domingo, 24 de julio de 2011

O euro, en peligro

Montoro, tranquilizador mensaxe de Salgado: España non é Portugal, nen tampouco Castilla-La Mancha, afirmaría a ministra de Economía noutra viñeta posterior do mesmo humorista. Unha caricatura de Caín. Desastre de país. Ministerio de los Hechos e Ministerio de los Discursos, que se poderían refundir nun novo ministerio: o Ministerio dos Desastres, de conformidade coa evolución que leva o país, máis ben morte asistida, bancarrota a corto prazo.

Pontevedra, 24.07.2011
Entrada n. 1455 do blog
Artículo semanal

O euro, en peligro,
por Xesús López Fernández

O euro cotiza máis que o dólar, a algo máis de 1,40, e como moeda única europea sería considerada a novena maravilla do mundo. Pero está pasando por malos momentos aínda sendo pensado como unha especie de cemento prá unificación de Europa, antes intentada sen resultado. A idea parece non dou resultado, talvez por ser un proiecto máis político que económico, no que os fondos de cohesión, polo menos en casos sabidos, non actuaron de elemento corrector na forxa dunha mentalidade europea. E así sigue habendo Europas de varias velocidades, trampeado o proiecto por países con políticas antieuropeas, acentuando coa súa picaresca o caos acaído, coidando que a Europa próspera vai ser garante das súas débedas. I éso non vai ser así. Sí está a acontecer que aínda tendo o mesmo valor, o euro grego merece menos confianza que o euro alemán e pode que Grecia acabe fóra da moeda europea.

As críticas á política económica española veñen de anos e o seu déficit non fixo máis que engordar. Xa avisaba no 2009 o economista Xavier Sala i Martín da política de ZP, asegurando que o estado español tíñase endebedado máis, co problema engadido de que España non controlaba a política monetaria porque o facía Europa. “É posible que España acabe sendo un problema pra Europa e que mesmo a expulsen do euro, porque o noso país non se ten cinguido ás régoas da Unión Europea de non acadar déficits demasiado altos”. O home incluso pronosticaba que a situación iría a peor no 2010 e que lle había resultar difícil amortiza-las cuantiosas débedas contraídas coa súa política errática. A idea de que a UE poida botar do euro ós países membros que non cumpran o Pacto de Estabilidade e Crecemento foi xa apuntada polo partido da canciller Angela Merkel, medida que pode afectar a España.


Como consecuencia dos cambios producidos no mapa político español dende o 22 de Maio pasado, están a aflorare auténticos escándalos e se o Xoves 14 de Xullo o conselleiro portavoz de Castilla-La Mancha anunciaba a existencia de 1.740.000 euros en facturas pendentes de pago, sete días máis tarde crecía a cifra ata 2.606.000 euros, mentres a exconselleira de Economía de Barreda reconocera, ó efectua-lo traspaso de poderes unha débeda menor, de 700 millóns, en facturas pendentes de pago. Era moito máis, e a autonomía atópase practicamente sen liquidez, coa particularidade de que o endebedamento xeral chega ós 7.455 millóns de euros. O déficit estímase no 4,90%, dato moi negativo previsto pola propia Cospedal. Son situaciós que se producen en política, como consecuencia, dise, dunha mala xestión. Pero con eso, por moito que nos digan, non queda xustificada a xestión (¿patente de corso?) anterior, que parece de sentido investigar con lupa, si é preciso. ¿É que os políticos non son nunca responsables, pero sí os xestores das empresas? ¿Qué papel xogan os interventores nas distintas administraciós? ¿É que se pode ir á Política como profesión? Non. E o euro, por europeos, demanda rigor e transparencia.


Fálase moitas veces de levanta-las alfombras cando se produce o relevo en autonomías e concellos. Pero todo parece indicar que aquí hai unha gran alfombra chamada euro, e que moita xente do noso país non pensou no euro máis que como instrumento prás transferencias a paraísos fiscales, ás veces presunta ou deshonestamente enriquecida. Se seguíramos coa peseta teríamos que coidala ou recurrir, se preciso fose, a plans de estabilización como o do 1958; pero pensouse que acobillados no euro poderiamos entrar nunha espiral inflacionista ilimitada, subvenciós e prácticas fraudulentas, sen que se notase. Pero sí que se notou e así está o país coa ameaza de ter que regresare á peseta. Algús cuestiónanse incluso se a débeda das autonomías non está a solapa-la débeda xeral do Estado. Pra salva-lo euro pode que ó país lle falte cultura europea e capacidade pra competire. Pero os malos pasos dados poden marca-lo efecto dominó da caída do euro, que parece xa en marcha.

6 comentarios:

José Antonio del Pozo dijo...

Ministerio de Desastres, sí, buena idea. Un saludo, amigo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Efectivamente. España no es Grecia, ni Portugal. Es España y desgraciadamente estamos cometiendo los mismos errores que esos países. Y, una de dos, o corregimos el norte que llevamos, o, sin dejar de ser España, acabaremos como ellos, intervenidos y en la miseria.
Tanto Zapatero, como su ministra de Economía debieran bocalanear menos y hacer más.
Vaya desgracia que nos ha caído con esta gente.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Antonio:
Creo que todo lo que hacen nos conduce al desastre final, a la pérdida de identidad de España como un todo. Para eso están trabajando. Es un decir lo de trabajar.
Saludos cordiales, amigo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
España, efectivamente, no es Grecia, pero cada día que pasa se le parece más.
Creo que ZP y Salgado no saben hacer nada a derechas. Cada día nos sorprenden con nuevos disparates o nuevas frases mendaces.
Esta gente es una auténtica peste para el país.
Un fuerte abrazo.

Candela dijo...

España no podrá ser rescatada como Grecia o Portugal, así que no se como vamos a remontar salvo pagando los de siempre y tras muchos sacrificios, desde luego, no con este gobierno.

Los interventores son puestos por los políticos, pues eso..de adorno, creo que Cospedal los ha quitado en Castilla la Mancha.

También se ocupó ZP de que a los políticos no se les pudiera pedir responsabilidad civil, como a cualquier funcionario público o gestor privado. O sea, encima premeditación..

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Coincidimos en opinión, pero yo me niego a creer que pueda haber solución sin cárcel para tanto mamón como los que han ido a la política a robar, a estafar, a prevaricar, a dejar al país en cueros, etc.
Cordiales saludos. Xesús.