domingo, 16 de enero de 2011

A praza da Ferrería, momento sensible

Panorámica da Ferrería. Esas farolas van ser sustituídas por outras de deseño borde. Algunha delas pode ter desaparecido, xa.
O letreiro da vergonza. Os cartos do Goberno prá economía sustentable local. Máis de 160 millós das antiguas pesetas pra parasitare un dos espacios máis entrañables da xeografía pontevedresa. San Francisco pode mesmo quedar lumínicamente agredida.
O plan E, co ensanche de beirarrúas, crea nichos de empresas de miseria. Caín, maxistral como tantas veces, retratou así en La Razón a aplicación dos fondos do plan E, na que Pontevedra, co seu plan de accesibilidade paralizante, foi unha adiantada.
O home, polo realismo dos plans económicos do Goberno, medita na súa última fronteira, un nicho de cartón. Outro maxistral chiste de Caín, tamén en La Razón.
-
Pontevedra, 17.01.2011
-
Entrada n . 1391 do blog
-
Artículo semanal
-
A praza da Ferrería, momento sensible,
por Xesús López Fernández
-

A praza da Ferrería leva anos enferma, o pavimento arruinado cando non esnaquizado. Procede da época de Rivas Fontán, pouco tempo en definitiva se falamos de pedra. Pero semella que a praza vai cansa, que está talvez agotada e pide unha seria restauración; pero non o cambio de luminaria que xa comezou, gasto inútil, porque aí está previsto invertir no entorno todo da praza e xardíns de San Francisco nada menos que 969.819,29 euros, obra financiada polo Goberno de España, fondos do plan E, pró emprego e sustentabilidade local, na “mellora da eficiencia enerxética da iluminación ornamental de diversos elementos do patrimonio histórico do centro de Pontevedra”. Os interesados poden verifica-la cifra e o anuncio referido, colocado no muro da parte baixa de San Francisco. Tempo de execución, 3,7 meses, incumpridos.

O cuestionado plan E, a cabezonada de regar cartos a mangueirazos antre os distintos concellos de España, non sirveu pra xerar riqueza; sí pra pagar non poucas peonadas a traballadores portugueses, como ben sabemos en Pontevedra. Pero o gasto que se acomete na Ferrería e xardíns de San Francisco parece un verdadeiro despropósito porque pode conlevare unha agresión de mal gusto ó noso patrimonio. Faltan xa varias das farolas fernandinas, pero algunhas aínda permanecen [xa por poucos días], pra enalteceren aquel decorado, especialmente na noite. Non se entende que a oposición careza de forza, de argumentos, pra organizare unha protesta cidadáa por ese expolio. En Vigo, cunha sociedade máis viva, foi sonada a protesta porque intentaron retira-las farolas de fundición en Urzáiz, Uruguay, Praza de Compostela, aínda estando o concello collido, talvez, nalgunha “actuación”. Pero a cuestión é que os “torpedos de luz” ou “folecarolinos” cos que infectaron a zona vella pontevedresa, están xa presentes na Ferrería, en contra dun Peprica que determina que prás farolas que se poñan nese entorno deberían usaren “ferro fundido, bronce ou similares, en tonalidades escuras e de forma harmónica”.

Desgraciadamente, o plan E non foi máis alá da creación dun rosario de rotondas e un ensanche de beirarrúas. Como dí Carlos Herrera o 2009 trouxo un cruxido insoportable nas economías familiares e nas empresas. A gomariza verde non era tal, o optimismo compulsivo do presidente nen sirveu pra serea-los ánimos. E as arcas, de plan en plan, quedaron sen nada. [Sí que hai máis mendigos e frautistas, novo estilo de vida, agora con beirarrúas máis anchas pra amplia-lo “negocio”]. O novo gasto na praza da Ferrería nunha innecesaria retirada das farolas fernandinas que non sabemos pra ónde van ir; nen se a súa liquidación vai ser con valor cero ou destinadas á chatarra, cando son presencia constante en non poucas cidades, contribuíndo, case sempre, á elegancia de prazas ou de amplias avenidas como, por exemplo, a Gran Vía de Vigo. E outros espacios da cidade olívica.

Ás farolas da Ferrería podería quedarlles moita vida útil por dediante. Sería absurdo decreta-la súa eutanasia, a reconversión en chatarra dese patrimonio urbán porque o relativismo dogmático con que exerce o mandiño o equipo de goberno local nos está a impoñere un criterio moitas veces en contra da máis elemental ética. I estética. O cambio da fisonomía urbáa, a peor, imposto polo bipartito está claro. O acontecido coa praza da Verdura foi un escándalo sonado [con patrimonio evadido, os bancos], como tamén o feito coa avenida de Santa María ou o maltrato do seu Campiño, tal que un decorado de guerra. A privación de arterias: Michelena, Arzobispo Malvar, Riestra e outras, puxeron en marcha a involución cara un aldeanismo cruel en non poucas zonas da cidade, guetificada. E agora tócalle á praza da Ferrería, que coa nova luminaria non vai sair do pasmo. Liberada, parece, de macroconcertos e demasía decibélica, tamén raíz profunda da súa enfermedade, sigue soportando o paso do camión da vasura, pra esnaquizare aínda máis o seu pavimento.

No hay comentarios: