jueves, 30 de septiembre de 2010

O PARIPÉ DA FOLGA

Cándido Méndez e Teresa Fdez. de la Vega bícanse na "radio amiga" Ser. Parecen contentos dos resultados da folga "coorganizada" polo Goberno e o seu brazo sindicalista. Non hai probas de que o sindicalista e a vicepresidenta compartan "fondo de armario". (Foto de La Gaceta de Intereconomía)
-
Pontevedra, 30.09.2010
-
Entrada n. 1303 do blog
-
O PARIPÉ DA FOLGA DO 29.09,
por Xesús López Fernández
-
A folga d´onte foi unha vergonza que, en non poucos lugares, tivo aspecto dunha serie de actos terroristas sereamente planificados por medio da actuación dos piquetes violentos. Hoxe, cando parece que todo pasou, o bico de Méndez e Teresa Fernández de la Vega explica non pouco, como se compartisen unha mesma filosofía aínda que non compartan o fondo de armario, como comentaba Federico Jiménez Losantos no programa de "El Gato al Agua" desta noite.
-
Por certo que a emisión deste programa de Intereconomía do 29.09 foi seguida por uns tres millós de espectadores, o que revela que de cada volta é máis a xente do país que se quer informar do que está a pasar, de cómo ZP nos quer levare á ruína total. Mentres algús medios non informaban dos actos vandálicos de Barcelona, foron moitos os cataláns que agradeceron a Intereconomía a información ofrecida en tempo real, na que incluso se produciron agresiós ó seu delegado Sr. Pou que, facendo gala dun extraordinario estoicismo e inda sendo apedreado, informou puntualmente do que pasaba ó seu redor, visible nun dos vídeos que inclúe o enlace tomado do blog "La Verdad en Política".
-
Noutros pódese aprecia-la actuación vandálica, terrorista, dos anti-sistema. E non me parece cousa menor a supresión onte en Galicia dos servicios do ferrocarril. Chamarlle folga a algo orquestado polo propio Goberno, especie de terrorismo de Estado, paréceme unha total falacia. Máis dun 70 por cen dos seguidores do programa "El Gato al Agua" opinaron que, efectivamente, a folga foi un paripé montado en mancomún por Goberno e sindicatos.
-
¿Qué pasou realmente? Os sindicalistas liberados, ministros sen carteira do Goberno socialista, manporreiros de ZP e as súas políticas ó longo dos últimos anos, non quedaron xustificados coa manifestación que estiveron demorando tanto tempo, subvencionados; que ZP tamén a precisaba pra, dalgunha forma, botarlle a culpa á oposición e, sobre todo, a Esperanza Aguirre que, en definitiva, parece saeu vencedora nesta folga sensentido.
-
Enlace:
-

1 comentario:

Unknown dijo...

Gracias por el enlace de mi post.
Un abrazo