martes, 8 de junio de 2010

ENCE, DUETO DE MENTIREIROS

Aínda que na foto aparecen sorrintes durante a visita ó polígono urbán de Valdecorvos, pouco despois produciríase un rifirrafe en relación co tema de Ence, a gran farsa, o cimbel electoral do BNG cando xa ten perdida toda credibilidade en materia ambientalista.
-
Pontevedra, 8.06.2010
-
Entrada n. 1246 do blog
-
ENCE, DUETO DE MENTIREIROS,
por Xesús López Fernández
-
¿Qué nos queren contar? ¿Que Ence vai desaparecer pola presión dos manifestantes sinceros; que con eso vaise salva-la ría? E ten razón o conselleiro Hernández cando fala de que algús, como o BNG ou o PSOE, acodiron á manifestación convocada pola correa de transmisión do Bloque, APDR, por aquelo de lle tirare á romería certos rendementos políticos.
-
Hernández debería ter en conta que agora tamén o PP está baixo sospeita, xa que pasou un ano do discurso electoral e da promesa de Núñez Feijóo, o único que tal prometeu, de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que o Bloque nunca fixo, ademais d´estare reconvertida a súa asociación, a APDR, nunha asociación que está lonxe de cumpri-los postulados primeiros da asociación, de cando ésta foi creada con presidencia independente, apartidaria, a de Fernando Martínez Sarandeses. E non cesaron ata forza-la súa dimisión pra ver de converti-la asociación nun instrumento prá pura traición, como traidor é tamén o propio Lores.
-
Lores estivo comprometido coa desfeita da ría: coa construcción do ferrocarril sobre terreo demanial, 55000 metros cadrados, algo que quixo negar, pero os papeles, neste caso unha carta súa, cantan; Lores está comprometido coa desfeita do litoral pola actuación que o Concello está a promovere na ribeira, a nova ponte, a ausencia da Axenda21Local no PXOM, o intento de construí-lo tanque de Mollavao, a rotonda de Mollavao-Cocheras e a variante a Marín, a súa inhibición en relación coas agresiós sentenciadas polo Tribunal Supremo.
-
Lores sabe que Holcim carece de concesión estatal e de licencia municipal, pero non actúa; e tamén sabe que Ence ten vencida a concesión, ou que Elnosa carece dela; que é completamente estúpido falar do 2018 como ano do vencemento concesional.
-
Lores sabe tamén que se gastaron indebidamente os cartos de Europa na construcción dunha Edar ilegal; ou na falsa restauración da zona vella, con mala pedra e peatonalizada, afundida na miseria, prá que parece existe un plan de deterioro sustentable: agora sustitúen novamente as tapas-trampa esgazadas por novas tapas-trampa, parece que aínda máis efímeras.
-
Enlace: