miércoles, 6 de julio de 2011

A IRRACIONAL MOVILIDADE

Infografía da peatonalización proposta por Telmo Martín en campaña, dend´a Peregrina ata o edificio da Xunta, unha forma de seguir encollendo a cidade como ente metropolitán.
Zona vella. A Ferrería. Á dereita aprécianse as letras BOA, a cancela que impide a entrada dos vehículos. O coche da vasura entra na Ferrería ó tempo que desfai o chan da praza, en gran parte escachifado.


A irracionalidade está no feito de que xa os contenedores están situados na propia praza, non no paseo lateral polo que realmente tería de pasa-lo camión.

Outra vista menos movida do camión. Por certo, ese día, 10.05.2011, o operario da limpeza achegouse a min pra me chama-la atención por estar sacando fotografías. ¿É que non podo fotografia-la praza?. Foi o que lle dixen no canto de ¿por qué son tan animales?. ¿Ou será que os animales están no Concello e dispoñen as cousas así pra garantizaren un contínuo deterioro?.

Pontevedra, 8.07.2011

Entrada n. 1449 do blog

A IRRACIONAL MOVILIDADE,

por Xesús López Fernández


Agora, coa remodelación producida no Concello a raiz do pacto antre as candidaturas perdedoras, quedou encargado Luís Bará do tema da movilidade e andan xa cun plan a oito anos pra peatonalizaren aínda máis, como se non tivesen producido miseria d´abondo nos doce anos que levan no mamandurrio.

Por certo, este home, o que enxebrizou o nome de baden polo de lombo, está considerado como unha especie de Erasmo de Vilaboa. A raiz da posta a punto dos lombos como atrancos circulatorios, a Pontevedra nacéronlle dous novos nomes: Badenburgo e Lombogrado, ésta máis acordo coa nomenclatura estalinista que parece lle convén a estas xentes.

Nada, que queren dotar a Pontevedra de carriles-bici, o que non estaría mal se realmente houbese espacio, que actualmente andan por riba das beirarrúas e prás bicis non hai dirección prohibida nest aldea. Hoxe precisamente cruceime un negro, un preto conocido que sobía pola súa esquerda por Cobián Roffiñac. A este negro, que nalgún tempo podía te-la cara de susto da travesía en patera, véselle ben posto. Non traballa como os senegaleses como vendedor polas feiras; traballa coa bicicleta e ó pouco rato baixaba por outra rúa, seguramente cara un dos lugares que visita ou donde toma recados ou leva algo que entregar. Soe estar presente, agora xa descaradamente, con grupos de porreiros. Viste, sí, pulcramente. ¡Qué raro, sen oficio conocido! Por certo, hai máis "corredores" que usan a bici como medio de "comunicación".

Pero xa lle estou dando moito protagonismo ó negro, que mantén un porte máis digno que outros que andan, seguramente, no mesmo negocio.

Volvamos a Luís Bará, que foi director xeral na Xunta; que despois de perdido o poder foi repescato polo nasturcio do noso alcalde como concellal non electo. E inda tivo tempo de facer algús disparates, que presuntamente interveu nalgús deseños desgraciados como os da praza da Castaña e o paseo pola avenida de Marín que queren consolidar no canto de recupera-lo capital natural.

En fin, non sei qué disparates van facer. Todo é posible nesta pontevedra sen sociedade civil viva.

Prefiro inserir un enlace coa noticia, de La Voz de Galicia do 6.07.2011:


No hay comentarios: