Mostrando entradas con la etiqueta Sarmiento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sarmiento. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de agosto de 2009

UNHAS DECLARACIÓS DE PILAR ALLEGUE

Pilar Allegue, ante o esmorecente Mercado de Abastos de Pontevedra. A fotografía ilustra unha entrevista feita por La Voz de Galicia do 1.08.2009.
-
Pontevedra, 2.08.2009
-
Entrada n. 1027 do blog
-
UNHAS DECLARACIÓS DE PILAR ALLEGUE,
por Xesús López Fernández
-
Pilar, que foi concellala do Bloque, que sigue sendo do Bloque según dí, fixo unhas declaraciós a La Voz do 1.08.2009, ilustradas pola foto que figura nesta entrada.
-
Según as mesmas pertence ó sochán [ela dí subsolo] do BNG e sempre que a chaman, está. Pero a chaman pouco, polo que dí. Ou non-a chaman.
-
Centrada a súa actividade no eido universitario e no estudio da obra de Frai Martín Sarmiento, foi unha pena que non contasen con ela á hora de poñeren en marcha as normas ortográficas do Diktatt estalinista, as deconstructoras do idioma. Porque como decía Sarmiento, era preciso face-lo idioma a partir da fala e deixarse das caralladas da lusomanía. O idioma galego, creación social, teríase salvado.
-
A tenor da recomendación que fai Pilar de profundizar na obra no noso frade ilustrado, debo lembrare nesta entrada que curiosamente eu, que non son especialista, senón un simple galegofalante e colaborador na primeira emisión en lingua galega da nosa terra, anos 1966/67, antes polo tanto do Maio famoso; eu, digo, dediqueille a Sarmiento, o ano no que se conmemorou a súa memoria, dez ou once traballos que os interesados poden atopare neste blog.
-
Outra cousa que dí Pilar é que lle gusta o ambiente do Mercado, o público tradicional que a el acode, o comercio do entorno. E aí teño que discrepar coela, que seguramente soñou máis que reparar no entorno de ruínas (uns once establecementos cerrados en César Boente; en Sierra seguramente outros tantos, varios deles no espacio no que lle tiraron a foto). I ése entorno de crack total é consecuencia, en gran parte, da política anticomercial do BNG nesta capital. ¿A quén lle agrada acodir ó Mercado, decorado coas ruínas da muralla, trampa pra cegos que Pilar parece estar mostrando, ou tendo que pisa-lo pavemento de baldosas de botós que un pé delicado non resiste?
-
Non me extraña que non chamen a Pilar, porque ela está instalada na razón aínda que erre á hora de tomarlle o pulso á zona vella.
-
Enlace:

miércoles, 10 de junio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (10)

O caos normativo. As normas do Diktatt deconstructor do idioma galego. Dibuxo de Xesús López.
-
Pontevedra, 10.06.2009
-
Entrada n. 976 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (10),
Xesús López Fernández
-
Hoxe asistín a un acto do Ateneo local, no salón de Caixa Galicia, no que foi presentado un libro, unha recadádiva de cartas, correspondencia antre Ramón Piñeiro e Isidoro Millán González-Pardo, o que fora o noso principal indoeuropeísta. Trátase do número XIII dos Cadernos Ramón Piñeiro, que reúne 50 cartas de Piñeiro a Millán baixo o título de "Do teu amigo certo". Son cartas, na maioría, dos anos 50. A edición e notas deste corpus apistolar estiveron ó coidado de Luís Cochón e Miro Villar, ambos profesores de Literatura.
-
Non houbo debate, pero en petit comité tiven ocasión de lembrare que Isidoro Millán fora tamén un estudioso de Sarmiento e pedagogo da súa obra, un referente contínuo nos seus cursos de galego, con especial consideración ás isoglosas diferenciativas. Eu tiven o gozo de ter asistido a ámbo-los dous cursos impartidos nos anos 60.
-
Con ese motivo falei, naturalmente, da recomendación que facía Sarmiento, a de "facede o idioma a partir da fala", e de insistire en que os idiomas son creaciós sociales, como decía o frade, como tamén di Castelao na súa "Biblia" si é que a queren leé-los seus seguidores, ou como afirma categóricamente Alex Grijelmo en "El Genio del Idioma".
-
Pero o galego está en fase de deconstrucción acelerada e nada se vai resolver como non se reconoza a imbecilidade de ter adoutado unhas normas alóglotas, coa idea de ire entregando o noso idioma ó portugués, solución maxinada polos nazionalistas non galeguistas do BNG.
-
As súas reacciós en relación co debate existente non son de recibo. Pero xa sobre eso, introduzo os seguintes enlaces:
-
El Correo Gallego. Carlos L. Rodríguez, "Todos en la diana", porque todos fomos ofendidos coas ameazas a Gloria Lago e Galicia Bilingüe. Leede tamén os comentarios.
El Correo Gallego. El BNG acusa a la Xunta de financiar "grupos extremistas en su cruzada contra el gallego", cando aquí e dende hai tempo foron os nazionalitaristas os que estiveron contra a fala auténtica.

lunes, 11 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO

No meu icono en relación coas agresiós que sofre a lingua aínda se aprecia o nome da "negra sombra", en alusión á nosa cantora, a Rosalía de Castro, que parece a gran nemiga a batir polos novos "evanxelizadores". A lingua, naturalmente, morre.

Ponteveda, 11.05.2009

Entrada n. 941

O ESMORECEMENTO DO GALEGO,
por Xesús López Fernández
-
Ós comisarios políticos que se fixeron co control das normas, que mesmo as convertiron nunha fórmula prá degradación e desfeita do idioma, caéulles sempre mal a figura de Vicente Risco, o home que, en desacordo cos pasos dados pola Editorial Galaxia no eido ortográfico, decía que "non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros". I éso decíao xa dend´o 1921. Daquelas chuvias, esta chafuldra d´agora.
-
Eso foi o que pasou e sigue a pasar. E a lingua está desta volta nunha especie de estertor, agoniante, preocupádo-los persecutores da mesma de eliminaren a súa polifonía, a súa abondancia de vocablos e rexistros como decían o P. Sarmiento ou en tempo máis recén Dámaso Alonso. Facede o idioma a partir da fala, recomendaba Sarmiento.
-
Na RAG saben ben que a súa política lingüística foi un verdadeiro fracaso. Excusan mirar pra outra banda que pra sí mesmos cando din, como hoxe noticia El Correo Gallego, por boca do señor Barreiro, que a situación do galego é preocupante.
-

lunes, 19 de noviembre de 2007

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS [13.5.2000]


"Aquí ven o maio de frores cuberto...." Por Maio celebrámo-lo día grande das letras, cada novo aniversario da edición de Cantares Gallegos, de Rosalía, o seu maxisterio académicamente traicionado dende hai algús anos. Dibuxo informático de Xesús López. 

Pontevedra, 19.11.2007

Desta volta recupero un traballo sobre o Día das Letras Galegas do ano 2000. O que nel se está a decir pódese seguir afirmando, porque a lingua está en situación de gran debilidade, alanceada polos iluminados, polos que pariron e mai-los que aprobaron as normas da concordia. En fin, o idioma é cada día que pasa menos o noso idioma. E fronteira. Os do Diktatt pensan que poden corta-la lingua dos galegofalante e impoñe-lo seu invento, a súa maldición. Digo. 

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS [13-5-2000],
 por Xesús López Fernández

Este ano, centenario de Castelao, centenario tamén dun poeta inxustamente esquecido, Otero Espasandín, o Día das Letras Galegas vai estar adicado á figura de Manuel Murguía, o home que Vicente Risco defineu como “unha figura histórica de tan acusado releve que pode ser collida como símbolo da renacencia galega”. E foi un polígrafo de tan vasta obra que “acometeu a novela, a poesía, a crítica literaria, a crítica de arte, a arqueoloxía, a historia, a socioloxía, o folklore, o dereito e mái-la política”. Por eso, o corpus todo da súa obra constitúe unha auténtica enciclopedia galega, un compendio do esforzo dos Precursores, daquela serie de homes da que foi o derradeiro representante. Vicente Risco dí del que “polo seu sangue e a súa educación...foi da estirpe dos grandes historiadores románticos, forxadores de pobos, espertadores de razas atormentadas.. polo que os seus escritos constitúen a verdadeira Epopeia da Raza Galega”. Foi tamén presidente da Academia Galega.

A relación completa da súa bibliografía, fecundísima, resulta hoxe imposible, pois moitos dos seus traballos apareceron en publicacións periódicas das que, nalgús casos, non se conserva colección completa. Prós curiosos, de tódo-los xeitos, existen obras de diversos autores –Risco, Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, Castelao, etc.— que poden consultar. A mín resúltame unha lectura grata a da súa obra Galicia, que normalmente abro pola parte da prehistoria, onde o autor recrea certos arquetipos e un tempo que parece máxico, que permite soñar, algo que permanece como constante na nosa historia. Pero hoxe quérome achegar á obra en língua galega de Murguía, moi breve –catro cousas--, e na que destacarémo-lo discurso nos Xogos Frorales de Tui e outro adicado a Eduardo Pondal e a súa obra.

No primeiro deses traballos dí Murguía: “¡O noso idioma!. O que falaron os nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos hachamos a ponto de non entendelo; aquel no que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maior da patria galega, no-la conservou e conserva como un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes como se fose un himno relixioso; o fermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é língua oficial .....e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoéns e Vieira, de Garret e de Herculano; o galego, en fín, que é o que nos da dereito á enteira posesión da terra na que fomos nados, que nos dí que pois somos un pobo distinto debemos selo.... Nel, como en vaso sagrado no que se axuntan tódo-los perfumes, háchanse os principales elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e, ainda máis, escarnecida...”.Deixo aquí a Murguía, agora celebrado. 

Na distancia dese discurso diríase que as cousas non cambiaron moito. O portugués é unha realidade puxante; o galego, aínda que tivera unha orixe común, é hoxe un idioma distinto. E a fronteira, antes que no Miño, está na língua, algo evidente na raia seca ourensá, como hai tempo sinalou Moralejo. Está ben que os galegos aprendan portugués como segunda ou terceira língua. Integrarnos no seu sistema ortográfico e fónico pareceríame un suicidio. É certo que aínda temos problemas de fixación. E terémolos sempre porque o idioma segue vivo e sería bo reconsidera-la fala popular como base dunha normativización certa, que non dá chegado. Sarmiento era partidario de tomar como referente, sempre, a fala. E de que a ensinanza escomezase polo idioma que os nenos e nenas falen ó chegaren á escola. Por desgracia, entendo que aínda hoxe seguen a discriminalos e aquí, os nenos e nenas galegofalantes retornan ás casas cun idioma normativo que non acai na súa realidade familiar. Nese sentido, a pesares dos anos transcurridos dende a primeira celebración das Letras Galegas, a norma pouco resolve. I eu retorno á obra de Cunqueiro, cuio tratamento da língua puido se-lo camiño da arelada salvación..

lunes, 17 de septiembre de 2007

A VOLTAS COA LINGUA [6.10.2001]

30.09.2007. Nota. Dibuxo fractal dunha paisaxe outonal, con biodiversidade. Na lingua tamén existía unha gran variedade de palabras coas que pouco a pouco van acabando. A paisaxe é hoxe, en gran parte, un monocultivo forestal; coa lingua pasa algo semellante, emprobecida como a van deixando, puro monocultivo de importación [portuguesa]. En definitiva, nun como no outro caso, existe unha evidente traición á xeografía da memoria.

Pontevedra, 17.9.07

Traballo que conecta co anteriormente pendurado. Insístese novamente na traición á lingua que se viña preparando. Recóllense diversas opiniós ademáis de citar a Eladio e a Sarmiento. Insistimos en que o protagonismo de lingua débeo asumi-la propia sociedade. Cando ésta se sinte traicionada, incluso pola RAG, non ten nada de particular que a propia fala estea a ser máis e máis anoxada. Téñase presente que nese ano 2001, Eladio Rodríguez, o autor do mellor diccionario enciclopédico galego, foi outro esquecido máis aínda estándolle adicado o Día das Letras Galegas.


A VOLTAS COA LINGUA [6.10.2001],

por Xesús López Fernández


Acaba de comeza-la campaña electoral. Ata o día 21 teremos discursos e máis discursos, maioritariamente en galego. Teremos ocasión de ve-lo escaso dominio da fala que demostran certos políticos, uns porque non o practican decote, outros porque están a falar xa outro idioma. Coido que son poucos os que realmente “comunican”, que conectan cos galegofalantes “de base”, cuio idioma non saeu enfortecido, ata o dagora, por nengunha das normas existentes: a oficial e as outras. E un filólogo, F.M.H., da Coruña, referíase a esta cuestión nunha carta publicada en La Voz de Galicia do pasado dous do mes en curso. Tomo o título deste traballo da súa comunicación, coa que sintonizo, particularmente cando se refire á fala como instrumento que axuda a construí-la sociedade e afirma: “Por tanto, non sómo-los filólogos os que deseñámo-las solucións a tomar ante as dúbidas lingüísticas senón que son os falantes os que deciden. Nós, dende as alternativas dispoñibles, potenciamos e transmitímo-las formas escollidas. Pouco máis.”


Pero eso é o que, dende os pertinentes organismos, non se estivo a facer. Inventouse máis que ter en conta a lingua real de Galicia, a súa psicoloxía no momento actual. Coa idea do autor da carta estou seguro conectarían homes como Eladio Rodríguez González –a cuia memoria adicamos este ano o Día das Letras Galegas— ou ben o Padre Sarmiento –con obra e memoria a conmemora-lo ano que ven--, defensor da fala viva, observador xa no século XVIII do chamado autoodio, algo que segue presente na nosa sociedade e que non conoce dunha forma única, porque marchar polos vieiros do portugués, toma-la lingua irmá como paradigma, pode ser outra forma de “autonoxo”, como algúns prefiren decir. O autor da carta refírese tamén á imposibilidade dunha norma única dende posturas académicas defrontadas.


“Qué papel se lle dá ó falante nese acordo. E se ante a nova norma xorde un grupo de descontentos ou, simplemente, de falantes non integrados nas solucións adoptadas, ¿entón qué?, ¿buscarémo-la integración infinita?, ...”. Entendo a ironía do autor e coido que en certas asimilaciós non está a salvación senón o punto final, o “acabouse” da lingua. E ven aquí a conto un traballo de Fernando R. Tato Plaza sobre a evolución do “dícere” latino, que en galego decantou en “decir/dicir”. Sempre optei por “decir”, palabra viva, decote usada. Nunha parte do traballo –Homenaxe a Ramón Lorenzo, tomo II, Ed. Galaxia, p. 731--, o autor afirma que a explicación como castelanismo de certas palabras galegas non coincidentes co portugués resulta dun raro simplismo, cando por outra banda se fala dun fenómeno de “deriva interna” ó explicaren a coincidencia de formas portuguesas e castelás.


Facendo un pouco de memoria, lembro agora cando os autores galegos usaban preferentemente a forma “pra”, que certas normas recomendarían con uso exclusivo, por diferencialismo co castelán. Ó evidenciaren que os portugueses escriben “para”, pasou a ser ésta a forma normativa. Sí, pero acto seguido –porque os portugueses todos, ¡todos!, pronuncian “pra”— tentaríase establece-la diferencia antre a fala e a “escrita”. Escribir como os lusos e pronunciar tamén como eles. Prefiro seguir ós que manteñen o uso do “pra” e que así o escriben. I entendo que algo se está a facer na TVG no campo da recuperación desa e outras palabras, pero sería bo ter máis en conta o galego popular, deixármonos dunha vez por todas de inventar unha lingua virtual. Cinguírmonos ó galego falado, ésa é a cuestión, consecuentes coa lección do Padre Sarmiento. A carta aparecida na Voz de Galicia conclúe así: “A sociedade debe toma-lo verdadeiro papel protagonista neste proceso. A lingua que hoxe falamos debe ser unha referencia a ter en conta”. Todo un reto á par que unha mensaxe de esperanza. Os falantes de base agardamos dos políticos un discurso espontáneo, que prenda en nós. Difícil si escollen o camiño alóglota do artificio.

sábado, 15 de septiembre de 2007

SARMIENTO 10 [23.02.02]

O idioma galego está sofrindo tamén a acción dalgún que outro Prestige idiomático. E non aparece nengún exército de voluntarios que acoda na súa salvación. A fala galega parece xa un tema menor. Os avisos da Unesco son certos. Dibuxo do autor: "Os voluntarios contra a marea negra do Prestige".

Pontevedra, 16.9.07

¡Pois aínda atopei outro traballo feito no ano de Sarmiento, no que igualmente se fai mención ás recomendaciós do frade!. A afirmación de Pilar Vázquez Cuesta, que non é reintegracionista e chega decir que o portugués é como o andaluz do galego, é de agradecer, sobre todo cando afirma que aquí a lingua foi conservada razoablemente ben polo pobo. ¿E cómo non, se a lingua é unha creación social? Que agora, como se dí no remate do artículo, pretendan chamarlle galego a unha lingua bárbaramente imposta e inventada pódenos levar ó borde do acantilado, o que se podería evitar tendo en conta a pedagoxía de Sarmiento, pero tristemente tamén se fai esquecemento da súa obra. Que eu lle teña dedicado dez ou máis traballos, algo ha querer decir. Talvez o mérito, máis que meu, veña das lecciós maxistrales de Isidoro Millán González-Pardo, nos cursos de galego organizados en Pontevedra nos anos 66 e 67. Alí oín o seu discurso i encomio sobre o Onomástico Etimolóxico do P. Sarmiento. Digo.


A UNESCO AVISA: SITUACIÓN LÍMITE (23.2.2002)

por Xesús López Fernández

A Unesco acaba de dá-lo aviso de que o galego figura antre as tres mil linguas que no mundo están ameazadas, que poden mesmo perderse. A organización di que os avisos de que unha fala pode estar en fase terminal son tres: cando un 30 por cen dos rapaces dunha sociedade non aprenden o idioma propio, cando un proceso de esparexemento dispersa unha comunidade que consecuentemente e por adaptación a novas realidades sociolingüísticas vai perdendo progresivamente a fala, e cando unha sociedade máis forte destrúe o entorno doutra, que pode verse obrigada a emigrar e desaparecer como entidade colectiva. Parece que o informe da Unesco non sentou ben en certos ambientes oficialistas. E así, Carlos Casares, do Consello da Cultura Galega, está sorprendido de que a Organización dependente da ONU non os consultara. A eles, ó ILG ou a algunha outra institución.

Di Casares que aquí son escolarizados en galego o 100% dos rapaces e que non facía falta que a Unesco nos falase da mala situación do noso idioma, que é evidente. E hai algo de contrasentido na súa afirmación, porque se a escolarización fose óptima outro galo nos cantara. Porque son moitos os ensinantes que –atrévome a decilo— converteron a súa aula nunha especie de laboratorio prá perda de autoestima, pró abandono da lingua. Por de pronto, Basilio Losada, ó tempo que se producía o devandito informe, afirmaba novamente que hoxe se pode vivir en Galicia sen necesita-lo seu idioma. E volveu sobre o que el chama a “cultura da necesidade” na que hai dous factores a ter en conta, un de “necesidade absoluta”, outro de “necesidade ética ou sentimental”, no que entraría a autoestima, a conciencia de identidade étnica, algo que parece estamos a perder e que se evidencia tamén nos que se meten na andaina lusa, outra forma de perde-la identidade.

Procede traer aquí parte do declarado por Pilar Vázquez Cuesta, a primeira catedrática de portugués, doutora Honoris Causa pola Universidade de Lisboa. Interesárase polo portugués por ser galega non residente en Galicia, situada en Madrid, onde o galego non se ensinaba. Saca cátedra en Salamanca no 1982, cando se crea. Na fin dos oitenta ocúpaa en Santiago. Esta profesora, que non é reintegracionista, di que o portugués é como o andaluz do galego e que son linguas claramente distintas. Como no país veciño a capital quedou no sur prevaleceu a lingua da corte e desapareceu o galego de Portugal, que era o que se falaba no norte. Afirma que as normas do galego son razonablemente boas e non é partidaria de que as toquen, ainda admitindo que poderían ter sido outras –mellores, estou seguro-- cando se aprobaron. Non é partidaria de novas concesiós ós que presionan por achegalas máis ó portugués, porque non tardarían en pedir novos cambios.

Pilar Vázquez di que o pobo salvou o galego, gracias a ele ben conservado, no que coincide con Sarmiento, do que vou presentar aquí dous testimonios do seu Onomástico. Así, cando fala do valor da tradición oral, do léxico rico da língua popular, afirma: (15)” De maneira que os galegos, polo mesmo que deixaron de escribir, conservaron as súas antiquísimas verbas. Pola contra, os casteláns perderon moitas das súas por se quereren adaptar ás novas, exóticas e bárbaras voces que decote introducen nos seus escritos”. (23) “O meu intento non é introducir voces extrañas no idioma galego. É soamente o de propoñer ós galegos eruditos e curiosos que recollan e coordinen as voces galegas que hoxe se falan en todo-los territorios de Galicia e que fagan máis aprecio da lingua que mamaron....”. O consello de Sarmiento non perdeu valor e habería que retoma-lo seu maxisterio. I estou convencido de que o discurso que nos chega ás veces --de políticos e comunicadores-- é un discurso bárbaro, feito xa nunha lingua extraña. Eso produce un maior abandono. Non me sorprende o dito pola Unesco. Pero cabe un certo remedio, se seguímo-los consellos de Sarmiento.

SARMIENTO 9 [10.8.2002]


Pontevedra, 15.9.07

Provisionalmente imos dar por bo este número 9 dos traballos escritos, en relación coa lingua, no ano de Sarmiento. Eu, que non son especialista, senón un simple galego falante que intenta ver no claroscuro da fraga, entendo que o idioma está a morrer porque algús dos nosos estudiosos equivocaron o camiño. Pero non se consola o que non quere e así, neste traballo agora pendurado, deixámo-lo comentario de Freixanes, no sentido de que o problema do galego é que está pasando por unha crisis de crecemento. Non-o creo. Mais ben participo da opinión do profesor Freixeiro Mato no sentido de que ó idioma quédanlle 30 anos, penso que menos e que os políticos, que son incapaces de comunicaren na fala porque non están instalados nela, poden acelerar aínda máis o proceso da súa desaparición. Moitas veces, ó falaren, parecen subnormales. E así non se transmite nada.


De novo coa lingua [10.8.2002],

por Xesús López Fernández


Hai tempo que non toco o tema da lingua sobre a que o profesor Freixeiro Mato presentou recentemente un estudio: “Trinta anos de vida para o noso idioma”. Os avisos que nel se inclúen e que Víctor Freixanes acaba de resumir, non invitan ó optimismo: perda de falantes antre as capas máis novas da poboación, depresión demográfica, ruptura da cadea de transmisión familiar, desculturización acelerada, preguiza social, enfraquecemento progresivo de recursos, burocratización das actuacións a prol da normalización lingüística (na escola e fóra da escola), resistencias que non se dan superado, complexos..... Que a lingua teña acadado nos últimos tempos un nivel de oficialización grande non impideu que sexa agora cando está a recibi-lo máis forte castigo: abandónase nas familias, sobre todo nas novas, porque están a recibir unha mensaxe alienante, non perciben a lingua dos seus ancestros..


Víctor Freixanes di que podemos actuar en contra da tendencia, que precisamos un novo pulo, unha nova planificación. Dacordo. Mais, ¿estaremos dispostos a desanda-los erros cometidos ó impoñeren unha normativa alienante? Pra min é aí onde radica a causa principal do fracaso da política lingüística, no que coido ten gran parte da culpa o mundo editorial. E venme agora á cabeza un artículo de Xosé Luis Barreiro Rivas. El, que foi un brillante parlamentario, posiblemente o home con máis dominio do galego antre os da clase política, parecía crecerse cando, por algún tic determinado, axustaba o seu discurso ó idioma popular. Barreiro confésase decepcionado por ter acumulado cantidade de libros en galego, moitos deles auténticos bodrios. Utiliza esa palabra, si, que eu agradezo porque participo da súa idea. ¿Qué facer con tantísimo libro galego como teño, escritos nun idioma que non garda analoxía coa fala, cuestión ésta da analoxía na que insistía o Padre Sarmiento?


Este ano, cando o Día das Letras Galegas, fixen unha breve viaxe: Coimbra, Badaxoz, Mérida, Cáceres, Plasencia.... Quedei asombrado con Cáceres, prodixio de calidade urbá con amplias e arboradas avenidas, cun recinto histórico impresionante, ben conservado, patrimonio da Humanidade. Esto requeriría un comentario longo. Pero hoxe vai de lingua e o 20.5, de retorno, comecei a ve-la prensa do Día das Letras Galegas, tamén a do 18.5. Moita información, si, pero o dito, o discurso de Sarmiento sobre a construcción do galego, ausente, auténtica palla algún dos traballos publicados. E leo agora no meu caderno de notas, anotado o 21.5: “A prensa xa case non fala de Sarmiento. Máis alá dos libros que se editaron o escaparate de certa librería, hoxe, non mostraba un só libro galego. Así de claro. Xosé Luis Barreiro publicou un traballo titulado “Pasó el día, pasó la romería”, esgrimindo a tesis de que despois do 17.5 acabouse a fanfarria, a parafernalia oficialista, e que comeza ou se retoma o esquecemento, como aconteceu o ano pasado con Eladio Rodríguez. E Fran Alonso, escritor galego, refírese tamén ó feito de que cecáis haxa que falar máis de lingua e menos de literatura”. Coido que son apuntes atinados.


Freixanes insiste en falar de crisis de crecemento, e fai alusión a certas instituciós –Consello da Cultura, a Academia— como foros prá reflexión. Non sei, pero coido que a Academia non ha tardar en retoma-la cuestión da normativa de concordia que algús intentaron colarnos alá polo mes de novembro do 2001 e que esa tal normativa sería máis que un aval cara o futuro un certificado de defunción. Non hai que traicionar, hai que levantar acta do galego vivo, do galego que moitos están a abandonaren e, como dixo Sarmiento, construi-lo idioma a partir da fala, ser en todo momento analóxicos, deixarse de inventos peligrosos que en todo caso valen pra faceren o discurso político menos comprensible, ou máis extraños os medios de comunicación que, como apisonadoras, van decote esmagando a nosa realidade lingüística, cada vez con menos falantes que traguen “bola”. A salvación, difícil.

viernes, 14 de septiembre de 2007

SARMIENTO 8 [10.5.2002]

Pontevedra, 15.9.07

Váiseme acabando a corda dos traballos sobre Sarmiento. Despois do próximo pódenme faltar talvez dous ou tres que non dou localizado. Neste artículo insístese unha vez máis no frade como referente. Que se o carballo de Santa Margarita pode ser símbolo das mil primaveras prá nosa lingua que decía Cunqueiro, algo debe quedar claro. Aínda estando gravemente enfermo o carballo, pode que ó idioma lle quede menos tempo, salvo que o traballemos ó abeiro dos consellos de Frai Martín Sarmiento, pero coa fala convertida en instrumento de opereta pra galeskolas [o "k" leva a intención que vos podedes supoñer], algo así como arrincarlles a lingua ós nosos nenos e nenas pra que comecen a fala-lo trampitán ideolóxico que dende as nosas instituciós están a impoñeren. Pode parecer duro, pero coido ter razón. O idioma da TVG, o dos políticos [non instalados no idioma] que procuran fóra de sí a identidade galeguista, está enfermo de lepra, de malatía ou gafedade. Parece incurable.

No día de Sarmiento, no ano de Sarmiento [10.5.2002]
por Xesús López Fernández

Coido que con este van alá nove traballos que, no correr do ano, levo adicados ó Padre Sarmiento, do que vou sacando das miñas lecturas e observacións. Afortunadamente, a súa figura está a concita-la atención de moitos dos nosos autores. E case non hai día no que non aparezan novos traballos de investigación, mesmo reedicións de obras que marcaron, daquela, un maior conocemento do noso frade e da súa obra. E así, hai escasos días, a Fundación Barrié, da Coruña, apresentou a edición –en colaboración co Instituto de Estudios Galegos— dunha obra titulada “Martín Sarmiento: Ilustración, educación y utopía en la España del siglo XVIII”, da que é autor José Santos Puerto, profesor de Historia da Educación en La Laguna. O autor traballou ó longo de sete anos na elaboración deste libro que tenta mostra-la figura de Sarmiento como clave na Ilustración española, se ben desconocida fóra de Galicia porque o frade non quixo editar nada máis alá da súa defensa do P. Feixoo, porque el escribía como falaba, como se realmente non se tratase de obras perfectamente acabadas, dispostas prá impresión.

A edición de estudios sobre a súa vida e obra está entrando nunha fase de aceleración e ós traballos de Carlos Casares, Francisco Carballo e Pilar Allegue súmanse agora outras novedades: un libro de Pepe Carreiro, outro de X.L. Barreiro Barreiro, “Martín Sarmiento na Ilustración” e un “Diccionario” pra mostra-lo persoaxe e o seu ideario, obra de Puentes Chao e Liñares Giraut. De momento, conozo a obra de Casares i estoume familiarizando coa de Carballo. Sen embargo, coido obrigada a lectura das obras de Sarmiento, polo menos as máis conocidas, a dos “Elementos Etimológicos según el método de Euclides” e o “Onomástico”, todo un luxo cando están comentadas por J. L. Pensado, como tamén o estudio deste autor dos “Opúsculos etimolóxicos do século XVIII”, sobre o P. Sarmiento e mai-lo P. Sobreira; estudioso igualmente da viaxe do frade a Galicia no 1745. Ou as páxinas demoradas que Monteagudo lle adica na súa Historia Social da Lingua Galega.
Considero que, non obstante, algúns están a pasar de puntiñas sobre o que moitos vemos como o consello de máis calado do padre sobre a lingua galega, que non se ve un compromiso certo coa súa idea de construí-lo idioma dende a fala, que aquí se salvou con relativa pureza. O carballo de Santa Margarita ---tan perto da casa de Sarmiento-- ten forza como emblema, como proclama de que o idioma pode resistir outras mil primaveras –como diría Cunqueiro-- ó abeiro do frade. A árbore, aínda que enferma, vai vivir longamente..¡Que ó Concello non se lle ocorra cortala co pretexto da enfermedade, como fixeron con outras árbores queridas!. Pero como símbolo das mil primaveras, como árbore identificada coa pervivencia da fala, reclama as voces lares, as voces aldeás, e a gran purga de tanto barbarismo como están a inxeriren na lingua, creando así unha nova resposta diglósica e a perda de falantes.

Se Frai Martín Sarmiento reclamaba a traducción da Arte de Nebrixa ó galego, pra así facilita-la ensinanza do latín dende o idioma propio, se el foi o máis grande defensor da fala, da profundización no seu estudio, hoxe creemos que, dende a súa erudición, faría unha verdadeira cruzada na defensa da enxebreza; que moitas das tendencias que nos queren impoñer terían de ser arrasadas polo seu discurso. Se o ano foi institucionalizado como “Ano de Sarmiento”, se a idea das “mil primaveras” foi adoutada como enseña local, se os estudios sobre Frai Martín evidencian como unha marea entrante, crecente, pode que o Día das Letras Galegas próximo sexa algo máis que unha cachada política a apaga-lo día despois. Si. A mensaxe do Padre Sarmiento, ha seguir tomando corpo e ha ser como unha gran labarada que libere o noso idioma dos sectarismos que están a convertelo nun instrumento de opereta, a pouco de atende-los seus consellos, comprometidos no seu día pra mil novas primaveras.

SARMIENTO 7 [4.5.2002]

Pontevedra, 14.9.07

Curioso estudio do Padre Sarmiento o que seguidamente se analiza, en relación co ginseng, actualmente de moda. Curioso e sabio Sarmiento. Gran botánico como foi, chama a atención que, xa daquela e co referente da pescuda do xesuíta P. Lafitau en Canadá, propuxera unha exploración do terreo español situado antre os paralelos 39 e 40, busca-la presencia do ginseng nese espacio. Aínda que o escrito non vai desta volta sobre o idioma, é un dos por min adicados ó monxe benedictino no ano 2002. Sigue o traballo recuperado:


O ginseng e o Padre Sarmiento (4.5.2002)

por Xesús López Fernández

É fácil atopar información sobre o ginseng. Sen tan siquer consultar un libro sobre medicina naturista, en calquer herboristería pódennos informar sobre o seu uso, hoxe tamén como complemento dietético natural. A raiz do ginseng --procedente do Exremo Oriente-- é conocida pola súa acción estimulante. Reforza a resistencia corporal, aumenta o poder de concentración i estimula a vitalidade. Está particularmente indicada en situacións de fatiga e de estrés. Hoxe distínguense, non obstante, diversas variedades da devandita pranta: o ginseng americán, o siberián, o coreán....No caso deste último, algún laboratorio –que o presenta en pó encapsulado, en extracto puro concentrado, en extracto igualmente encapsulado e como te— insiste na calidade superior do verdadeiro ginseng coreán, o único con denominación de orixe controlada. Non sei se con esto se nos está a advertir de que algún ginseng do que está no mercado pode ter máis de fraude que de medicina.

Porque o ginseng agota a terra onde medra durante uns 7 anos, a tal grado que ésta precisa permanecer a barbeito ó longo doutros 7-10 anos. É de supoñer que hoxe existan cultivos racionalizados da pranta que antes se recollía no seu medio natural. O seu consumo masivo puido incluso provoca-la desaparición da pranta, privando así á Humanidade de algo que mellora e normaliza o estrés, a resistencia e o rendemento físico e mental, que estimula i estabiliza o sistema nervioso central, que enfortece o noso corazón, regula a tensión sanguínea, pon cancelas á absorción do colesterol, incrementa o número de hematíes e mai-lo volume de hemoglobina, regula o contido do zucre no sangue, protexe o fígado dos efectos negativos das sustancias contaminantes e tóxicas. E aínda máis cousas, como que estimula o córtex adrenal, mellora a memoria e acelera a aprendizaxe, según afirman algúns doutores.

Aínda que pra moitos de nós pode o ginseng ser unha novedade, o seu uso na medicina natural china debe ser lexendario, e o Padre Sarmiento, no século XVIII, parece tiña un conocemento preciso dela, da que afirmaba que tiña sona en todo o orbe. E despois dunha serie de consideracións sobre a mandrágora, da que o poeta persián Asgedi dí que medra na China con feitío de home, di que o ginseng sería unha especie de mandrágora, pois “gin” significa “home” e “seng”, “pranta”, na súa lingua. Decía Sarmiento que os chinos a estimaban como a “pranta da inmortalidade” e que, xa daquela volta, vendíana a peso de prata. Danos tamén a nova de que ten un debuxo da pranta con toda-las súas colores, co nome chino xa sabido e o de “nin sin”, que lle din os xaponeses, e que os latinos lle chamaron “araliastrum”, por similitude coa aralia. Outros lle chamarían “panax”, como panacea universal. E nos da a noticia de que o Padre Lafitau a nomeara “aureliana” cando creeu atopala na Nova Francia.

É curioso o dato que nos refire Sarmiento de que a comezos do século XVIII saíran de Peking uns dez mil soldados divididos en escadróns e coa misión de levantaren dos desertos da Tartaria toda canta pranta de ginseng atopasen. O máis selecto pró Emperador, o máis común pra vendelo a precio moi sobido. E desa información arranca a idea de Sarmiento, a súa proposta de busca-la pranta en España, antre os paralelos 39 e 40. Poderíase pra elo, á semellanza dos chinos, botar man do exército, porque pode ser quimera que non se atope en España. Cos soldados podería traballar un equipo de doce botánicos perfectos pra os asesoraren e que ademáis, de camiño, poderían recollere outros moitísimos e desconocidos vexetales. Aínda no caso de non atoparen o ginseng gañaríase a xornada coa colección de diferentes prantas curiosas. Frai Martín Sarmiento insiste en que o Padre Lafitau, xesuíta, el só, atopara o ginseng no Canadá. Non podo agora verificar se o ginseng americán –panax quinquefolium-- do que fala a información que manexo ten que ver co achádego do P. Lafitau do que fala o noso frade, o noso curioso e sabio frade.

jueves, 13 de septiembre de 2007

SARMIENTO 6 [12.4.02]

Pontevedra, 14.9.07

Outro traballo sobre o Padre Sarmiento, tamén do ano 2002. Nel entramos a considerar certas palabras que as "vacas sagradas" da cultura galega están a afastar da nosa lingua, negándolle visado a moitas que sí están vivas, que son verdadeiramente as únicas representativas.

Sarmiento aclaraba, en relación co artificio do portugués, algo que se di neste artículo: que se do diccionario de Bluteau se retiran as palabras non portuguesas queda un puro esquelete. I é verdade, como din os modernos lingüistas, que é unha total estupidez buscarnos fóra de nós. Eu procuro permanecer fiel a esas palabras que estiveron sempre na nosa lingua, como xustifico no traballo.

Qué pena que non teñan coincidido no tempo Sarmiento e Ánxel Fole, ou que na época d´este non se tivese un maior conocemento da obra do frade, pero eso que Sarmiento dí de construí-lo idioma a partir da fala das diversas bisbarras de Galicia coincide matemáticamente coa idea do escritor lugués.


Cara ó Día das Letras Galegas (12.4.2002)
Por Xesús López Fernández
Antes que escrito, este artículo foi soñado, pero nada hai nel de fantástico, senón que é resultado de lecturas de todo tempo, mesmo de escritos que andan polas paredes ou en publicacións dagora sobre o Padre Sarmiento que, nalgún caso, son rupturistas, non sintonizan coa recomendación do frade de restaura-lo idioma dende a fala viva, a partir do léxico dos distintos territorios de Galicia. É máis, estimo que algús deses escritos están redactados xa na cuestionada normativa de consenso, na que se poden descobrir mostras claras dun certo “rigor mortis” e que os autores camiñan na dirección oposta á apuntada por Sarmiento. Á vista deses textos, a Unesco podería determinar que a situación do idioma é aínda máis grave do que en principio estimou. Tentarei, pensando en Sarmiento, cinguirme ó léxico recollido na nova edición do Diccionario de Diccionarios coordinado por Antón Santamarina, 119.949 entradas, nas que figuran palabras como “leer”, “creer”, “artículo”, “conocer”, que parece foron eliminadas por decreto na lingua oficial.

No diccionario da Academia e no de Don Eladio recóllese a voz “artículo”, definida ampliamente. Éste di que non poucos autores galegos usan “artigo”, pero que Lugrís Freire, na súa Gramática, usa “artículo” i éste é o criterio adoutado polo autor do diccionario, con tanta máis razón que nos mesmos diccionarios portugueses figura “artigo”, pero non inclúen “artigolaçao, artigolado, artigolar, artigolista”, senon “articulaçao, articulado, articular, articulista”, a mesma argumentación brindada polo asinante deste traballo en relación con algún diccionario galego, onde non aparece “artículo”, ou figura co asterisco da prohibición, e sí inclúen “articulación, articulado, articular, articulista”. É decir, falta enxebreza, como acontece coa palabra “coñecer”, que inda figurando en diversos diccionarios non debe ser argumento pra anular “conocer”, única que recolle o Glosario de Constantino García. Esta palabra está tamén nos diccionarios de Pintos, Carré e no de Don Eladio. No de Constantino García, con varias entradas, está asimilada a “coñocer”, cunha soa entrada. Inclúense por uns e outros diversas variantes: “conecer, conoscer, coñocer, coñecer”.

Vai o dito como pequena aportación no que entendo debe ser esforzo continuado de achega-la normativa ó galego falado, de actuar en todo momento con seriedade, moi oportuna cando nos dispoñemos a celebra-lo día grande das nosas letras, a asumi-la mensaxe, o testamento de Sarmiento. Coido que a súa lectura debe servir pró enfortecemento da nosa persoalidade de galegos, como diría, cecais, Harold Bloom, o autor de “Cómo leer e por qué”, cando fai o estudio de Walt Whitman como poeta esencial prá formación. O autor sostén que a lectura é vital “pró afortalamento da propia persoalidade”, e citando a Emerson, á ensinanza que este outro autor fai da autoconfianza, reitera a súa mensaxe: “non te busques fóra de ti”. Parécenme adecuados ámbo-los dous consellos na hora actual da nosa fala, tan lonxe desa degradación procurada día a día dende diversos foros.

Coido que en nengún momento se está a caer no disparate dunha afirmación desbotada no que vai dito; que así como o ano pasado non se honrou a figura de Don Eladio, a súa memoria, como el era merecente, nestos momentos poden algúns estar a descafeina-los consellos do frade enciclopedista. Prós que están a derivar máis e máis cara ó portugués, haberá que ter en conta o dito por frai Martín en relación co diccionario luso de Bluteau, do que si se retiran as voces non portugueses, ou que son facultativas extrañas, quedaría reducido a un esquelete. Xa non hai espacio pra máis que acolle-la recomendación de Sarmiento de “non introduciren voces extrañas”, que avultan os libros, pero non aumentan a lingua nen o número de voces patrias. Por eso falo de “rigor mortis” cando aludo a formas bárbaras que andan en textos galegos, ás veces con apoio institucional, por libros, paredes i exposicións.

SARMIENTO 5 [23.3.02]

Pontevedra, 13.9.07
Proseguimos cos traballos sobre Sarmiento. Curioso o que se dí neste sobre algunhas etimoloxías galegas que encallaron no portugués, das que se derivarían Camòens, Magalhaes, e outras. Curioso tamén o que nos conta sobre as mazás camoesas. Seguramente que o frade, se tivese a oportunidade de regresar e ve-lo que están a faceren coa punta de Festiñanza, habería chorar. Seguro. Téñase presente que son traballos do ano 2002, de alguén que se preocupa polo idioma como signo de identidade e non como algo a inventar en siniestros laboratorios, en furanchos subvencionados.


Algunhas xenealoxías, en Sarmiento (23.3.2002)
por Xesús López Fernández

Hai uns días leín algo sobre a cuestión da heráldica, de cómo moita xente asimila ó seu apelido un escudo de armas que non ten que ver coa súa xenealoxía. Pode ser unha simple cuestión de vanidade. Sobre esto deixou escrito dabondo o P. Sarmiento no seu Onomástico, ó que novamente nos referiremos. El denunciou xa daquela a fatuidade como causa principal da eclosión de escritos sobre heráldica –fala de 1.490 libros— que “de nada instrúen senon de infinitas variedades de fantasía”; que moitas veces os escudos non se corresponden con feitos de armas. Son moitas as páxinas que o frade dedica a este asunto, nas que se percibe ademais un gran sentido do humor. Parece que era xa moita a xente que tentaba tecer xenealoxías que os emparentasen cos godos ou con algún rei. Ten gran riqueza de información e datos a parte do libro referida á xeografía e ás xenealoxías.

A conexión antre nomes de lugar e as xenealoxías faise evidente, e a clasificación proposta polo frade é totalmente coherente. Agrupa así os nomes propostos: 1. Nomes da Historia Natural, excepto os da Botánica; 2. Nomes tomados dos “vexetables”; 3. Nomes impostos pola disposición do terreo; 4. Nomes postos polas cercanías a outros ouxetos; 5. Os que aluden ó fundador ou propietario do sitio, se foi román; 6. Os que fan alusión ó posesor ou fundador, se foi suevo ou godo, 7. Nomes do fundador ou poseedor, se foi galego posterior; 8. Nomes de sitios marítimos, que aluden a cousa do mar; 9. Nomes que fan alusión a algún edificio antiguo ou novo; 10. Nomes soltos, sen aterse a clase algunha. (Siguen diversos listados de palabras, que en moitos casos se corresponden a lugares e apelidos reiterados noutras latitudes, que levan implícita unha clara avoenza galega). Sarmiento móstrase moi crítico cos portugueses que fan esquecemento das orixes galegas dalgunha das súas liñaxes, e anima a cantos queiran traballar en desmontaren as inxurias que contra Galicia se verten nos libros portugueses e noutros extraños (640).

É materia longa pra tratar nun único traballo, pero sí imos aporta-lo testimonio que Frai Martín Sarmiento fai sobre dous apelidos portugueses, un deles o de Magallaes, do que dí resumidamente o seguinte: Leído o Nobiliario do Conde Don Pedro extrañouse do silencio que se garda da familia dos Magallanes. Retrocedendo á raiz bota man dun documento que figuraba no convento do Lérez, no que se cita a un tal Cresconio que fixo donación ó colexio dunha serie de propiedades, nas que se cita o lugar de Magallanes, ó pe do castro Magallanes (en Dorrón). Cita de memoria a data do instrumento, século XII, ano 1.128, e di que o lugar, cando escribe, chámase Magalláns, a duas leguas de Pontevedra, e que o castro que se extende como promontorio ó mar chámase Punta de Festiñáns. (Coido que os nomes citados derivaron a Magaláns e Fastiñanza). E Sarmiento conclúe que, mentres en Portugal non se sinale un lugar chamado Magallanes --e anterior ó 1.128--, a familia, tan nobre en Portugal, é realmente oriunda de Galicia.

Outra xenealoxía que comenta o frade é a de Camòes, que os portugueses reconocen pasou de Galicia a Portugal por medio dun cabaleiro Camaño “da casa de Rubiáns e Villa García”. Manuel Faría, nos seus comentos ós Lusiadas, fala de Fernán Pérez de Camòes, --¿1.376?— e a esa familia atribúe o inxerto e nome das mazás camoesas, por teren inxerido pugas de maceira nunha moreira. Así formouse do nome de Camaño, nome dunha freguesía existente na ría de Muros: Primeiro o adxectivo camanense, que pasou a camonense, camoense, camoens, camòes –e camoesa--. Mai-lo noso frade cita unha carta do marqués de Santillana ó Condestable de Portugal na que se afirma que ese Camòes galego era poeta conocido no século XIV, de xeito que Luis Camòes, que viveu no século XVI, ingrato cos seus proxenitores, puido ter herdado o numen poético do seu antepasado galego.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

SARMIENTO 4 [9.3.2002]

Pontevedra, 12.9.07

Cuarta entrega dos traballos sobre Sarmiento, do ano Sarmiento 2002. Coido que non se precisa máis que recomenda-la lectura e insistir no dito polo frade enciclopedista que afirmaba a paternidade do galego verbo do portugués, consecuentemente coa Reconquista. Non sei cómo irá actualmente a recuperación completa da obra do P. Sarmiento, uns 40000 folios manuscritos, que se propuxo o Consello da Cultura Galega. O que aínda está por ver é si os nosos estudiosos van facere seus os postulados de Sarmiento. De momento están a entraren no idioma como un xabarín nunha cacharrería, contra as recomendaciós do benedictino. Se non-as asumen dunha puñetera vez,o presaxio da Unesco de que a lingua galega esmorece celéricamente é algo do que poderemos levantar acta os que nada temos que ver coa RAG, nen cos tumores malignos que andan a xogaren coa lingua, a estragala. Mesmo os políticos, a peor forma de tumor.

SARMIENTO, OBRA E MEMORIA RECUPERADAS (9.3.2002)

por Xesús López Fernández

Henrique Monteagudo é autor de diversa e importante obra. Aínda está recente a edición das obras completas de Castelao en oito tomos, da que foi coordinador. É anterior a súa Historia Social da Lingua Galega –Idioma, Sociedade e Cultura a través do tempo--, un traballo no que me gusta recrearme e que últimamente consulto con relativa frecuencia pra me achegar á obra de Sarmiento, ademáis da edición crítica de Pensado dos “Elementos Etimolóxicos” e mais do “Onomástico”. Desaparecido Pensado é Monteagudo, posiblemente, un dos máis profundos conocedores da obra de Frai Martín Sarmiento. Haberá que citar tamén a Isidoro Millán, ó que teño oído falar longamente do Onomástico, ¡nos anos sesenta!, na ocasión de ter recibido do mesmo varios cursos de gramática galega, cunha exposición das etimoloxías semellante ó sistema euclidián proposto polo frade.

O Consello da Cultura Galega propúxose reuni-la obra enciclopédica do benedictino completa, hoxe esparexida por diversos mosteiros e bibliotecas. Sábese que deixou unhas 40.000 páxinas manuscritas e que en vida editara soamente un libro en defensa do Padre Feixoo, a “Demonstración crítico-apologética”, 1732, que marca xa a súa achega á lingua galega. Según Monteagudo, afirma enérxicamente que non existe superioridade da lingua escrita sobre a falada e que non debe prevalece-lo criterio do cultivo literario pra definir unha variedade como lingua ou dialecto. --Nun traballo anterior xa mostrei a argumentación do frade, que o home reitera en diversas ocasións: “na América non se escribía cousa algunha: logo, ¿non había lingua algunha na América cando a descobriron os europeos?”--. E Sarmiento tamén defende a paternidade do galego verbo do portugués tendo en conta a evolución da Reconquista, de norte a sur.

Moitos dos traballos de Sarmiento conocéronse polas copias existentes dos mesmos, copias de amanuenses que poden incluir máis dun erro. Da copia de Medina Sidonia fixérase outra, a colección Dávila. E sobre ela traballou o Prof. Pensado prá primeira edición das “Coplas galegas”. A Editorial Galaxia ten xa diposta unha nova edición preparada por Monteagudo a partir da copia da Casa Medina Sidonia, que ademais autorizou ó investigador a microfilma-los manuscritos que atesoura no seu arquivo de Sanlúcar de Barrameda. Mais, curiosamente, logo se ha poder facer outra máis, pero esta vez en base ó propio orixinal, a obra manuscrita de Sarmiento perfectísimamente conservada. A súa localización na Biblioteca Nacional foi obra, ¡naturalmente!, dun emocionado Henrique Monteagudo, achádego que se completa co dun “Comento lingüístico” do propio Sarmiento, feito antre 1749 e 1770, pouco antes de morrer. É decir, estamos ante a primeira obra escrita en galego –1200 coplas-- da época contemporánea, e do primeiro estudio lingüístico da nosa fala.

Outra noticia importante é a de que Pedro Joseph García Balboa –o P. Sarmiento— non naceu en Vilafranca por pura casualidade. Alí casaran os seus pais, pero porque a nai era natural daquela freguesía. I ese feito, curiosamente, acaba de descobrilo, ¡tamén!, Henrique Monteagudo, informado ademais de que en dúas freguesías próximas a Vilafranca exerceron dous curas de nome Pedro e Francisco Balboa Sarmiento, irmáns da nai do frade. En boa hora decideu a Academia Galega, pois, a celebración central do Día das Letras Galegas en Pontevedra i en Vilafranca. Agora será bo que os nosos estudiosos fagan seu o discurso de Sarmiento, a defensa da fala popular proposta polo benedictino. Porque segue a haber movementos na dirección que a moitos nos parece inauténtica dunha maior asimilación ó portugués. Algús están a propoñeren un maior esforzo normalizador e falan mesmo dunha pedagoxía de base --como se rega unha pranta— pra que os galegofalantes entremos no camiño da alienación por eles proposta e faceren así certo o agoiro da Unesco.

martes, 11 de septiembre de 2007

SARMIENTO 3 [26.01.02]

Nota.- Fotografía do autor, Xesús López, ante o Hostal dos Reis Católicos.

Pontevedra, 11.9.07

Penduro un novo traballo do ano de Sarmiento, o 2002, sobre o que os nosos culturetas andiveron a xogar máis que nada, no canto de seguiren os seus consellos pra construí-lo idioma a partir da fala, creación social. Tamén quixeron demostra-lo seu agarimo polo carballo de Santa Margarita despois de se ter cargado as catalpas da praza da Verdura. Neste traballo analízase tamén a perda de pulso do idioma como consecuencia da famosa ortografía de Galaxia, a do acento diacrítico único, repudiada por Risco. Tamén ten razón Cela cando se pronuncia a favor da fala popular.

ENTRE DOUS (OU MÁIS) VENTOS [26.1.02]

por Xesús López Fernández

O presidente da Academia Galega contestou a unha serie de internautas sobre diversas cuestións relacionadas coa nosa cultura. Algunhas respostas –cando centra a responsabilidade da recuperación da fala na propia sociedade— parecen positivas, outras non tanto. Polo menos non considero boa a contestación dada ás seguintes cuestiós: “As normas do galego son malas, as modificaciós do 1995 trouxeron máis confusión. A normativa de “concórdia” sería un suicidio. ¿Por qué non retomámo-lo galego popular, como decía Cela?”. Resposta do presidente:”Non estou dacordo con que a normativa vixente seña mala. Tampouco coincido en que as modificacións do 1995 trouxeran máis confusión. A normativa de concordia, para min, non é ningún suicidio. Non é Cela o exemplo a poñer para falar do galego popular”. Noutro punto das contestacións afirma que Cela non empregou o idioma galego, cando algúns lembrámo-las colaboraciós do autor no seu espacio da “Voz de Galicia” –O can de Buridán— e, curiosamente, O Correo anuncia estos días “O camaleón solteiro” –ilustrado por Laxeiro--, como única obra de Cela en lingua galega.

Se considerámo-la resposta que remite o protagonismo á sociedade estaremos a achega-la contestación presidencial ó que decía Cela cando lembraba o dito por un paisán sobre certo conferenciante: “Falou como Dios, pero non o entende nin dios”. Ou poderíamos relembrar tamén a afirmación de V. Risco, de cando estaba a prepara-la traducción de “La familia de Pascual Duarte”, no sentido de que non lle gustaba a ortografía promocionada por Galaxia, a do acento diacrítico único –érelo, tódolos, etc—. Daquela solución torpe, como reacción, puido vi-la normativa actual, que Cela debeu atopar moi limitativa, esterilizante. Daí as súas palabras en defensa do galego popular. ¿Qué diría hoxe Risco ó ve-las súas obras completas en edición normativa? ¿Non será a norma distante a culpable de que os nenos ourensáns aprendan máis rápidamente en castelán? ¿Qué diría o Sarmiento defensor da fala?

Por certo que en Vilafranca –vila de fala galega, pero fóra das nosas fronteiras administrativas-- reclaman pra eles o acto central do Día das Letras Galegas, por ter nacido alí o P. Sarmiento. En Internet, na páxina de “vieiros.com” pódese seguir puntualmente o debate existente. Xabier Lago, de Fala Ceibe, afirmaba que “no Bierzo camiñamos entre dous ventos diferentes” ó se-lo castelán o idioma oficial da comunidade de Castela-León. Curiosamente, só o pasado luns comezaron as primeiras clases en galego, en dous colexios públicos berciáns: Cacabelos e Corullón: Unha soa clase semanal sobre conocemento do medio dá pouco de si, e dende o Bierzo están a promove-la firma dun manifesto –asinado xa por diversos escritores--, pra reivindicaren a celebración do Día das Letras Galegas e a defensa da fala, que vive nunha situación límite en Asturias, Castela e León. Piden o compromiso da RAG, xa que a súa autoridade non está enchousada nos lindeiros da Galicia administrativa.

O esmorecemento da fala, a perda da memoria, pode radicar no apuntado por X. Lago: que eles viven antre dous ventos. Aquí poden ser máis: o castelán, o galego popular, a norma alóglota, a “concórdia” que algús piden. E máis ventos. Difícil acomodación ás demandas da sociedade, tal vez imposible, di o presidente da RAG, que non cree necesario unifica-las distintas tendencias porque a fala é un ente vivo. Ese era tamén o criterio de Sarmiento. A súa lección non ha ser estéril e pode servir pra reconsiderar posturas cara esa autocrítica que algúns están a reclamaren. Prós que pensen no reintegrado están tamén os subsistemas arraiáns de Valverde de Fresno, As Ellas, e San Martín de Trebello, en Cáceres. 5.000 falantes dunha variedade lingüística do galego alí chegado cos colonos da reconquista. É decir, no século XIII galego e portugués debían facer distintos camiños. Agora quérennos someter dende criterios inordes, alén da lección de Sarmiento ou do consello de Cela.

lunes, 10 de septiembre de 2007

SARMIENTO 2 [19.1.2002]

Nota.- Con homes como Francisco Xavier García y Sarmiento ou o comandante Ozámiz, cumpridores do seu deber, a ría de Pontevedra seguiría sendo rica en peixe. Interpretación fractal de Xesús López, do ano 1999.


Pontevedra, 11.9.07

Este traballo non vai de idioma. Pero paréceme oportuno metelo dentro do "colectivo" dos dedicados ó P. Sarmiento, porque se trata do que foi o seu irmán. Con homes como el, o futuro do mar galego, a súa sustentabilidade, estaría garantizada. Cando facemos alusión a que na ría de Pontevedra non existen granxas de rodaballos non estamos a nos referir ás macrogranxas esquilmadoras da nosa costa, senón a granxas menores que, por razóns de contaminación, serían imposibles na ría de Pontevedra. O traballo explica cousas e recoméndase unha lectura atenta, porque parece que mentres aquí podemos comer mexilón da ría, ós franceses se lles tiña avisado, xa no 1978, dos problemas de contaminación existentes: ¿mercurio, dioxinas, tcdd, bifenilos policlorados, etc.?.

DE FRANCISCO XAVIER GARCÍA Y SARMIENTO [19.1.2002]

por Xesús López Fernández

Hai algo máis dun ano, con motivo dunha conferencia do anterior conselleiro de Pesca --na residencia da Caixa de Aforros, de Pontevedra— tiven ocasión de formular algunha pergunta. Como a cousa ía de marisqueo e a súa regulamentación i eu tiña información veraz de que a producción de mexilón da ría de Pontevedra estaba a ser cuestionada en certos mercados, intervín no debate que sigueu á charla. Pra lle dar máis forza á miña intervención levei conmigo certa documentación. Pero todo, en fin, pódese resumir a unha pergunta capital que fixen daquela volta, asunto ó que lle dedicaría un artículo naqueles días, “A acuicultura imposible”, e que formulei deste xeito: ¿Existe algunha granxa de rodaballos, ou doutra especie, na nosa ría?. A resposta foi negativa. A conferencia celebrárase dentro dun ciclo da Real Academia Galega de Ciencias. E un dos seus homes, o profesor López Capont, dirixiríase a min unha vez rematado o coloquio, interesado pola información que eu manexara.

Faciliteille copia da mesma. E remitinlle por fax algunha outra cousa. Sei que o home se moveu daquela, que visitou ós exportadores afectados pra ver de confirma-los atrancos que tiñan pra venderen no exterior. Falamos algunhas veces por teléfono i envioume varias publicaciós, antre elas unha separata da edición facsímil da Ordenanza de Pesca do 1767, ”que se debe observar en todos los puertos y rías de la provincia de Pontevedra situada entre los Ríos Tambre y Miño, y en los puertos pertenecientes a la Subdelegación de Muros, formada por D. Francisco Xavier García y Sarmiento, Ministro de Marina”. A dita edición facsimilar fora preparada polo señor López Capont, quen da súa man aclarabame varias cousas. Sabía que estabamos nunha fase de retroceso agudo en comparanza co texto da ordenanza de García y Sarmiento, o irmán menor do P. Martín Sarmiento.

Así pódese leer que, en relación coa ostra e pra pescala existe o instrumento do rastro, pero este non debe ser de ferro, senon de pau, ou pescar en tangas, según se practica en Rianxo, ou con angazo, según se usa na Ponte San Paio, e ó que usare de rastro de ferro se lle sacarán de multa mil maravedís, e se tomará por perdido o dito instrumento. (Esto serve pra lembra-la época de Ozámiz, comandante de Mariña, que chegaría a se valer de helicópteros pra evita-lo marisqueo fóra de época, retendo incluso os angazos e sachos, o que traería consigo unha maior abondancia de marisco). Tornando á Ordenanza, indícase que a pesca de ostra –prohibida nos meses de cría, maio, xuño, xullo, agosto— debe principiar dende o primeiro de decembro ata a fin de abril; pero en Ponte San Paio e portos inmediatos permítese que poidan principiar no primeiro de setembro.

En fin, a Ordenanza toda revela un gran conocemento do litoral e prima nela a defensa da sostibilidade das especies. Na páxina 17 da separata aparece un grabado que ilustra cómo se traballaba a ostra no século XVIII. Por medio de grandes rastros tirados por bois levantabase o marisco antre o que a ostra era considerada como o máis valioso. Os rastros tiñan que seren, necesariamente, de madeira, estando rigorosamente prohibido o uso de garfios de ferro. O profesor López Capont, con certo sarcasmo, decíame que no 1767, sen cursos de capacitación marisqueira, estaban mecanizados, pero agora melloramos porque temos “sachos marisqueiros”. Pró que teña interese pola publicación citada direi que a súa edición foi patrocinada pola Caixa de Pontevedra como a mellor forma de enaltece-la memoria de Francisco Xavier García y Sarmiento, ilustre e Ilustrado pontevedrés nado no 1700, un verdadeiro adiantado xa que a súa Regulamentación, no referente á pesca de baixura e máis concretamente moluscos, estivo vixente na práctica ata os nosos días, e sería copiada por outros portos do estado. Terei ocasión de volver sobre o persoaxe.

SARMIENTO 1 [12.1.2002]


Nota. Fotografía do autor, Xesús López, en Compostela.
Pontevedra, 10.9.07.
Tal como prometín vou inseri-los traballos sobre Sarmiento que poida recuperar, escritos no ano 2002, comezando polo que sigue. Han seguir outros sete ou oito.

Parece como se o debate suscitado aquel ano fose intencionalmente desviado, realzando o feito da relación do padre benito con Vilafranca antes que a súa obra e as recomendaciós que teño reiterado non poucas ocasiós de construi-lo idioma a partir da fala. Esa idea representou un claro adianto sobre o que hoxe saben os lingüistas [menos os da AS-PG, os da Mesa pola Normalización e algunhas xentes da RAG, totalmente innecesaria] de que as linguas, os idiomas, son creaciós sociales antes que inventos de laboratorio. Insistiremos neste e outros aspectos. De momento, vaia o primeiro dos traballos prometidos, recuperado, no seu día publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.

O ANO DE SARMIENTO (12.1.2002)
por Xesús López Fernández

O Día das Letras Galegas vaise adicar a Frai Martín Sarmiento, o frade benedictino do século XVIII, polígrafo, sabio, pontevedrés, que tanto traballou pola dignificación do noso idioma, marcando camiños e pautas ou denunciando agravios. A Xunta declarou tamén oficialmente o Ano de Sarmiento, o que implica o compromiso das institucións públicas e órganos dependentes da mesma de adicaren parte das súas actividades a salienta-la obra do benedictino Por certo que, cando o señor Fraga anunciou o acordo despois do Consello, evidenciouse un erro da Secretaría cos Medios de Comunicación --que o propio presidente rectificou-- ó indicaren na nota que lle pasaran prá súa lectura que o escritor nacera en Ourense e non no Bierzo, como é o caso de Pedro Joseph García Balboa, nome de pía do P. Sarmiento.

Nacer en Vilafranca na noite do 9 de marzo do 1695 foi pura anécdota, polo feito de se-lo pai de Frai Martín Sarmiento Mestre de Arquitectura, que daquela volta estaba a rematar na vila dúas obras que lle encomendaran: a Colexiata e o Pazo dos Marqueses. Cando a familia regresa a Pontevedra, Sarmiento ten catro meses. Establécense na rúa da Palma --nunha casa hoxe desaparecida--, na que viviron un ano pra seguidamente establecérense en Santa Margarita, perto do centenario carballo. I en Pontevedra viveu ata os quince anos. Estudiou decote no Colexio da Compañía ata que a Gramática non tiña pra el segredos. Comeza daquela a memoriza-la Biblia. E continúa estudios no convento de San Benito, onde cursa Artes. O P. Feijóo, pasante e lector no convento antre o 1702 e o 1709, puido ser un dos seus primeiros mestres. E Sarmiento sería, anos máis tarde, un grande defensor da súa obra. Ós quince anos ingresa no convento de San Martín, en Madrid, onde viste os hábitos benedictinos/bieitos.

Pasado un ano marcha a Navarra, onde estudia tres cursos de Filosofía. Xa de volta é case un erudito, un curioso de todo saber, que lle pergunta ó padre bibliotecario de San Martín: ¿Cántos volumes ten a biblioteca?, Uns dez mil, libro arriba libro abaixo, Pois quero repasalos todos. Rotundo. Así era Sarmiento, dí un dos seus estudiosos –Marcelino Agís Villaverde--, “un polígrafo que manexaba grego, caldeo, hebreo e ducias de alfabetos...”. É a época na que prende nel unha forte arela polo estudio do idioma galego, acariñando a idea de establecer un vocabulario etimolóxico en latín, castelán e galego, que facilite o estudio simultáneo das tres linguas. A edición i estudio de J. L. Pensado dos “Elementos etimológicos según el método de Euclides” e do “Onomástico etimológico de la Lengua Gallega” constitúen hoxe un instrumento importante pra nos achegar ós estudios filolóxicos do frade. Edición coidada, lectura arroupada polo saber de Pensado, como dí no prólogo o doutor García-Sabell.

A celebración do Día das Letras Galegas está a esmorecer. Non sei se a figura xigantesca de Sarmiento vai poder aclara-las ideas dos señores académicos, previstos novos debates, porque pra Sarmiento non hai idiomas menores, aínda que carezan de escritura. E así chega  decir: “Teño observado que as linguas vulgares, que soamente se falan e non se escriben, son case eternas, inmutables, e cada día se aumentan máis, conservando o carácter privativo da lingua. Quero decir que as voces que se aumentan non son extrañas, senon derivadas das mesmas raíces da fala, según as leis e analoxía dela mesma, sen conexión con lingua extraña. Pola contra, a lingua que se escribe, cada día vai perdendo máis as súas voces puras e primitivas, e só se aumenta de voces extrañas i exóticas, que endexamais foron nen serán da lingua”. Coido é fácil entende-lo que nos dí, porque esas cousas están a pasaren aquí e agora, coa imposición dun léxico moitas veces extraño, de costas á psicoloxía actual da nosa fala. A institucionalización do Ano de Sarmiento debería servir pra retoma-la fala conforme ó espírito do autor, pra traballaren con sereidade.

domingo, 1 de julio de 2007

CORRECTOR ORTOGRÁFICO

Pólipos. O idioma está cheo de adherencias lusas que non lle van, menos gratas á vista e mai-lo oído que o dibuxo informático que presentamos. Autor, Xesús López.

Pontevedra, 1 de Xullo do 2007

CORRECTOR ORTOGRÁFICO,
por Xesús López Fernández

Que agora nos anuncien, outravolta, a edición dun corrector ortográfico da lingua galega, non é boa noticia.

O galego, as súas variantes, deben seguir vivas
ou, dito doutra forma, mentres sigan vivas non deben ser sometidas á dictadura dun corrector pra mete-los textos todos nas normas da concordia, o camiño escollido polos "paralusos" pra nos achegar ó Portugalicia por eles soñado. Se algo se pode facer é abolir tódo-los correctores que por aí poidan andar, promover incluso un cambio de rumbo no camiño da RAG, no seu inícuo papel desta volta, esgazando o leigado dos devanceiros.

Algo xa dito neste blog reclama atención dos que se queiran comprometer coa salvación da nosa lingua milenaria. Trátase da afirmación de Vicente Risco de que "non soubemos traballar científicamente as obras de Rosalía ou Curros", o seu leigado cultural.

Outros autores: Ánxel Fole, coa súa defensa das diversas falas que se dan na terra, Xesús Alonso Montero, a súa obra do "Informe [dramático] da lingua galega", as lecciós de Moralejo en "A lingua galega e os seus problemas", prologada curiosamente polo anterior citado. Ou tamén o dito e xa manifestado no blog: a recomendación do P. Sarmiento de construi-lo idioma a partir da fala.

De non cambia-lo rumbo que dende o estaribel dos ideólogos do galegués están a planificaren, o idioma, xa en fase preagónica, estará morto en pouco tempo.

Importa, pois, e con urxencia, desinstala-los correctores normativos do Diktatt.

Confío en que a cousa quede explicada, que se entenda o que quero decir dende a miña postura de radical independencia. Se non se respeta o leigado popular, ó idioma non lle quedan os mil anos arelados, senón os trinta ou menos presentidos a consecuencia da fractura imposta polo equipo de dictadores lingüísticos: Os do Diktatt, que agora matinan non tanto en obrigaren ós escritores como ós distintos medios á instalación do corrector que sacaron da entreperna. Demasiada ofensa. Cheira mal.

Queren acabar coa alma deste pobo, esquecidos do xa dito outras veces: que o idioma é unha creación social, nunca invento de laboratorio. E peor se os que traballan no "laboratorio" teñen ordes de actuar no sentido de deteriora-la lingua, mingoa-la súa riqueza, impedir que a xente poida pensar, privala de palabras eliminadas por decreto. Por decreto "discreto", que moitos non se dan conta.

O bo de todo é que tamén eles son víctimas, que a clase política que os alenta, cos seus discursos en galegués goza cada volta de menos credibilidade, por se ter sobido ó estaribel ou chafaldrís dos "inventores do galegués". A criatura, o híbrido inventado, tradúcese tamén na falta de comunicación de moitos que fan bandeira dun idioma que xa non é o vello idioma do país.

viernes, 29 de junio de 2007

NA DEFENSA DUNHA OPCIÓN

O camiño do idioma galego, coa normativa da concordia, parece estreitarse aínda máis do que a Ruela de Paio o Eremita, en Santiago de Compostela. Foto do autor.

Publicado o 24.2.2003 no Diario de Pontevedra, o traballo incide, unha vez máis, no que vai ser unha constante neste blog: a defensa dunha ortografía non basada nos diferencialismos, a defensa do criterio xa apuntado anteriormente do Padre Sarmiento de que debemos construi-lo idioma dende a fala propia, deixarnos da doudice dos diferencialismos e "reintegrados" impostos dende diversos foros. Sigue o artículo:

Na defensa dunha opción,
por Xesús López Fernández


Hai poucos días leín a noticia de que na RAG están a traballaren novamente no parto doutras normas ortográficas. Temo que se repitan as tensiós de hai dous anos, cando uns cantos académicos críticos frustraron o intento de pari-la chamada normativa de “concórdia”, xestada dende certas instancias e na que, caladamente, levaban meses a traballaren. Alonso Montero recomendou daquela prudencia, e puxo o exemplo dos franceses, con máis de cen anos sen lle tocar á súa normativa. Ferro Ruibal escribeu tamén unha serie de artículos que agora non dou localizado e que me servirían pra centrar certas cousas. Pero o que cecais marcou máis aquel debate foron dous traballos de J. J. R. Calaza, que avisaba: “[........]a Academia Galega non pode aceptar nengún Diktat que, so capa de concordia lingüística, nos aboque a un sometimento cultural lusista [.....]”. Ou que “a normativa rexeitada inventaba unha lingua de comunión na que os lusistas e asimilados serían os sumos sacerdotes”.

Vemos que hoxe, no seo da RAG, hai xente que pasa das normas, que refugan de formas como “face-lo camiño”; que optaron por escribiren “facer o camiño”, “todos os”, porque o “tódolos” residual da época na que Galaxia inventou o acento diacrítico único non é unha forma científica. Sería moi longa a historia do abandono do idioma, pero é triste ve-la obra dalgús dos nosos autores filtrada pola normativa actual, que inda que respeto non comparto por acientífica e porque, en moitos casos, vai introducindo as “claves” da lusofonía ou, si se quer chamar doutro xeito, do galegués evoluído, por aquelo que din algús partidarios de que “o galego é un portugués non evoluído”. Por eso poden arestora estar novamente a traballaren outro golpe de forza, porque parece que xa non interesa recupera-la fala e traballa-lo idioma a partir dela, como pedía Sarmiento e teño comentado ó longo do ano 2002. Está claro que non se quixo traballar nesa dirección e que ó adoutar formas lusas como paradigmáticas (o plural en “ais”, palabras como Apocalipse, análise, hepatite, proxecto, inxección, etc.) o noso idioma foi en parte traicionado. O invento non daría resultado e xa se fan contas de que á fala lle quedan uns trinta anos, situación da que avisan tamén os galegofalantes de Asturias e León.

Insisto en que, ainda non compartindo algús dos criterios normativos, procuro escribir con respeto, “evadíndome” de formas que entendo non están no acervo popular. Digo esto porque o meu traballo da pasada semá saeu “manchado”, reconvertidas unha serie de palabras ó aplicaren ó mesmo un criterio de limitación no uso delas, como “pra, compasión, peligrosa”, que son completamente galegas e que apareceron convertidas en “para, compaixón, perigosa”, dacordo co modelo lusista. A palabra “pasión” é completamente galega, como as súas derivadas, pasional, apasionado, compasión, etc. Ó que lle interese unha maior noticia desta familia de palabras pode consulta-lo diccionario de Eladio Rodríguez González, quizaves aínda o mellor diccionario enciclopédico da lingua galega, que avisa de que hai quen usa o verbo portugués apaixoar. Tamén inclúe “peligro” e “peligroso”. I en relación co uso de “para” lembremos que ata hai pouco era común o uso de “pra", que recollen os diccionarios de Rodríguez e Cuveiro (como síncopas de para) e tamén os de Valladares, Filgueira, Acevedo, Eladio (de forma amplia: “é home pra todo, non é home pra nada”), Carré e Constantino García no seu Glosario de Voces Galegas de Hoxe, no que non se recolle “coñecer”, pero sí conocer, forma por min preferida e que se documenta igualmente en Pintos, Eladio e Carré.

Non era a miña intención terme extendido sobre este tema, en defensa da miña concepción da lingua. Entendo que as cousas deben quedar, de todo-los xeitos, claras, e que deixo argumentada a miña petición de respeto. O feito de que algúns clamaran polo uso exclusivo do “pra" por puro diferencialismo levaríaos máis tarde a adouta-la forma “para”, porque así a escriben os portugueses, que sempre pronuncian “pra". Daquela quíxose argumentar sobre a diferencia existente antre a fala e a “escrita”. Todo pra xustificaren o mal paso dado. I eu reclamo, como facía aínda hai poucos días Camilo Gonsar nun escrito publicado no Correo, o dereito a escribir nun galego popular, que en nengún momento quero traicionar. Pero a enorme riqueza da nosa fala estáse a perder porque queren impoñer un vocabulario estándar e moitas veces extraño. I entendo que no tratamento do idioma hai que entrar con respeto, como nun templo no que se estivese a meditar. E pra meditar é preciso aprender a cerra-la porta, como recomendaba Merton. Porque hai moitos que dan portazos e descentran ós que están en oración. E as normas en vigor foron, en certo sentido, un portazo que, por vía mediática, está a acabar coa lingua do templo, neste caso do país.