Esta construcción, en Puerto de Santa María, que fora templo cristián e despois mezquita, con Afonso X sería reconvertida en templo-fortaleza. É case seguro que foi aquí onde o Rei Sabio compuxo as 24 últimas cantigas da súa magna obra, 427 cantigas en total. A ver se índa teño tempo pra lle adicare a esta cidade, da que conservo moitas fotografías dend´a miña visita de marzo 2012, unha entrada neste blog. No artículo que sigue fago alusión a este lugar.
Pontevedra, 11.11.2013
Entrada n. 1717 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
A Polifónica xa non
está no Museo,
por Xesús López
Fernández
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra naceu no
ano 1925, da man de homes como Antón Losada Diéguez, Alfonso Daniel Rodríguez
Castelao, Antonio Blanco Porto, e outros homes comprometidos con Galicia,
digamos que coa proiección universal de Galicia por medio da interpretación de
música sacra, madrigales dos séculos XVI e XVII, e música galega (cantigas de
Afonso X, cantigas de amigo, cantigas populares harmonizadas), labor no que o
noso país ten un compromiso real con homes como o P. Miguélez, Blanco Porto,
Iglesias Vilarelle e co P. Luís María Fernández Espinosa, e outros). O meu paso
pola Polifónica foi corto, do ano 1952 ó 1957, pero seguín sempre con interese
a evolución do coro que, se alá chega, vai comprire 90 anos no 1915. E fago agora lectura dunhas declaraciós de Leopoldo
Centeno, cantor do coro na miña época, que afirmaba nunha entrevista de La Voz
de Galicia do 15.05.2010, que Iglesias Vilarelle ensináralle a amar a
polifonía.
Centeno
permanecería no coro con Agustín Bermoméu Salazar, José Antonio Sánchez e con
José Verea e, pola súa intensa actividade e asistencia a concertos da
Filarmónica, como secretario desta sociedade ó tempo que da Polifónica, na
medida na que compartía moitas tardes con artistas no Teatro Principal,
chegaría interesarse por uns fardos alí pousados no chan, atados, cheos de
suciedade, en malas condiciós. Perguntado o encargado do Teatro qué era aquelo,
o home contestoulle que eran os telóns decorados por Castelao e restaurados
polo pintor Rafael Úbeda. Centeno comentou o asunto cos compañeiros da
directiva e, a proposta súa, “foron retirados e levados ó Museo de Pontevedra
prá súa restauración e custodia, reservándose a Polifónica a titularidade dos
mesmos”. Pero o coro, que como unha peza máis do Museo levaba agora anos
ensaiando no edificio da rúa Sarmiento, xa non dispón dese espacio, razón pola
que pode ter un futuro máis fráxil ó trasladare os ensaios a un local do
Auditorio da Xunqueira.
Podemos
estar ante unha fin de ciclo. E non debemos esquece-la vocación divulgadora e
galeguista dos fundadores (Antón Losada sería o primeiro presidente, impulsor
tamén da creación do Museo; Castelao, como el un home da Xeneración Nós,
poríase a traballare inmediatamente na realización dos devanditos telóns);
labor culturizante, serio, que sería un referente mundial, ata o punto de se
achegar a Pontevedra Leopoldo Stokowsky, interesado pola obra de Tomás Luís de
Victoria, autor do que a Polifónica tiña en programa algús motetes (Ave Maria,
O Magnum Mysterium, etc.). No ano 1950 dirixiría ó noso coro nun concerto dado
na catedral de Santiago. Coido que cando entrei na coral podía percibirse aínda
a afinación imposta polo gran Stokowsky.
Teño vivido momentos bos na Polifónica, e lembro non poucos dos madrigales (italiáns, franceses, ingleses, españoles), como a posta en escea da misa de Orlando di Lasso), ou obras harmonizadas por Iglesias Vilarelle (Os anxeliños da groria, Non te namores meniña, …) ou as Cantigas de Pontevedra harmonizadas polo Padre Luís. É máis, hai uns anos, con motivo de estar en Puerto de Santa María, ante a igrexa-forteza na que vivira Afonso X, atopeime cuns estudiosos da súa obra que me comentaron que alí foran compostas, presuntamente, as últimas 24 do total de 427 cantigas do Rei Sabio. “A creer devemos/ que todo pecado/ Deus pola súa Madre/ haberá perdoado…” comecei a tararear lembrando os tempos da Polifónica. Foi un encontro grato. Pero volvamos ó comezo: que a Polifónica, convertida case en peza de Museo, xa non está acollida a esta institución, na que permanecen os telóns que pra ela fixo Castelao e sobre cuia propiedade téñense producido certas tensiós, aínda sendo certo que gracias á iniciativa de Centeno, salváronse os decorados. Pero a Polifónica debería ser considerada igualmente peza de museo, patrimonio inmaterial, polo valor do seu leigado que debe permanecer vivo. Que non se perda.
2 comentarios:
Esa fortaleza-Polifónica no tiene mucho futuro con nacionalistas y con peperos contemporizadores de nacionalistas. Lo digo porque no les gusta que la Historia real, la verdadera, con un personaje como Alfonso X el de las Cántigas (universales) estropee su inventada "historieta".
Hola, Javier:
Curiosamente, Alfonso X, eu en su obra usa generalmente la "nn" paa representar el sonido "ñ", sería el inventor de esta letra. De suyo, el sombrerete que lleva la "ñ" es también otra "n", una forma de simplificar la anotación anterior. Y una letra bonita.
Aquí, los zorros que entraron en el gallinero de las letras gallegas, que han sido prostituídas por las normas ortográficas que han inventado y que no han de parar hasta implantar el uso de las portugueses "nh" y "lh", ignoran que éstas han llegado desde el provenzal por influencia de los Braganza. A ver si se caen del guindo.
Siempre ha habido una relación Polifónica-Diputación y ésta ha sido mejor cuando los presidentes de la Diputación eran vigueses, que no en estos momentos...
Un saludo
Publicar un comentario