miércoles, 13 de mayo de 2009
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (3)
martes, 13 de mayo de 2008
AS FORZAS DO MAL [13.06.2006]
Entrada n. 485 do blog
Hai uns días que me solicitaron, dende unha bitácora [a bitácora de Meis] información sobre unha misa en galego celebrada na igrexa d´Armenteira, nos sesenta, posiblemente a primeira da nosa terra. O solicitante facía alusión a un traballo meu, "As forzas do mal", do que tirou a información primeira. Amablemente, envioume un e-mail pra que vise o tratamento dado ó tema, algo co que non estou d´acordo: por redundante na información e polo tratamento sesgado que se fai do artículo citado, do que insire soamente o primeiro parágrafo, pra de seguido e despois da información por min facilitada sobre as xestiós feitas ante don Manuel Fernández Ramos, párroco d´Armenteira, incluir un ataque a Galicia Bilingüe, que non comparto, e que aparece na bitácora como un contínuum do por min dito. Non me parece ética a introducción de equívocos. Non, e hai que ter en conta que en Galicia Bilingüe saben moi ben que a persecución ó noso idioma estáse a facer tamén, de forma asañada, dende a propia normativa de concordia, que xa non participa da psicoloxía da fala galega, ata o punto de que ós rapaces instalados no idioma, cando chegan ás escolas, defróntanos coa "realidade" lingüística inventada polos novos iluminados. I eu, naturalmente, non me privo de decir que a morte do idioma ven, en gran parte, desas normas, da Lei pola Normalización Lingüística, da Mesa, que ten un protagonismo supurante. E da propia RAG, por inane, por ter tragado as normas do Diktatt.
Como na bitácora está incluída tamén a miña fotografía, tomada obviamente do meu blog, presento novamente o traballo completo, á par que me solidarizo públicamente coas xentes de Galicia Bilingüe, en desagravio, porque galego e castelao son idiomas próximos cuia aprendizaxe é posible simultanear, entender que son amigos, que si o galego nos vale como lingua lar e prós afectos, prós agarimos, prá poesía e literatura, o castelao fainos máis universales, ensancha a nosa cultura. Sigue o traballo:
As forzas do mal [13.06.2006],por Xesús López Fernández
viernes, 22 de febrero de 2008
GALICIA BILINGÜE [22.02.2008]
Pergúntome se os garulos do galegués, do galego da normativa da concordia, saben as cento e pico de palabras que atesouran/atesouraban os carros de bois, que é seguro poden manter algún uso. Digo esto porque o noso idioma non pode esmorecer víctima dos "cultismos" lusos dos que botan man esos palurdos.
Momento da intervención da Policía contra os saboteadores da conferencia de Galicia Bilingüe do pasado 20.2.2008, no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova, en Vigo.por Xesús López Fernández
Un grupo de radicales defensores do uso exclusivo do "neogalego", o galegués ou ben outras formas, [especies de caricaturas do portugués], que xa días pasados, o 10, en Vigo, provocaran incidentes co autobús da plataforma que demandaba ós cidadáns a súa posible asinatura en defensa da libertade de lingua, campaña na que van recollidas máis de 50000 firmas; con ese precedente e tamén o doutro enfrentamente n´A Coruña o día anterior, o novo acto de Vigo, en contra da Lei de Normalización Lingüística e coa fin de reivindica-lo dereito dos cidadáns a escolleren a lingua na que os seus fillos han ser educados, así como a libre opción do galego ou do castelán prá súa relación coa Administración autonómica.
Panorama tenso, pois, unha hora antes de comeza-la conferencia de Galicia Bilingüe, prevista prás 20,30 h., axentes da Policía Local tomaban posiciós en Policarpo Sanz pra evitaren que os reventadores conseguiran sabotea-lo acto de defensa da coexistencia de galego e castelán na comunidade, algo xa anunciado nas webs de Galicia Bilingüe.
Ás oito comezaban os problemas, según información do Faro de Vigo, cos radicales [portadores de bandeiras independentistas e pancartas a favor do seu "galegués"] a tomaren posiciós na fachada da Casa das Artes e a insultaren ós que ían chegando ó Centro Cultural de Caixanova.
A tensión foi a máis e, ó non seren dabondo os intentos da policía de mante-la protesta afastada e libre o paso dos peatós pola beirarrúa, procedeuse á carga policial contra os "reventadores" da charla. Varios radicales acabaron no chan e un mozo foi detido e levado á Comisaría, onde acodirían algús dos compañeiros a bradar contra os axentes.
Ó redor de 900 persoas accederon ó Auditorio pra saber da reforma lexislativa que propón o colectivo. Ainda co acto comezado según o previsto, varios garulos infiltrados antre o público quixeron interrumpilo en tres ocasiós e saltaron incluso ó escenario, momento no que a presidenta da organización fuxeu por medo a unha agresión.
Estos nazifascistas non se poden creer donos da verdade absoluta e terían de comprenderen que se o idioma galego está a morrer é porque a criatura que pariron no crisol do Diktatt estalinista, e por carecer ademáis dunha RAG digna de tal nome, está defrontada coa sicoloxía da verdadeira lingua de Galicia.
Que os presentes no acto clamaran en alta voz unha e outra vez "¡Libertad, Libertad, Libertad!" debería servir de aviso pra que, dunha vez por todas, se retirasen os "nazifascistas de esquerdas" ás súas casiñas e dos foros académicos, nos que non teñen nada que ensinar.
É de agradecer tamén que o Faro de Vigo, no que é o novo estilo de periodismo dixital, abrira un foro a seguido da noticia, no que se contabilizaron 225 entradas, algunhas delas francamente interesantes. A xente vai cansa. Aínda así, estaría disposta, na línea do bilingüismo harmónico, a defende-lo uso do galego popular ou, como decía Vicente Risco no 1910, a tratar científicamente a obra literaria de Rosalía ou Curros; ou a construí-lo idioma a partir da fala, como avisaba o noso ilustrado P. Sarmiento no século XVIII, que tamén falaba de cánto de artificio ten o portugués, sobrecarga de diferencialismos que non casan coa lingua galega. Eso é así.
A miña noraboa ás xentes de Galicia Bilingüe. Porque somos un pobo con dúas linguas cuia ensinanza pódese compatilizar incluso mediante cursos de gramática i etimoloxía comparadas. Repito, noraboa e resistencia contra os descerebrados que se queiran defrontar contra o seu labor democrático; a que non é democrática é a Lei pola Normalización Lingüística; nen a Mesa, polo que se ve un claro comisariado político, que confío desapareza nun futuro máis ben corto. A demanda de Galicia Bilingüe deberá ser, en breve, un clamor sentido polo conxunto da nosa sociedade.
miércoles, 30 de enero de 2008
¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999]
Entrada n. 21 do blog. Os "sabios de Grecia" da RAG acaban de canonizar "greleiro", cultivador de grelos, como palabra a entrar no noso diccionario. Non entendo que, mentres tanto, moitas palabras que estaban nos vellos diccionarios pasan ó depósito das prohibiciós. Nada hai que cambiar do vello artículo hoxe inserido, se acaso amplifica-la protesta cunha crítica aceda das normas estalinistas embuchadas pola RAG, as chamadas "normas da concordia", das que existen varias críticas ó longo deste blog que hoxe chega á entrada n. 421, como queda dito.
¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999],
por Xesús López Fernández
Últimamente téñense producido algunhas declaraciós en relación coa necesaria normalización e oficiliación do galego, o que me parece ben sempre que se actúe con intelixencia, afirmando o uso do galego-galego e non o do galego-outracousa. Porque somos moitos os cidadáns que nos sentimos traicionados dende diversos púlpitos, incluso dende o propio Diccionario da Real Academia Galega que inclúe soamente unhas 25.000 entradas --case o dobre das do diccionario anterior— e limita as definiciós ás verbas que recolle. Son moitas as que quedan fóra desa “cesta”, ora por dialectalismos ora por seren términos espurios, palabra esta última que o diccionario non recolle aínda que aparece na introducción; calificativo que coido podemos aplicar a moitas das súas palabras, en claro divorcio con moitísimas que sí están no galego coloquial. Fan un claro desprecio –por omisión-- dos glosarios de campo, da riqueza que os mesmos supoñen. E as normas quédanse cortas.
Os que aprenderon galego antes das normas porque a língua estaba presente –soa ou compartindo espacio con outras— no magma auroral que antecede á fala racional, ós idiomas xa claramente decantados como ríos singulares como tamén os que o aprenderon xa adultos, de xeito cabal, atópanse agora coa existencia de neofalantes que dubido teñan a capacidade de soñar na especie de língua-xerga na que mal expresan as súas ideas, especie de chapoteo nun léxico corto, consecuencia da falta dunha gramática de futuro.....Non sei, mal van as cousas, por eso me reboto contra un diccionario capado, que non inclúe palabras como bídalo, conocer, lomeada, e un longuísimo etcétera. ¿ Por qué non bídalo, tan próxima ó latín bétula, palabra viva que significa bidueira, bidueiro, bido? ¿Por qué non conocer se é a única forma popular existente? ¿Por qué non lomeada, alcume, presente na obra de Rosalía, viva ó longo do Ulla e nas terras de Lalín? Alomear, poñer un alcume, unha lomeada. Poderíamos seguir con exemplos sen fin.
Asumo as normas --que coido de urxente rectificación-- pero eludo moitas das cousas nelas previstas botando man de formas perifrásticas en evitación do uso da forma plural en ais, eis, ois, uis, que coido son un mal sinapismo ante soluciós que tiña o idioma popular: animás/les, etc. E fuxo do uso de verbas como hepatite, bronquite, tuberculose, análise –espurias, nas que chapotean os neofalantes— e que un académico da Galega, nun momento de sinceridade, reconocía que foran incluídas coa arela de achegar o galego ó portugués. Disparate, en fín, no que nunca se debera ter caído, porque a nosa língua –próxima ó portugués, próxima tamén ó castelán-- é a nosa fronteira, ten unha clara persoalidade e riqueza e non debemos facer raros experimentos, atentados en contra da nosa identidade.
Benvido de todo-los xeitos o esforzo oficializador. Estas non son nada máis –outra vez— que unhas opiniós de urxencia. Coido queda tempo pra tornar ó tema e insistimos agora na necesidade de pensar en clave de futuro. Aínda que idioma de minorías teremos que ir con moitísimo coidado, evita-lo artificio na fala. Hai que poñer en marcha mecanismos de restitución lonxe de arelas interpretativas e anexionantes doutra realidade coa que non cabe xa un criterio de clara reciprocidade. Coa que non hai xa futuro común. Eso pasou.
miércoles, 27 de junio de 2007
NO RELEVO DA ACADEMIA [1.12.2001] A TRAICIÓN ANUNCIADA
por Xesús López Fernández
¡Cántas crónicas dende fóra en tono descalificador!. Sí sabemos de tres ou catro académicos/as que defenderon unha ou ben a outra posición. Nun perfil breve dos 28 homes e mulleres da RAG fanse definiciós cecáis inxustas. E así, díse de Franco Grande que se reconoce como antipático e crítico, cando gracias a el sabemos algo do que pasou e que as normas foran presentadas como un todo intocable, “de maneira que só cabía votar todo ou nada”. ¿Qué clase de debate foi o celebrado?. Fixo ben Franco Grande en nos aclara-la pouca elegancia dos membros do grupo promotor, que “nunca foron comisionados pola Academia pra mante-las conversas que sostiveron con partidos, mesas, plataformas ou o que sexa”. Actuaron sempre por conta propia e non como académicos. As persoas críticas, con conciencia, deben posicionarse claramente, como acaba de facer Xosé L. Franco. Dende os grupúsculos denunciados polo home pretendeuse o silencio da RAG, o silencio dos cordeiros. Franco Grande, home de ben, actuou como un notario cabal. Agradecidos de que teña levantado acta. Pra que a RAG, con nova presidencia, siga sendo ibre.