


-
Pontevedra, 24.09.2010
-
Entrada n. 1299 do blog
-
NOVO PLAN DE MOVILIDADE, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Coido que a razón de que anuncien un novo plan de movilidade é porque fracasou o seu modelo de cidade. Saben que na zona vella non venden un cromo, que se lles foi a bolsa de votantes que aquí poderían ter se tivesen feito as cousas con dignidade no canto de se valer dalgún soplapollas representante do comercio da zona ou dalgunha asociación, como foi o caso da famosa Cidade Vella, que se ben actuou críticamente no seu comezo, foi fagocitada e reducida á nada, convertida en baraza, en correa de transmisión do Bloque pra vende-lo seu modelo de cidade: prazas desalmadas, todo tasca, prohibición de circulación, exterminio do comercio local, espantada dos residentes. E os que quedan, por suposto, xa non lles votan, salvo algún caso aillado de doudice, que tamén a hai. E tampouco lles van votar os que tiveron que mercare lonxe deste Gulag e meterse, ó mellor, en novas aventuras hipotecarias.
-
Hoxe falou por Radio Pontevedra Mari Luz, a presidenta da Federación Boa Vila, e puxo o dedo na chaga cando mentou as bicicletas e a necesidade de que os ciclistas teñan un seguro obrigatorio de terceiros. Unha cousa é que vaian por un carril-bici, caso da pista a Monteporreiro, outra é que circulen pola zona por onde van os peatós, sen norma de nengún tipo, como asesinos en potencia ás veces, o que parez a lei da selva. E aquí procede citar novamente o caso da normativa existente en Valencia: bicicletas e skaters, pola calzada, como os coches.
-
Fíxádevos na noticia de La Voz, da que vai seguidamente un enlace. Queda aberta a posibilidade de aparcamentos prós residentes "sempre que non lles esgace o seu modelo de cidade", ese modelo que non existe, aínda que eles, sí, acabaron coa cidade, reconvertida nunha especie de Gulag. Consultarán a certas asociaciós, claro, ás próximas, se cadra ás mesmas que os axudaron a se carga-lo tipismo das nosas prazas. Etc. (Lamento non ter podido sobir outras fotos).
-
Enlace:
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario