domingo, 31 de julio de 2011

O cambio necesario

Sabia interpretación de Montoro en La Razón, en relación co intento da Xusticia de descafeina-lo caso faisán, presunto terrorismo de Estado, un dos "logros" do goberno de ZP. Esteban ten, en La Razón, innumerables viñetas adicadas ó tema ETA. Nesta deixa constancia da presunta relación existente antre "o candidato" e a banda. ZP sería un mediador de segundo rango.

Caín, en La Razón, sempre mordaz e certeiro. As elecciós serán o 20-N, unha forma de fundamenta-la existencia das dúas Españas. Curiosamente, cun Bono fillo dun alto cargo falanxista, como tamén aquel Martínez Bermejo das cacerías con Garzón e outra xente da parroquia; cun Rubalcaba fillo dun piloto franquista e un ZP fillo dun asesor xurídico do concello de León en período franquista, o chiste cobra unha intensa dimensión. Algús puideron estare nunha ou na outra España, pero moitos socialistas están realmente nas dúas ó mesmo tempo. Moito bradar, sí, contra o franquismo, pero manteñen as constantes vitales nacionalsindicalistas, por eso escolleron o 20-N prás elecciós, o día da Dolor joseantoniá e franciscana (de Francisco Franco, líder dos seus ancestros).
Esta viñeta de Caín podería valer mesmo como pancarta prá campaña electoral, como autorretrato do candidato, centrado nun marketing incomestible.
Pontevedra, 31.07.2011

ntrada n. 1457 do blog
Artículo semanal


O cambio necesario.
por Xesús López Fernández

Unha certa alegría representa prá sociedade española a convocatoria de elecciós anticipadas, a celebraren o 20-N. A verdade é que hai, a consecuencia dos dous mandatos de Zapatero, da súa política de mal goberno, un sentimento de derrota no colectivo cidadán, conducido en certo sentido a unha especie de suicidio colectivo, que nese sentido contan os máis de cinco millós de parados que en moitos casos siguen comendo gracias á axuda cidadá e ós comedores de Cáritas fundamentalmente; unha fiscalidade atafegante prás pequenas e medianas empresas que levan cerrado en número de varios centos de miles; o laicismo agresivo que veu combatindo as raíces cristiás da nosa civilización, da civilización europea; a asunción do aborto como bandeira, a decadencia da educación, a creación dunha sociedade de masas na que se enfortece e vulgaridade intelectual. E dentro deste caos, a eutanasia xa servida nalgunhas sociedades, parece a punto de ser concretada neste noso país.


A sociedade percibe que é necesario un esforzo real de rexeneración: que algún partido asuma un programa de restauración das Administraciós (algunhas prácticamente quebradas), da Educación, da Xusticia, que precisa dunha independencia real pró cambio de rumbo deste país, imposible sen un claro reequilibrio dos tres poderes. Por se fora pouco, o Goberno de ZP tenta acabare coa acción popular, prevista na Constitución, prevista xa na vella Constitución do ano 1812, recomendado o seu uso incluso nalgunha das nosas leis; é decir, privare á sociedade da capacidade de pensar, de denunciare aqueles asuntos nos que se presuma a existencia de prevaricación ou de quebranto de normas lexislativas. Coido que a sociedade débelle ó exercicio da acción popular a solución de non poucos litixios e precisa que das elecciós do 20-N saia un Goberno fresco, cunha clara folla de ruta pra unha alborada rexenerativa do país como Estado de dereito.

Hai, sen embargo, un certo pesimismo xeneralizado, como se as elecciós se produciran pra que nada cambie, aínda producíndose unha falsa alternancia. Os mediocres son lexión i están en tódo-los partidos e viven moi ben como políticos á par que envilecen o aparato público. Neste contexto, moitos tertuliáns avanzan que non creen que Rajoy estea en disposición de cambiar moitos dos disparates lexislativos de ZP e os seus ministros, como se o Estado non existise (doutrina Murray Rothbard) e que son os clústers todopoderosos os que manexan os tempos e dispoñen os cambios que lles apetezan. ¡A ver qué partido nos mostra a letra dun auténtico plan anovador que se leve por dediante o Tribunal Constitucional (ó mellor tamén sobra o Senado), o actual plan de Educación, a lei da Memoria Histórica e desparasite ó país todo de tantos presuntos abusos i escándalos. Se o cambio de Goberno significa un simple relevo pra que nada cambie e o esmorecemento continúe ata a desfeita final, mesmo a perda de identidade política histórica, mal iríamos.


Así as cousas, os candidatos do PP e mai-lo PSOE parecen tranquilos, dispostos ó debate. Rajoy tennos afeitos a discursos sobre cifras, particularmente relacionadas coa fiscalidade, a economía e o paro; Rubalcaba, vaia por Deus!, resulta que agora dispón da receta máxica prá xeración de emprego e amelloramento da economía. Pero si eso é certo, cómo o tivo tan calado, cómo lle negou as recetas a ZP e consinteu que o país se fora afundindo máis e máis, como se non houbese outro referente que Grecia, Irlanda, Portugal? O caso é que Rubalcaba fala agora de que “traballamos nun programa pra gañare e gobernare”. Quedan atrás as trolas de ZP e o seu leigado siniestro: “ETA, Estatut, aborto, “guerracivilismo” e recortes sociales”. El vaise e deixa o listón do paro nun 20.9%, o doble da media europea, e unha coxuntura económica que ten sumido a España nunha intervención de feito. O 20-N, memoria histórica, situación dramática, ¿elecciós pra unha rexeneración posible?


De Caín, en La Razón. Despois de mortos os sen traballo xa nada contan as listas do paro. A Franco e a José Antonio tampouco os van empobrecer máis e difícilmente pódese dare agora un amelloramento reactivo en favor do PSOE, aínda qu´o seu inconsciente os estea a traicionare, a mostrare as súas raíces profundas nacionalsindicalistas.

8 comentarios:

candela dijo...

Verdaderamente hay que tener tripas para convocar el 20N, yo veo ahí la mano de Rodríguez, chuflándose de Rubalcaba y de paso creando un posible motivo de confrontación.

Pero también creo que les va a salir el tiro por la culata, que los españoles lo que quieren es trabajo y que se dejen ya a Franco, al Valle de los Caidos, al Papa..que no corresponden estos asuntos a una demanda social y al final las estupideces pasan factura.

Demasiado duro va a ser remontar estos años de totalitarismo y miseria moral y económica. Que nos dejen ya en paz con sus delirios y trucos baratos, eso es lo que queremos la mayoría..

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
El Gobierno actual es heredero del nacido como consecuencia del 18 de Julio, aunque se hayan olvidade.
Al zote de Zapatero le hubiese gustado, con su juego al "guerracivilismo para subnormales", dictar un decreto para cambiar el parte de guerra de la victoria.
Ese delirio y otros como el derribo de Cuelgamuros o el dinamitado de la CRuz del Valle, a poder ser con la interrupción de relaciones con el Vaticano han podido pasar por su mente, por sus delirios oníricos, fiel a la idea primera del socialismo de Paulino de la Iglesia, de acabar con la Iglesia.
Ahora la liebre se declara líder, pero confiemos en que las cosas podrán cambiar a mejor y evitaar el suicidio que nos tenían programado.
Saludos, Xesús.

Anónimo dijo...

El 20N... ¿Muy mala leche de quien se sabe "enterrado" o traición del subsconsciente?
Esa es mi duda

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Lobo:
Creo que hay una clara traición del subconsciente.
Ah, también Teresa Fernández de la Vega tiene pedigree nacionalsindicalista.
Podrian llevarla en cartel como promotora de la Nueva Sección Femenina.
Saludos cordiales.

Natalia Pastor dijo...

Las viñetas reflejan el esperpento de país en que vivimos,querido Xesús.

Todo apunta a que Bermúdez continuará la función que ya desarrolló en el juicio del 11-M ; cerrar el asunto sin queº sepamos la verdad - judicial, la otra está clara...-, de lo acontecido.

Veremos si el Pleno de la Audiencia emula al TC y se cubre de inmundicia y heces determinando que no existe el delito de colaboración con banda armada y enviar así el sumario al juzgado de Irún.


Coda:

Por cierto, que para profanos y desconocedores del Derecho en general, el juez Bermúdez si le imputó a Trashorras - el esquuizofrénico cabeza de turco del 11-M -, el delito de colaboración con banda armada con los "moritos" de atrezzo de Lavapies.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Natalia, por tu comentario. Y reitero la bienvenida de esta mañana.
Te supongo en forma y con el cañón Berta dispuesto.
Un cordial saludo,
Xesús.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Lo de elegir el 20-N para las elecciones, tiene que tener algún truco que aún no conocemos.
En cuanto a lo del faisán, el juez Bermudez ya dio la patada en el
11-M y como pueda lo vuelve a hacer ahora. Quiere ser el nuevo GHarzón

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Como le digo a Lobo, creo que hay una traición del subconsciente en la corte sociata, casi todos con pedigree nacionalsindicalista.
Me preocupa también el que estén inflando a los indignados, antisistemas como el propio PSOE en el Gobierno.
Quieren además dispararlos contra la JMJ.
Saludos cordiales.