Cando foi do Prestige, o chapapote emporcou gran parte do litoral europeo, especialmente ferida a beiramar galega. Viñeron incluso xentes do Extremo Oriente, que se enfundaron de branco, pra así formaren daquela un especial exército de salvación, plétora de capital social. O artículo d´hoxe vai sobre resiliencia, que no meu dibuxo, pensado como unha instantánea da loita dos voluntarios, quer representare esa capacidade que pode te-lo home prá restauración, en casos como o do Prestige, do equilibrio ecolóxico; prá recuperación tamén do capital social, unha orquesta perfectamente afinada prá salvación. Pero en certos lugares da nosa xeografía (marismas de Lourizán habemus) son os políticos os que non exercitan a resiliencia que debería culminar coa execución de certas sentencias dictadas polo TS, consecuentemente á resiliencia exercitada, vía acción popular, polo colectivo veciñal prá Defensa da Praza dos Praceres e pola asociación ecoloxista Salvemos Pontevedra. Os políticos, sabedores do que fan, manteñen a súa traición. Son pecadores, representantes dun Goberno embridado pola corrupción.
Entrada n. 1720 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A resiliencia,
por Xesús López
Fernández
Á fin apareceu “A situación do Mundo 2013” , do World Watch
Institute que, anunciada a súa presentación polo mes de Abril, foi editada no
pasado mes de Outono. A folla de ruta da nova edición está centrada no tema da
sustentabilidade, se ben cuestionada desta volta. ¿Aínda é posible a
sustentabilidade? Ese é o debate presentado este ano, contrario, parece, ó que
a edición do pasado ano brindaba como unha especie de paradigna, “cara unha
prosperidade sustentable”, que realmente non parece estar nada máis que no
discurso político, ironizado por algún dos autores do estudio que deron en
denominalo como o da “sostenibili-bla-bla-bla”. E sobre a sustentabilidade en
España escriben Óscar Carpintero e J. Bellver que no seu capítulo perguntan se
aínda é posible a sustentabilidade ambiental da economía española, prá que
propoñen un cambio de modelo porque temos crisis no eido económico, sí, pero
tamén no ecolóxico e no social, que non parecen asumire a necesaria resiliencia
pra afastare os efectos negativos do desenvolvemento pasado, tamén do presente.
A palabra
resiliencia, que os citados autores non citan, pero que acae prá serie de
cuestiós que propoñen e aparece no libro non menos de 44 veces, ven do verbo
“resilio, resiliri”, saltar cara atrás, rebotar, e ten hoxe variada polisemia,
trascendida dos ámbitos da física e da enxeñería ó da psicoloxía, pra defini-la
capacidade do ser humán pra se recuperare ou sobrepoñer, ou pra asumire
situaciós complicadas. Pero a palabra comézase a usar tamén en campos tan
dispares como a ecoloxía, no sentido da capacidade dun ecosistema prá
recuperación da súa propia dinámica cando ten sido alterada por causas
externas: urbanismo litoral, agresión ó terreo demanial, a construcción de
infraestructuras monstruosas, recheos indebidos, contaminación, que tamén
afecta á clase política non atenta, a do discurso da
“sustentabili-bla-bla-bla”, falta de vigor á hora de asumi-la salvadora
resiliencia.
Si en ecoloxía a palabra ven se-la capacidade
das comunidades de soportaren, de adaptárense e de se recuperaren a
perturbaciós do medio ambiente adquirindo novas ferramentas; en psicoloxía
define a capacidade das persoas ou grupos de se sobrepoñer á dolor emocional
pra segui-la súa vida, saíndo ademáis enfortecidos da dita experiencia; en
socioloxía é a capacidade dos grupos sociales pra se sobrepoñeren ós resultados
adversos, de reconstruiren os seus vincallos internos, de recupera-lo capital
social tantas veces analizado por Francis Fukuyama. Tamén na clase empresarial
entra a resiliencia como a capacidade do emprendedor pra supera-los atrancos
que poidan atrica-lo seu plan de negocios, o seu proiecto a emprendere, etc. I
en dereito, a resiliencia ven se-la capacidade das persoas, dentro do marco
xeral dos dereitos humáns, de recupera-lo pulso do Estado de dereito, ás veces
contrariado, esquizofrénicamente, por actitudes de forza do propio Goberno.
Con
desemprego rampante e dependencia exterior; cun sector público extremadamente
fráxil e sinalado moitas veces como causa primeira dos males da nosa economía;
cun benestar deficiente, con gasto social notablemente inferior ó de Alemania,
Francia, Suecia ou Dinamarca, reverti-la tendencia negativa denunciada vai
requerir grandes esforzos. Cortos en inversión en I+D parece obrigado un
esforzo certo, pero pensado sobre todo na finalidade do mesmo máis que no
incremento necesario…. As múltiples dimensiós (económica, social, ecolóxica)
nas que se manifesta a crisis, a todas luces sistémica, require da actuación en
diversas frontes i escalas e pode se-lo comezo dunha arrancada na recuperación
ambiental, na medida na que estamos abocados a un cambio de modelo, centrado o
futuro nun retorno certo a modelos productivos respetuosos coa ecoloxía, da que
o home forma parte. Coas ideas claras poderianse atallar non poucos dos
problemas existentes, especialmente no eido da alimentación e da sanidade; coa
resiliencia como pauta de actuación.
4 comentarios:
Esa RESILIENCIA que reclamas es la que han demostrado ejemplarmente muchos habitantes y autoridades de California en donde los terremotos les destruyen, cada poco tiempo, zonas residenciales, autopistas, puentes, etc., y también los orientales de Japón o Indonesia o Filipinas tras las devastaciones de tantos tifones que sufren.
No pidas peras a los olmos de aquí, pues si se cae un puente pueden pasar diez años hasta que empiezan a reconstruirlo.
Hola, Javier:
Efectivamente, no les pido peras, simplemente ejerzo mi denuncia desde este apartado blog. No creo en ellos y sé que nos van a seguir traicionando.
¿A qué vienen discursos como el de Arias Cañete sobre cambio climático si se ha cargado la Ley Borrell de Costas por una nueva pensada para seguir profanando el litoral o regresar a la filosofía del "más ladrillo", una de las claves de la larga crisis que sufre el país?
Los ejemplos del ejercicio de resiliencia son los que citas y muchos otros en los que podríamos pensar.
Un cordial saludo.
Ahora qué sé lo qué significa Resiliencia (no tenía ni idea ) muchos hemos luchado en esta vida contra la adversidad, siempre creyendo que las cosas van a mejorar, aunque estes viendo como se hunden.
Hablas del Chapapote de toda esa gente que luchó hasta la extenuación, viniendo de diversos paises a «echar una mano» parecía él cuento de núnca acabar, para qué ahora vengan y no haya culpables.
Hasta los franceses van ha recurrir, espero que aquí lo hagan tambíen, esto no puede quedar asi.
Biquiños Xesus.
Pues, sí, Trillian. La palabra se incluye en el diccionario de la lengua española en la edición 23 y tiene más polisemia que la que el diccionario de la RAE recoge.
En distintos frentes puede entenderse como la capacidad de resistir, de reaccionar, de superar dramas. Los voluntarios, con el Prestige, demostraron que fueron capaces de sacrificarse para la recuperación del medio ambiente, que finalmente consisguieron.
Pero los políticos no son resilientes a la hora de defender la aplicaciónde las leyes o de defender el Estado de derecho. Se han vuelto impotentes, cuando no traidores o corruptos.
Biquiños.
Publicar un comentario