

-
Pontevedra, 24.03.2011
-
Entrada n. 1410 do blog
-
Costas, ¿a gran ramera?,
por Xesús López Fernández
-
A asociación Salvemos Pontevedra denunciou hai tempo a corrupción ambiental da ría de Pontevedra, corrupción acaída como consecuencia da presunta corrupción política das diversas administraciós e do propio concello pontevedrés. ¿Pode ter Costas unha certa semellanza coa gran ramera da que fala o Apokalypsis? Polo pronto, aquí ten culpas claras, polo seu abandono, na fin da Creación do que foi un verdadeiro paraíso.
-
Que as denuncias presentadas polo colectivo ecoloxista fosen contestadas co silencio administrativo, un silencio permanente, a calada por resposta, foi o que levou ó citado colectivo a procedere na vía xudicial. Xa digo, por estare a gran puta calada, mirando pra outro lado, ¿atenta ós aloumiños dos clústers?
-
¿É que a Delegación Provincial de Costas non ten funciós delegadas de policía medioambiental, de vixía permanente pra que os clústers, tamén as urbes, non se fumen como un porro o texto da Lei de Costas? ¿Cómo Costas, que estivo calada como gran puta, recupera agora a voz, só agora, despois de se ter producido a sentencia en relación co caso Holcim? ¿É que Costas ten acciós en ENCE ou Elnosa, é que Costas e Medio Ambiente, en contra da súa doutrina de defende-la aplicación da Lei son escravas das mafias portuarias e urbanísticas?
-
Os enlaces inseridos de noticias de La Voz aclaran moitos particulares da problemática desta ría, que parece abandonada de Deus, eso que a leenda dí que as cinco rías baixas galegas foron deseñadas pola súa man: a de Vigo, a de Marín (non-a cito como de Pontevedra, xa cidade de secano), a d´Arousa, Muros-Noia e Cee. En fin, ¡que Deus confunda ós corruptos!
-
-
-
2 comentarios:
caro amigo, coido que a túa comparación deixa ás putas en moi mal lugar. polo demáis, dacordo. Un saúdo.
Refírome á gran ramera bíblica. Ocúrreseme que non ten por que ser unha cidade; pode se-la propia Administración, aquí causante da morte do paraíso.
Publicar un comentario