Son diversas panorámicas da feira de Valença do Minho, o pasado 28.03.2012
Realmente, as árbores non deixan ve-lo bosco, porque os postos dos feirantes parecen incontables.
Coido que normalmente acode xente a esta feira, pero curiosamente son moitos os establecementos existentes no entorno de Valença que non resistiron.
Un primeiro plano gracioso, ou eso me parece a mín. A variedade de artículos alí concentrádo-los días de feira é impresionante.
A feira linda coa fronteira que marcou o tsunami inmobiliario da vila portuguesa.
Pontevedra, 9.07.2012
Entrada n. 1541 do blog
Artículo semanal
Acobillados na riqueza primaria,
por Xesús López Fernández
Parece que, a consecuencia da crisis, hai xentes que están a acometeren unha especie de camiño de volta ás súas raíces, na procura de se acobillar na aldea que deixaron ou que abandonaran xa os seus ancestros, subvencionados nalgús casos por cambiaren o uso das súas terras de labranza a forestal. Alguén, detrás da recomendación política, puxaba por unha Galicia eucalipteira. E parece que siguen coa mesma teima. As comunidades de montes suspenderon a asignatura, non souberon poñe-los montes en valor e libres do lume devastador; demandar unha forestación racional (castiñeiros, nogueiras, carballos, arces, cerdeiras, etc.), ou o pastoreo extensivo (outra riqueza posible) e claudicaron no entreguismo á economía dos clústers ou do seu representante político. Como sexa, son de cada volta máis as xentes que sí queren volver traballa-las terras, atopar alí a subsistencia que nas cidades lles resulta, ás veces, imposible se non acoden a un comedor social.
Non hai moito tempo que me acheguei á feira de Valença do Minho, concretamente o 28 de marzo. Moitos postos de ambulantes, moita oferta, pouca animación, e por alí andiven vagando un par de horas, asombrado do trasego de tantísima mercancía, cando dei en falar cun home afable que tiña un portugués moi próximo ó noso galego. Decía perto, como eu, no sentido de cerca; ou decía crisis, palabra grega, como era habitual en galego ata hai pouco, e sígueo sendo aínda que algús pulen por inseriren na lingua o barbarismo “crise”. O home era de “perto de Braga”. Falamos, pois, da crisis, da economía que os feirantes tentaban remediare vendendo artículos diversos, e fixemos un pouco de memoria en relación coas economías primarias, de cando o home era labrego ou mariñeiro, ou traballaba nas minas, ou nalgún oficio artesanal. Despois veu o desenvolvemento industrial, os homes asentáronse en urbes que foron perdendo o señorío da man da burbulla inmobiliaria. O ladrillo, dixo o home (non usou tixolo como farían os galizos). Si, claro. E aí temos, comentei, neses edificios, a foto finish do tsunami inmobiliario valencián.
Por eso hai xente que agora volve á terra, pra ver se aínda pode prantare unhas verduras ou algo de cereal, é un decir. Lá, en Braga, todo estaba a monte, mais agora aquelo semella un xardín, o terreo todo traballado. Eu mesmo teño unhas terras e volvo traballalas. Pranto o que quero, sei o que como, e teño galiñas, dixo o home. O diálogo seguiría algún tempo. Home simpático, comprendera que a gran factoría era a natureza, á que aquí, en Galicia, tamén volven os que poden. Os que conservan algo de oficio téñeno máis fácil, pero en moitos casos buscan o consello dos vellos ou dalgún perito agrícola. Difícil e sacrificado sería un retorno masivo, pero algús estáno a faceren, a descobrire que o chamado desenvolvemento sustentable fora xa inventado nas aldeas galegas gracias á relación do home co campo e co gando, o gran productor de esterco, o fertilizador das nosas terras. E os montes estaban daquela limpos ou rozados.
Con frecuencia, cando un vai de camiño por unha ou outra estrada, repara na presencia de postos de venta directa: sandías, melóns, laranxas, cereixas…Ven sendo un esforzo de salvación. O Goberno perde, nestos casos, a recaudación do IVA, que por outra banda parece van sobir de forma inmediata, algo que non vai crear riqueza, que non sirve absolutamente de nada e vai forzar incluso un menor consumo. A xente, asustada por tanto discurso, ten que buscar vías alternativas. E na natureza está a esperanza de moitos. Pero houbo un abandono real dos deberes e coido que o Goberno non pode xa reconduci-la situación ou fixarse como norte un ouxetivo real de atención ó campo, ó mar, e á restauración ambiental. Os enanos recalificadores pularon pola profanación da paisaxe. Aínda así, as xentes acobíllanse na riqueza primaria das súas veigas e searas (virtas ou senras), ou na crianza dun cuxo, pra vivir.