lunes, 18 de julio de 2011

ZAPATERO, PRESUNTAMENTE DEFENESTRADO

Dous vellos chistes de Caín en La Razón, sobre ZP. Cáustico como sempre, no primeiro deles, o presidente permanece no seu permanente sofismo: "non penso deixa-lo poder ata que non me necesitedes", cando o país non precisa del dende hai varios anos, habida conta de que con el chegou a crisis e non soubo facere outra cousa que acentuala e asañarse con cinco millós de parados.

Éste é outro chiste filosófico que se me escapa un pouco porque eu coido que ZP careceu de dignidade e de principios dend´o día que tivo o mandiño. Algún gobernado pode seguilo, sí, ó inferno que lle espera talvez, pode que incluso fóra do partido, si se propoñen a súa rexeneración.

Pontevedra, 18.07.2011

Entrada n. 1454 do blog

ZAPATERO, PRESUNTAMENTE DEFENESTRADO,

por Xesús López Fernández

¿E terá algo que ve-lo feito de qu´hoxe sexa o 75 aniversario do Alzamento Nacional coa noticia que publica El País, algún tipo de conciencia subliminal de qu´os socialistas nos conducen a novos furanchos, a novas cavernas, a unha ruína e fractura total do país, a un paro de cada volta maior? Parece que xa non lles queda outro recurso pra se mantere como partido de esquerdas que o odio proclamado contra a Igrexa, a promoción do aborto e da morte asistida; que xa carecen dunha mínima capacidade prá posta en práctica de políticas sociales. ¿Qué pasaría no país se mañán, a Igrexa, imposibilitada pra atendere a tanto parado nos comedores de Cáritas e San Francisco, se vira na necesidade de cerralos? ¿Qué farían esas xentes, terían redaños como pra se manifestare de forma certa contra o Goberno? Porque, non-o esquezamos, antre as xentes que acoden a esos comedores hai tamén moito desagradecido que entende é unha obrigación dos demáis cidadadáns a de atendelos, cando a súa situación real é consecuencia da despiadada política de ZP.

Algunha xente encontrouse hoxe en El País cun artículo de Cebrián, ideólogo do Réxime, titulado "Esta insoportable levedad", no que pide a dimisión de ZP "pola súa ausencia de liderazgo e incapacidade pra acometere as reformas precisadas polas novas xeneraciós, polo que Zapatero debe anunciare canto antes un creíble calendario pró proceso electoral. ¿Qué pensarán agora os que censuraban a Intereconomía, qué pensarán na Noria, si o artículo de Cebrián parece firmado por Carlos Dávila?

Cebrián di que hai pouco máis dun mes tivo ocasión de asistire en Madrid a varios debates antre políticos, intelecturales, empresarios e cidadaos do común. O home tivo ocasión de comproba-lo singular sentido de ánimo da sociedade matritense (pensa que semellante ó da española en xeral) ante o que podemos chamar, parodiando a Kundera, a insoportable levedade do devir de España. Dous desos actos estaban relacionados directamente coa recuperación da memoria colectiva. [...]

Xentes de dereitas, de centro e de esquerdas, antiguos comunistas e vellos franquistas arrepentidos (¿dos que militan no PSOE?), católicos ferventes e ateos recalcitrantes, mulleres, homes, profesores, xueces, militares, diputados, periodistas e intelectuales, reclamaban, coa serea parsimonia da súa experiencia e firmeza da súa convicción, unha recuperción do consenso e o pacto como únicas vías pra saíre do burado no que parece afundirse a sociedade española.

O artículo sigue, é moi longo, e incluímo-lo enlace a pé de post. Pero non me extraña que se teña públicado o 18 de Xullo como a modo de exame de conciencia, porque está claro que vivimos un Réxime de corrupciós que nada ten que ver co saído do 18 de Xullo do 1936. Citemos como exemplo de corrupción a detectada en Castilla-La Mancha: facturas sen pagar (de momento) por máis de 2800 millós de euros.

Enlace: El País: José Luís Cebrián, Esta insoportable levedad. (Especúlase sobre se foi escrito por encargo de Felipe González ou de Rubalcaba. Pero, en definitiva, non se dí nada que non se poida leer en La Gaceta, ABC ou La Razón, como si El País se volvese agora de dereitas)

2 comentarios:

Candela dijo...

Ese sinvergüenza de Cebrián se hace de lo que haga falta.

Lo que les pica es que están con el agua al cuello y Rodríguez no está por la faena de apoyarles, no lo estuvo nunca, esperan tener más suerte con Rubalcaba.

Estos, si el PP gana con mayoría absoluta se hacen de "extrema derecha", cavernarios..como ellos dicen. Ojalá y se les hunda el chiringuito, a buenas horas se acuerdan estos de lo mal que va España.

o blog de xesús lópez dijo...

Espero que así sea,Candela.
Y veremos que acontece ahora, con la dimisión de Camps. Puede que se pongan más nerviosos, porque otros deberían igualmente dimitir con más razón que el presidente valenciano.
Un cordial saludo, Xesús.

P.S. Acabo de encender el ordenador, dispuesto a irme a la cama sin tocarlos, porque estoy todavía afectado por la muerte de mi hermana.