martes, 18 de enero de 2011

A ALAMEDA, ¿EN VENTA?

Na Alameda de Pontevedra apareceron diversos anuncios coa indicación de "se vende", o que se supón unha broma ben traída (Foto do Faro de Vigo).
-
Pontevedra, 18.01.2011
-
Entrada n . 1393 do blog
-
A ALAMEDA, ¿EN VENTA?,
por Xesús López Fernández
-
Hai xa moitos anos, alá polo 1983, escribín un corto artículo, que deixei inédito, titulado "¡Qué solar!", no que describía un posible cambio na alcaldía pontevedresa. Ó novo alcalde, nada máis instalarse na casa consistorial e dend´a balconada do edificio de Sesmeros, ó descobri-la panorámica da vella Carballeira dos Frades (dominicos) reconvertida en alameda ocurríaselle unha idea: a reconversión do espacio en solar, algo posible en función da estulticia política de cada momento, tan permanentemente demostrada ó longo especialmente dos últimos dez anos de reventa-la cidade, de desnaturalizala, de convertila nunha especie de Gulag prós residentes.
-
Desta volta, a noticia é un simple anuncio profusamente distribuído según o que a inmobiliacia DCM ofrece en venta ese espléndido parque, brindando como enlace un enderezo electrónico. Coido ha ser unha pura ficción que revela a situación de descrédito á que ten chegado a clase política, porque nestos momentos siguen a tracexa-lo plan pra se carga-lo dominio público marítimo terrestre e a vista panorámica que se aprecia dend´o fondo da Alameda, cara a ría, é hoxe unha especie de patio de luces. Porque dend´alí apréciase cómo foron acotando o mar, a ponte da Puntada qu´o goberno local non quixo evitare a pesar da recomendación "franquista" do ano 1973, a que botaba abaixo o PXOM do 1970, a mesma que decía que Ence-Elnosa foran un claro erro do que soamente problemas prá saúde e convivencia humáas poderían derivarse. E recomendaban ó concello que procurasen conseguir do MOPU outro trazado prá autopista, evitando así o impacto brutal da citada ponte.
-
Pois desta volta andan a xogaren os políticos locales e Pepe Blanco con outro impacto brutal: o scalextryc a tres niveles en Mollavao pra así, obviamente, asegurárense o botín do gran solar de Lourizán e a non execución das sentencias do TS e do TSXG, porque son todos eles, presuntamente e se non cambian de actitude, uns auténticos prevaricadores.
-
Van diversos enlaces, un deles, gracioso, de El País do 17.01.2011, sobre o caso Ence, no que se oculta diversa información sobre a que nada vou decir.
-
Enlaces:
-
-

No hay comentarios: