martes, 15 de julio de 2014

OS RECHEOS DE MARÍN, A DEPURACIÓN DE CULPAS

Vista parcial do espacio do horror configurado pola cobiza de uns e corrupción doutros. Pódese falare de trama, de tráfego de influencias presuntas. A sentencia confirmatoria do Tribunal Supremo debera ser un aviso pra que os políticos todos, sobre todo os que queren presentar unha certa facies de honestidade, comecen a denunciare os recheos como unha actuación criminal prá que xa non hai disculpa, si evidentes prevaricaciós como mal menor.

Pontevedra, 15.07.2014
Entrada n. 1766 do blog
Comentario en Facebook a unhas declaraciós do concellal Mosquera, hoxe, que siguen.

O concello, dí Mosquera, non vai pedi-la execución da sentencia. Non, xa.... Como tampouco pediran a paralización dos recheos ilegales, asentados presuntamente na trama. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, manifesta igualmente a súa preocupación, cando realmente é ela unha das presuntas responsables, como herdeira de Tomás Iribarren, do alí feito. Que expliquen os políticos todos que algo tiveron que ver coa configuración dos recheos por qué non actuaron, por qué non se opuxeron a esa actuación criminal. Enlace do Faro de Vigo d´hoxe.


Son outros, Os Veciños d´Os Praceres, os que denunciaron os delitos en exercicio da acción popular, os que xa, con data 26.06.2014, demadaron esa execución con carácter urxente. Coido que ós políticos non lles vale xa nadar e garda-la roupa,nen fuxir como ratas agora que pode caer sobre deles o peso da sentencia firme do Tribunal Supremo. É máis, se os recheos son ilegales, algo hai tempo sabido, tamén deben selo as licencias prós diversos asentamentos alí efectuados.


Eu perguntaríalle a Mosquera, que algo debe saber, quén foi o que outorgou a Gonvarri a licencia de primeira ocupación na zona dos recheos, a unha industria cerrada en Barcelona por delito ecolóxico que buscou solar, parece que primeiramente en Vigo. Querían solar alí, pero Lois Pérez Castrillo, según diversas fontes, dixo: "En Vigo, non; pregunten en Pontevedra". E aí están, electrocincando chapa, o que facían en Barcelona".


Nestos momentos, todo político que non se pronuncie en contra dos recheos pode moi ben ter que dar explicaciós ante a Xusticia.



P.S. O coste do levantamento dos recheos, da devolución do espacio ó seu ser, deben asumilo os culpables. Así de claro.

No hay comentarios: