LECCIÓN PRÁCTICA DE GAMONAL
viernes, 24 de enero de 2014
GAMONAL COMO EXEMPLO
LECCIÓN PRÁCTICA DE GAMONAL
domingo, 7 de abril de 2013
De marzo a marzo
jueves, 28 de marzo de 2013
Ana Pastor e Benito Suárez Costa
Pontevedra, 28.03.2013
Entrada n. 1634 do blog
martes, 5 de marzo de 2013
Os Praceres, parroquia mártir...e profeta
sábado, 19 de enero de 2013
Algo cheira a omertá
O Faro de Vigo d´hoxe, 19.01.2013, recolle a nova de que os Veciños d´Os Praceres piden a execución das sentencias firmes en relación co paso ilegal do ferrocarril pola praza d´Os Praceres e tamén o levantamento dos recheos portuarios que se aprecian na foto.
Pontevedra, 19.01.2013
Entrada n. 1601 do blog
Pontevedra, 19.01.2013
Entrada n. 1601 do blog
ALGO CHEIRA A OMERTÁ,
por Xesús López Fernández
Este é un asunto de verdadeiro escándalo. Se Rajoy vai entrar agora a facer limpeza, aquí ten un tema bonito no que poden estar enzudrados non poucos dos seus amigos e xentes doutros partidos. Aquí nadie se preocupou por defende-la aplicación da Lei de Costas e hai tempo que, según parece, son os clústers portuarios os que dictan as normas de conducta; de que existe, en definitiva, un trasfondo mafioso, unha política de omertá á que nengún dos partidos presentes en Pontevedra resulta alleo. .
Sen máis comentarios, complemento as fotos mostradas e comentarios ó pé das mesmas co enlace da noticia do Faro de Vigo, 19.1.2013: Placeres exige ante los tribunales la demolición de los rellenos y los pasos a nivel ilegales.
Outro enlace, deste mesmo blog: Milonga litoral
lunes, 8 de noviembre de 2010
A DEFENSA DA PRAZA D´OS PRACERES
As xentes d´Os Praceres a defenderen a súa praza mentres a Policía mallaba en todos eles, mulleres e homes, esa policía que resultou que, ó mellor sen ela saber, fixo o traballo ó servicio de certos intereses portuarios, contrarios á esencia mesma do porto de Marín, da ría toda.-
Entrada n. 1346 do blog
-
domingo, 24 de febrero de 2008
BUSCADE EN GOOGLE [25.02.2008]
Mariano Rajoy, que vai debatir con Zapatero, ás 22h p.m., en Televisión. Rajoy ven anunciando programas de rexeneración. ¿...?
Zapatero confórmase con empatar no debate do 25.2.2008. ZP asegura que non vai pedir perdón ós españoles, nen ás víctimas, pola súa mentira permanente en relación coas conversaciós con ETA. Entrada n. 444 do blog. Traballo remitido a diversos medios prá súa publicación nesta data. O tema ten tela, porque a través de Google pódense conocer moitas das carencias e pecados dos partidos, mesmo a súa impotencia, como queda dito no artículo, pra urxi-la reposición da legalidade en tantísima cousa denunciada como existe. A impresión que moitas veces se pode sacar é a de que os partidos non controlan nada, que son reféns dos grupos de presión. E nesas circunstancias é difícil votar por nadie, ata o punto de que moitos cidadáns pensan en votar contra alguén, contra o peor. Google pode aclarar algunhas cousas.
por Xesús López Fernández
Según os medios, Rajoy e Zapatero preparan a conciencia o debate desta noite, que pode ser importante nunha campaña que aparece bipolarizada, tendencia ésta que, dende que temos democracia, diríase que se vai conformando máis e máis en cada novo comicio, especialmente desta volta. As enquisas demoscópicas veñen pescudando na opinión pública pra ver de nos ofrecer un resultado anticipado, de nos presentar a un gañador. Así, daban unha certa avantaxe ó PSOE que parece que, nos últimos días, vai decantando nunha especie de empate técnico. E si o debate inicial, máis ben unha parodia, antre Solbes e Pizarro, parece se resolveu a favor do primeiro, segundas e terceiras lecturas do mesmo permiten unha estimación distinta: o incremento do paro, a crisis do ladrillo, os impagados das hipotecas disparados ata un 123 por cen en xaneiro; que o crecemento previsto pola CE apunta pra España a un 2,70% neste 2008, son datos que valen pra rubrica-la afirmación de Pizarro de que España non vai ben e que só unha verdadeira xestión económica pode endereita-lo errático rumbo do país. Por eso falan algús analistas da necesidade de vontade política e patriótica, pra lle devolve-lo pulso a unha Nación que o ten perdido.
Os actos de campaña mostran a un Zapatero na línea da tensión e dramatismo anunciados despois da súa charla con Gabilondo, como dono dun certo mesianismo; Rajoy aparece máis pausado, como querendo converti-los escenarios nos que intervén en aulas pró dialogo coas xentes alí presentes. Son dúas pedagoxías distintas, dous estilos diferentes, que no debate que esta noite vai moderar Campo Vidal non é doado saber cómo van converxer. E andan tamén na campaña os partidos menores, os nacionalistas, coa esperanza de se convertir na bisagra necesaria prá formación de goberno. Diríase que a crispación tamén cristaliza [¿consignas?] en actos menores, incluso académicos, nos que comparecen grupos antidemocráticos pra reventaren charlas como a de María San Gil, en Santiago; a de Dolors Nadal, en Barcelona; a de Rosa Díez, na Complutense, ou tamén, fóra da campaña electoral, na conferencia de Galicia Bilingüe no auditorio da Obra Social de Caixanova, en Vigo, o pasado día 20.
Outra forma de facer campaña é a contínua publicación nos medios de artículos asinados por políticos, moitas veces cuestionados cando o medio dixital no que aparecen así o permite. É nese foro aberto ó pe de cada traballo onde os cibernautas dan ideas, a favor ou en contra, ou simplemente intentan amplifica-lo debate, porque existen, certo, carencias, mensaxes capadas, silencios que non se poden consentir. ¿Ónde está o discurso claramente ambientalista que moitos de nós agardamos? ¿Está definido na campaña, de forma xenerosa, o necesario apoio á independencia xudicial ou á supresión do imposto sucesorio da que falou Pizarro...? Nada. Xogan moitos coa desmemoria e contra ela asume un certo protagonismo a memoria crítica dalgún comentarista: “Buscade en Google”,,,,”El caso Brindisi, el caso Reganosa”.. Ou Cabo Vilán, Tradepana, ferrocarril d´Os Praceres, a edar do Lagares...
O esforzo dalgunhas asociaciós en xudicializar denuncias das que, á vista da Constitución, do Raminp, da Lei de Costas, parecen claras infracciós, estaría fóra de lugar si existise unha verdadeira política ecoloxista que pode estar nos discursos, sí, dos que temos que decir que son, ás veces, rotundamente inaceptables. Buscade en Google, efectivamente, o que se vos ocurra: leis, sentencias, delitos ecolóxicos, actuaciós próximas conocidas nas que algús partidos fixeron xa, nun debate local de campaña, declaración de clara impotencia pra pular pola reposición da legalidade.... Pra que as cousas sigan como están, pra convertiren moitas veces os discursos en rendas descalificatorias antes que en exame de conciencia, mellor estar calados. A ver se no debate desta noite, antre Rajoy e Zapatero, asoma algo de esperanza. De tódo-los xeitos, buscade en Google, na rede. Pra aguza-lo voto.
martes, 3 de julio de 2007
O FERROCARRIL DA VERGONZA
Pontevedra, 4.7.2007A execución da sentencia do 5.03.2007, ratificando outra anterior que declaraba ilegal o insultante ferrocarril da Praza d´Os Praceres, debería estar xa en fase terminal, porque o prazo con que contaba o Ministerio de Fomento vence o próximo día 9.
Surís, o actual presidente de Autoridade Portuaria pode facer bos ós anteriores Iribarren e Ramallo. Polo menos no sentido que se lle pode dar ás súas palabras sobre novas actuaciós no Porto. Pola súa cabeza parece non pasa o cumprimento da sentencia. E onte estivo presente nas conversas celebradas antre Pachi Vázquez, o conselleiro de Medio Amiente da Xunta de Galicia e Víctor Nogueira, en representación do grupo de empresas de Ceferino Nogueira, na terminal cuberta, que parece volveron inaugurar. (A primeira inauguración foi no 2003, se a memoria non falla)
Un non quere maxinar que antre os conversantes se puido ter falado de lle tirar importancia á sentencia do Tribunal Supremo da Nación. Como por outra banda o Ministerio de Fomento non se sabe de qué vai, denunciada incluso a súa actuación no entorno de Lourizán polo Ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar. Pero, en fin, parece que en Fomento seguen a manda-los mesmos que mandaban, porque xa hai que ter dinós (collós) pra gastar cartos públicos na construcción dun ferrocarril privado, ilegal como queda dito.
-A Plataforma Defensora da Praza dos Praceres acaba de remitir unha nota a tódo-los medios de comunicación, porque non van consenti-lo incumprimento da sentencia. Sigue a nota do colectivo defensor de Lourizán-Parroquia Mártir.
-De la Plataforma Defensora da Praza dos Praceres, Pontevedra, a todos los medios de comunicación.
1.- Que la ilegalidad del ferrocarril en superficie, con pasos a nivel por la plaza de Os Praceres, protestado por el vecindario desde el primer momento y a consecuencia de la dejación de funciones de los Concellos de Pontevedra y Marín, fue definida por sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Madrid con fecha 5 de febrero de 2004, ratificada por el Tribunal Supremo del Estado con fecha 5 de marzo de 2007.
2.- Que por dicha sentencia se declara este asunto como firme y definitivamente juzgado; que la misma debería insertarse por el Consejo General del Poder Judicial en la publicación oficial de jurisprudencia del Tribunal Supremo.
3.- En dichas circunstancias y como la Plataforma Defensora da Praza dos Praceres y este portavoz han venido declarando demandan, una vez más, la ejecución de la sentencia, el levantamiento de la vía ilegal en el tramo de la Praza de Os Praceres.
4.- Que dicho levantamiento debería estar ya en vías de realización, habida cuenta de que el plazo de que dispone el Ministerio de Fomento desde la fecha en que recibió la comunicación de la sentencia se agota el próximo 9 del corriente mes de Julio.
5.- La Plataforma Defensora da Praza dos Praceres piensa exigir la actuación necesaria para la reposición de la legalidad y espera que las fuerzas políticas no se posicionen en contra de lo ratificado por la citada sentencia del más alto tribunal de la nación.
6.- Aunque los diversos partidos políticos representados en el Concello pontevedrés hayan reconocido en un pleno, a la vista de la sentencia producida, la vergüenza de su anterior dejación de funciones; que incluso se hayan solidarizado en dicho momento con los vecinos de Os Praceres, la obligación de los mismos pasa por no entorpecer durante más tiempo la reposición de la legalidad; es más, deberían ser ya parte activa contra las maniobras que desde la Autoridad Portuaria está promoviendo su actual presidente (cargas de dinamita en los fondos del puerto incluídas), y en relación con el Proyecto Básico del Plan Especial del Puerto, también denunciado ante los tribunales.
7.- Dicho esto, la Plataforma Defensora da Praza dos Praceres, para el caso de que el Ministerio de Fomento no quiera acometer las pertinentes obras, ofrece, a partir del 9.7.2007, su colaboración activa en la redacción de un proyecto alternativo para el levantamiento de las vías del ferrocarril ilegal.
Pontevedra, 3 de Julio de 2007
Fdo. Eladio Torres Castro








