Mostrando entradas con la etiqueta PXOM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PXOM. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de enero de 2010

A FANTASMA DA PAPELEIRA

O fallo do TSXGalicia en relación coa supramunicipalidade no caso de Ence volve presenta-las posibilidades dunha poboación máis indefensa, dunha Galicia colonizada ata o estertor da ría de Pontevedra, ademais dos delitos sabidos. E os políticos, sen luces. (Viñeta de Caín, en La Razón)
Os graffitti, a última protesta posible coa traición encastañada no poder.
Como no famoso chiste de El Roto coa pancarta que levaban os corruptores, porque "a corrupcìón crea postos de traballo, deféndea", en Pontevedra e na manifestación da fotografía a senrazón clamaba "polo emprego (e morte da ría), e polo sector forestal (eucalipteiro, non creades outra cousa)", a colonización salvaxe dos nosos montes, a fin da paisaxe, o lume forestal como pan cotián e sustentable.
-
Pontevedra, 28.01.2010
-
Entrada n. 1141 do blog
-
A FANTASMA DA PAPELEIRA,
por Xesús López Fernández
-
Talvez sería mellor comezar, ou titular esta entrada como "¡Quixera chamarvos imbéciles!", en relación coa casta política parasitaria que accedeu á colonización de Galicia pola miseria; que consinteu e consinte a crecente contaminación das rías; que xoga cos diñeiros de Europa en proiectos ecolóxicamente indefendibles i engañando á EU en relación coa aplicación dos mesmos; quixera, xa digo, chamar imbécil a toda esta tropa, en sintonía cun vello artículo de Arturo Pérez-Reverte; a esa tropa á que parece non lle queda outra capacidade de demostración "democrática" que a do derribo de estatuas de Franco ou Millán-Astray ou volver fusilar, se preciso fose, algún que outro monumento relixioso, Cristo Rei como diana.
-
Se o noso TSXGalicia non parece estar á altura das circunstancias, a tropa política municipal tampouco o está, porque acaban de chegaren a un primeiro consenso en relación cun PXOM pouco explicado e no que se esqueceron da preceptiva AXENDA21Local. O que interesa son os "solares" ou as infraestructuras contra a natureza. Chacales.
-
Que non presuman de ecoloxistas, nengún deles, porque as posibilidades de elaborar unha Axenda21 intelixente, de explicala porta a porta, de buscaren apoios, de ver cómo recupera-lo capital natural desta ría, non se ven por nengures. Non están na política pra unha administración cabal das cousas, prá reposición da legalidade en tantas frontes reventada. Quixera chamarvos imbéciles, ou parvaxolos, xangales, etc.
-
Inclúo seguidamente diversos enlaces. Cadaquén que se horrorice según a súa capacidade:
-
-
-

sábado, 24 de octubre de 2009

REXENERACIÓN ECOLÓXICA

Ence, cando presuntamente ten perdida a concesión, sigue matando a ría. Por falta de vontade política.
-
Pontevedra, 24.10.2009
-
Entrada n. 1059
-
Artículo semanal. Volvo despois de máis dun mes de convalecencia.
-
Rexeneración ecolóxica,
por Xesús López Fernández
-
Parece como se o tema do ecoloxismo estivese últimamente na axenda dos diversos partidos. Non sei se de forma franca ou por puro marketing. Nunha cidade como Pontevedra, que acaba de remiti-lo borrador do seu PXOM á Xunta, que ademáis está adherida á Carta de Aalborg en relación coas cidades europeas que escolleron un desenvolvemento sustentable, tería que ser un instrumento de primeira magnitude a chamada Axenda21Local, documento de elaboración democrática, explicado porta a porta á par que debatido con total transparencia con vistas á recuperación do capital natural. E aínda hai poucos días que en La Estrella Digital, nunha serie de cinco artículos sobre cidades sustentables, insistía Ramón Tamames na importancia da citada Axenda, de redactar un documento intelixente prá elaboración do PXOM. Aquí parece que no-la esconderon no canto de explicala polos barrios i expoñela claramente ás asociaciós como un claro instrumento pró debate.

Pontevedra, que foi porto de mar, xa non-o é, parece que abocada a se convertir nunha triste cidade de secano. A ría é de cada volta menos ría, máis canal, máis solar gratis total pra industrias que poderían estare noutras partes, ou nen eso: simple porto seco, depósito de contenedores. Reconócese, sí, que se ten actuado mal no tema do saneamento e nen con novas promesas se vai remedia-lo noso destino, imposible un rexeneracionismo ambiental certo se non vai precedido dunha rexeneración política real que se propoña como norte ideal o da reposición da legalidade. Que estes pasados días se teña producido un certo debate en relación coa pretendida construcción da nova ponte d´As Correntes, que non dispón de permiso de Costas, parece positivo; que ademáis propoña o PP a construcción do macronudo de Mollavao máis pró interior, pra non consolida-la ocupación da avenida de Marín, resulta esperanzador e representaría un paso máis na liberación do espacio definido como dominio público marítimo terrestre de Lourizán-Mollavao. Porque xa non está claro quén ten concesión en vigor.

Si que non é legal a edar d´Os Praceres, nen o emisario; tamén que, liberado de concesiós o terreo de Mollavao por sentencia firme do TSXG, o ministerio de Medio Ambiente ten orde, dende o pasado 14.09.2009, da execución da sentencia e de adouta-las medidas necesarias prá recuperación do espacio como dominio público marítimo terrestre. Outros espacios poden estare en lista de espera. E parece oportuno citar aquí un oficio de Cristina Narbona, sendo ministra de Medio Ambiente, no sentido de que non procedía a declaración de innecesariedade que chegou tentar Ence: que o espacio todo era dominio pùblico marítimo terrestre e como tal inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Investiga-la situación das concesiós é o deber dos partidos. E demanda-la reposición da legalidade, a rexeneración das marismas de Lourizán e a zona de Mollavao como espacios pró uso público. Cunha Axenda21Local todo sería máis doado.

Na retesía política destes días falouse novamente de Ence, que xa debería ter data de caducidade na ría de Pontevedra, que dabondo leva sofrido. Cumpreuse o dito polo ministerio da Vivenda no ano 1973, ó desbota-lo PXOM pontevedrés do 1970 e nega-la recalificación como industrial das marismas de Lourizán. No seu comunicado ó Concello afirmaba que o enclave das fábricas de celulosa e cloro foran un erro do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi, e que habería que pensar no traslado das mesmas. É máis: tamén recomendaba ó Concello que xestionase outro trazado prá autopista, en evitación do brutalismo urbanístico da ponte da Puntada e o seu impacto, brutalismo que outros querían reiterar agora co macronudo de Mollavao, prá consolidación da avenida de Marín e do solar de Lourizán, pra perpetua-lo horror.

martes, 13 de enero de 2009

O GOBERNO LOCAL "ECOLOXISTA"

Foto da exposiciòn do PXOM de Pontevedra.
-
Pontevedra, 13.01.2009
-
Entrada n. 780 do blog
-
O GOBERNO LOCAL "ECOLOXISTA" .
por Xesús López Fernández
-
O plan sigue o seu curso, secretamente. Xa temos comentado qu´o equipo redactor, privado polo goberno local dun xeneroso estudio e redacción da Axenda21Local, porque este era o momento, non pode face-los deberes en debida forma. Proba delo é a construcción da ponte d´A Correntes, o gran capricho de Mosquera ou a súa intención de construi-lo macronudo de Mollabao, agora tamén a pasarela que continuaría coa de Ana Pastor pola Avenida de Marín, no canto de pensaren en recupera-lo capital natural do litoral. O concellal, a súa forza política, parece estar pensando máis en Lourizán como solar e na xunqueira d´Alba como espacio a degradar máis, cada vez máis presionado.
-
Siguen tres noticias de La Voz de Galicia d´hoxe:
-
Ponte da Puntada, qu´o ministerio da Vivenda recomendaba, no 1973, que non se construíra. Suxería outro trazado prá autopista, asunto no que o Concello non quixo alegar ante o MOPU. Tamén d´aquela manifestaba o ministerio que a fábrica de celulosas i Elnosa foran un error do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde convivencia humáas. Denegaba a recalficación de chan que pretendían os caciques locales convertire en solar, algo do que pode estar a pasar agora.
-
A ampliación da autopista pode facer aínda máis dantesca esta obra, que desconfigurou o espacio d´A Puntada e mai-la ensenada de Portosanto.
-
Noticias de La Voz de Galicia:
-
-
Outra noticia:
-

domingo, 14 de octubre de 2007

A CARTA DE AALBORG [16.6.2000]

O fondo da ría era abundante en sardiñas. Este dibuxo informático, como outros que irán aparecendo do autor, quer mostrar un pasado de fartura, agora imposible pola incompetencia dos políticos, pola súa incapacidade pra se poñeren a traballar sobre a Axenda 21 na recuperación do capital natural.

Pontevedra, 14.10.2007

Recuperación dun vello traballo que conecta coa actualidade. A Axenda 21, da que se fala nel, é algo necesario como instrumento cando se vai poñer en marcha o PXOM de Pontevedra, agora en exposición previa. Existe, non-obstante información contradictoria, como si a adhesión á Carta de Aalborg non fose no seu día outra cousa que unha coña do equipo de goberno. Van xa moitas mensaxes que os mostran como incapaces de promove-la recuperación do capital natural, ademais de seguir co seu urbanismo que tira a neandertal, destroíndo así a economía da cidade e o seu capital social. Cando se lle acaba de outorga-lo Premio Nóbel a Al Gore, confío en que ha crece-lo sentimento de que os cidadáns teremos que xogar forte pra que no-no la metan doblada de novo.


A CARTA DE AALBORG [16.6.2000]
por Xesús López Fernández


No Cumio Medioambiental de Rio Janeiro, ano 1992, propúxose por primeira vez o concepto de desenvolvemento sostible, máis como intención que como término con sentido pleno. Os paises representados naquel Cumio, uns 170, comprometéronse coa idea e coa súa concreción nas chamadas Axendas 21, dacordo co Programa daquela establecido polas Naciós Unidas; pero non se compriron os prazos xa que o cobizoso Programa 21 cara un desenvolvemento sostible i ecoevolutivo do planeta tiña que estar listo antes do 1996. Sen embargo, a idea arranca i estase a falar, sí, da Carta das cidades europeas cara a sostibilidade, da Carta de Aalborg, e foi noticia reiterada a de que, na nosa terra, avincalláranse coa mesma os concellos da Coruña, Santiago e Pontevedra. É decir, en Galicia, de momento, non existen propósitos claros de desenvolvemento sostible, de mante-lo “capital verde”. Parece que a Xunta está a preparar unha Axenda 21 de ámbito rexional e local, o que facilitaría ás cidades a redacción da súa propia Axenda. 

Aalborg –cidade danesa con máis de 25.000 páxinas web de referencia en Internet— foi o marco escollido prá Conferencia Europea sobre Cidades Sostibles, celebrada no mes de maio do 1994, do día 24 ó 27, baixo o patrocinio conxunto da Comisión Europea e da Cidade de Aalborg e organizada polo Consello Internacional pra Iniciativas de tipo Ambiental (ICLEI). A responsabilidade de elabora-lo borrador da Carta foi tomada polo ICLEI e compartida polo Ministerio do Desenvolvemento Urbán e Transporte do Estado Federal de Renania do Norte-Westfalia (Alemania). A carta recolle as ideas de máis de 600 participantes nos 36 obradoiros da Conferencia de Aalborg. Moitos dos seus comentos e ideas foron integrados no texto final, se ben o Grupo Editorial estimou que certas ideas eran merecentes dunha consideración máis profunda que a de simplemente seren incluídas como tema a editar. Propúxose unha revisión fonda das enmendas, pra as reconsideraren no marco da Segunda Conferencia Europea sobre Cidades Sostibles, en Lisboa, setembro do 1996.
A Carta está dividida en tres partes. A primeira é a “ Declaración de consenso: as cidades europeas cara a sostibilidade”. A segunda refírese á “Campaña de cidades europeas sostibles”. A terceira é a “Participación das iniciativas de carácter local do Programa 21: plans de acción local a favor da sostibilidade”; abrangue tamén outras cuestiós, a última “O Plan de actuación Lisboa: da Carta á acción”. E neso estamos. Hai mostras evidentes de que se está a crear unha solidariedade certa antre diversas cidades, rexiós, e a sociedade en xeral, porque nadie pode situarse xa fora da nova dinámica. E resulta gratificante ver que Soria é a primeira rexión do mundo que planifica un desenvolvemento ecolóxico e sostible; 104 dos 183 pobos da provincia comprométense a segui-los principios de orde medioambiental da ONU. A ver cómo se instala antre nós o debate, qué se fai por restaura-lo capital natural nun entorno agredido como o pontevedrés.

A Carta sistematiza cuestiós como: nociós i estratexias cara a sostibilidade, a mesma como proceso creativo local en busca do equilibrio, información aberta, a economía urbá cara a sostibilidade, xusticia social pra urbansostibilidade, unha ocupación do chan sostible, movilidade urbá sostible, prevención da intoxicación dos ecosistemas, a autoxestión a nivel local como condición necesaria, etc...En definitiva, todo xira en torno ó desenvolvemento ecoevolutivo porque ou se respeta a natureza ou non hai crecemento. A Carta insiste na necesidade de conservar ou de restaura-lo capital natural, cuestión ésta moi importe, tanto como a do “capital social” que dí Fukuyama, claramente encastañadas. Lástima que no noso concello non se celebrara o debate do estado do municipio, porque había temas dabondo: cidade sitiada, en regresión, pasmada, ecolóxicamente agredida. E a oposición política sen ideas.