Mostrando entradas con la etiqueta ánxel fole. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ánxel fole. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2009

A GRAN INVOLUCIÓN LINGÜÍSTICA

O caos normativo do galego. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 6.03.2009
-
Entrada n. 873 do blog
-
A GRAN INVOLUCIÓN LINGÜÍSTICA,
por Xesús López Fernández
-
A gran involución lingüística do galego, como aquí temos dito en máis dunha ocasión, arranca do establecemento das normas do 1983 e das últimas, as do Diktatt, que embuchou a RAG do señor Barreiro. Unha desgracia. Esas normas foron paridas polos laboratorios de filoloxía da UPG e cada pouco están a introduciren novos términos portugueses, incapaces de comprenderen que a lingua galega ten persoalidade propia e que o noso idioma, especialmente na "raia seca" ourensáa, é a fronteira que nos separa do país irmán.
-
Pra maior esclarecemento e antes de inseri-lo enlace dunha nova de La Voz sobre as acusaciós que comeza a cuspi-lo "capo" da UPG que goberna na Mesa pola Normalización Lingüistica, Carlos Callón, presento aquí o enlace dun traballo que xa está no blog, "A lingua, a lingua, ¿qué vai pasar?", e que se refire, antre outras cousas ás novas normas, aínda non paridas, como posibles nazificadoras do país.
-
-
-

domingo, 1 de julio de 2007

CORRECTOR ORTOGRÁFICO

Pólipos. O idioma está cheo de adherencias lusas que non lle van, menos gratas á vista e mai-lo oído que o dibuxo informático que presentamos. Autor, Xesús López.

Pontevedra, 1 de Xullo do 2007

CORRECTOR ORTOGRÁFICO,
por Xesús López Fernández

Que agora nos anuncien, outravolta, a edición dun corrector ortográfico da lingua galega, non é boa noticia.

O galego, as súas variantes, deben seguir vivas
ou, dito doutra forma, mentres sigan vivas non deben ser sometidas á dictadura dun corrector pra mete-los textos todos nas normas da concordia, o camiño escollido polos "paralusos" pra nos achegar ó Portugalicia por eles soñado. Se algo se pode facer é abolir tódo-los correctores que por aí poidan andar, promover incluso un cambio de rumbo no camiño da RAG, no seu inícuo papel desta volta, esgazando o leigado dos devanceiros.

Algo xa dito neste blog reclama atención dos que se queiran comprometer coa salvación da nosa lingua milenaria. Trátase da afirmación de Vicente Risco de que "non soubemos traballar científicamente as obras de Rosalía ou Curros", o seu leigado cultural.

Outros autores: Ánxel Fole, coa súa defensa das diversas falas que se dan na terra, Xesús Alonso Montero, a súa obra do "Informe [dramático] da lingua galega", as lecciós de Moralejo en "A lingua galega e os seus problemas", prologada curiosamente polo anterior citado. Ou tamén o dito e xa manifestado no blog: a recomendación do P. Sarmiento de construi-lo idioma a partir da fala.

De non cambia-lo rumbo que dende o estaribel dos ideólogos do galegués están a planificaren, o idioma, xa en fase preagónica, estará morto en pouco tempo.

Importa, pois, e con urxencia, desinstala-los correctores normativos do Diktatt.

Confío en que a cousa quede explicada, que se entenda o que quero decir dende a miña postura de radical independencia. Se non se respeta o leigado popular, ó idioma non lle quedan os mil anos arelados, senón os trinta ou menos presentidos a consecuencia da fractura imposta polo equipo de dictadores lingüísticos: Os do Diktatt, que agora matinan non tanto en obrigaren ós escritores como ós distintos medios á instalación do corrector que sacaron da entreperna. Demasiada ofensa. Cheira mal.

Queren acabar coa alma deste pobo, esquecidos do xa dito outras veces: que o idioma é unha creación social, nunca invento de laboratorio. E peor se os que traballan no "laboratorio" teñen ordes de actuar no sentido de deteriora-la lingua, mingoa-la súa riqueza, impedir que a xente poida pensar, privala de palabras eliminadas por decreto. Por decreto "discreto", que moitos non se dan conta.

O bo de todo é que tamén eles son víctimas, que a clase política que os alenta, cos seus discursos en galegués goza cada volta de menos credibilidade, por se ter sobido ó estaribel ou chafaldrís dos "inventores do galegués". A criatura, o híbrido inventado, tradúcese tamén na falta de comunicación de moitos que fan bandeira dun idioma que xa non é o vello idioma do país.

jueves, 28 de junio de 2007

A LECCIÓN DE ÁNXEL FOLE [25.8.2003]

Nota.- Lucernas, vagalumes, lucicús, lucecús, vellas ou "vermes canteiros" teñen un mesmo significado. Usar unha ou outra verba pode depender do lugar ou ben da querencia do que ten as diversas formas sabidas. Ánxel Fole defendía a gran riqueza que se dá na nosa lingua, como se comenta no traballo que sigue. [Dibuxo informático de Xesús López]

Pontevedra, 28.06.2007

Fole era partidario de conserva-los diversos rexistros do noso idioma, o léxico das distintas bisbarras. E sobre todo de manter vivo o seu aserto de que "se fala como se escribe, se escribe como se fala". O traballo que sigue é do 25.8.2003. Coido que as cousas están nel claramente explicadas, E inserido tamén o discurso de Dolores Vilavedra, que fala de presunta traición da editorial á hora de poñer no mercado a obra de Fole, do que sempre fun devoto lector; el foi tamén inspiración pra algún que outro dos 92 programas de Radio Pontevedra, que queda citado no artículo. Coido que a súa obra está vixente, que hai que retoma-la súa lección se non queremos que o idioma morra.


Lembranza de Ánxel Fole [25.8.2003],

Por Xesús López Fernández

Caso de vivir, Fole tería agora cen anos. E podería comprobar que as cousas non camiñaron como el pensaba, que telumbraba un futuro máis rico prá nosa lingua. O aforismo co que se cerra o segundo tomo das súas obras completas é ben claro: “A fala é o que se fala”. I ese foi o norde do home e a ele fai referencia na presentación do seu libro “Contos da néboa”. Discúlpase porque nunca foi defensor do galego puro, máis ben dun galego variado, que tomase palabras de aquí e de acolá, das diversas comarcas. E pensou que por aí irían as cousas, afirmando que nos derradeiros movementos literarios estabase a rexistrar unha tendencia cara á fala popular, integradora de todo-los xeitos de deci-las cousas das diversas bisbarras, “coas súas síncopas, paragoxes, aféresis, enclitismos, proclitismos e apócopes carauterísticas. Escribo “despoixas” en vez de “despois xa”. Ou “seica” e non “sei que”.[.....]”. E valoraba a “grandisma” variedade do galego, “semellante á do castelán do sigro XV, inda hoxe, [...] precisamente unha escrarecedora nota da súa tipificación”.

Sempre disfrutei da obra de Ánxel Fole, dende a edición de “Á lús do candil” [contos a carón do lume] ou do seu segundo libro “Terra brava” [contos da solaina], nos que o autor fai de notario veraz á hora de usar verbas do Incio ou do Caurel, de Sarria ou de Becerreá, o que xustifica ampliamente na presentación do libro citado no párrafo anterior. Sabe que non é doado restaura-la pureza do galego e defende a presencia no idioma escrito de palabras que poden ser arcaicas, sí, pero que están vivas: nebra ou néboa, outro e autro, souto de castiñeiros [Queiroga] e sauto de castiñeiros [Portomarín], que si en Sarria din enoxar, no Incio válense dunha forma arcaica, enodiar. Se o lostrego [sen til] e o lóstrego da terra luguesa son arcaicas, tamén o é o alustre do Caurel. E ventaba un futuro prá literatura culta, escrita, que recollendo palabras aquí ou alí “vai formando, engordiño, paseniño, a futura unidade do galego literario”. E fai unha especial insistencia en falas que ás veces se atopan, que relocen como o ouro, “que son eufónicas sen comparanza”, como a voz estralampa que din os labregos da veiga de Sarria cando, dempois da treboada, o ceo comeza a persentar algús claros.

Dolores Vilavedra, en Historia da Literatura Galega, describe a reconstrucción do discurso narrativo en galego durante o franquismo como un traballo de individualidades, ó longo dos 50 e dos 60. Aí aparece Ánxel Fole, que retoma o pulo da narración despois de Carballo Calero. O impacto da guerra civil levara a Fole a vivir como un eremita no Incio e no Caurel, ata o 1953, cando se instala en Lugo pra traballare como colaborador xornalístico en El Progreso, en diversas secciós das que se ocuparía de por vida. Engade Dolores Vilavedra que a obra do noso autor está a ser revalorizada nos últimos anos, despois de ter sido relegada a un segundo plano pola súa prosa ficcional, que alumeou con luz propia o ermo cultural da Galicia dos 50. Obras pra seren contadas [así foron concebidas], marcaban un camiño no reencontro co galeguismo, ese galeguismo do que van quedando cada vez menos referentes e que tamén estivo presente, en certa medida, na primeira emisión en lingua galega da nosa Terra, en Radio Pontevedra, anos 66 e 67. Algús dos contos do autor lugués, dos relatos cortos, foron leídos nun que outro programa da mesma, integrados no mosaico que cada semáa había que compoñer, sempre dentro do esquema do reencontro co galeguismo perdido.

Non sei cal será o futuro do idioma despois das normas recentemente aprobadas, ás que xa me teño referido. Seguro que non se tivo en conta a cuestión do bilingüismo harmónico; que co corpus que acaban de compoñer están a suspenderen tamén a obra de Fole, incapaces de asumi-lo seu leigado de que “a fala é o que se fala”; impotentes pra concebi-la ortografía que pedía o autor, traicionado xa, talvez, na edición das súas primeiras obras. Neste sentido, en relación con “Contos da néboa” [1973] e “Historias que ninguén cre” [1981], Dolores Vilavedra denuncia que foron retocadas lingüísticamente polos editores, “co que se perdeu o engado da lingua literaria do autor lugués”. Pero esto que as editoras fixeron coa obra de Fole fixérono tamén presumiblemente con outras obras. I é curioso que agora, no momento no que moitos autores reclaman pra sí o respeto ó seu léxico, ás formas sintácticas por eles escollidas, non se queira volver a aquel tempo do reencontro co galeguismo marcado por Risco, Castelao, Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Fole, ter en conta o que éste decía: “Arrepresentar o galego asegún se fala é unha vella procura en min”, frase que entendo está “enmendada” pola editorial. E desa teima hipercorrectora veu a situación triste que estamos a vivir: unhas normas que non van e, tamén, un nacionalismo sen galeguismo. Porque “a fala é o que se fala”.