En Roquetas de Mar. Unha das súas praias urbás claves da economía local e do tirón turístico do que disfrutan.
Pontevedra, 1.07.2013
Entrada n. 1680 do blog
Artículo semanal, Diario de Pontevedra.
A importancia das
praias urbás,
por Xesús López
Fernández
Hai cidades costeiras que tiveron de sempre como
reclamo turístico, como punto de encontro social, as praias do seu litoral, por
exemplo Donostia ou Santander, xa dend´o século XIX. Outras irían tomando
conciencia dese valor ó longo do século XX, como A Coruña, con tres praias
urbás (Orzán, Riazor, San Amaro); como Barcelona, que fixo un gran esforzo pola
recuperación do seu litoral; como Roquetas de Mar, en Almería, cuias seis
praias urbás dispoñen do distintivo Q de calidade turística, distinción
resultado do constante traballo de conservación. É máis, o concellal de Turismo
e Praias ten sinalado que “ademáis de certificaren a calidade do seu litoral, é
pra eles moi importante, á hora de promociona-la súa localidade no marco do
sector turístico, poder contalo e presentaren estas importantes distinciós”.
Consecuentemente, Roquetas é hoxe unha cita internacional ó ter sido
promocionado o municipio nos mercados emerxentes, como é o caso de Rusia ou os
Países Nórdicos.
Sería
difícil decir ónde España se beneficia máis do tirón turístico das praias.
¿Canarias, Andalucía…..? En Lloret de Mar hai tempo que lle levan dado voltas ó
concepto de “praia urbá”, praias rodeadas de servicios, equipamentos e ofertas
de ocio do primeiro nivel. E son catro as praias do municipio que reciben o
distintivo de bandeira azul, garantía de esixencias de nivel sanitario e
medioambiental en canto a normas de calidade da auga, seguridade e prestación
de servicios. O turismo de vacaciós “sol e praia” sigue sendo o principal
producto turístico de Lloret de Mar ainda que, debido á súa evolución
urbanística e demográfica, Lloret se presenta co novo acento de “praia urbá” e
como gran destino turístico, pero é tamén unha pequena cidade de 40000
habitantes, con todo o que esto conleva en canto a oferta de servicios i
equipamentos. I este modelo demanda unha maior relación co territorio,
destacando os espacios urbáns e naturales, coa poboación (ambiente, cultura,
tradiciós), coa calidade (servicios, seguridade, limpeza), e coa importancia
dos atractivos turísticos dun concello no que destacan as catro praias, os nove
kilómetros de costa e un rico patrimonio cultural.
En Galicia
temos grandes praias, pero un clima menos afortunado. Dícese que a praia de
Rodas, nas Cíes, é a mellor do mundo, pero houbo actuaciós que mesmo puideron
ter cambiado o destino ambiental dalgunha das nosas cidades. Nos rexistros da
miña primeira memoria lembro cándo se comezaba cos recheos do Areal, en Vigo, espacio
ése no que Vigo puido te-la posibilidade de conformare unha praia semellante á
da Concha, en San Sebastián, e menos mal que se salvaron outras grandes praias
da ría... As praias do concello de Pontevedra foron sempre praias menores,
algunhas situadas no barrio da Moureira, ou as de Lourizán e Os Praceres, por
certo que en tempos praia de moda, da que xa non queda nada máis que unha
pequena caricatura. Pero…¿poderiase pensar en recupera-lo litoral, en
conformare no espacio das marismas de Lourizán unha verdadeira praia urbá?
Estou en que sí, o que demandaría un cambio de mentalidade política e un
esforzo titánico. Hai moita traición que
vencer.
Agora,
cando volven falare con certa insistencia do PXOM, pró que se apuntan diversas
vías, non parecen estare os nosos políticos por un labor certo máis alá da
cuestión da factoría de celulosas, que uns defenden mentres outros adoutan unha
actitude pouco clara, porque non se definen pola recuperación de Lourizán.
Levan anos renunciando ó mar e incluso parece cabal que pra ese PXOM sobre o
que volven deseñaran unha nova edar ó estar sentenciada a d´Os Praceres, talvez
na banda de Poio, pola dinámica das augas e por se tratar dunha infraestructura
que daría servicio a diversos concellos. I é que non se pode renunciare ó mar
nen abandona-lo que é dominio público marítimo terrestre. Pontevedra pode
volver ter praia, pero ha ser en base a unha Axenda21Local, necesaria pra un
PXOM sen trampas. E moito máis que queda por decir.
6 comentarios:
Una de las cosas que más pueden influir en atraer el turismo en las poblaciones costeras, es precisamente que tengas buenas playas, bien situadas y sobre todo bien cuidadas. Y los poderes públicos no son conscientes muchas veces de esto, porque no son precisamente ellos los perceptores directos de los beneficios.
Gracias, José Luís.
Es así, como dices. Ahora que he estado de nuevo en Andalucía he podido valorar el trabajo bien hecho en algunos de sus municipios costeros.
En Pontevedra, nuestros políticos nos han traicionado, renunciado al litoral.
Un abrazo.
Puede que el clima no acompañe pero el litoral gallego es, para mi gusto, de los más bellos de España. En Galicia hay mucha cultura de spa, como se le llama, si acercasen sus playas al turismo el beneficio no solo sería ecológico, sino económico.
Ellos verán, pero es una pena.
Hola, Candela:
Tienes razón.El artículo alude, sin embargo, a la situación dramática de Pontevedra, a la que han estado alejando del mar y han convertido en ciudad de secano. Eso pasa, ciertamente, factura.Dudo que nuestros políticos asuman, sin embargo, una actitud restauradora y que nos van a seguir traicionando.
Un cordial saludo.
A si es Xesus ya en Vigo cometieron sus barbaridades en otras epocas, y en Pontevedra todavía peor.
Y lo qué es peor qué aun a sabiendas no hagan nada por rectificar, sabiendo que eso sería beneficioso en todos los aspectos para la ciudad, y para Galicia en general.
Biquiños.
Gracias, Trillian:
A mí, con tres, cuatro o cinco años, me acercaban desde Montero Ríos, 30, donde nací en Vigo, a ver los rellenos del Arenal, en los que aparecían, de vez en cuando, conchas de almeja de gran tamaño. Mientras, se estaba cambiando el destino de Vigo, se perdía la posibilidad de tener ahí una gran playa. Pero se han hecho muchas otras burradas en la ría.
Biquiños
Publicar un comentario