domingo, 13 de marzo de 2011

A rexeneración de Lourizán

Vista parcial das instalaciós de Holcim, asentadas en dominio público marítimo terrestre, sen concesión estatal. Cabe inserir aquí un corto relato antes do artículo semanal que vai seguido. O relato é o seguinte:
Cóntase que un bo día entrou nas instalaciós un inspector de Costas, e comezou a formulare perguntas: ¿Teñen concesión?, Non, foi a resposta. ¿Teñen licencia municipal?, Non, foi a nova resposta. Pero a pesar desa inspección non entraron no tema nen a Delegación Provincial de Costas nen o Concello de Pontevedra, sumidos na prevaricación ou na corrupción.
Se agora está actuando a Xusticia é gracias ás denuncias formuladas por Salvemos Pontevedra, asociación ecoloxista non comprometida nada máis que co orde legal, non avincallada a nengún partido político, a diferencia doutras que funcionan como simples barazas do BNG.
-
Pontevedra, 13.03.2011
-
Entrada n . 1406 do blog
-

Artículo semanal
-

A rexeneración de Lourizán,

por Xesús López Fernández

--

A Asociación Salvemos Pontevedra naceu cunha clara vocación de colaborare na restauración da legalidade, especialmente nos casos nos que as Administraciós calan ou miran pra outra parte, ou parecen levare a disciplina marcada pola Lei de Costas a un total colapso, o que conleva unha crecente ruína do capital social, especialmente salientable no sector do marisqueo, perdida hoxe gran parte do seu potencial e riqueza. Factores como a degradación ambiental por industrias de vertedeiro e a consentida ocupación do dominio público marítimo terrestre trouxeron a situación ó estertor actual. Salvemos Pontevedra ten fe en que sí se poden recupera-las marismas de Mollavao-Lourizán, auténtico plan B de salvación, de rexeneración da praia de Pontevedra e amelloramento da ría, aínda que a sociedade civil teña que litigar coa propia Administración. E contra a Administración local, na que tamén están acobilladas as forzas da involución, insensibles ante a situación aquí creada.

-

-

Poderiamos facer algo de historia, de cómo as denuncias que a Asociación foi presentando ante a Xusticia por presunta caducidade de concesiós nos casos Ence, Elnosa, Malvar e Holcim, foran xa enumeradas ante o Concello de Pontevedra con data 14.01.2004, coa idea de aporta-lo escrito a unha reunión plenaria, asunto no que se tería de insistir meses máis tarde, sen resultado. E, xa sabemos, a Xusticia vai lenta, e así un recurso interposto o 3.02.2005 contra desestimación por silencio administrativo doutro de alzada pola presunta caducidade da concesión de Malvar en Mollavao sería estimado polo TSXusticia de Galicia en parte e contra o Ministerio de Medio Ambiente, dictando o 14.09.2009 unha resolución pola que se require á parte demandada a fin de executa-la sentencia en debida forma no prazo dun mes, e de notifica-las medidas adoutadas en orde á execución, coa indicación ó TSXGalicia do funcionario responsable do control dos traballos prá recuperación da condición de dominio público marítimo terrestre en Mollavao.

-

O pasado 17.02.2011 a Audiencia Nacional dictaba unha sentencia condenatoria contra a Administración do Estado (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) ordeándolle incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada a Ángeles Dios López, ocupada máis tarde por HORPASA e actualmente por HOLCIM (sen que éstas obtivesen título concesional), así como tóda-las medidas legalmente previstas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. Como se afirma no comunicado de prensa de Salvemos Pontevedra, esta asociación ve na sentencia un novo paso prá recuperación, uso e disfrute tranquilo do dominio público marítimo-terrestre nas marismas de Lourizán, e o que semellaba unha quimera hoxe non é tal gracias á constancia e rigor do colectivo ecoloxista. Téñase presente que a reclamación prantexada por Salvemos Pontevedra é do 6.08.2004, dentro da campaña da asociación prá recuperación da titularidade pública e rexeneración das marismas de Lourizán, algo que pode resolve-la Xustiicia; non os políticos que esqueceron a sustentabilidade á que obriga a Carta de Aalborg.

-

Como xa queda enumerado, ésta ven se-la segunda iniciativa do colectivo resolta xudicialmente, na que a Audiencia Nacional afirma que o “silencio sobre silencio” da Administración é “favorable á parte” no último caso citado, como nos de Ence i Elnosa, pendentes de sinalamento prá votación e fallo. O Servicio Provincial de Costas, en primeiro lugar, i en segundo a Dirección General de Costas non contestaron ás demandas da Asociación de incoa-lo expediente de caducidade. Tamén está en lista de espera a cuestión da Edar, ilegal según a Lei de Costas (art. 44.6) e aí si que a Audiencia terá de entrar no fondo do asunto. Pola contra, o Concello (adherido á Carta de Aalborg como ben sabemos) está a forzar novas agresiós na ribeira da ría, non a arelada restauración desos espacios.


11 comentarios:

josele dijo...

"Salvemos Pontevedra" es la mejor y mayor expresión legítima de sociedad civil pura (no prostituida) que tiene esta ciudad. Todo un ejemplo para las generaciones venideras y testimonio del poder de la sociedad cuando ésta se organiza y lucha de verdad contra la Mafia institucionalizada.

El último rescoldo de vigor, señorío, valentía y honor que nos queda, es "Salvemos Pontevedra". Sin la lucha de esta asociación, sólo seríamos ganado "democrático".

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias polas túas palabras, Josele.
Coido que tes razón na denominación que usas de gando "democrático", porque parece que eso é o que pensan o Lores, o Telmo e mái-lo Antón.
Vergonzosas as declaraciós dos tres no Diario de Pontevedra d´hoxe.
Curiosamente parece que aínda non se enteraron das dúas sentencias que van contabilizadas e que, en principio, revéntanlles o discurso electoral. O discurso que non é discurso.

candela dijo...

Hay una cosa que no comprendo. ¿Las demás fuerzas políticas gallegas apoyan al BNG?

Que el PP no mueva un dedo me lo creo. Pero qué tienen que ver las demás fuerzas políticas gallegas con el BNG?

o blog de xesús lópez dijo...

Candela:
Los tres partidos (PP, PSOE y BNG) parecen estar al servicio de la mafia portuaria. Incluso la Administración, que ha hecho dejación de funciones.
La única esperanza es la Justicia, si funciona.
Porque todas las denuncias han estado ralentizadas en el TSXGalicia unos cinco años.

Natalia Pastor dijo...

Comodice Josele, es la sociedad civil la que debe dar un paso al frente para evitar que los intereses espúreos acaben destruyendo y sepultando las ilusiones,las esperanzas y el sentido de vivir y disfrutar una ciudad como es Pontevedra.

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, Natalia, pero a la sociedad pontevedresa hace tiempo que le han comido el coco los falsos ecologistas, comenzando por el alcalde, que ha hecho dejación de funciones en asuntos como los que se denuncian en el artículo. De vergüenza.
Y malo si no logramos reaccionar, explicar claramente el contubernio existente entre la Administración de uno u otro color y la mafia portuaria.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Es una vergüenza, ,pero la realidad es esa. Las mafias pueden con todo y se apoderan de espacios públicos o de lo que haga falta, si eso aumenta sus beneficios.
Lo malo es que los partidos políticos no quieren dar la cara por lo que sea y se van materializando poco a poco como es el caso de Holcim.
Esperemos que la actuación privada responsable, logre revertir la situación y todos esos espacios públicos vuelva a estar al servicio de la colectividad, en Pontevedra y en tantos otros sitios, que buena falta hace.

Saludos cordiales

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís, por tu comentario.
Sin la existencia de Salvemos Pontevedra o de la ICPraceres ya no habría esperanza de nada aquí.Hace falta mucha voluntad para seguir y poder hacer realidad los logros judiciales.

josele dijo...

Es increíble como el "ganado democrático" (que ni es democrático ni es nada...) se pasea absorto por las calles sin comprender que toda la realidad económico-política publicada en los medios es fruto de la connivencia (unión necesaria) entre "LA CASTA" y "LA COSSA NOSTRA".

Si Roberto Saviano no hubiera nacido en Nápoles, podría haber escrito su famosa obra-denuncia, en Pontevedra.

Lo realmente aberrante, es que los napolitanos conocen perfectamente su realidad, y los pontevedreses pasean sonrientes por "o modelo de cidade".

Esa abulia y toda esa estulticia es para mí la mayor de las aberraciones.

Y la única muestra de cordura y sanidad mental, en medio de todo este absurdo obsceno se llama "SALVEMOS PONTEVEDRA"

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele!
Novamente teño que agradece-lo teu comentario laudatorio.
Na prensa d´hoxe ven unha noticia pra facer novamente pecadillo:
O camarada Mosquera "esixe" á Xunta a anulación do decreto de supramuncipalidade co que Fraga quixo no seu día favorece-la presencia de Tisú de Lourizán en terreo non segregado de Ence.
Foi naquel momento, ano 2003, cando naceu Salvemos Pontevedra, pra loitare co que nos viña enriba.
Pero nen Núñez Feijóo nen Cesáreo Mosquera parecen estare enterados de que a desafección das marismas de Lourizán solicitada por Ence foi rexeitada. Tempo máis tarde e como consecuencia da nosa denuncia administrativa, Cristina Narbona definiría o espacio como inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación.
Así de claro. E, repito, Núñez Feijóo e Lores&Mosquera sen se ter enterado...

o blog de xesús lópez dijo...

Josele:
Quixen decir "picadillo", non "pecadillo". Aínda qu´os nosos políticos queiran mante-lo seu pecado con sustentabilidade.