Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de enero de 2008

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999]

A normativa que non vai e que, pouco a pouco, está a acabar co noso principal signo de identidade, co idioma de Rosalía, de Curros, de Risco, e do pobo que fixo a súa centilela milenaria, agora anoxada polos políticos de toda caste.

Pontevedra, 30.1.2008

Entrada n. 21 do blog. Os "sabios de Grecia" da RAG acaban de canonizar "greleiro", cultivador de grelos, como palabra a entrar no noso diccionario. Non entendo que, mentres tanto, moitas palabras que estaban nos vellos diccionarios pasan ó depósito das prohibiciós. Nada hai que cambiar do vello artículo hoxe inserido, se acaso amplifica-la protesta cunha crítica aceda das normas estalinistas embuchadas pola RAG, as chamadas "normas da concordia", das que existen varias críticas ó longo deste blog que hoxe chega á entrada n. 421, como queda dito.

¿TEMOS FUTURO? [26.11.1999],

por Xesús López Fernández

Últimamente téñense producido algunhas declaraciós en relación coa necesaria normalización e oficiliación do galego, o que me parece ben sempre que se actúe con intelixencia, afirmando o uso do galego-galego e non o do galego-outracousa. Porque somos moitos os cidadáns que nos sentimos traicionados dende diversos púlpitos, incluso dende o propio Diccionario da Real Academia Galega que inclúe soamente unhas 25.000 entradas --case o dobre das do diccionario anterior— e limita as definiciós ás verbas que recolle. Son moitas as que quedan fóra desa “cesta”, ora por dialectalismos ora por seren términos espurios, palabra esta última que o diccionario non recolle aínda que aparece na introducción; calificativo que coido podemos aplicar a moitas das súas palabras, en claro divorcio con moitísimas que sí están no galego coloquial. Fan un claro desprecio –por omisión-- dos glosarios de campo, da riqueza que os mesmos supoñen. E as normas quédanse cortas.

Os que aprenderon galego antes das normas porque a língua estaba presente –soa ou compartindo espacio con outras— no magma auroral que antecede á fala racional, ós idiomas xa claramente decantados como ríos singulares como tamén os que o aprenderon xa adultos, de xeito cabal, atópanse agora coa existencia de neofalantes que dubido teñan a capacidade de soñar na especie de língua-xerga na que mal expresan as súas ideas, especie de chapoteo nun léxico corto, consecuencia da falta dunha gramática de futuro.....Non sei, mal van as cousas, por eso me reboto contra un diccionario capado, que non inclúe palabras como bídalo, conocer, lomeada, e un longuísimo etcétera. ¿ Por qué non bídalo, tan próxima ó latín bétula, palabra viva que significa bidueira, bidueiro, bido? ¿Por qué non conocer se é a única forma popular existente? ¿Por qué non lomeada, alcume, presente na obra de Rosalía, viva ó longo do Ulla e nas terras de Lalín? Alomear, poñer un alcume, unha lomeada. Poderíamos seguir con exemplos sen fin.

Asumo as normas --que coido de urxente rectificación-- pero eludo moitas das cousas nelas previstas botando man de formas perifrásticas en evitación do uso da forma plural en ais, eis, ois, uis, que coido son un mal sinapismo ante soluciós que tiña o idioma popular: animás/les, etc. E fuxo do uso de verbas como hepatite, bronquite, tuberculose, análise –espurias, nas que chapotean os neofalantes— e que un académico da Galega, nun momento de sinceridade, reconocía que foran incluídas coa arela de achegar o galego ó portugués. Disparate, en fín, no que nunca se debera ter caído, porque a nosa língua –próxima ó portugués, próxima tamén ó castelán-- é a nosa fronteira, ten unha clara persoalidade e riqueza e non debemos facer raros experimentos, atentados en contra da nosa identidade.

Benvido de todo-los xeitos o esforzo oficializador. Estas non son nada máis –outra vez— que unhas opiniós de urxencia. Coido queda tempo pra tornar ó tema e insistimos agora na necesidade de pensar en clave de futuro. Aínda que idioma de minorías teremos que ir con moitísimo coidado, evita-lo artificio na fala. Hai que poñer en marcha mecanismos de restitución lonxe de arelas interpretativas e anexionantes doutra realidade coa que non cabe xa un criterio de clara reciprocidade. Coa que non hai xa futuro común. Eso pasou.

jueves, 3 de enero de 2008

BREVE SOBRE DON PACO DEL RIEGO [3.01.2008]

Don Francisco Fernández del Riego,

Pontevedra, 3.01.2008

La Voz de Galicia de onte publicou unhas declaraciós de don Francisco Fernández del Riego, ás que nos imos referir brevemente, en particular á parte na que toca algunhas cuestiós sobre a lingua, que está a morrer, aínda que el non-o diga dese xeito. É máis; el, sempre optimista, cree que o idioma vai seguir vivo se ten máis colaboradores.

DECLARACIÓS DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Comentario de Xesús López Fernández.

As declaraciós de don Paco, incansable traballador da lingua, escritor, xornalista, talvez o principal motor da Editorial Galaxia, a reinventora do libro galego; un dos principales coidadores da Fundación Penzol, fanme sentir, en certo sentido, temeroso do noso futuro, porque entendo que el tampouco é tan optimista como manifesta, polo que me parece entreleer.

El, que manifesta se-lo único representante do vello Partido Galeguista que queda con vida, acode aínda á Fundación Penzol, á biblioteca na que, case cego, procura aínda leer, axudado por unha lupa, "porque quer morrere coas botas postas". E mantén unha colaboración semanal con La Voz. Pero parece ter unha certa preocupación polo porvir da Fundación Penzol, na que tanto laborou e axudou a conformala porque, a pesar de esta-lo consello renovado, acaba decindo: "Veremos..." Ten que haber un futuro prá Fundación, que non naceu pra un tempo limitado, según a súa afirmación.

Pero con respecto ó idioma e despois de facer afirmación de esperanza no futuro, de decir que "seguirá vivo se ten máis cultivadores", dí máis adiante, en relación coa calidade lingüística na literatura, que aínda que se incrementou o seu cultivo, na súa opinión hai probeza de léxico, e deficiencia na sintaxis e na oratoria, que xa non existe. Fálase un galego castelanizado, afirma, como que tamén os escritores de antes, Risco, Castelao, Otero Pedrayo, falaban un galego culto, rico de léxico e fermoso, baseado no popular, pero con visiós cultas. E conclúe decindo que "Hai que cultiva-lo idioma con amplitude e non con normas." Ata aquí quería chegar. Pero é que esas normas están a marcaren unha deriva "portuguesa", non castelá, en contra do dito por don Paco. Quérennos asolagar no artificio do portugués, en contra do recomendado polo P. Sarmiento.

Con don Paco mantiven unha conversa pouco despois de que fose nomeado presidente da RAG, un día que me atopei con el diante da Diputación pontevedresa. E falamos das normas daquela en vigor, que eu entendín sempre como malas, como traición, como marcadoras da involución do idioma galego. El contestoume que nas cidades acrecera o número de galegofalantes.... Pero nas aldeas, as conservadoras do idioma na oralidade, menos, foi a miña resposta.

Non se trata agora de volver sobre aquela conversa, pero é evidente que a Editorial Galaxia, que quixo marcar camiños cunha ortografía deplorable que criticaría o propio Risco --a ortografía do "érelo demo", do "tódolos", do "andalo camiño"--, condicionou, con aquel criterio acientífico, a caída en picado do noso idioma, agora refén das normas do Diktatt, dos que soñan coa Portugaliza do seu corazón.

Pero ten razón don Paco, agora sí, cando propón que non nos escravicemos coas normas. ¿Cómo coño vai haber oradores nun idioma lastrado que xa non comunica, ó que lle queren cambia-la alma dende a propia RAG? ¿Por qué coño non desaparece a Academia, devolvendo así o protagonismo da fala á propia sociedade? Ese sí que sería un bo servicio. Os ingleses carecen desa institución, que non precisan pra que o seu idioma sexa o máis falado do mundo. E outra cousa sería que, a imitación da Real Academia Española se limitaran a notaria-los cambios que a sociedade vai creando.

Non fomos capaces de tratar científicamente as obras de Rosalía e Curros, e así nos vai. I éso non é que o diga eu, que o decía Vicente Risco no 1910. Ou, no XVIII, o P. Sarmiento cando recomendaba que construíramo-lo idioma a partir da fala. Ou o propio Fole, que sempre hai que citar, que pedía respeto a tóda-las formas populares existentes.