domingo, 23 de enero de 2011

TEMPO DE AGARDAR

O vello Lourizán, antes dos recheos aínda que xa lacerado pola autovía que as forzas políticas mandantes e coaligadas cos clústers, queren manter. Apréciase ben cál era o primitivo litoral, o que Núñez Feijóo prometeu recuperar en campaña electoral.
-
Pontevedra, 24.01.2011
-
Entrada n . 1398 do blog
-
Artículo semanal.
-
Tempo de agardar,
por Xesús López Fernández
-
Marketing gracioso o dun estudiante de Belas Artes que estos pasados días colocou uns anuncios na alameda pontevedresa: SE VENDE. 14000 mts cuadrados. Posibilidade de construire dúas torres de 410 metros de altura. Gracioso anuncio. Pero foron moitos os que pensaron se realmente non habería un proceso recalificador en marcha. Os baixos fondos da política…. Pasou a humorada que tiña máis de carimbo ácrata que doutra cousa, de burla cara as próximas elecciós de maio porque andan os políticos consensuando a oferta de novas infraestructuras, coa desnaturalización de espacios sensibles como a punta de Mollavao. Refírome ó proiectado scalextryc de tres niveles e douscentos metros de diámetro, que compromete novamente o dominio público marítimo terrestre, unha forma de seguire afogando a ría, de densifica-lo tránsito con vehículos longos, que parece pensado pra evita-la execución das sentencias firmes do TS, algo que debería ser incuestionable nun Estado de dereito.


A Iniciativa Cidadán Os Praceres acaba de anuncia-la presentación de candidatura prás citadas elecciós. ¿Con posibilidades? Todo está en función de cómo se movan porta a porta, dos foros ós que leven a súa mensaxe, i eles sí poden falare de Estado de dereito desautorizando incluso ós que lles queiran copia-lo discurso, porque esta agrupación, que naceu no ano 2002 consecuentemente ó movemento social producido na parroquia pola invasión ilegal dun tren de inxusticias nunha praza pública do Concello de Pontevedra que ninguén denunciou nen defendeu; sóo un grupo de veciños, parte deles integrados na Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres. No seu blog i en Facebook explican a loita constante na que se viron envoltos na defensa da súa praza, do mar de todos e contra a profanación da ribeira, que sigue. O TS daríalles a razón con catro sentencias aínda por executaren.

Eles denuncian que xa daquela, hai dez anos, foron conscentes do mal facer político e institucional, do contubernio antre as distintas administraciós i entes públicos e, sí, tamén antre os distintos grupos con poder que parecen non apostare polos cidadáns que lles outorgaron o voto e se sinten traicionados, convertida a política en tremedal; daí que a definan como modelo trasnoitado que basa a súa capacidade pra gobernare no poder partidista i económico [os clústers, os clústers] que non os fai merecentes de ostentaren cargo público algún; que carecen de homildade e desconocen o sentido do Estado de dereito e da participación cidadáa. Aínda definen a xestión municipal como algo que sóo cobra sentido se respeta os anteriores principios, clamando pola restauración do Principio de Legalidade cunha xestión transparente. Unha mensaxe que podería calar nunha sociedade máis viva que a pontevedresa, así como o seu lema de campaña: “Porque somos quen….¡Axúdanos, axúdate!”, que aparece na arrancada do seu blog, despois deste lema: “A historia dunha parroquia mártir contra un tren de inxusticias ou cómo acabar co paraíso”.


A situación política está moi deteriorada. Moitos políticos carecen xa de creto social. Pero o cambio, o posible cambio que moitos agardan, soio vai ser facedeiro con mensaxes claras. E notariadas. Porque xa nadie se fía de nadie. E anda polo medio o voto útil: ¿a quén votar? ICPraceres ten argumentos e unha actitude crítica clara. Outro partido, Pontevedra Alternativa, anda vía Internet, con dous blogs moi consultados, didácticos e suxerentes, inventariando os non poucos erros e abusos que en materia urbanística se levan cometido ó longo dos últimos doce anos. Se estos dous grupos formaran unha candidatura única, as súas posibilidades de entrar no concello, de osixena-la política local, aumentarían exponencialmente. Hai que agardare un tempo, a ver se logran marcar novos camiños prá nosa vila e prá ría. A construcción do scalextryc de Mollavao sería algo peor que recalifica-la Alameda como solar. Ese anuncio foi unha humorada; o scalextryc, un drama.

12 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Las agrupaciones de ciudadanos, al estilo de Cidadán Os Praceres, tienen que estar muy vigilantes para evitar atropellos.
Si estas asociaciones se relajan, calificaran terrenos, invadiran espacios publicos y toda clase de atropellos.
Salñudos

o blog de xesús lópez dijo...

Amigo José Luís:

Los de Praceres han mantenido una lucha ejemplar contra el abuso de los clústers y los políticos de turno, que han actuaro como auténticos mamporreros.
La justicia ha funcionado porque ellos han sido constantes en su denuncia, pero ninguna de las cuatro sentencias ha sido ejecutada.
Y ahora entramos en un tiempo especial, en el que PP, PSOE y BNG van a hablar, entre otras cosas, del Estado de derecho; pero, honradamente, deberían callarse, porque solo el pequeño grupo de vecinos de Os Praceres tiene autoridad moral para hacerlo.
Lamentablemente, lo tienen muy difícil.

Natalia Pastor dijo...

Si esas asociaciones bajan la guardia, el descontrol y los abusos serán el pan nuestro de cada dia.
Esa es la función de la sociedad civil: estar siempre vigilantes con respecto a la actuación de los poderes públicos.

josele dijo...

Una candidatura conjunta donde el candidato de Placeres tuviera las competencias medioambientales y el de Pontevedra Alternativa con el tema turismo/Patrimonio, trabajando en equipo cada cual especializado en su área de competencias tendría los dos concejales asegurados... y sólo por ver cagarse de miedo a las mafias con tal posibilidad, vale ya la pena intentar una coordinación o plataforma conjunta !!!!!

¿Quién dará el primer paso??

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, Natalia, pero esas asociaciones son minoritarias y tendrían que ser capaces de crecer como una marea equinoccial para poder desbordar la corrupción política que intenta desnaturalizarlo todo, convertir mismo la costa en solar; peor aún, convertir el mar en solar por medio de rellenos o de lo que haga falta.
Gracias por el comentario.

o blog de xesús lópez dijo...

Amigo Josele:
Estás dando en la diana. Que se pongan de acuerdo y actúen, porque sinceramente, veo difícil que puedan hacer nada separadamente contra la campaña de los otros, que ya han puesto a funcionar, cada uno de ellos, su particular trituradora.
Mañana se manifesta la CIG y ayer, en la Peregrina, Lores y unos cuantos acólitos estaban haciendo propaganda, con el logos del BNG, de la huelga del sindicato nacionalista, CIG, de Galiza. El Bloque también de Galiza, sitio distinto.
Pero quieren apoyarse en el sindicato como si fuese su ejército particular. Solo les falta armarlos.

josele dijo...

Sí, Xesús,el ejemplo a seguir es Islandia, donde una diversa coalición de ciudadanos diversos ha obtenido la alcaldía de la capital y ha presionado al nuevo gobierno para llevar ante los tribunales al anterior equipo por permitir la burbuja de deuda pública y el empobrecimiento del país.

Es hora de actuar en conjunto, de trabajar en equipo, sin delirios de nobleza ni personalismos fatuos..... es hora de entrar ya en el siglo XXI !!!!!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Sígoche a dá-la razón, Josele, ¿pero cómo arrancar aquí coesa alborada que propós?
¡Qué bonito sería!

josele dijo...

rezaremos para que estos blogs nuestros sirvan de chispa que encienda el motor de la sociedad civil........

o blog de xesús lópez dijo...

¡Fíxate que aínda esta semáa houbo dúas noticias sobre o drama que vive o Lérez: as declaraciós do presidente do Naval (ademáis das do ceporro de Mosquera) sobre a colmatación do cauce; outra, un artículo e Susana REgueira, no Faro, bastante acertado, en relación coa involución do río e as desecaciós das xunqueiras, a contaminación, etc.

Plataforma Defensora Praza de Os Praceres dijo...

Lo que es una verdadera pena es que asociaciones, plataformas o como se les quiera llamar, formadas por ciudadanos de a pié tengan que hacer de gendarme, trabajar y pagar la Justicia de su bolsillo para que no se comentan tropelías, haciendo el trabajo que por dejación no realizan los representantes públicos. Porque si bien ejercemos esa vigilancia altruista, créanme cuando les digo que ni siempre se tiene el reconocimiento o ni siquiera el agradecimiento de tus vecinos.

Como dice Josele, habría que buscar la manera de encender la chispa en la sociedad civil y así en un futuro nadie tenga que vigilar a nadie, tener plena cofianza en tu representante y en el cumplimiento de las Leyes. ¿Un sueño?

Cordiales saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hai tamén outra actuaciós das asociaciós: as que controlan Bloque ou PSOE, que gentan usare como barazas de transmisión da súa mensaxe,como deshonesta megafonía os recados de Lores-Mosquera ou os do PSOE.
Son asociaciós pouco significativas
que por medio dun traballo de enxeñería social queren mostrar a estas asociaciós como salvapatrias ou como salvapoltronas dos mangantes con mandiño; pero esas asociaciós non, nalgún caos, máis que grupos minúsculos.
Hai que provoca-lo chispazo da indignación pra aparcare os envilecedores da política, auténticos prevaricadores.
Hai que denunciar eso con forza. Saúdos e moita sorte..