Pontevedra 6.11.2013
Entrada n. 1716 do blog
Artículo publicado no n.15 da Revista da Asociación de Veciños de San Roque, publicada nos últimos días do pasado mes de Outubro.
O lucro cesante na ría
de Pontevedra,
por Xesús López
Fernández
Poderiamos buscar antecedentes históricos, entrar no
testimonio dos estudiosos sobre o que foi a ría de Pontevedra, a riqueza do
caladoiro que abranguía o espacio antre a desembocadura do Lérez e as illas de
Ons e Onsela, pero este vai ser un simple artículo, unha especie de instantánea
do que aquí vai quedando e da riqueza perdida, o lucro cesante que dá título ó
presente traballo e que ven sendo o resultado da involución programada talvez dende
algús centros de poder que xa non teñen nada que ver coeste mar que hai non
poucas xeneraciós conservaba moitas das súas características, era perceptible
aínda como ecosistema có que o home convivía, base importante do condumio
dunhas cinco mil familias, capital social en estado puro.
Dun libro
de Juan Juega Puig, “El comercio marítimo en Galicia, 1525-1640” , editado pola Facultade
de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, recollamos,
en corto, a mención que fai, no capítulo 5, do Comercio e Pesca na Ría de
Pontevedra (5.1. Cercos e Trincados, 5.2. A Coiuntura Pesqueira, 5.3. A
comercialización da pesca, 5.4. Cargadores de sardiña).Trátase realmente dun
libro enciclopédico, case un libro pra soñar. Citemos, simplemente, que cando
se introducen as artes colectivas na ría de Pontevedra, no outono do 1484, a documentación
existente recolle tamén a ofensiva legal capitaneada polos arzobispos
composteláns, cara reservare prá vila e porto de Pontevedra a totalidade da
actividade pesqueira, da salazón e comercial que se desenvolva neste caladoiro,
feito éste de monopoliza-la actividade toda da ría en beneficio dun único porto
que resulta excepcional.
Xa digo,
tempos pra soñar, porque a Pontevedra d´hoxe en día pouco ten que ver coa que
foi, talvez, principal porto pesqueiro
de Galicia a comezos do século XVI. Podemos incluso decir que con cada nova
camada política, a cidade é de cada volta menos mar, máis vila de secano. I esa
degración avanza por ambas bandas da ría, traducíndose algunhas das actuaciós
(desecación, recheos, actividade industrial que habería que deslocalizar, infraestructuras
innecesarias ou a demencial construcción dun polígono industrial no porto de
Marín) na morte case final da ría, algo máis grave que o acontecido na bahía de
Alxeciras, o depósito de grandes bloques de cemento con “agullas” pra acabare
co medio de vida dos mariñeiros daquela costa. E aí sí falou Rajoy de atentado
ó medio ambiente, como tamén o señor Arias Cañete, o promotor da nova Lei de
Costas que tenta desnaturalizare a do 1988, unha magnífica lei que ademáis
contemplaba o litoral como un espacio finito.
¿Sería
moito pedirlle ó Goberno central un plan de rexeneración da ría toda, a
recuperación do litoral? ¿Non están acometendo nos EEUU a recuperación dos
Everglades, na Florida? Traballo de rexeneración costosísimo, estou convencido
de que aquí resultaría todo máis facedeiro, coa particularidade de que a
rexeneración en grandes zonas terían que acometela os xa sentenciados polo TS.
A Xusticia xa falou e non deberiamos consentir que nengún grupo de presión siga
impoñendo o seu Diktatt, o do seu continuo beneficio, como cando din que, a
pesar da crisis, o porto de Marín aumentou a súa actividade un cinco por cen no
ano 2012; como cando a fábrica de pasta tamén cifra os seus beneficios ou a
venta da enerxía obtida a partir dunha pranta de coxeneración prá que,
presuntamente, carece de concesión estatal ou de licencia municipal. Falan dos
seus beneficios, pero non tocan o tema do lucro cesante, no que entramos a
seguido:
Pode haber
nervios en relación co auto do TSXG ordeando a execución da sentencia do TS de
retira-los recheos portuarios de Marín, 300000 mt2, unha forma de
desnaturaliza-lo medio natural e de arruina-lo capital social con el relacionado.
Curiosamente, a alcaldesa de Marín defende os recheos, os empresarios e
portavoces da Autoridade Portuaria din que o importante é salva-los postos de
traballo que se poidan ter xerado a costa desa actuación criminal, de
arruina-la riqueza da ría. Menos mal que os Defensores da Praza dos Praceres
mantiveron a súa vontade profética ferreña, o exercicio da acción popular pra
acadare, á fin, unhas sentencias
esperanzadoras en relación cos recheos e o ferrocarril que debería levar tempo
levantado; en relación tamén con empresas non relacionadas co mar prás que os
iluminatti da Autoridade Portuaria arranxaron
solar contra natura. Pero, curiosamente, ninguén da trama portuaria
(peores que os xibraltareños) tivo presente a perda da economía real da ría, o
lucro cesante do que imos procurare algunha definición i exemplo.
O lucro
cesante é unha forma de dano patrimonial que consiste na perda dunha ganancia
lexítima ou dunha utilidade económica, que se tería obtido se a agresión, neste
caso medioambiental, non se tivese producido. É, polo tanto, o que se ten
deixado de gañar e se tería gañado de
non ter acontecido o dano, os danos na ría de Pontevedra, que podemos
contabilizar dend´a desecación das xunqueiras, o urbanismo non pensado, o
estreitamento da ría, o asentamento de industrias contaminantes, recheos, unha edar en principio sentenciada, etc. Se
falamos do precio do marisco, do peixe, dos moluscos, ó mellor poderiámonos
achegar a unha aproximación máis didáctica, porque é sabido que políticos e sindicalistas
subvencionados, nas comidas de traballo, presuntamente pican alto e o marisco
non pode faltar. ¿Pero qué garantía hai hoxe dunha depuración certa das
especies que mal resisten e que, no caso de Pontevedra, poden ser portadoras de
dioxinas ou mercurio, ou mesmo hai tempo
que desapareceron?
É que hai
cousas ás que lle perdémo-la perspectiva co paso do tempo. Pero uns traballos do
xa citado Juan Juega Puig, publicados no Faro de Vigo, válennos pra comprendere
a que foi a nosa realidade, a fartura do noso mar. Así, o 31.12.2012 publicaba
un traballo titulado “Una delicatessen: ostras en escabeche”, das que a familia
real era, no século XVII, unha das demandantes deste exquisito prato saído das
Rías Baixas. ¡Si aquí había ostras incluso por riba da ponte de Burgo! Os
bancos de Ponte de Santo Paio e Redondela, pola extracción masiva, foron
sometidos a control, non fose que non se puidera atende-la demanda real. O
artículo é longo, e o home tratou outros temas en traballos posteriores como
“Las cuaresmas y vigilias, tiempo de sardinas”, que vai da abondancia de
sardiñas da nosa ría, falta hoxe tanto das setembriñas, propias pra arencare,
como das de inverno, etc. Outro estudio vai das artes de pesca que precederon á
mecanización, ilustrado cunha fotografía de comezos do século XX, na que se
aprecia a descarga de numerosas banastas cheas de croques ou ameixas, un dos
lucros cesantes desta hora, no peirao de
Carrascal. E poderiamos seguir cos cercos, entalladas ou camboas, artes prá
captura de peixes.
A retirada
dos recheos portuarios sentenciados é posible, case fácil, valéndonos da
avenida de Marín hai pouco mellorada por Ana Pastor en servicio da Autoridade
Portaria. Por ela poderíanse retira-los os recheos, mesmo os de Ence, con
destino, talvez, á “reposición” de tantísimo monte desnaturalizado por
sobreabuso de canteiras. Maxino caravanas de camiós de gran tonelaxe. A riqueza apuntada polo amigo Juega, o lucro
cesante desta ría, sería recuperable, pensando tamén na rexeneración das
xunqueiras. Se os mariscos e moluscos acadan un sobreprecio nos restoráns de
elite, as Rías Baixas, coidadas, poderían sere a gran factoría, ó tempo de
marcaren o rumbo cara unha nova economía, coa Natureza como gran productora. A
ver se co tema de Xibraltar o Goberno da nación vólvese máis sensible e dá orde
de executa-las sentencias firmes existentes, porque o aquí acontecido parece
máis grave que o acontecido en Xibraltar.
6.11.2013.Addenda ó traballo publicado: Como remate final da
retirada dos recheos poderiase recoller, como unha alfombra, a propia autovía de
Marín, en definitiva un recheo máis no demanio, ocupación deshonesta do mar.
8 comentarios:
No sé si he entendido bien lo que cuentas pero sospecho que se trata de que están industrializando a lo bestia la ría pontevedresa con gran perjuicio para sus tradicionales actividades pesqueras.
Sí, Javier, éso es lo que digo. Hasta el punto de que aquí, en los rellenos del puerto de Marín, han encontrado solar gratis total industrias no vinculadas al mar, como Gonvarri, cerrada en Barcelona por contaminante.
Pero desde hace ya mucho tiempo existe conocimiento de la contaminación por dioxinas y mercurio provocada por industrias instaladas en lo que es dominio público marítimo terrestre, que en ningún momento han cumplido con el condicionado de la concesión, que además de haber envenenado la ría han provocado cúmulo de enfermedades, hasta el punto de que, asustadas las necias autoridades, se suprimieron algunos de los indicadores que incluían en el Boletín de Enfermedades Epidemiológicas de obligatoria declaración, "porque el área de salud de Pontevedra cuadruplicaba los IRA (enfermedades respiratorias agudas)que se daban en el área de Vigo". Y éso sin llegar a considerar los casos de parálisis cerebral, que como en Minamatta pueden derivar de los vertidos de mercurio de la clorera Elnosa.
No han querido entrar en el fondo de las cosas y se disponen a consentir que permanezcan en la ría esas industrias sucias.
Y muchas cosas más, como la construcción de infraestructuras bestiales en un medio sensible.
Un saludo.
Triste realidad
Y tanto. Yo ha tiempo, desde los años 70, que no tomo moluscos de la ría de Pontevedra. Es más, algunas conserveras venden como gallego mejillón que importan de Chile. Creo que, por haber suspendido en Ecología la Xunta de Galicia, las rías están en situación terminal.
Un saludo
Y lo peor de todo es qué priman los intereses económicos en decrimento de todo lo demás.
Con tanto relleno terminaremos ó terminarán pasando al otro lado de la Ria dando un paseo por encima del cemento armado, y no en barco como se hace ahora,
da tristeza solo de pensarlo.
Biquiños Xesús.
Es así. Me llama la atención que Aznar, que ha escrito un nuevo libro, hoy ha recordado que la Ley debe cumplirse,justo lo que su gobierno o el de ZP, o ahora el de Rajoy, no han hecho en relación con la Ley de Costas, consintiendo el terrorismo ecológico ordenado desde los clústers,los grupos de presión.
Y tienes razón cuando pones el acento en el cemento armado, algo que los políticos manejan bien: infraestructuras innecesarias, agresiones crecientes a la naturaleza.
Biquiños
Los políticos siempre han hecho lo mismo, al pueblo, al que paga religiosamente los impuestos para que ellos cobren buenos sueldos, les contentan con buenas palabras, no con hechos. Para actuar escuchan siempre a los ricos y procuran siempre defender los intereses de estos, aunque lo demás se hunda.
Un abrazo
Sí, José Luís, escuchan a los ricos y hacen las leyes o las renuevan de acuerdo con sus instrucciones. Así se benefician no queriendo saber nada de políticas verdaderamente sociales,neutralizando además a la Justicia..
Un abrazo
Publicar un comentario