miércoles, 22 de septiembre de 2010

ENCE, A BIOMASA, E O VETO DA XUNTA

Instalación fabril de Ence-Elnosa. Foto do Faro de Vigo.
-
Pontevedra, 22.09.2010
-
Entrada n. 1297 do blog
-
ENCE, A BIOMASA, E O VETO DA XUNTA,
por Xesús López Fernández
-
Ence ten, presuntamente, dúas prantas de coxeneración, seguramente a fonte de producción das cinzas prás que aínda onte comentaban diversos medios que a pasteira ten un plan pró seu posible uso como fertilizantes dos nosos montes, en gran parte mineralizados a consecuencia dos incendios forestales nos que o eucalipto, esa árbore que usan profusamente os de Ence, é o gran protagonista á par de que tamén contribúe á degradación ambiental da nosa terra.
-
A Xunta, parece que despois de télo pensado, vetou a pranta proiectada por Ence e da que dá nota o Faro de Vigo en noticia da que inserimos enlace. ¿Pero é que as aludidas prantas de coxeneración, que lle permitirían incluso vender enerxía eléctrica, non teñen nada que ver coa biomasa? ¿O veto da Xunta é de vaievén? Porque as Xuntas todas, dende a primeira de Fernández Albor, levan suspendido a asignatura da defensa ambiental.
-
Anticipo agora unha noticia que deberá aparecer mañán nos medios que non-a agachen: A da denuncia apresentada por Salvemos Pontevedra, co apoio de diversos colectivos ecoloxistas, da construcción do nudo de Cocheras/Mollavao, do que arrancaría a variante de Marín, presuntamente pra consolida-la autopista e a morte da ría. Os partidos políticos participan, neste asunto, dunha afrenta ó medio ambiente, como unha gran orquesta ó servicio da corrupción. O medio ambiente, ¿territorio sagrado? Nos discursos, nada máis que nos discursos. Ah! Os ecoloxistas da APDR non se posicionaron, que eu saiba, neste asunto, nen na serie de obras que o bipartito local vai facendo pola avenida de Marín, presuntamente sen permisos de Costas.
-
Enlace:
-

No hay comentarios: