miércoles, 23 de julio de 2014

Os políticos, presuntamente, teñen medo

Fotografía de El País, fecha 20.07.2014, que ilustra a noticia de que os políticos creen que a sentencia que ordea a retirada dos recheos no porto de Marín, non se vai executar (leéde a información)

Pontevedra, 23.07.2014
Entrada n. 1769 do blog

Os políticos, presuntamente, teñen medo,
por Xesús López Fernández

Enténdense as declaraciós que, ós poucos, van facendo os políticos que, unha vez máis, tentan neutralizaren as ordes do Tribunal Supremo que agora, con sentencia firme, ordea o levantamento dos recheos que se foron facendo ó longo de anos ante o escándalo dos veciños. Curiosamente, parece que os políticos nin se enteraron; sóo parece, que realmente non poden alegar ignorancia. Sí han ter que respondere de por qué deixaron actuar contra natura, cómo é que incluso manexaron ás forzas públicas contra os veciños dos Praceres que defendían a legalidade, o estado de dereito.

Un pergúntase se non ten que intervir neste asunto a Fiscalía Xeral do Estado, que se non-o fai seriamos moitos os decepcionados. ¿E por qué non entran neste asunto os medios de comunicación que se din progresistas, se a trama parece á vista, o mesmo que o tráfego de influencias, o abuso de poder? ¿É que non hai, talvez, máis carnaza neste asunto que no caso Malaya? Podemos supoñer que sí. Confiemos en que a execución da sentencia non se poida evitare nen dend´o Club de Bildelberg dos poderosos.

Parece mentira o grado de abandono na defensa da legalidade dos políticos que agora falan, ós que se lles leva pillado co paso cambiado en non poucas ocasiós, en asuntos que gardan relación coa lei de Costas. Coido que, realmente, os políticos están a viviren unha situación de medo. 

No hay comentarios: