domingo, 24 de febrero de 2013

EN CAMPAÑA [24.01.2004]

Caín, en La Razón. Os electores xa nos conformariamos con conocere a media verdade que propón o humorista, pero a corrupción manda sobre a coherencia; o relativismo político vai estar sempre en contra da sociedade. Onte houbo unha marea de manifestaciós por toda España. Nalgús casos houbo actos previos, prédicas de políticos contra o "sistema cruel e corrupto", de políticos instalados presuntamente no chapapote da corrupción. 

Pontevedra, 204.02.2013
Entrada n. 1613 do blog
Artículo vello, do 2004, repescado.

                                                             En campaña, [24.02.2013]
Por Xesús López Fernández

            Están xa en campaña os partidos cara os comicios do 14 de marzo, cun electorado ás veces insatisfeito polo traballo levado a cabo nos últimos catro anos polo equipo de goberno. Quedan atrás promesas incumprimidas mesmo en temas que interesan á familia, como é o do Imposto Sucesorio, que debería estar xa abolido, asunto éste no que tampouco se descobren, de momento, promesas firmes de construiren un sistema impositivo máis eficaz e menos atafegante pró cidadán que ve a cotío máis merada a súa capacidade adquisitiva, o poder subsistir lonxe da precariedade laboral que como unha manta van estrando sobre o país todo, aburados moitísimos homes e mulleres coa imposición dunha prexubilación non querida, coa idea sempre de mingoar costos, de mellora-los beneficios dos grupos de presión que queren privatizalo todo, reventa-lo Estado do benestar. E pró que teña sensiblidade que afine o oído i escoite o laio dos pensionistas, algúns como o dun cidadán que impedido, escribía hai uns días unha carta pedíndolle ás autoridades que lle aclarasen cómo se pode vivir cunha pensión de 409 euros, 412 despois da sobida.

            ¿É que un home inválido, nunha silla de rodas, é tal vez menos home, menos digno de ser home?. Ese é, evidentemente, un tema quente no que os partidos todos deberán definirse. Pra algús pode ser tarde, estar fóra do tempo de rectificación. Os pensionistas, claro, agardan discursos sinceros pra exerceren o seu dereito de voto, avergonzados de que no seu entorno próximo os políticos se fixen uns ingresos sen sentido, por exerceren os seus cargos moitas veces dende a cobiza, dende o abandono do compromiso establecido por lei. Os electores teñen que estar atentos porque en moitos nichos do poder poden anda-los prevaricadores, os chacaritas que entendan que o seu non é tanto fixarse na lei e o seu comprimento como na forma de mellora-la súa nómina. ¿Non é vergonzoso que un parlamentario, polo feito de estar catro anos no Parlamento, poida retirarse da Política cunha pensión vitalicia que dobra practicamente a máxima reconocida pola Seguridade Social?. ¿Qué se lle pode responder ó pensionista inválido?. Porque pola claridade da súa exposición podería talvez exercer como diputado con honradez e intelixencia, que son as cousas que pedímo-los electores. 

            Outra das patacas quentes que os políticos poden ter cara os ditos comicios é o tema do Medio Ambiente, cuestiós quentes que se manteñen caladas en certos medios porque a Ecoloxía parece non ser outra cousa que unha especie de gran bandeira publicitaria que se usa pra tapa-la merda. Vexamos, senon, algunhas cousas tratadas nas anteriores colaboraciós: a agresión urbanística e litoral. E chegan noticias de novas obras que requerirían unha intervención inmediata  de Costas. Unha desas noticias chegou por medio dun e-mail ilustrado con fotografía en color: un muro sobre unhas penas, nunha praia, coa intención de modificar talvez a línea litoral, a franxa de dominio público marítimo terrestre, algo no que as autoridades, si están aí, terán de entraren. E non esquezamos que a franxa marítimo terrestre nen tan siquer é do Estado, senon que é o que se chama “conmunis omnibus hominibus”, de todo-los homes, e que sobre ela non poden os concellos outorgar licencias se antes non media unha concesión do Goberno central.

            Que Costas mostre como emblema a súa actuación na Mariña lucense, o uso da dinamita no derrubamento dunha estructura hoteleira en Foz [2002], no complexo de Caixa Galicia en Benquerencia, en Barreiros [2003] ou no esponxamento litoral [que en Sanxenxo promove Telmo Martín, ¿?], pero en  Viveiro, coa desaparición do edificio Barro, actuación que se está a completar, cousas éstas que a xente agora agradece porque mellorou a franxa costeira, algo que nos forza a falar de claro agravio comparativo en relación con outros sitios nos que Costas parece poñer en práctica outra doutrina, outro tipo de disciplina, pero nos que os concellos, como no caso de Pontevedra, teñen moito que facer. E así están esas licencias outorgadas pra actividades sen concesión estatal que, como deciamos no noso traballo anterior son nulas de nulidade radical. E mentres esto acontece chega outro aviso dun grupo ambientalista, “Ecoloxistas do Salnés”, que acaba de recoller máis de trinta aves mortas na beira norte da ría pontevedresa [araos, alcas, corvos mariños, gaivotas], que non relacionan co chapapote, pero que sí poden ter que ver con certas escorrentías que se supón están a investigaren dende o Seprona. Así as cousas, os partidos entran en campaña. Hai moita ferida que sandar e non valen prevaricaciós nen o Ecoloxismo como simple bandeira.

No hay comentarios: