Cando as actuaciós presuntamente ilegales en torno ó porto de Marín estaban en fase de realización.
Con estos recheos, o porto de Marín perdeu 300000mts2 de lámina de mar, obra declarada ilegal, espacio a recuperar según sentencia do Tribunal Supremo do 2009. Esa sentencia foi recurrida polos que intentan atrancaren a devolución do espacio á situación do ano 2000, ou así. As declaraciós da Xunta sobre a imposibilidade de restaura-lo espacio, ou do presidente actual da Autoridade Portuaria, o home da ministra Ana Pastor, no mesmo sentido, son simplemente interquinencias pra veren de xetiona-lo incumprimento da sentencia. O Tribunal Supremo acaba de desestima-los recursos de casación e di que a execución da sentencia non pode demorar máis. Ademáis, o TS fixo este comunicado por medio de nota do seu gabinete de prensa, "a todos los medios", algún dos cales pode non ter dado aínda a noticia, en claro contubernio coa presunta mafia portuaria que se quixo apoderar dun espacio natural. Tódo-los partidos políticos están enzudrados neste asunto.
Entrada n. 1765 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra.
Os recheos de Marín,
de novo sentenciados,
por Xesús López
Fernández
Os recheos da Autoridade Portuaria de Marín,
definidos como ilegales polo Tribunal Supremo no 2009, volven estar de
actualidade. E desta volta a nota enviada ós medios de comunicación foino polo
propio gabinete de prensa do Tribunal Supremo. Parece, non obstante, que algús
manteñen, aínda nunha situación extrema como a que está a defini-lo caso xa
sentenciado polo alto tribunal, un silencio culpable, un apoio insólito ós
ralentizadores da execución da sentencia, da retirada dos recheos, encomenda
prá que xa no pasado ano e a requerimento da Plataforma de Os Praceres ante o
TSX de Galicia prá súa execución, éste dictaría un auto contundente: “Requírase
de novo á Autoridade Portuaria de Marín pra que cumpra as declaraciós contidas
no fallo, e pra que, no prazo de 20 días (…) remita a esta Sala copia do
practicado en cumprimento das declaraciós contidas na sentencia dictada”.
Na
sentencia advertiase á administración de que “se non se comprise o fallo no
prazo aquí sinalado, poderían adoutarse as medidas pra acadare a efectividade
do mandado e, singularmente, a imposición dunha multa coercitiva”. E o TSXG ía
máis lonxe e facía a advertencia “sen perxuicio de deducire, no seu momento, o
oportuno testimonio de particulares pra
demandare a responsabilidade penal que puidera corresponder” caso de non se
executa-lo fallo…. Lembremos que a sentencia orixinal, á que se chegou tra-lo
primeiro recurso no 2001 da Plataforma Defensora da Praza dos Praceres,
declaraba nulo o plan especial do recheo porque non tivo estudio de impacto
ambiental, nen plan de usos portuarios (o documento marco previo que rixe os
plans especiales), e porque nese plan sen base se calificaban irregularmente
como urbáns chans que inda non tiñan existencia como tales.
O prazo dos
vinte días establecidos no auto do TSXG víronse interrumpidos pola presentación
de dous recursos de casación (Cabomar Congelados e a Autoridade Portuaria de
Marín) discrepantes do mesmo por distintas razós. O Avogado do Estado estimaba
que o auto ía máis alá do fallo da sentencia que ó seu xuicio “non comporta a
demolición de obra algunha e que o Supremo debería dare por executado o fallo
dictado por ese mesmo tribunal no 2009” .
O Supremo entende, neste sentido, que “revocar” e “repoñer” son verbos de
significado dabondo preciso. “Non hai discrepancia, senón unha palmaria
sintonía antre a demanda e a fundamentación e fallo da sentencia i, en fin, o
que agora, no curso do procedemento de execución, preténdese levare a término”,
din os maxistrados, que acto seguido quéixanse de que o avogado do Estado
queira enredare.
A Audiencia
Nacional ten tamén discrepado do avogado do Estado, noutros procedementos,
mesmo aclarado que a acción popular exercida por algún cidadán é beneficiosa
prá administración nalgún caso collida co paso cambiado, dito de forma soave.
Desta volta, os maxistrados chegan afirmaren: “En realidade, o que precisamente
podería compromete-lo procedemento da execución da sentencia e situarse en
contradicción con ela é, xustamente, o que tenta o avogado do Estado, a saber,
que non haxa demolición de obra algunha, aducindo a existencia dunha serie de
plans anteriores e posteriores que terían de daren suposta cobertura ás obras
contempladas no plan especial anulado”. Aínda máis, a resolución do TS engade
que un estudio de impacto que supostamente avalaba as obras xa tiña sido
desestimado como aval na propia sentencia do 2009 e que o posterior, aprobado o
ano pasado e publicitado pola Xunta e a Autoridade Portuaria como remedio
definitivo, non pode servire de proposta pra incumprire aquel fallo. Evidénciase
un malestar certo dos maxistrados, que chegan definir: “Lonxe do que se tenta
demostrare, son estas actuaciós administrativas, e non as resoluciós adoutadas pola
Sala de Instancia, as que, chegado o caso, poderían enerva-la virtualidade da
nosa sentencia, cuia posta en execución,
en efecto, non admite máis demoras”. A ver qué din agora os partidos políticos.
Non poden permaneceren calados por máis tempo.
2 comentarios:
Menudo negociete han encontrado los políticos en adueñarse de un motón de metros cuadrados de superficie "de nadie" y venderla.
Hola, Javier:
Una ría de la que vivían unas cinco mil familias, de su riqueza primaria, ha sido arruinada. Los políticos y administradores (alguno muy próximo a Rajoy), el propio Fraga, han actuado de depredadores, de monstruos aniquiladores. Las gentes de los otros partidos, también. Aunque lo disimulen.
Un cordial saludo.
Publicar un comentario