Mostrando entradas con la etiqueta Benedicto XVI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benedicto XVI. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de marzo de 2013

BENEDICTO XVI, ECOLOXÍA E RELATIVISMO

Foto tomada dun blog amigo, Cara a Cara. O Santo Padre trasládase a Castelgandolfo, paso previo á súa instalación nun pequeno convento ubicado no propio recinto vaticán. Eu coido que a evanxelización promovida por Benedicto XVI vai tomar, de cada volta, máis forza. E nesa escalada, a sociedade ten que combatir con forza á Besta do Relativismo, ós seus axentes políticos nemigos da Vida, da Familia, do Medio Ambiente, con sobreabondancia de corrupción nas diversas Administraciós. En Pontevedra sabemos da política ambiental blasfematoria hai tempo posta en práctica pola mafia portuaria e os partidos políticos, e contra dela téñense pronunciado como auténticos profetas as xentes d´Os Praceres, como se apunta nos dous posts anteriores; tamén Salvemos Pontevedra exerceu aquí proféticamente aínda que os procedementos permanezan dormidos no TS. Ambos grupos asumiron aquí a acción popular pra ver de desterra-lo mal xerado polo Relativismo moral das Administraciós. 

Pontevedra, 4.03.2013
Entrada n. 1620 do blog
Artículo semanal.

 Benedicto XVI, Ecoloxía e Relativismo,
por Xesús López Fernández

            O Papa, que aceptara homildemente a votación do cónclave no que foi escollido, acaba de renunciar, tamén homildemente, peregrino na súa última etapa según a súa propia definición. Algo de premonitorio podería haber no seu escudo papal, visible nos xardíns do Vaticano, que no seu tercio inferior mostra o perfil dunha cuncha de vieira, escudo do que tomei diversas fotografías con motivo dunha peregrinación diocesáa a Roma na que participei en marzo do ano 2007.  Ambiente cosmopolita, a praza de San Pedro estaba ateigada de xentes chegadas de todo o mundo durante a celebración litúrxica presidida polo papa Benedicto. Pola tardiña teriamos ocasión de visitare parte dos xardíns privados do Vaticano, hora na que tomei a fotografía que os curiosos poden ver en facebook. Son momentos que agora lembro con intensidade, así como as nosas visitas ás catacumbas, basílicas e non poucos monumentos románs.

            Poucos acontecementos terán contado con tanta audiencia televisiva como os últimos actos convocados polo papa cesante, así como o seu traslado en helicóptero a Castelgandolfo, antes de se asentar definitivamente nun pequeno convento, no propio recinto vaticán. Benedicto XVI/Joseph Ratzinger non se vai lonxe e vai seguir colaborando como home de oración i estudio coa Igrexa. Levo leído non poucos traballos en relación co tempo que agora se cerra, pero que deixa marcadas posibles claves exemplarizantes pra católicos e non católicos, porque a sociedade veu sentindo a Benedicto XVI de cada volta máis próximo ó longo dos case oito anos do seu papado, incluso xentes doutras relixiós, porque foi un papa que predicou o entendemento, como tamén denunciou o Relativismo moral ou deixou non poucas referencias á Ecoloxía.

            Resulta grata a mensaxe de empatía que dirixe ó Santo Padre o presidente da República Italiá Giorgio Napolitano, que traslada de novo o reconocemento e afecto dos italiáns no momento final do seu mandato. “Teño sentido e sinto que podo facelo no  nome do pobo e da nación que este pontífice non italián ten amado sinceramente, ó tempo que acompañado con constante simpatía e benevolencia. Incluso os máis alonxados da Igrexa e da práctica relixiosa apreciaron a altura da investigación e das aportaciós ó pensamento de Benedicto XVI, o mesmo que a súa simplicidade e discreción, como que os anos do seu pontificado figuran antr´os máis sereos na relación antre a Igrexa e o Estado do noso país, no sentido do respeto mutuo e de vontade de colaboración”. Napolitano fai mención de que a súa despedida persoal do Santo Padre, o pasado 23.02, estivo presidida pola emoción, acadado un nivel de confianza, unha afinidade que os levaba máis alá de calquer formalismo e oficialidade, compartidas preocupaciós e puntos de vista sobre a situación de Europa.              

            Este papa foi o que máis tocou o tema da Ecoloxía, unha ecoloxía que tivese en conta tanto o entorno natural como o social, ó home como protagonista principal e ás outras criaturas. A cuestión do Relativismo moral que a sociedade, especialmente os políticos, ven decote como o seu propio credo, é causa de non poucos males, incluso a propia crisis pode te-las súas raíces nese relativismo zafio exercido dende certas poltronas, contra a Ecoloxía, contra a familia e dereitos irrenunciables. Finalmente, ós políticos progres parece terlles reventado o discurso relativista ó ter renunciado ás  raíces da civilización cristiá. O Patriarca da Igrexa Ortodoxa Rusa, Kiril, loubaba este primeiro de marzo a loita de Benedicto XVI contra o relativismo moral. Nese relativismo reside o mal contra o que teremos de loitar. A sociedade comeza a tomar conciencia, percibe que hai que facer un gran esforzo de rexeneración e cáles son as claves pra afastare ós políticos inícuos. Ó futuro papa, como líder moral, agárdanlle tempos difíciles contra ó demo do Relativismo, o furancho do mal.  

domingo, 17 de febrero de 2013

A RENUNCIA DO PAPA



Unha aparición recente de Benedicto XVI, imaxe similar, a da súa figura, á que ilustra a portada do libro "Deus e o Mundo".

O día do anuncio da renuncia caeu un lóstrego, o da foto, sobre a cúpula de san Pedro, que saeu indemne da proba. ¿Unha imaxe do relativismo nemigo da Igrexa e do home? As profecías de San Malaquías de Armagh están de novo sobre a mesa: "De gloriae olivae" (Benedicto XVI). Agora están en lista de espera "De persecutione" e "Petrus Romanus", o último según a dita profecía. 

Pontevedra, 17.02.2013
Artículo semanal
n. 1608 do blog.

A renuncia do Papa,
por Xesús López Fernández

            A renuncia de Benedicto XVI como Papa, anunciada pró día 28.02, é de supoñer que sí estaba na axenda do Santo Padre, según se deduce da conversa que hai dez semáas mantivo co seu biógrafo Peter Seewald. Este autor publicou, cando menos, tres libros de entrevistas co Papa: Sal da Terra, Deus e o Mundo, Luz do Mundo…, tres best-sellers. Son libros de lectura refrescante nos que se descobre, nas diversas conversas que flúen con toda naturalidade, a un Papa moi próximo, moi aberto e comunicativo. Pero o home non aguantaba máis, tendo escrito o último dos libros sobre Xesús, o que vai da súa infancia, cando levaba tempo agotado. O biógrafo non relaciona a súa decisión co escándalo Vatileaks; di que si a traición do seu axudante, o maordomo Paolo Gabriele, causoulle unha decepción, non foi “nada semellante á desesperación”. O periodista afirma que o Papa comentoulle: “Xa non se pode agardare moito máis de min. Son home ancián; as forzas déixanme; coido d´abondo o que levo feito”. Afirma Seewald que nunca vira a Benedicto XVI tan canso.

            Moitos fanse agora as cuestiós de  se non é vitalicia a encomenda de se-lo sucesor de Pedro, de si o Papa non acaba o seu pontificado cando morre. Pois é certo que non e o anuncio do Papa tampouco é novo. Tamén se sabe que Xohán Paulo II prantexouse dimitire como Papa poucos anos antes de morrer, aínda que sigueu no cargo, sen dúbida presionado pola curia, tendo el decidido, por amor, aferrarse á cruz heroicamente. Mai-la decisión de Benedicto XVI non é menos cristiáa que a do seu antecesor, antre outras cousas porque existe unha base legal que posibilita esa renuncia, (que non é a primeira na historia da Igrexa) e que foi actualizada polo propio Xohán Paulo II no Código de Dereito Canónico (1983), e que dí así: “Se o Pontífice Román renunciase ó seu oficio, requírese prá validez que a renuncia se faga en libertade e se manifeste formalmente, sen sometela á aceptación de nadie”.

            Vai haber, seguramente, comentarios negativos sobre forzas contrarias que forzaron a devandita renuncia. Pero non se pode negare o leigado deixado por este Pontífice sabio i estudioso, simpático e comunicativo que incluso ten entrado en twitter; escritor e divulgador do leigado de Cristo, entregado á Humanidade e á Igrexa.  Pra Ignacio Arsuaga, de “Hazte Oir”, e pra moitos de nós, ten especial relevancia a batalla frontal contra o relativismo que impera nos nosos tempos e que Benedicto XVI defineu así: “O relativismo poderiámolo vougamente definir como a teoría según a que tóda-las opiniós son verdadeiras, ainda sendo contrapostas”.  Ou cando describe a dictadura do relativismo como “unha sociedade basada nun acordo xeral de amoralidade, onde non hai xa espacio prós que siguen tendo un xuicio moral de conciencia”. “Efectivamente, o relativismo ten chegado a sere o problema central prá Fe na nosa época; é o problema máis grave da nosa época”.

            O noso Papa, enfermo, renuncia por esa razón, e anunciou a súa decisión precisamente o Día Mundial do Enfermo, dando a entender que a enfermedade non é só participar da dolor de Cristo, senón tamén manter unha lucidez que nos fai, dend´a debilidade en homildade, pasa-lo testigo, en cargo de responsabilidade, a quen o poida facer mellor. E así, na súa carta de renuncia reconoce que “Pra anuncia-lo Evanxelio é necesario tamén o vigor, tanto de corpo como de espírito, vigor que, nos últimos meses, ten mingoado en min de tal xeito que debo reconoce-la miña incapacidade pra exercere ben o ministerio que me foi encomendado”. Mais xunto a estas afirmaciós obxetivas pode que ventos insalobres, dentro da propia Igrexa, teñan que ver coa crecente laminación da súa saúde. Entendámo-la renuncia como un gran acto de servicio, polo ben da propia Igrexa.  Papa non “ad vitam”, senón “ad vitalitem”, é decir, mentres dure a vitalidade. Agora culmina o seu pontificado. Místico como é vaise retirar a un convento pra orar, meditar, escribir e interpretar a Mozart.   

sábado, 20 de noviembre de 2010

UN MUNDO EN DECLIVE

Caín en la Razón. España. Cursos de capacitación pró paro que xa vai en máis de 4500000 como resultado da mala gobernación, do gasto público contínuo, moitas veces sen xustificación.
-
Pontevevedra, 21.11.2010
-
Entrada n. 1364 do blog
-
Artículo semanal

-Un mundo en declive,
Xesús López Fernández
-
Cando tanto están a falaren de desenvolvemento sostible, sobre o que incluso ousan promulgar leis, perguntámonos se non estamos ante unha situación política de impotencia, porque no país faltou o respeto ás claves dunha verdadeira ecoloxía, a que conocían as xentes que no rural facían posible, nos seus labores agrogandeiros, esa sustentabilidade que, coa degradación de ríos e mares, do medio natural, estáse a terminar. Un crecemento industrial sen harmonía, boscos primarios arrasados, o mar como gran sentina ou solar, parece xa tarde pra lle dare a volta ás cousas, lonxe do que agora se chama ecoloxía profunda e na que moitas xentes do campo estiveron verdadeiramente integradas, consideradas, sí, como parte do medio ambiente, aínda que sexa agora cando se define esa relación como novo modelo de ética ecoloxista.
-
Lester R. Brown foi un dos primeiros en lle toma-lo pulso á Terra e comproba-lo seu estado crítico; que nos anos 70 comezou a traballare sobre o concepto da sustentabilidade pra ver de artellare recetas coas que defende-lo futuro do home nun planeta que está a morrere. Co refluxo ou devalo da nosa civilización, como el di, afirma que falta un claro compromiso dos estados, aínda tendo a esperanza de que as cidades han cambiar, nun horizonte que el sitúa nos 50 anos, a súa idea do desenvolvemento asentado no consumo infinito por outro máis responsable fundamentado nas enerxías alternativas. Pero non ve fácil un acordo global se a sociedade, o planeta todo, non cumpre certos principios básicos da ecoloxía. Se así non se fai, producirase aínda un maior retraso e o conseguinte gran colapso. E non queda término medio, porque unha economía ou é sustentable ou non-o é. Por eso hai que cambiare de conducta, pensar máis nunha economía basada nos principios da ecoloxía que nas fantasías derivadas da gobernación acaída como producto das forzas do mercado, das leis dos clústers. E así nos vai.
-
No discurso do home hai datos prá esperanza en relación coas novas fontes de enerxía e os xacimentos de emprego, de novas profesiós e traballos que el ve próximos. Pero hai que facer un esforzo real e case nengún país industrializado está disposto a se fixare unha meta cero en carbono pró 2020; só dous, un deles Costa Rica, seguramente máis comprometida na conservación do capital natural, clave prá salvación do planeta, O home fai diversas recomendaciós pra este mundo que xa viveu un “Pearl Harbour” climático, o furacán Katrina, o asolagamento en Bangladesh e Pakistán, e insiste na necesidade de estabiliza-la poboación, en limita-la deforestación na Amazonia ou en Indonesia, en acabar coa miseria, coa penuria dos sen traballo, un discurso difícil de interiorizar sobre todo nun país como o noso, con máis de 4500000 parados a causa do reventón da economía ladrillista e prós que parece non haber un claro futuro.
-
Da economía do despilfarro ha ser difícil ir cara as novas tecnoloxías, lastrado o esforzo polo discurso político, moitas veces simple marketing electoral alleo ó labor ecoloxista que polo ancho mundo centra o seu traballo na salvación, cando non sanación, do medio natural. Con esta idea empata o discurso do Santo Padre do pasado 14.11 sobre “a crisis como síntoma agudo que se ten sumado a outros máis graves e xa ben conocidos…, o escándalo da fame, a emerxencia ecolóxica e o problema da desocupación… Neste cadro é decisivo un relanzamento estratéxico da agricultura, …sector que ten perdido importancia con notables consecuencias tamén no plano cultural..…Paréceme o momento pra un chamamendo a revaloriza-la agricultura, non no sentido nostálxico, senón como recurso indispensable pró futuro….. É necesario, polo tanto, apostare por un novo equilibrio antre agricultura, industria e servicios…Que o aire, a auga e os outros recursos primarios sexan preservados como bens da Comunidade universal.”. Éste é, moi en extracto, o discurso do Papa.

lunes, 15 de noviembre de 2010

MISA NO VAL DOS CAÍDOS

De espectacular lección de catolicidade e civismo, según Luís Fernando Pérez Bustamente, podemos califica-la demostración de fe deste pasado domingo 14.11, coa asistencia á misa de campaña oficiada polos benedictinos do Val dos Caídos, na explanada porticada da basílica.Ante a actitude prohibicionista do Goberno de ZP, sendo o bloqueo ó que está sometido aquel espacio consagrado unha acción máis na escalada do laicismo agresivo polo que parecen marcha-los socialistas, como tamén o trato chulesco en relación coa visita pastoral do Papa Benedicto XVI durante a campaña electoral dos cataláns á que acodeu como bombeiro pra ver de salvare algo no que se venta como un vendaval pró próximo 28 deste mes de Santos, a reacción cristiáa apréciase nas fotografías inseridas neste post. Con mal tempo, a xente accedeu en cifras que, según os medios, van dos dous mil ós catro mil asistentes. Unha lección de fervor, sen emblemas políticos de nengún tipo. E non acodeu máis xente porque o acceso fíxose imposible.
-
Pontevedra, 15.11.2010
-
Entrada n. 1355 do blog
-
MISA NO VAL DOS CAÍDOS,
por Xesús López Fernández
-
Primeiro quixeron prohibi-lo culto na Basílica, pero non o turismo; despois, evidenciada que non se trataba dunha cuestión de seguridade, que estaba á vista o rabo do laicismo agresivo, prohibirían tamén o acceso ós turistas. Pero a prohibición, polo sectarismo demostrado tivo, en relación cos cristiáns, un efecto chamada i este pasado domingo foi rotunda a demostración de fe alí concentrada.
-
Algunhas das xentes sofriron rexistros, inspecciós, pra ver se nos coches levaban bandeiras e pretendían converti-lo acto de fé en manifestación política. E o citado Luis Fernando Pérez Bustamante, no seu blog Cor ad cor Loquitur, comenta que o acto convirteu este domingo en día histórico prá Igrexa española, e que xentes de toda España estaban presentes na misa a pesar de ser un día meteorolóxicamente malo.
-
Seguindo e participando da opinión deste blogueiro, os asistentes demostraron que en España aínda hai xente disposta a dar culto público a Deus, aínda tratándonos as autoridades como delincuentes. O de onte, por máis qu´o Goberno non-o queira entender non foi un acto de reivindicación do pasado réxime, senón simplemente unha Misa. As fillas e fillos de xentes do vello réxime [Fernández de la Vega, Fernández Bermejo, Conde-Pumpido, etc.] están hoxe na grea socialista. Coa súa estulticia acaban de converti-lo Val dos Caídos nun fito, nun emblema, nun símbolo da dignidade do catolicismo español.
-
¿Qué busca o Goberno, qué tenta facer, cansare ós frades, impedi-lo culto na Basílica, que se cansen e marchen? Confiemos en qu´a España católica aínda ha saber defende-los valores tradicionales e qu´os monxes benedictinos, no seu día evanxelizadores d´Europa, han seguir activos na reevanxelización do continente, d´España tamén; esa reevanxelización pola que clamou o Papa na súa recén visita. Se Zapatero quer seguir coas súas soflamas de corte anticatólico, despreciando as peticiós, os consellos do Santo Padre, éste aínda lle acaba de dar unha nova lección ó falare da crisis que sofre o mundo, de cómo hai que renova-la economía e apostar pola agricultura, lección simple e sabia, porque no respeto ó sector agropecuario a ás xentes comprometidas nese sector poden esta-las claves desa sustentabilidade da que fala moitas veces ZP cando realmente no país non se está a soster outra cousa que un nivel de corrupción que nos vai levare á quiebra.
-
Siguen diversos enlaces:
-
-
-
-
-

jueves, 11 de noviembre de 2010

ACONTECEU EN EMAÚS

Fotografía feita o 13.07.2009, en Emaús, no novo Emaús, exterior do templo, no entorno que coidan os celadores da Terra Santa, os franciscáns. Nesta vista aprécianse varios exemplares de cedros do Líbano. (Foto propia) Do vello Emaús. Restos atopados coas excavaciós alí efectuadas. (Foto propia)
Unha vista do entorno e da residencia dos PP. Franciscáns. (Foto propia)
Outra vista: cedros, ruínas, e aspecto do novo templo. (Foto de Xesús López)
Aquí aparece o templo, nun plano máis próximo,
Ésta é a fachada do novo templo.
Xa dentro, o chan aquí mostrado correspóndese coa área da casa de Cleofás, un dos dous discípulos que invitaran a Xesús a permaneceren coeles: "Quédate, Señor, connosco, que a tarde vai caíndo". Nese espacio reconocérono cando tomou o pan nas súas mans e o parteu. (Foto de Xesús López)
Retablo do templo: Xesús cos discípulos que, á fin, reconóceno cando procede a parti-lo pan. (Foto propia que poderedes usar con total libertade, como as anteriores, indicando, se queredes, a autoría)
-

Pontevedra, 12.11.2010
-
Entrada n . 1351 do blog
-
ACONTECEU EN EMAÚS,
por Xesús López Fernández
-
A miña intención, coesta entrada, é a de lembra-la visita do Papa Benedicto XVI, unha das frases de don Julián, o noso arcebispo, que non é outra qu´a de Cleofás, un dos discípulos que, despois de ter camiñado con Xesús, que parecía non estar "enterado" da súa morte e resurrección, que non-o reconoceron ata o momento da fracción do pan.
-
Aquel pasaxe tan entrañable, a petición dos discípulos ós que lles fervía o corazón conforme aquel extraño acompañante lles ía explicando por qué todo acontecera como xa anunciaban as Escrituras, a frase culmen do relato: "Quédate, Señor, connosco!", reiterada como petición de don Julián a Benedicto XVI, ten o valor de reactualiza-lo acontecido en Emaús, desta volta coa trascendencia de que, en pasando dous mil anos, andan ceibes moitos espíritos endiañados que, falseando a Historia, fuxen da mensaxe do actual Papa, sucesor de Pedro na gobernación da Igrexa, alter Christus que propón a reevanxelización dunha Europa (talvez satanizada, digo eu), tamén de España. As piaras de porcos están a agardare o posible exilio de Satanás, da lexión de demos presente nas xentes, con poder pra enviliceren todo, pra acabaren co orde natural das cousas. E coa familia.

lunes, 8 de noviembre de 2010

A oposición ó Papa

Templo da Sagrada Familia, Barcelona, durante a súa sacralización polo Sumo Pontífice Benedicto XVI o día 7.11.2010 (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 8.11.2010
-
Entrada n. 1347 do blog
-
A OPOSICIÓN Ó PAPA,
por Xesús López Fernández
-
O Papa, na ceremonia do templo da Sagrada Familia, pideu medidas de apoio á natalidade, pronunciouse en contra do aborto e dos matrimonios antre homosexuales. Mentres transcurría a xornada de Barcelona, non poucos medios definírense en contra do Papa, a faceren demostración do seu laicismo activo conforme ós valores dictados polos novos "enxeñeiros" sociales, como Bibiana ou o propio Bono, o presidente católico do Congreso que aprobou a lei do aborto.
-
ZP marchou a Afganistán coa xornada de Santiago; regresou no último momento da xornada de Barcelona pra se despedire do Papa Benedicto XVI, ó tempo que lle facía unha demostración do seu sorriso de chicle; el, que como o outro día lembraba Hermann Terscht nun maxistral artículo, tense definido ante políticos europeos como o maior nemigo da Igrexa en España. E aí quedaba como aviso do seu laicismo agresivo, nesa mesma xornada, a prohibición de celebrar culto na Basílica da Santa Cruz, no Val dos Caídos. Ésa é a gran tarxeta de visita que ZP e os seus acólitos lle entregaron a Benedicto XVI que desta volta xa debe sabe-lo calado anticlerical e agnóstico do actual Goberno, sen que a Oposición se defina con discursos activos a favor da familia, en contra do aborto. Uns e outros, incapaces de recreare o Auxilio Social puxan á Igrexa a que sexa ela a que axude ós máis indefensos, a uns oitocentos mil españoles que están xa privados do máis elemental.
-
A oposición ó Papa dos seus nemigos e medios afíns estivo clara nestas dúas xornadas, algo que soubo denunciar, antr´outros, Carlos Herrera, que afirma que, como sabemos, a sociedade sucumbe sen o apoio da familia, a súa célula básica. E incluímos como enlace un vídeo sobre este particular, do gran periodista.
-
Enlaces:
-
-
-
-
ABC: Chaleco anti-Papa, artículo de Ignacio Camacho sobre o presidente pacifisca que fuxeu a un escenario de guerra coa chegada ó noso país do mensaxeiro da paz universal.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Camiño i encrucillada

Benedicto XVI, en Compostela. (Foto de La Voz de Galicia). ZP non acodeu a Santiago; na chegada a Barcelona estaban Montilla e Carod Rovira (curiosamente sen a coroa d´espiñas que locira na foto dunha viaxe a Terra Santa). ZP, ¿acodirá a Barcelona? Hoxe, curiosamente viaxou a Afganistán. Igual vai de converso ó islamismo radical. 
-
Pontevedra, 7.11.2010
-
Entrada n. 1343 do blog
-
Artículo semanal.
-
Camiño i encrucillada,
por Xesús López Fernández
-
A visita de Benedicto XVI a Santiago, peregrino da fe, xa foi. Virán agora as lecturas, o estudio do contido das diversas declaraciós e discursos, como tamén da homilia pronunciada na Santa Misa celebrada na praza do Obradoiro, na que, como nun pequeno mosaico, había xentes chegadas de distintos puntos da nosa terra e xentes chegadas de lonxe, de Francia, Lituania, Cádiz. E algunha delas reservara sitio dende a noite anterior. Viaxe pastoral, como ben tiña avisado Francisco Vázquez, que aclarou tamén ós detractores da vinda do Papa, que da súa visita sóo vantaxes se habían derivare, que a ocasión era única pra colocare a Santiago e a Galicia no mapa, cuberta a información por máis de 1200 informadores duns 1800 medios, talvez máis. Viaxe pastoral que non impideu a Benedicto XVI manifestarlle ós periodistas, durante a súa viaxe a Compostela, ó mesmo tempo que o amor que lle ten ó noso país, a súa preocupación pola reapertura do defrontamento antre fe e laicidade, que é necesario reconducir a un encontro amical antre ambas.
-
Hai que reevanxelizar Europa, tarea prá que o Papa pensou nos grandes países do continente, pero sobre todo en España, onde tamén se torna necesario respondere agora ós desafíos do laicismo i explica-la fe nunha lingoaxe contemporánea, doído o home da situación acaída no país que foi patria de Ignacio de Loiola, Teresa de Ávila, Juan de la Cruz, renovadores do catolicismo; que non se dean novas ondas de “laicismo, secularismo e anticlericalismo” como aconteceu nos anos 30 do século pasado, porque a disputa antre fe e modernidade ocurre tamén hoxe de forma viva. Pero o acontecemento de Santiago estivo marcado por momentos de verdadeiro colorido e ledicia, e de certa emoción: Os saúdos de don Julián, os de Benedicto XVI e, sobre todo, a homilia que pronunciou na Santa Misa e que comezou en galego: “Benqueridos irmáns en Xesucristo: Dou gracias a Deus polo don de poder estar aquí…”
-
Na homilía estivo presente a idea do Camiño de Santiago, como tamén nas palabras de don Julián, que insistira na trama dos diversos camiños que converxen en Santiago e nos que tanta xente tiña atopado o verdadeiro sentido da vida, que constitúen unha verdadeira raigame que sirveu pra construíre a idea de Europa. E agora Benedicto XVI acodeu como “mensaxeiro do Evanxelio que Pedro e Santiago asinaron co seu sangue, e dende aquí desexo volve-la mirada á Europa que peregrinou a Compostela. ¿Cáles son as súas grandes necesidades, temores, esperanzas, cál a aportación específica e fundamental da Igrexa a esa Europa?.[...] Ésta: que Deus existe e que foi el o que nos dou a vida […]. Que Santiago, o Amigo do Señor, acade abundantes bendiciós pra Galicia, prós demais pobos de España, de Europa e de tantos outros lugares alén mar, onde o Apóstolo é sinal de identidade cristiáa e promotor do anuncio de Cristo”.
-
Na catedral entrou como peregrino pola Porta Santa e orou na cripta do Apóstolo; e agradeceu ós católicos españoles a súa colaboración coas instituciós de beneficencia; que a Igrexa, cando as políticas “progresistas” fracasan, convírtese no auxilio de moitos. Benedicto XVI sabe da súa misión martirial, como sinala Juan Manuel de Prada. E inda existe, contra o labor da Igrexa, un certo despotismo. Pero a vella Europa, si se quer salvare, ha ter que dá-la mesma resposta que Santiago dou a Cristo: “Eu sí podo”. En fin, Benedicto XVI veu como peregrino pra se integrare na longa ringleira histórica que aquí acodeu ó tempo que traballaban nos fundamentos cristiáns de Europa. Nese contexto resultou especialmente emotiva a petición de Don Julián na Santa Misa, a imitación dos discípulos de Emaús: “Quédate señor connosco”. Que o Camiño volva ser un vector de espiritualidade, de encontro ou respeto de xentes diversas; Camiño i escrucillada, claves do ser e cultura europeas.
-
-

A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS

Mozos chegados como peregrinos, xa na alborada do día, pra lle dá-la boavinda a Benedicto XVI. (Foto do Faro de Vigo)A estas horas, 11AM, o Obradoiro leva tempo ateigado. Algunhas das persoas alí presentes, chegadas do ancho mundo ou da propia terra, reservaron sitio dend´a pasada noite. Xentes chegadas de Boiro ou Rianxo, de Francia ou Lituania, agardan á celebración da misa polo Papa Benedicto XVI.-
Pontevedra, 6.11.2010
-
Entrada n . 1342 do blog.
-
A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS,
por Xesús López Fernádez
-
Estase a cobri-la información da chegada papal con profusión de medios. A Televisión de Galicia está transmitindo puntualmente o crescendo da animación dend´os primeiros momentos nos que Lavacolla apresentabase coberta de néboa e que incluso un avión tivo que desvia-lo vóo e tomar terra en Peinador.
-
Vistas do recorrido que vai face-lo papamóvil, cun Santiago espléndidamente coidado; ambiente festivo en espacios como A Quintana, O Obradoiro, información sobre as medidas de seguridade cun Santiago blindado contra os necios que, dalgún xeito, tenten desloci-la chegada do Papa como peregrino mensaxeiro da paz, da concordia; como nas viaxes a Xerusalén, a Sydney, a Inglaterra, ou na súa visita á ONU. Peregrino da palabra e da concordia.
-
Francisco Vázquez chegou moi oportunamente, bombeiro maxistral pra apagare o lume que dend´o seu propio partido tentaban presuntamente provocare, porque andan polo medio xentes trufadas de masonería ou declarados nemigos da Igrexa Católica e da Vida, mesmo apóstolos do homosexualismo que tentan impedire qu´os católicos nos manifestemos como somos e que acollamos ó Santo Padre. Por desgracia, o socialismo ten pendente de reaprende-la historia de España, de recupera-la memoria dos seus horrores, dos por eles producidos.
-
Hai algo que non me gusta no introito da Telegaita i é o uso excesivo do galegués polo locutores novos, a lle chamaren ó Papa "Bieito XVI", no canto de Benedicto XVI, porque estamos no século XXI i é a última forma das transcritas a que debe prevalecer; Bieito é un medievalismo que xa non liga coa psicoloxía actual da nosa lingua. Lembran algús destos imbéciles a Quintana, cando nos seus discursos decía "Galiza...., Galiza..., Galiza...." como especie de letanía pra nos rouba-lo país; do mesmo xeito que estos colaboradores da Galega din agora "grazas, xustiza, espazo, ..." e outras caralladas. Diremos unha vez máis: o idioma da non-patria.
-
Que non lle luxen o nome a Benedicto XVI e acollámolo con respeto agora que está a chegare. Pode ser cousa de quince minutos. El, que no seu escudo ten tamén a cuncha dos peregrinos, iranos falar, seguramente, da reevanxelización d´Europa e do importante papel qu´o Camiño de Santiago pode xogare nestos momentos nos que o home en xeral anda perdidiño.

viernes, 5 de noviembre de 2010

BENEDICTO XVI, IMAXES E VÍDEOS.

Esta foto forma parte dunha galería que se inclúe neste post, de 20minutos.es.
-
Pontevedra, 5.11.2010
-
Entrada n . 1341 do blog
-
BENEDICTO XVI, EN IMAXES E VIDEOS,
por Xesús López Fernández
-
Introduzo neste post algunhas imaxes e vídeos do Santo Padre, tamén algún informe períodístico, que poidan servire pra un maior achegamento á súa figura e ás circunstancias da súa visita a Santiago, como peregrino. Non esquezámo-lo dito por Dante Allighieri: Son romeiros os que van a Roma, palmeiros os que visitan a Terra Santa, pero sóo son peregrinos os que acoden a Santiago de Compostela.
-
Siguen diversos enlaces, que se poderían multiplicar. Buscade en Googel se queredes máis:
-
-
-
-
-
Videos de Youtube:
-
-
-
-
-
-

AGARDANDO A BENEDICTO XVI

Con motivo da chegada do Papa vaise inaugurare unha estatua a el adicada, a Benedicto XVI. (Fotografía de La Voz de Galicia, 5.11.2010)
Este é o mapa da ruta que vai seguire, no papamóvil, dende Lavacolla ó Obradoiro. (Fonte, La Voz de Galicia, 5.11.2010)
-
Pontevedra, 5.11.2010
-
Entrada n . 1340 do blog
-
AGARDANDO A BENEDICTO XVI,
por Xesús López Fernández
-
A organización da visita que nos vai facer mañán, 6N, o Papa Benedicto XVI, agarda a posible chegada dunhas 200000 persoas. O Papa vai ter diversos encontros, e pode que nalgún deles haxa un certo cheiro a xofre, a solfo que diría Cunqueiro, porque os lobos, baixados das virtas dos xestedos ou de recantos pacegos, poden incluso presentárense con pel de ovella.
-
Parece que tódo-los detalles están coidados aínda qu´algús teñan querido convertire esta visita nun acto aldeán, condicionando a liturxia a un galego que xa non é galego, senón e como temos dito moitas veces, a lingua da non-patria, na que participan algús sen repararen en que Bieito é un nome que se caeu do idioma hai séculos e qu´a súa resonancia medieval non convén xa á psicoloxía do galego actual, o idioma permanentemente traicionado, incluso polos políticos, a excepción talvez de homes como Francisco Vázquez, que onte dou todo un recital na SER de cómo se debe trata-la nosa lingua.
-
O interese deste post está en mostrare algús enlaces, especialmente os correspondentes a noticias que hoxe publica La Voz de Galicia. Existen varios subenlaces a considerar, fotogramas, videos, ós que accedere, pero a min agradoume o dito polo canónico organizador da visita, o mesmo que xa organizara as visitas de Xohán Paulo II, monseñor Salvador Domato Búa , que dí estar canso da polémica do galego.
-
Compréndoo, porque eu, que teño participado non poucas veces en diversas lecturas da misa parroquial de San Bartolomeu, de Pontevedra, hai tempo que non-o fago, pola deriva deshonesta do idioma ó supurante galegués, resultado do deseño estalinista do BNG, lingua da non-patria como neste blog vimos denunciando e denunciaba Novoneyra.
-
-

jueves, 4 de noviembre de 2010

O PAPA CHEGA

Francisco Vázquez fixo hoxe unhas declaraciós ante os micrófonos da SER coido que moi axustadas, esclarecedoras, talvez asoballantes pr´algús dos entrevistadores, víctimas do virus que lles permite falar dende o máis profundo dos desconocementos. ¿Cara a viaxe do Papa cando Santiago vai recibir o mil por un do que poida costare a visita do Sumo Pontífice? ¿O euromillón ? Sí, pero con varios botes acumulados, porque a Santiago vanse desprazare 1200 informadores ó servicio de 1800 medios de todo o mundo. I eso vai representare unha promoción nunca pensada pra Santiago e pró Camiño, que pode moi ben sere un instrumento na reevanxelización de Europa pola que clama Benedicto XVI. Francisco Vázquez estaba exultante, porque con esta viaxe, a de Barcelona e a do próximo ano a Madrid, van sere tres as veces que nos visite o Santo Padre sendo Paco Vázquez embaixador ante a Santa Sede. (A fotografía fíxenlla eu, en marzo do 2007, cando n os recibeu con motivo da nosa presencia en Roma cunha embaixada da Pastoral da Saúde). Por certo, se daquela falei con el en galego, hoxe fixo demostración pró mundo da política de cómo se fala, sen necesidade de lle entrega-lo idioma ós seus desfacedores, ós que se teñen permitido criticalo e que poderían tomar lección del, no propio PSOE tamén.

Esta foto corresponde á presencia de peregrinos na rúa do Vilar, en Santiago, e na edición on-line d´El Correo ilustra varias informaciós sobre a posta a punto prá visita papal.
-
Pontevedra, 4.11.2010
-
Entrada n. 1338
-
O PAPA CHEGA,
por Xesús López Fernández
-
A visita do Papa, Peregrino da Fe, Testigo de Cristo resucitado, está a ser comentada con distintas voces: as da benvida das xentes de boa fe, e non necesariamente do mundo católico, aínda que pra este mundo, prás xentes que profesámo-la fe cristiáa pideu hoxe Francisco Vázquez respeto, a posibilidade de manifestare libremente a súa condición.
-
Todo está preparado, blindado Santiago nun momento de especial peligro prá Igrexa. Leamos senón as noticias do que está a pasare no Oriente Medio, de como Al Qaeda decretou o exterminio das xentes de profesión cristiáa, antr´elas as das primitivas igrexas, en Irak, Exipto, Turquía e Pakistán. E Al Qaeda pode ter máis dun representante en España, como ben se pode colexire da información que decote dan diversos medios, especialmente o blog de Las Clases Medias.
-
Resulta fácil sinalare ós outros nemigos, ós que dend´a poltrona da Política están asolagando o país de corrupción, acabando coa familia, promocionando a creación d´abortorios nunha especie de involución á sinrazón, exaltando o homosexualismo en vez de ordear discreción, nunca exhibición ós que padezan esa condición, que en Sodoma e Gomorra non foron premiadas. E dentro do organigrama socialista entra tamén a tolerancia dos antisistema que queren intentar, dalgún xeito, reventare a visita de Benedicto XVI a Barcelona, onde ademáis falou o paleto de Artur Mas: "Esperamos que el Papa sea consciente de que visita una nación, Cataluña, y no una región meridional y mediterránea". ¿Pero que coño quixo decir este xangal? Ciu foi en gran parte a culpable da islamización de Cataluña, a causa da hispanofobia de Jordi Pujol, que facilitou o asentamento de inmigrantes musulmáns no canto de iberiamericáns. E coas espadas en alto parecen estare tamén as xentes de ERC, un Oriol Amorós que optaría polo imán de Lérida antes que polo Papa, e aínda lembrámo-la estupidez de Carod Rovira, cando viaxou a Terra Santa, o seu chiste-fotografía cunha coroa de espiñas.
-
A visita de Benedicto XVI vai marcar, evidentemente, distancias. A el non lle ha faltare información do que pensa o presidente do noso Goberno, da súa catadura moral e de que, según Hermann Terscht, dito polo propio ZP ante diversos políticos europeos: "el é o maior nemigo da Igrexa en España". As cellas luciferinas algo han ter que ver coa súa condición, coa súa laia moral, coa promoción do islamismo en España. Porque, en definitiva, se agora queiman igrexas no Oriente Medio, ou matan cristiáns e sacerdotes en plenas ceremonias litúrxicas, España ten unha clara memoria histórica de queima de templos, matanza de sacerdotes e profanación de monxas, xa dend´o 1931, dend´a República, a que trouxo a guerra civil.
-
Enlaces:
-
-
-
-
-
-