Monreale. Detalle exterior da catedral normanda.
Capitel no claustro dos capuchinos.
Capela palatina, Palermo. Cristo Pantocrátor, lexislador, antre Pedro e Pablo.
Bautizo de Pablo por Ananías. Pontevedra, 7.07.2014
Entrada n. 1764 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
Días de Sicilia, 2,
por Xesús López
Fernánez
O traballo de hai 14 días, Días de Sicilia,
precisaría talvez doutros pra lle dar un sentido máis amplio i explicativo, por
seren non poucas cousas as que alí foron simplemente inventariadas, nomes de
parques arqueolóxicos, cita de cidades cheas de arte e historia sobre as que se
pode volver noutra ocasión. I é que Sicilia, a illa máis grande do
Mediterráneo, nos últimos anos tense
convertido nun dos máis importantes destinos turísticos de Italia gracias ó seu
clima e tamén á existencia de pequenos pobos que brindan ós visitantes unha
estancia asequible. As xentes interesadas en conoce-la realidade siciliáa poden
atoparen unha grata sorpresa: que Sicilia lles brinda a posibilidade dun
recorrido por toda a historia da arte, se ben os numerosos terremotos que a
illa ten vivido foron causa da desaparición ou ruína de non poucos monumentos,
o que tamén ten provocado que se levantaran outros pra sustituiren ós
derrubados. Aínda así existen vestixios fenicios e gregos, como os incomparables
Agrigento, Segesta, Selinunte, citados no artículo anterior, sen esquece-los
templos e teatros que van xurdindo por un e outro lado.
A illa ten unha superficie de máis de 25000 km2, o
que facilita unha posible e detida visita. Os viaxeiros quedan gratamente
impresionados despois da visita a Ortigia-Siracusa, ó Etna, a Taormina, nalgún
tempo capital da Sicilia bizantina, na que ó longo dos séculos XIX e XX téñense
dado cita non poucas celebridades: poetas, pintores, músicos, filósofos,
artistas, homes de estado… Goethe chegaría afirmare que alí os ruiseñores
cantan seis meses do ano, sen dúbida pola bondade do clima. A nómina de
celebridades faise longa: Brahms, Wagner, Wilde, Churchill, Ingrid Bergman,
Greta Garbo, etc. Os interesados poden dar coa posibilidade, por medio de
internet, de alugaren apartamentos de luxo prás súas vacaciós. A cidade, de
certo, xa pola paisaxe, mesmo pola súa vexetación, invita a tomar alí pousada.
I este fenómeno pode tamén gardare relación coa inauguración do Grand Hotel Timeo,
xa no XIX, ou do San Domenico, no pasado século. Os residentes, sen embargo,
sofren certas incomodidades pola sobreexplotación turística que se ven
producindo.
A nosa viaxe, de certo, non foi de turismo, senón
unha máis do ciclo que dende anos nos temos marcado pra nos achegare á impronta
marcada polo apóstolo San Pablo, o home que lle dou unha dimensión totalizadora
á relixión cristiáa, levándoa máis alá do ámbito cultural xudeo. O
Cristianismo, sen Paulo, sería outra cousa. E o apóstolo desembarcou en
Sicilia, unha pausa no seu camiño cara Roma, onde no ano xubilar de San Pablo,
2009, arrancabamos coeste periplo que xa nos ten levado a Turquía-Anatolia, ano
2011, e a Grecia, 2012. Desta volta, en Palermo, témonos encontrado con non
poucas representaciós do santo, especialmente nos inmensos mosaicos da catedral
de Monreale ou na Capela Palatina de Palermo. Esta capela contén numerosísimos
mosaicos que representan esceas do Vello e do Novo Testamento: a creación de
Adán i Eva, a súa entrada no paraíso, a tentación da serpe.
Volvendo a
San Pablo, alí está el, nos mosaicos: cando como Saulo vai camiño de Damasco i
é derrubado ó chan; cando é acollido por Ananías que noutro mosaico administra
o bautismo que recibe o santo, que toma o nome de Paulo; o apóstolo, de branco,
catecúmeno; Paulo é axudado a salva-la muralla de Damasco, a fuxire dos que lle
persiguen…. Ruggero II, rei normando que
mandou construire a capela con profusión de mosaicos bizantinos, tiña
ambiciós imperialistas, a cobiza de chegar a sere novo emperador de
Constantinopla, a nova capital do Imperio Román reunificado. Eso non sería
posible máis alá do seu reinado sobre gran parte de Italia e do norte africán
(Túnez e Tripolitania), de Sicilia e Albania. Hoxe visitan a súa obra centos de
milleiros de xentes chegadas de todo o mundo a Sicilia, terra e sociedades
amables que saben acolleren ós visitantes e que gardan memoria de Paulo.
6 comentarios:
Imagino que habrás disfrutado de la diversidad cultural que ofrece Sicilia, dado que fue invadida por sarracenos, españoles, franceses, turcos, etc. etc.
Observo un remarcado gusto bizantino en la Capela Palatina, muy del estilo de Santa Sofia y San Salvador de Chora o Kariye en Istambul.
Hola, Javier:
Es como dices. He tenido ocasión de reaprender la lección "turca" de Santa Sofía o de San Salvador de Chora, pero el grado de conservación de la Capilla Palatina de Palermo o de la catedral de Monreale es muy superior, como el del claustro de los capuchinos.
Ha sido un viaje afortunada, con la lección suprema del Etna en el que cierto crítico que pasó por Taormina veía el averno amenazante para la sodomía que allí se había asentado. Taormina es como una nueva y educada Sodoma, decía,y el cráter del Etna representa el averno. Supongo que si entró en erupción en los últimos días de nuestra estancia siciliana no fue a consecuencia de la eucaristía que celebramos sobre una de las bocas apagadas del volcán.
Espero ir metiendo en el blog más fotografías y referencias.
Un cordial saludo.
Hola Xesús, felicitarte por esos viajes tan interesantes, a lugares tan bonitos y enriquecedores.
La foto anterior del volcán es alucinante.
Biquiños.
Hola, Trillian:
Me alegra que disfrutes de las últimas entradas.
Voy a tener que incluir no pocas fotografías, al objeto de hacerlas llegar a los amigos a los que puedan interesarle.
Biquiños
Una entrada muy interesante. Y las fotografías que incluyes sumamente ilustrativas de lo importante que es culturalmente Sicilia.
Pasaron por allí muchos pueblos, y todos dejaron muestras de su cultura y su arte.
Hola, José Luís:
Permanecen vivos en mí los recuerdos del viaje a Sicilia. Quizá vuelva sobre alguna de las "paradas" que hemos hecho, pero lo seguro es que he de ir incluyendo más fotogrofías en el blog,porque desbordan lo que y o pueda decir.
Un abrazo
Publicar un comentario