concesión ou de título habilitante.
Examinado no Servicio Provincial de Costas do Estado o expediente incoado consecuentemente á demanda de concesión feita polo Concello prá ocupación de terreos de dominio público marítimo terrestre prá construcción do devandito depósito de retención ó amparo de Lei de Costas, non se aprecia no mesmo a referencia a un sóo artículo que poida autorizar semellante actividade en dominio público marítimo-terrestre. É máis, a asociación estima que, sendo un uso prohibido do terreo demanial, parece estamos ante un novo intento do Concello de seguir ocupando o dominio público marítimo-terrestre; unha especie de maniobra pra, dese xeito, ir consolidando a edar d´Os Praceres, cuio emprazamento prohibido pola Lei de Costas está pendente de sentencia polo TSX de Galicia. É por eso que a asociación presentou un escrito de alegaciós con data 30.11.2009. (Teñamos presente outras sentencias en relación con depuradoras que deberán ser derribadas polo seu emprazamento indebido: Cortiguera, en Suances, Cantabria; Aranda deDuero; Reza, en Ourense).
Non é cousa de entrar en detalle na alegación, na que se citan casos de recuperación ambiental pola contra do que aquí acontece co noso litoral, no que o ideado tanque representaría unha nova e grave agresión ambiental. Cando se produce unha falta de civismo político, posta en evidencia hai escasos días coa sentencia do Supremo en relación cos recheos de Marín, parece que estamos ante unha actuación pra evita-lo desgaste público, pra seguir a xerar solares a costa do espacio demanial, chan barato, causa moitas veces da nosa ruína económica á par que da aniquilación dos espacios máis sensibles da franxa litoral: as marismas, esteiros, paisaxes, etc., e os seus correspondentes ecosistemas. Esto non é de recibo... Os interesados en conoce-la alegación completa pódena procurar en internet. Buscando en Google.
O Concello de Pontevedra, díse, ten instalados colectores paralelos á costa i estaciós de bombeo en zona demanial: Xunqueiras d´Alba e Lérez, Mollavao e as Marismas de Lourizán, coa presunta connivencia do Servicio Provincial de Costas do Estado. A concesión agora solicitada non foi pedida prás anteriores infraestructuras, nen prá Edar e mái-lo emisario submariño. Faise pra ocupar e contaminar terreos de marismas gañados ó mar por medio de recheos, donde o TSX de Galicia, a instancias de Salvemos Pontevedra, ten ordeado ó M. de Medio Ambiente incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a José Malvar e recupera-la zona de dominio público marítimo terrestre, curiosamente raiota á dos autos. O Ministerio de Medio Ambiente debería ter informado, antes do 14.10.2009, do plan de recuperación dese espacio, así como do nome do funcionario responsable do mesmo. Non se entende a demora. O escrito cita xurisprudencia e textos varios. E antes de concluir coa solicitude de denegación prá petición que fai o Concello, demanda a recuperación integral da ría; salienta o valor ecolóxico da mesma e a súa relación coa Rede Natura. “Tanque”, ¿depósito ou carro de combate na loita contra o litoral?.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)