Mostrando entradas con la etiqueta Diktatt. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diktatt. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de abril de 2009

A LIBERTADE LINGÜÍSTICA

O caos normativo, dibuxo do titular do blog que aparece en varias das entradas do mesmo, que de forma abstracta tenta dibuxa-las diversas agresiós das que o idioma galego ten sido obxeto.
-
Pontevedra, 30.04.2009
-
Entrada n. 923 do blog
-
A LIBERTADE LINGÜÍSTICA,
por Xesús López Fernández
-
Pediríalle ó lector un pouco de paciencia ó procurar información sobre o tema da lingua, agredida fundamentalmente ó ser utilizada sectariamente por distintos grupos políticos. A lingua, efectivamente, é un patrimonio da sociedade, i éso é o que debe primar. Aquí non soubemos, talvez non quixemos, dar cunhas normas aqueladas á nosa fermosa lingua.
-
Pero tiñamos avisos do que non se debía facer, comezando polo de Sarmiento, xa no século XVIII, no que o frade ilustrado recomendaba: "Facede a lingua a partir da fala", porque o principal acervo estaba na creación popular dend´os tempos aurorales. Ou, xa no século XX, ano 1921, Vicente Risco afirmaba: "Non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros". Eso foi o que pasou. Pero pola contra inventouse o chamado "galegués", a lingua feita caricatura.
-
Poderiamos seguir cos nosos argumentos, pero xa están no blog en entradas anteriores, localizables polas etiquetas. Pero resulta qu´os bárbaros estaban aí, no tema da lingua, tentando conducir a esta terra cara unha nova patria desfacendo a súa verdadeira fala. E así crearon un laboratorio dos horrores pra promoveren as normas do Diktatt e o galegués resultante, lonxe da nosa psicoloxía, lonxe dos rexistros que ten a lingua, patrimonio que, como no caso da lingua inglesa e salvando as distancias, non precisaría d´Academia, porque unha academia ten que se limitar a estudiar, a inventariar, a recomendar, pero nunca a inventar disparates.
-
A obra de Fole, defensor da fala popular, foi "rectificada" en certos puntos polos comisarios da lingua. Camilo José Cela tamén defendía o galego popular. Eladio Rodríguez, o autor do mellor diccionario enciclopédico galego, denuncia a deriva lusista por moitos intentada.
-
Pero, en fin, nesta entrada de urxencia e xa qu´a lingua volve estar d´actualidade, coa vista posta nas primeiras disposición da nova Xunta, a ver se a sociedade civil consigue facer que se respete a súa creación e imos cara unha desparasitación do idioma das normas qu´o convertiron nunha especie de eira chea de cinza, incluímos unha noticia que hoxe dá o ABC, unhas declaraciós de Gloria Lago, de Galicia Bilingüe:
-
"La libertad lingüística en las aulas es sólo un primera paso"
Jueves, 30-04-09

La presidenta de la asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, aplaudió ayer el anuncio del gobierno gallego de remitir de inmediato una comunicación a los centros educativos para que se permita a los alumnos, al menos, el uso de su idioma en las aulas, tanto de forma oral, como en libros o exámenes. No obstante, puntualizó que esta iniciativa es sólo un primer paso y reiteró la firme disposición de la entidad que dirige a vigilar el cumplimiento por parte de la Xunta de los compromisos electorales asumidos por Núñez Feijóo en relación al derecho de que los padres, o en su caso los estudiantes con capacidad de decisión, puedan elegir la lengua vehicular de las asignaturas troncales.

En este sentido, recordó expresamente la promesa de incluir en el sobre de matrícula del próximo curso escolar una casilla para que los tutores se pronuncien expresamente sobre este asunto.


La portavoz de Galicia Bilingüe protagonizó una rueda de prensa acompañada de dos madres que, aunque pidieron mantener su anonimato por expreso deseo de sus hijos, decidieron comparecer para denunciar sus respectivos casos. Lago utilizó estos ejemplos -más un tercero, que expuso ella misma- para evidenciar la falta de libertad idiomática en los centros escolares, éste último de acuerdo a examenes corregidos, en los que los alumnos mezclan ambas lenguas.

La primera contó las dificultades que sufría su hijo, de dieciséis años, en un colegio concertado de medio urbano, por llevar a clase un libro en castellano, contradiciendo las estrictas directrices impuestas por una profesora sobre la obligatoriedad de usar únicamente el manual en gallego en el aula. El joven padece desde hace muchos meses el desprecio de la docente, que lo trata como la «oveja negra» de la clase, aseguró.

La otra mujer denunció el pobre nivel de español del mayor de sus vástagos, que hoy cursa ESO en un centro público del medio rural, y que siguió toda la Educación Primaria en gallego -incluso durante la etapa del denominado «bilingüismo armónico» del PP- pues los responsables del centro decidieron obviar casi totalmente el castellano en las aulas. Otro de sus hijos estudia primaria íntegramente en gallego. Los docentes le tachan sistemáticamente lo que escribe en español.
-
El Correo Gallego: O plan pró galego deixa á Xunta sen os cen días de cortesía. Noticia e comentarios no foro.

miércoles, 30 de enero de 2008

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999]

A normativa que non vai e que, pouco a pouco, está a acabar co noso principal signo de identidade, co idioma de Rosalía, de Curros, de Risco, e do pobo que fixo a súa centilela milenaria, agora anoxada polos políticos de toda caste.

Pontevedra, 30.1.2008

Entrada n. 21 do blog. Os "sabios de Grecia" da RAG acaban de canonizar "greleiro", cultivador de grelos, como palabra a entrar no noso diccionario. Non entendo que, mentres tanto, moitas palabras que estaban nos vellos diccionarios pasan ó depósito das prohibiciós. Nada hai que cambiar do vello artículo hoxe inserido, se acaso amplifica-la protesta cunha crítica aceda das normas estalinistas embuchadas pola RAG, as chamadas "normas da concordia", das que existen varias críticas ó longo deste blog que hoxe chega á entrada n. 421, como queda dito.

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999],

por Xesús López Fernández

Últimamente téñense producido algunhas declaraciós en relación coa necesaria normalización e oficiliación do galego, o que me parece ben sempre que se actúe con intelixencia, afirmando o uso do galego-galego e non o do galego-outracousa. Porque somos moitos os cidadáns que nos sentimos traicionados dende diversos púlpitos, incluso dende o propio Diccionario da Real Academia Galega que inclúe soamente unhas 25.000 entradas --case o dobre das do diccionario anterior— e limita as definiciós ás verbas que recolle. Son moitas as que quedan fóra desa “cesta”, ora por dialectalismos ora por seren términos espurios, palabra esta última que o diccionario non recolle aínda que aparece na introducción; calificativo que coido podemos aplicar a moitas das súas palabras, en claro divorcio con moitísimas que sí están no galego coloquial. Fan un claro desprecio –por omisión-- dos glosarios de campo, da riqueza que os mesmos supoñen. E as normas quédanse cortas.

Os que aprenderon galego antes das normas porque a língua estaba presente –soa ou compartindo espacio con outras— no magma auroral que antecede á fala racional, ós idiomas xa claramente decantados como ríos singulares como tamén os que o aprenderon xa adultos, de xeito cabal, atópanse agora coa existencia de neofalantes que dubido teñan a capacidade de soñar na especie de língua-xerga na que mal expresan as súas ideas, especie de chapoteo nun léxico corto, consecuencia da falta dunha gramática de futuro.....Non sei, mal van as cousas, por eso me reboto contra un diccionario capado, que non inclúe palabras como bídalo, conocer, lomeada, e un longuísimo etcétera. ¿ Por qué non bídalo, tan próxima ó latín bétula, palabra viva que significa bidueira, bidueiro, bido? ¿Por qué non conocer se é a única forma popular existente? ¿Por qué non lomeada, alcume, presente na obra de Rosalía, viva ó longo do Ulla e nas terras de Lalín? Alomear, poñer un alcume, unha lomeada. Poderíamos seguir con exemplos sen fin.

Asumo as normas --que coido de urxente rectificación-- pero eludo moitas das cousas nelas previstas botando man de formas perifrásticas en evitación do uso da forma plural en ais, eis, ois, uis, que coido son un mal sinapismo ante soluciós que tiña o idioma popular: animás/les, etc. E fuxo do uso de verbas como hepatite, bronquite, tuberculose, análise –espurias, nas que chapotean os neofalantes— e que un académico da Galega, nun momento de sinceridade, reconocía que foran incluídas coa arela de achegar o galego ó portugués. Disparate, en fín, no que nunca se debera ter caído, porque a nosa língua –próxima ó portugués, próxima tamén ó castelán-- é a nosa fronteira, ten unha clara persoalidade e riqueza e non debemos facer raros experimentos, atentados en contra da nosa identidade.

Benvido de todo-los xeitos o esforzo oficializador. Estas non son nada máis –outra vez— que unhas opiniós de urxencia. Coido queda tempo pra tornar ó tema e insistimos agora na necesidade de pensar en clave de futuro. Aínda que idioma de minorías teremos que ir con moitísimo coidado, evita-lo artificio na fala. Hai que poñer en marcha mecanismos de restitución lonxe de arelas interpretativas e anexionantes doutra realidade coa que non cabe xa un criterio de clara reciprocidade. Coa que non hai xa futuro común. Eso pasou.